Successfully reported this slideshow.
We use your LinkedIn profile and activity data to personalize ads and to show you more relevant ads. You can change your ad preferences anytime.

Literatura Galego-Portuguesa Medieval

43,148 views

Published on

Presentación sobre literatura medieval galego-portuguesa. Descrición de xéneros, motivos temáticos e recurso formais. Lírica e Prosa. Autoría: Ramón Cruces Colado (profesor de Lingua Galega e Literatura).

Published in: Education

Literatura Galego-Portuguesa Medieval

  1. 1. A IDADE MEDIA Literatura Galega Ramón Cruces Colado
  2. 2. Durante os séculos XIII, XIV e XV, ao remate da idade media, o sistema feudal, no que a nobreza e a Igrexa tiñan a riqueza e o poder, seguía vixente na Galiza e Portugal.
  3. 3. O POBO DEBÍA PAGARLLE Á NOBREZA UN FORO POR CULTIVAR AS SÚAS TERRAS. ESTE IMPOSTO, DO QUE TAMÉN SE BENEFICIABA A IGREXA, PERMITÍA A ESTA ARISTOCRACIA VIVIR NA OPULENCIA.
  4. 4. COMO A GUERRA CONTRA OS MOUROS XA ESTABA MOI AO SUR, A PAZ DEIXABA Á NOBREZA MOITO TEMPO PARA O LECER.
  5. 5. NO S. XI, A TRAVÉS DOS PEREGRINOS DO CAMIÑO DE SANTIAGO, CHEGOU DENDE PROVENZA, NO ACTUAL SUR DE FRANCIA, A MODA DE POETIZAR SOBRE O AMOR CORTÉS.
  6. 6. OS DOUS PERÍODOS EN QUE SE DIVIDE A LITERATURA MEDIEVAL GALEGO-PORTUGUESA, COMÚN AOS DOUS PAÍSES POR POSUÍREN DAQUELA A MESMA LINGUA, …
  7. 7. … NOMÉANSE IDADE DE OURO (S. XIII E PRIMEIRA METADE DO S. XIV) E DE DECADENCIA (SEGUNDA METADE DO S. XIV E MAIS TODO O S. XV).
  8. 8. SUPOÑEMOS QUE XA DENDE O SÉCULO XII SE FACÍAN REUNIÓNS POÉTICAS NOS PAZOS E CASTELOS GALEGOS, PORÉN AS CANTIGAS EN GALEGO-PORTUGUÉS MÁIS ANTIGAS DATAN DO S. XIII.
  9. 9. OS TROBADORES ERAN OS NOBRES QUE COMPOÑÍAN A LETRA E MÚSICA DESTAS CANCIÓNS.
  10. 10. OS XOGRARES PROCEDÍAN DO POBO BAIXO E INTERPRETABAN AS CANTIGAS, CHEGANDO INCLUSO ALGÚN DELES A COMPOÑER.
  11. 11. OS MÚSICOS DENOMINÁBANSE MENESTREIS, A QUEN PODÍAN ACOMPAÑAR BAILANDO …
  12. 12. … AS SOLDADEIRAS , MULLERES QUE ÍAN COS SOLDADOS ÁS NUMEROSAS GUERRAS QUE HOUBO NESTA ÉPOCA. MOI FAMOSA FOI MARÍA A BALTEIRA , SATIRIZADA NAS CANTIGAS.
  13. 14. AS CANTIGAS ATÓPANSE EN PERGAMIÑOS RECOMPILADOS EN CÓDICES, UNHA ESPECIE DE LIBROS, COMO O DA VATICANA , A BIBLIOTECA NACIONAL DE LISBOA OU AS CANTIGAS DE SANTA MARÍA QUE SE GARDAN NO ESCORIAL.
  14. 15. Pergameu do códice da Biblioteca Nacional de Lisboa
  15. 16. AS CANTIGAS PODEN DIVIDIRSE EN TRES XÉNEROS MAIORES: CANTIGA DE AMOR , DE AMIGO E DE ESCARNIO E MALDICIR .
  16. 17. CANTIGA DE AMOR
  17. 18. O XÉNERO POÉTICO DA CANTIGA DE AMOR CONSISTÍA EN QUE UNHA VOZ POÉTICA MASCULINA EXPRESABA A SEU AMOR A UNHA DAMA IDEALIZADA DA NOBREZA.
  18. 19. COA PALABRA “SENHOR” O HOME FACÍA REFERENCIA A UNHA DONA QUE REUNÍA CARACTERÍSTICAS ABSTRACTAS DO IDEAL DE BELEZA FEMININO. Daquela o m orfem a -or era o empregad o par a os dous xéneros: a senho r, a pastor…
