Galego historia da lingua (ata o século vii).docx

667 views

Published on

Galego (Pardal)

Published in: Education
0 Comments
0 Likes
Statistics
Notes
  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

No Downloads
Views
Total views
667
On SlideShare
0
From Embeds
0
Number of Embeds
5
Actions
Shares
0
Downloads
9
Comments
0
Likes
0
Embeds 0
No embeds

No notes for slide

Galego historia da lingua (ata o século vii).docx

  1. 1. 1. INTRODUCIÓN ● O latín vulgar (=sermo vulgaris, falado por persoas pouco cultas lingüisticamente) deu paso ás linguas románicas, romances ou neolatinas. ● Tamén había un latín culto que é o que nos deixaron nos seus escritos os autores clásicos. ● As linguas románicas son: galego, español, catalán, portugués, francés, provenzal, italiano, sardo, retorromano (zonas de Austria, Italia e Suíza), romanés e dálmata (Croacía, está desaparecido). 2. SUBSTRATO, ADSTRATO E SUPERESTRATO ● A romanización no noroeste peninsular comeza no século II a.C. ● O latín implántase e inicia un camiño cara o nacemento doutra lingua: o Galego (século IX aprox.) Neste proceso non só actúa o latín, senón que participan distintos estratos (diferentes linguas que interveñen na formación doutra): ● Substrato: influencia dunha lingua aborixe, que desaparece, sobre unha lingua invasora. Así, o substrato do galego son as linguas primitivas, proceltas e celtas; que inflúen no latín. ● Adstrato: relación de influencia mutua entre dúas linguas, unha autóctona outra invasora, que coexisten durante un longo período de tempo. Ex.: galgo e latín ● Superestrato: influencia dunha lingua invasora, que desaparece, sobre unha lingua aborixe / autóctona. Así, o superestrato do galego son as linguas xermánicas e o árabe que exercen a súa influencia sobre o latín. ● O galego é o resultado da evolución do latín no noroeste peninsular, tendo en canta que sobre o latín exerceron a súa influencia as linguas prerromanas (SUBSTRATO) e as dos pobos posteriores (SUPERESTRATO). Este proceso rematou no século IX (aprox.). Dende aquí aínda o galego se completaría con préstamos posteriores (francés, inglés, español…)SUBSTRATO + LATÍN + SUPERESTRATO => GALEGO (século IX) + préstamos =>Galego Actual 3. SUBSTRATO (Período Prerromano) ● Época anterior á implantación da cultura latina. ● Aínda que o descoñecemento é grande, a idea da Galicia prerromana é: ● un conxunto de pobos mesturados, desorganizados; carentes de estrutura política e administrativa. ● con guerras continuas ● Con varios códigos lingüísticos e ágrafos (sen escritura) ● As distintas variedades lingüísticas desta etapa conforman o substrato do galego, moi en concreto, o conxunto de trazos cos que estas línguas contribuíron á formación da nosa lingua e aínda hoxe se manteñen. Estes restos poden ser: ● Fonéticos: ● Desaparición do -N- intervocálico (lúa, area, vea < lunam, arenam, venam) ● Grupo consonántico -CT- >-IT- (leite, feito, teito< lactem, factum, tectum) ● Sons -P-, -T-, -C->-b-, -d-, -g- (cuba, todo, amigo< cupam, totu, amicu) ● Léxicos: palabras referidas á toponimia e os aspectos fundamentais da vida cotiá. ● Topónimos -ASC-, -USC- (Tarascón, Viascón, Ledusco…) ● Topónimos -ABRE-, -EBRE-, -OBRE- (Alcabre, Cecebre, Barallobre, Callobre…) ● Outros topónimos: Galicia, Braga… ● Hidrónimos: Limia, Sar…
  2. 2. ● Substantivoscon base CAR- (carballo, carrasco, carqueixa, carroucho…) ● Substantivos con base MOR- (morodo, amorodo, morango…) ● Formas con sufixo –EGO (galego, chairego, cervantego, labrego…) ● Formas diversas: laxe, balsa, parra, veiga, barro… Dubidosas: berce, billa, boroa, burato,coio, rodaballo, tona, vidueiro…4. Romanización ● A romanización é o proceso mediante o cal os romanos tomaron o territorio dos pobos de Iberia e estes adoptaron e asimilaron o basto mundo cultural daqueles. ● Os romanos entraron na península Ibérica no século III a.C. chegando a Galicia no século II a.C. (no século V d.C. remata o Imperio Romano). ● En Galicia, a romanización desenvólvese así: ● OCUPACIÓN DO TERRITORIO. Desenvólvese en tres etapas: I. Ano 138 a.C. ● Encabezada polo xeral e político romano Xunio Bruto. ● Dirixiu as tropas cara Galicia e norte de Portugal. ● Conseguiu cruzar o río Limia (río do Esquecemento). ● Volveu a Roma coma un heroe e co sobrenome de Galaico. II. Ano 61 a.C. ● Encabezada por Xulio César. ● Ocupouse sobre todo da conquista da Galicia marítima. ● Entrou por Brigantium (Betanzos ou A Coruña). III. Ano 29-19 a.C. ● Encabezada por Augusto. ● Leva a cavo a derradeira conquista do territorio galego. ● Batalla do Monte Medulio. ● ASIMILACIÓN CULTURAL. Desenvólvese en tres etapas: I. Século II-I a.C. ● Guerras incesantes. ● Máxima hostilidade por parte da poboación autóctona. II. Ano 29 a.C.