Successfully reported this slideshow.
We use your LinkedIn profile and activity data to personalize ads and to show you more relevant ads. You can change your ad preferences anytime.

LíRica Latina 2ºBac Lara Lozano

1,883 views

Published on

Published in: Education, Technology
• Be the first to like this

LíRica Latina 2ºBac Lara Lozano

1. 1. Poesía Lírica e Bucólica 2º bacharelato LATÍN IES.Xosé Trapero Pardo Lara Lozano Aguiar
2. 2. Esquema da lírica (É preciso para que quede clara a distribución das obras)

LÍRICA: xénero literario importado de Grecia.

Subxéneros da Lírica en sentido amplo

Elexía : en orixe un canto de lamento acompañado do son da frauta

Iambo : invectiva (ataque/ crítica/ burla)

Mélica: lírica en sentido estricto. Esta presenta dous subxéneros:

MONODIA (composición acompañada da lira para unha soa voz)

CORODIA (composición para ser interpretada por un coro)

Neotéricos:

- CATULO : Lírica monódica e epigramas (temas persoais e sentimentos reais)

Epilios : Poema épico breve que provén dos poetas alexandrinos.

Outros autores e xéneros :

-HORACIO : Lírica Monodia e Corodia

Parte dos líricos gregos clásicos non dos alexandrinos (Destacan: Alceo,

Safo, Anacleonte, Píndaro...

Iambo: influencia de Arquíloco de Paros

Centrándonos na Elexía :

Catulo

Propercio

Tíbulo (Entre os seus poemas hai un grupo atribuído a Sulpicia: Poetisa romana,

único caso de versos dunha muller conservados na literatura latina)

Ovidio (consolida o xénero)

3. 3. Neotéricos I a.c Poetas cuxo ideal estaba inspirado en Calímaco (III a.c) e teñen como principio o rexeitamento á épica tradicional romana e en xeral a toda a poesía solemne. Céntranse entón nunha composición breve, refinada, delicada e irónica. Os argumentos céntranse en pequenos detalles da vida cotiá; unha poesía lúdica destacando valores como urbanitas e exquisitez. Máximo representante Catulo (Poeta nado no seo dunha familia acomodada; é tranladado a Roma onde coñece a Clodia (Lesbia nos seus poemas). Morre con tan só trinta anos. A súa obra componse de 116 composicións ou Carmina , divididos: -60 primeiros: tipo polimétrico/ composicións breves/ lixeiro argumento. -61-68: máis longos/ maior elaboración (Os máis destacados: A cabeleira de Berenice / As vodas de Tetis e Peleo (cadro da diapositiva inicial)). -69-116: breves composicións/ metro elexíaco/ conteñen epigramas.
4. 4. O seu tema é maioritariamente amoroso (erótico) . Neles asistimos ás diferente fases polas que atravesou a súa relación con Lesbia distinguindo tres: Primeiramente a exaltación dos sentimentos e a euforia do poeta namorado. En segundo lugar as dificultades da relación así como as tensión emocionais e os sentimentos ambiguos. Por último o desamor, a ruptura e a dor do poeta. Ademais outros temas fan referencia á tenrura cara ós seus amigos e amantes, ás burlas desenfadadas e ás caricaturas dos seus adversarios literarios. Sen dúbida o máis destacado de Catulo é que por vez primeira, na literatura latina, predominan os sentimentos persoais e as experiencias vitais. Estamos ante un poeta de gran fortuna literaria; isto trouxo consigo que numerosos escritores do Romanticismo así como nos poetas do século XX (NOVÍSIMOS), na literatura española, o aceptasen como modelo . Xuízo de Paris , enmárcase dentro da obra As vodas de Tetis e Peleo .
5. 5. Época de Augusto I a.c

Destacamos nesta época a Horacio (amigo de Virxilio).

A súa obra consta de dúas obras líricas:

Epodos (lambi):17 composicións/ metro iámbico. Atopamos: vellas libidinosas,

feiticeiras, avaros, novos ricos (obxecto da ira dos poetas)

Composicións máis moderadas cás dos seus predecesores gregos do século VII a.c

- Odas (carmina): 103 composicións. Alternancia equilibrada entre composicións

relativas a sucesos da vida pública romana e a acontecementos persoais do poeta.

Odas civís ou romanas adicadas á exaltación da política reformadora

de Augusto xunto a outras mitolóxicas, autobiográficas,

amorosas e de contido filosófico e existencial; clara

mostra de equilibrio, exquisitez e perfección formal.