  19. 20. FALAR BEN, SER FERMOSA, BEN TALLADA OU A QUE DEUS FIXO MELLOR SON OS ÚNICOS ELOXIOS QUE FAI O POETA.
  20. 21. ESTE NON PODÍA CITAR NINGUNHA PARTE FÍSICA CONCRETA DELA PORQUE ROMPERÍA O CÓDIGO DA MESURA , QUE IMPEDÍA DESVELAR A IDENTIDADE DA DAMA GABADA NO POEMA.
  21. 22. POLA COITA (PENA DE AMOR) QUE SUFRÍA POLA DAMA, A VOZ POÉTICA PODÍA CHEGAR A MORRER DE AMOR, O QUE NUNCA SE DEU NA CANTIGA DE AMOR PROVENZAL.
  22. 23. … moir *’ eu porque non vexo aquí a dona que por meu mal vi. (Afonso X) ‏ * morro
  23. 24. OS RECURSOS PROPIOS DESTE TIPO DE CANTIGA SON O DOBRE E O MORDOBRE . O PRIMEIRO É A REPETICIÓN DUNHA PALABRA NA MESMA COBRA OU ESTROFA.
  24. 25. Pois sempre há en vós mesura e todo ben e cordura, que Deus fez en vós feitura qual non fez en muller nada (Don Dinís) ‏ DOBRE
  25. 26. O MORDOBRE REPITE UNICAMENTE O LEXEMA, CREANDO UN XOGO DE CONCEPTOS DO AMOR CORTÉS AÍNDA MAIOR CÓ DOBRE.
  26. 27. Pois me tal coita faz sofrer qual sempr’ eu por ela sofrí, des aquel día que a vi, e non se quer de min doer … (Afonso X) ‏ MORDOBRE
  27. 28. As cantigas de amor acostumaban ser de mestría , sen estribillo ou refrán, de aí que o poeta debese amosar o seu bo facer poético ao non poder repetir versos enteiros.
  28. 29. A RIMA MACHO (AGUDA) DESTAS COMPOSICIÓNS SEGUÍA MÁIS FIELMENTE O MODELO PROVENZAL, FRONTE Á RIMA GRAVE, MÁIS PROPIA DAS DE AMIGO. Quer’ eu en maneira de proenç al fazer agora un cantar d' am or … (Don Dinís) ‏
  29. 30. CANTIGA DE AMIGO
  30. 31. AS CANTIGAS DE AMIGO TEÑEN ORIXE AUTÓCTONA POIS PROVEÑEN DA LITERATURA ORAL GALEGA DE CREACIÓN FEMININA.
  31. 32. NELAS A VOZ POÉTICA É UNHA DONCELA DO POBO BAIXO QUE EXPRESA A SÚA COITA DE AMOR POLO SEU AMIGO OU AMANTE, SEMPRE AUSENTE, EN SITUACIÓNS COMO A GUERRA, …
  32. 33. … NO SERVIZO AO REI OU DE CAMIÑO PARA SE CITAR COA DONCELA.
  33. 34. A VOZ POÉTICA FEMININA PODE DIRIXIRSE Á NAI, QUE SE CONVERTE NA CONFIDENTE DOS AMORES DA SÚA FILLA CO AMIGO, ANTE A QUE TOMA DIVERSAS ACTITUDES:
  34. 35. … PROHIBICIÓN, AVISO, PERMISIVIDADE, DESCONFIANZA E MESMO CIUMES.
  35. 36. A SITUACIÓN DESENVÓLVESE SEMPRE NUN MARCO NATURAL E PRECISO: O MAR , A FRAGA , UNHA FONTE… , A DIFERENZA DA ABSTRACCIÓN DAS CANTIGAS DE AMOR.
  36. 37. ASÍ, HAI CANTIGAS DE AMIGO BAILADAS , NAS QUE A MULLER EXPRESA A LEDICIA DO AMOR CONVIDANDO AO BAILE.
  37. 38. AS DE ROMARÍA SON AQUELAS NAS QUE O ENCONTRO AMOROSO SE PRODUCE NUN SANTUARIO, LUGAR DE REUNIÓN DOS AMANTES.
  38. 39. NAS MARIÑAS OU BARCAROLAS A VOZ POÉTICA DA MULLER TOMA O MAR OU AS SÚAS ONDAS COMO CONFIDENTES DOS SEUS AMORES CO AMIGO.
  39. 40. AS SETE CANTIGAS DE MARTÍN CODAX QUE APARECEN NO PERGAMEU VINDEL SON CLARAS MOSTRAS DESTE SUBXÉNERO.
  40. 41. OS RECURSOS FORMAIS DA CANTIGA DE AMIGO TEÑEN ORIXE POPULAR, POLO QUE A REPETICIÓN DE VERSOS CONSTITÚE A SÚA FORMA BÁSICA.