-século III d.C. ● O latín convértese na lingua de prestixio. ● Aparecen as 1ª inscricións latinas en Galicia. ● A poboación indíxena aspira á cidadanía romana. III. Do século III d.C. en adiante. ● O latín é a única lingua oficial e de pleno dereito. ● Xa está borrado todo vestixio lingüístico anterior. ● Danse os 1º indicios da desmembración do Imperio Romano.5. SUPERESTRATO (Do latín vulgar ó galego-portugués) ● No século V cae o Imperio Romano pola presión invasora dos pobos xermánicos que desestabiliza a organización política e administrativa dos romanos. ● A partires de entón, o latín vulgar comeza un proceso de diversificación por toda Hispania que dará lugar as distintas linguas románicas. (dialecto Galaico > galego-portugués). A. SUPERESTRATO XERMÁNICO ● Era unha etnia moi diversificada (suevos, vándalos, alanos, visigodos, godos…) ● En Galicia asentáronse os Suevos e fundaron un reino que durou case dous séculos (foio primeiro reino de Europa). Despois deles tamén tivo presenza o pobo visigodo. ● Entre xermánicos e romanos a asimilación cultural foi ó revés, os
  3. 3. xermánicos acabaron romanizados na terra que pretendían xermanizar, sobre todo porque culturalmente eran máis débiles e non organización administrativa. ● O legado xermánico no galego: ● Antroponimia (Afonso, Luís, Elvira, Rodrigo, Adolfo, Ramiro, Carlos, Xerardo, Fernando…) ● Toponimia ● Rematados -MIL (Samil, Castromil, Brandomil…) ● Rematados -RIZ / -RIS (Allariz, Mondariz, Outariz, Beariz, Sabarís…) ● Rematados -AR (Baltar, Gondomar, Tosar…) ● Rematados -ENDE (Gomesende, Gosende, Marcosende…) ● Rematados -MUNDI / -MONDE (Taramundi, Extramundi, Razamonde, Baamonde…) ● Rematados -UFE / -ULFE (Borulfe, Randulfe, Gandulfe, Gondufe… ) ● Rematados -OI (Raxoi, Filloi, Trastoi, Mondoi…) ● Outros (A Gudiña, Suevos, Suevia…) ● Léxico común, relacionado coa guerra e coa vida cotiá (helmo, gañar, guerra, roubar, espía, espetar, frecha, roupa, branco, sopa, estaca, gardar…) B. SUPERESTRATO ÁRABE ●Chegan á península no 711 d.C. ●En Galicia a súa presenza é mínima, a súa influencia lingüística vennos por vía indirecta (castelán e portugués). ● O legado árabe no galego (o léxico árabe no galego é copioso): ● Produtos vexetais (algodón, azucre, laranxa, aceite, acelgas…) ● Obxectos e utensilios (xerra, xarra, taza, alfeizar, alfaia…) ● Construcións e distribución poboacional (alicerce, azotea, aldea, arrabalde…) ● Oficios e administración (albanel, alcalde, alfaiate…) ● Cabalaría (xinete,alforxa…) ● Pesas e medidas (quintal, arroba…) ● Outros (xarope, alcume, xadrez, alboroto, aforrar, ata, oxalá, de valde…)6. FORMACIÓN HISTÓICA DO GALEGO ● O léxico latino no galego ocupa un 80% da súa totalidade. Estas palabras foron entrando en distintas épocas, sufrindo así distintas evolucións. Así temos: A. PATRIMONIAIS ou POPULARISMOS: están no galego dende o primeiro momento da súa formación, son as máis numerosas. Experimentaron importantes cambios fonéticos como: ● -P-, -T-, -C- >-b-, -d-, -g- (LUPU>lobo, VITA>vida, SECARE>segar) ● -D-, -G-> (PEDE>pé, LEGERE>ler) ● -CT->-it- (OCTO>oito, TECTU>teito) ● -L-, -N-> (FILU>fío, CENARE>cear) ● PL-, FL-, CL->ch- (PLUVIA>choiva, FLAMMA>chama, CLAVE>chave) ● F->f- (FERRU>ferro) ● AU>ou (AURU>ouro, CAUSA>cousa) ● AE>e (CAELU>ceo, CAEPULA>cebola) ● -ARIU>-eiro (PRIMARIU>primeiro) ● QUA->ca- (QUATTUOR>catro) ● -LI+vogal> -ll- (FILIU>fillo, ALIU>allo)
  4. 4. ● …B. CULTISMOS: estran por necesidades culturais e de ampliación de vocabulario nunha época tardía, cando o galego xa estaba formado, polo que non sufriron cambios, só experimentaron adaptacións á fonética romance (CLERU>clero, PLANETA>planeta, PACTU>pacto). Dentro deles particularizamos: a. Helenismos: proceden do grego (oftalmólogo, biblioteca, pneumonía…) b. Tecnicismos: palabras propias das ciencias, artes, profesións… (cirurxía, disquete, hidróxeno, encefalograma…) c. Latinismos: proceden do latín puro (a priori, per capita, maremagnum, sine qua non…)C. SEMICULTISMOS: entran nunha época intermedia. Cambiaron parcialmente. Os máis comúns son os que modificaron a medias os grupos PL-, CL-, FL- (Ex.: PLAGAM>praga, CLAVU>cravo, FLACCU>fraco). Compre falar dos pares léxicos ou dobletes, casos nos que un étimo latinoorixinou dúas palabras galegas (patrimonial+culta / patrimonial+culta+semiculta)(REGULA>rella, regra, regular; INTEGRU>enteiro, íntegro;COLLOCARE>colgar, colocar; PLANU>chan, plano; ARTICULU>artellar,artigo, articular; PLENAM>chea, prea, plena; CLAVICULA>chavella, caravilla,clavícula)

×