A influencia do autor centrouse na aportación de tópicos como Carpe Diem ou Beatus ille . Na poesía española do século XVIII así como na portuguesa tivo gran influencia.
6. 6. Subxénero: A Elexía I a.c A elexía : Predomina o metro dístico elexíaco así como o carácter erótico e subxectivo (PROPIO DA ELEXÍA ROMANA) . Motivos variados: o amante convírtese nun escravo da amada que pode ser con el cruel e desdeñosa e por ela padece todo tipo de probas e vexacións. Exáltase a beleza ata considerar a puella unha deusa, cultivada, elegante, sensible e posuidora de todos os encantos. Ante todo isto el loita polo seu amor mentres que ela se entrega a outro amante máis rico (diues amator). Autores da elexía: Tíbulo (2ºmetade s I a.c) Obra: Corpus Tibullianum -3 libros -O primeiro adicado á Delia. -O segundo á Némesis e aos amigos. -O terceiro supostamente está escrito por outros autores do Círculo de Mesala. -Nestes poemas Tíbulo eloxia aos placeres da vida campestre tranquila e pacífica.
7. 7. Propercio (Estudos xurídicos en Roma; pertence ao Círculo de Mecenas) Obra: Catro libros de elexías . - O primeiro denomínase Monobiblos : Adicado a cantar os seus amores a Cintia. -O argumento principal dos libros segundo e terceiro é o doloroso tormento da paixón amorosa. -O cuarto recolle elexías de carácter patriótico, feitas para louva-las reformas políticas do emperador Augusto) Ovidio (estudado en retórica e desterrado por Augusto probablemente pola súa obra Ars Amandi ; pertence ao Círculo de Mesala) (s. I a.C.-s. I d.C.) Obra: Amores -Composto por 3 libros. -Adicado á súa amada Corina. -Trátase de elexía erótica de carácter subxectivo: contén todos os tópicos da poesía elexíaca e é a culminación deste xénero. -Alusión á obras de mestros precedentes. Obra: Ars Amandi -obra elexíaca pero de carácter didáctico. -os dous primeiros libros recollen o cosello aos homes sobre a arte da sedución mentres que no terceiro dito consello é para as mulleres. -Multitude de exemplos mitolóxicos /anécdotas da vida cotiá (dando lugar así a un documento da socidade romana da época de Augusto)
8. 8. Obras menores : Remedio Amoris (Remedios contra o amor) Medicamina faciei feminae (Cosméticos do rostro feminino) Outras obras escritas a raíz do seu desterro (poesía de exilio) moito máis sinceras e profundas nas que o autor se mostra entristecido pola soidade e a nostalxia son: ---Tristia (Tristezas) ---Epistulae ex Ponto (Cartas desde o Ponto) Estes poemas aluden a Augusto coa esperanza de recibir o seu perdón. Os códigos amorosos da elexía romana e, particularmente, os da elexía de Ovidio, son o precedentes do Amor Cortés . A imaxe de Ovidio deu lugar á Idade de Ovidio (Aetas Audiana) así como unha influencia no Renacemento. Foto de Tomi , actual Constanza (Rumanía) lugar onde foi desterrado Ovidio por Augusto.
9. 9. Poesía Bucólica I a.c A poesía bucólica é un tipo de xénero no que a vida rústica e pastoril se idealiza e se propón como modelo de vida serena e tranquila, por contraposición do bullicio e da vida na cidade. A primeira obra bucólica foron os Idilios de Teócrito (poeta grego de Sicilia do s. III a.c) pero realmente a máis salientábel son as Églogas de Virxilio . Obra: Églogas -Alusión a sucesos ou a personaxes contempóraneos do autor. -Descripción da paisaxe idílica (locus amoenus) onde un ou varios pastores entoan lamentos amorosos ou queixas pola crueldade da súa amada. -Alusións mitolóxicas de contido profético e exemplarizante. -Destacamos a égloga IV onde, con toda certeza, Virxilio se referiría ao fillo do cónsul Asinio Polión (onde os autores cristiáns viron a profecía do nacemento de Cristo). -Abundan rasgos coloquiais nas pasaxes dialogadas.
10. 10. Estas composición teñen moita influencia na época Imperial así como no Renacemente Italiano. Deu lugar á novela pastoril e ten un claro reflexo nas Églogas de Garcilaso de la Vega na literatura española. Talia, musa da poesía Bucólica.
11. 11. Léxico Lírica (Léxico imprescindíbel para comprender a Lírica Latina) Lírica: Poesía que partía dos aspectos formais e non do contido. A diferenza do carme epicum, o carme lyricum designaba un canto musical con acompañamento de lira. Os seus subxéneros son: epigrama, oda, epilio, elexía, iambo...(comezan a aparecer en Roma a finais do século II a.c.) Novísimos: Autores da xeración dos setenta que fan alusión evidente aos neotéricos latinos. Elexíaco metro (dístico elexíaco): pentámetro, verso de cinco pés que co hexámetro épico forman unha breve estrofa coñecida como dístico elexíaco. O equema métrico é:                                  Carpe Diem: locución latina que literalmente significa "aproveita o día", o que quere dicir é «aproveita o momento, non o malgastes». Foi acuñada polo poeta romano Horacio (Odas, I, 1)= Carpe diem quam minimum credula postero Aproveita o día, non confíes no día de mañá. Beatus ille: Término latino que fai referencia á louvanza da vida do campo fronte á vida da cidade.
12. 12. Fin Iámbico metro (pentámetro iámbico): Tipo de verso de cinco pés, cada un dos cales adoita estar composto de dúas sílabas, non acentuada e acentuada, cunha sílaba opcional non acentuada ao final. Non hai rima. Urbanitas: Concepto que engloba certas doses de lixeireza, esnobismo, ironía, pose.