  41. 42. O PARALELISMO SEMÁNTICO ENTRE VERSOS SITUADOS NO MESMO LUGAR DE DIFERENTES COBRAS, REPETINDO O SIGNIFICADO, É UN RECURSO MOI USADO NA CANTIGA DE AMIGO.
  42. 43. ESTE PODÍA CHEGAR A SER TAMÉN SINTÁCTICO , MUDÁNDOSE SÓ A ÚLTIMA PALABRA DUN VERSO A OUTRO DO PAR.
  43. 44. Ai eu, coitada, como vivo en gran cuidado por meu amigo, que hei alongado ! Muito me tarda o meu amigo na Guarda! Ai eu, coitada, como vivo en gran desejo por meu amigo, que tarda e non vejo ! Muito me tarda o meu amigo na Guarda! (Don Sancho I) ‏
  44. 45. Ai eu, coitada, como vivo en gran cuidado por meu amigo, que hei alongado ! Muito me tarda o meu amigo na Guarda! Ai eu, coitada, como vivo en gran desejo por meu amigo, que tarda e non vejo ! Muito me tarda o meu amigo na Guarda! (Don Sancho I) ‏
  45. 46. O LEIXAPRÉN FACÍASE DEIXANDO E TOMANDO PARES DE VERSOS. OS SEGUNDOS VERSOS PARALELÍSTICOS DO PRIMEIRO PAR DE COBRAS APARECÍAN COMO PRIMEIROS DO PAR SEGUINTE.
  46. 47. Ondas do mar de Vigo, Se vistes meu amigo, e, ai Deus, se verrá cedo! Ondas do mar levado, Se vistes meu amado, e, ai Deus, se verrá cedo! o por que eu sospiro e, ai Deus, se verrá cedo! por que hei gran cuidado e, ai Deus, se verrá cedo! (Martim Codax) ‏
  47. 48. ADEMAIS, O REFRÁN , A REPETICIÓN DUN OU VARIOS VERSOS AO FINAL DE CADA COBRA, APARECÍA CORRENTEMENTE NESTE XÉNERO BASEADO NA LITERATURA ORAL. e, ai Deus, se verrá* cedo! *virá
  48. 49. PORÉN, A MESTURA DE XÉNEROS ERA USUAL: MOITAS CANTIGAS DE AMOR POSÚEN PARALELISMO E REFRÁN, E INCLUSO LEIXAPRÉN, PROPIOS DA CANTIGA DE AMIGO.
  49. 50. A dona que eu am’ e tenho por senhor amostráde-mi-a Deus, se vos en prazer for, se non, dáde-mi a morte. A dona que tenho por lume destes olhos meus e por que choran sempr’, amostráde-mi-a, Deus, se non, dáde-mi a morte. … (Bernal de Bonaval) ‏ Nesta cantiga de amor aparecen o paralelismo e o refrán
  50. 51. CANTIGA DE ESCARNIO E MALDICIR
  51. 52. A CANTIGA MÁIS ANTIGA CONSERVADA É PRECISAMENTE DE ESCARNIO, O QUE NOS AMOSA A PRÁCTICA CORTESÁ DE MODA DAQUELA.
  52. 53. O XÉNERO DE ESCARNIO E MALDICIR PROCEDE DO SIRVENTÉS MORAL PROVENZAL, E NA GALIZA PRESENTA VARIOS TEMAS:
  53. 54. A COVARDÍA DALGÚNS NOBRES NA BATALLA, A POBREZA NA QUE OUTROS NOBRES CAÍAN, ...
  54. 55. … OS VICIOS DO CLERO OU A DUBIDOSA MORAL DAS SOLDADEIRAS.
  55. 56. TAMÉN OS XOGRARES ERAN OBXECTO DE BURLA NESTAS CANTIGAS, RIDICULIZÁNDOSE A SÚA HABELENCIA POÉTICA.
  56. 57. Foi un día Lopo jograr á cas dun infançón cantar; e mandou-lh’ ele por don dar tres couces na garganta; e fui-lh’ escass’, a meu cuidar, segundo com’ el canta. … (Martím Soares) ‏
  57. 58. NA CANTIGA DE ESCARNIO UTILÍZASE A RETRANCA E O DOBRE SENTIDO OU IRONÍA. ESTE VERSO FAI ALUSIÓN A UN CABALEIRO COVARDE QUE FUXIU A PORTUGAL NUNHA BATALLA: Don Foão, que eu sei que há preço de ligeiro, … (Afonso Meendes de Briteiros) ‏
