Renda 2011

329 views

Published on

Published in: Spiritual, Lifestyle, Technology
0 Comments
0 Likes
Statistics
Notes
  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

No Downloads
Views
Total views
329
On SlideShare
0
From Embeds
0
Number of Embeds
79
Actions
Shares
0
Downloads
1
Comments
0
Likes
0
Embeds 0
No embeds

No notes for slide

Renda 2011

  1. 1. O Arcebispo de Santiago de Compostela “Non te custará máis, non te devolverán menos” Queridos diocesanos: Iniciada xa a campaña do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas, póñome en comunicación convosco para lembrarvos que como contribuíntes, á hora de facer a Declaración da Renda correspondente ao ano 2010, tedes a posibilidade de dedicar o 0,7 por cento dos vosos impostos ao sostemento da Igrexa católica. Os ingresos económicos que poida ter a Igrexa, dependerán soamente do número de contribuíntes que opten por asignarlle a porcentaxe dos seus impostos. Para iso é preciso marcar ou pedir que se marque a casa da Igrexa católica ao facer a Declaración da Renda, manifestando desta forma o voso compromiso coa misión e as actividades eclesiais. Isto non leva pagar máis impostos nin supón que a un lle devolvan menos se a súa Declaración da Renda resulta negativa. O número dos que asignan a casa da Igrexa foi aumentando en xeral e tamén na nosa Diocese, pero ese número pode ser aínda maior. Ben coñecedes o labor pastoral e asistencial da Igrexa, axudando aos máis necesitados da sociedade. Baste lembrar a actuación de Cáritas nestes momentos economicamente difíciles. As actividades para responder as necesidades materiais e espirituais, son realizadas na súa maioría por persoas que entregan a súa vida aos demais, nun labor discreto e moitas veces ignorada, buscando o ben común da sociedade. A Igrexa necesita medios económicos para cumprir a súa misión, acompañando ás persoas nos acontecementos máis importantes da existencia humana. Os ingresos obtidos a través da asignación do 0,7 % á Igrexa supoñen entre o 25% e o 30% das necesidades e o resto recíbeo das achegas voluntarias dos católicos e de persoas de boa vontade. Pídovos que marquedes a casa da Igrexa católica para seguir facendo algo “por tantos que necesitan tanto”. Con todo agradecemento, saúdavos e bendí no Señor, + Julián Barrio Barrio, Arcebispo de Santiago de Compostela

×