  58. 59. MAIS A DE MALDICIR USA PALABRAS DIRECTAS, SEN EUFEMISMOS. Abadessa, oi dizer que erades mui sabedor de todo ben; e, por amor de Deus, queréde-vos doer de min, que hogano casei, que ben vos juro que non sei máis que un asno de foder. (Afonso Eanes do Cotón) ‏
  59. 60. ESTAS CANTIGAS ADOITABAN SER DE MESTRÍA POLA NECESIDADE DE USO DE LÉXICO VARIADO, DANDO MOITA MÁIS INFORMACIÓN DE COBRA A COBRA.
  60. 61. XÉNEROS MENORES
  61. 62. OS XÉNEROS MENORES SON AQUELES MENOS CULTIVADOS. UN DELES, A TENZÓN , CONSISTÍA EN POEMAS DIALOGADOS ENTRE DOUS TROBADORES OU XOGRARES.
  62. 63. A PASTORELA TIÑA COMO PROTAGONISTA UNHA “PASTOR” A QUEN LOABA UNHA VOZ MASCULINA.
  63. 64. OUTRO SUBXÉNERO POÉTICO ERA O PRANTO , É DICIR, UNHA ELEXÍA POR ALGUÉN MORTO.
  64. 65. TAMÉN HAI CANTIGAS EN QUE A VOZ POÉTICA SE QUEIXA DA CHEGADA DO DÍA, MOMENTO DA SEPARACIÓN DOS AMANTES: COÑÉCENSE COMO ALBAS OU ALBORADAS .
  65. 66. Algúns dos máis de cen trobadores coñecidos foron Afonso X o Sabio, o seu neto e rei portugués Don Dinís, Airas Nunes, Paio Gomes Chariño...; entre os xograres destacan Fernando Esquío, Codax, Pero Meogo, Mendiño... , todos do s. XIII. AFONSO X
  66. 67. CANTIGAS RELIXIOSAS
  67. 68. Á parte desta literatura profana, existía outra relixiosa en galego-portugués: as Cantigas de Santa María , mandadas elaborar por Afonso X o Sabio.
  68. 69. O PROPIO REI COMPUXO ALGUNHA, MAIS A MAIORÍA DELAS SON DE TROBADORES QUE POR ENCARGA DO MONARCA RECOMPILARON DIVERSOS MILAGRES MARIANOS. Afonso X
  69. 70. ESTAS CANTIGAS, DENOMINADAS NARRATIVAS POR CONTAREN INTERVENCIÓNS DA VIRXE NO MUNDO, LEVABAN NOTACIÓN MUSICAL E VIÑETAS DECORATIVAS EN MINIATURA.
  70. 71. Exemplo dunha cantiga de Santa María. O milagre cóntase na parte superior de cada viñeta.
  71. 72. Ante o poder demostrado pola intercesión da Virxe na defensa do castelo ante os sarracenos (viñeta 4), o xefe destes decide converterse á relixión cristiá (viñeta 6).
  72. 73. CADA DEZ CANTIGAS NARRATIVAS HAI UNHA LÍRICA, QUE, IMITANDO O ESTILO DO AMOR CORTÉS, EXPRESA O AMOR DIVINO POLA VIRXE, INTERCESORA ENTRE DEUS E O SER HUMANO.
  73. 74. A NARRATIVA MEDIEVAL FAI A SÚA APARICIÓN TARDE, SOBRE OS SÉCULOS XIV E XV.
  74. 75. o Xosé de Arimatea ou o Libro de Tristán , onde se refire a historia de amor entre este e mais Isolda. As lendas do rei Arturo son tratadas en libros traducidos do latín ou do castelán, como a Demanda do Santo Graal,
  75. 76. TAMÉN A GUERRA DE TROIA APARECE REFLECTIDA NA CRÓNICA TROIANA OU NA HISTORIA TROIANA .
  76. 77. Os miragres de Santiago narran os milagres realizados polo Apóstolo na peregrinaxe a través do Camiño de Compostela.
  77. 78. DURANTE ESTES SÉCULOS O PODER CASTELÁN FOISE INSTALANDO NA GALIZA (A NOBREZA GALEGA FORA SUBSTITUÍDA POLA CASTELÁ) …
  78. 79. … POLO QUE A FINAIS DO PERÍODO MEDIEVAL A LITERATURA GALEGA ESCRITA CAE EN DESUSO CASE TOTAL POR CARECER DE COMPOSITORES E PROMOTORES, O QUE SE MANTERÁ AO LONGO DOS TRES SÉCULOS SEGUINTES: OS “SÉCULOS ESCUROS”.

×