Successfully reported this slideshow.
We use your LinkedIn profile and activity data to personalize ads and to show you more relevant ads. You can change your ad preferences anytime.

Xullo

  • Login to see the comments

  • Be the first to like this

Xullo

  1. 1. xullo julio juillet july julho
  2. 2. A pedra de xullo é o rubí e a súa flor o ambroíño. Xullo é o séptimo mes do ano no calendario gregoriano e ten 31 días.
  3. 3. -Florecen as papoulas, os caraveis silvestres, a lavanda, o millo, os breixos... flor masculina de millo (pendón ou candea)
  4. 4. flor feminina do millo
  5. 5. -Maduran as avelás, as mazáns, as claudias, as peras, as ameixas, os pexegos... mazáns
  6. 6. pexegos
  7. 7. -Páñase o trigo, o centeo, a avea, a cebada, as patacas, os tomates, os pementos, as xudías... -Seméntanse os nabos colleitadora de patacas
  8. 8. tomates
  9. 9. -Sulfátanse as viñas e medran as uvas.
  10. 10. plantando verdura
  11. 11. leituga
  12. 12. -Crian os caracois, os leiróns, ... -Algúns paxaros fan a segunda cría. -Abondan os insectos
  13. 13. REFRANEIRO --San Cristobo co seu cobo, Santa Mariña coa súa reguiña e Santiago co seu canado fan un ano ben arranxado.
  14. 14. -Por Santa Mariña mira a túa viña (ou... vai ver...), así como a verás, así vendimarás -Por Santiago, xa pinta o bago.
  15. 15. -Por San Cristobo xa o millo lle tapa a ala ao corvo
  16. 16. -Por Santa Magdalena, a abelá chea
  17. 17. O TEMPO 7 11,6(8) 33 5,46 77 19,4 17,1 23,4 dias chuvia día chuvia máxima (l/m 2 ) chuvia total (l) velocidade do vento (km/h) humidade media (%) temperatura media (ºC) temperatura mínima (ºC) temperatura máxima (ºC)
  18. 18. 2 de xullo de 1900 voo do primeiro dirixible no Lago Constanza (Alemania) deseñado por Ferdinan von Zeppelin. Transportou a cinco persoas, chegou a unha altura de 396 m e percorreu unha distancia de 6 km en 17 minutos. O dirixible tiña 128 m de lonxitude, 12 m de diámetro e admitía un volumen de hidróxeno de 11,3 millóns de litros. Controlábase con lenes a proa e popa e tiña dous motores de combustión interna Daimler de 15 CV.
  19. 19. 2 de xullo de 1961 morre Francisco Asorey escultor galego nado en Cambados.
  20. 20. 4 de xullo de 1934 morre Marie Curie , científica polaca, nacionalizada francesa.
  21. 21. 5 de xullo de 1054 astrónomos chineses e árabes rexistran a explosión da supernova que dará orixe á actual Nebulosa do Cangrexo. Describírona como unha estrela visible á luz do día durante 22 meses. nebulosa do Cangrexo
  22. 22. 5 de xullo de 1201 en Siria percíbese un terremoto duns 7,6 graos na escala de Richter, que deixa un saldo de entre 30.000 a 60.000 mortos. Historiadores modernos consideran que a cifra de mortos directos foi de 30.000, pero unha peste (producida polo incorrecto manexo dos cadavres) sumada a unha seca do río Nilo, elevou a cantidade de mortos en toda a rexión de Oriente Medio e Exipto ata 1,1 millóns.
  23. 23. 5 de xullo de 1687 Isaac Newton publica Philosophiae Naturalis Principia Mathematica , considerada, por moitos, como a obra científica máis importante xamais publicada.
  24. 24. 6 de xullo de 1885 Louis Pasteur vacuna contra a rabia con éxito ao neno Joseph Meister.
  25. 25. 8 de xullo de 1994: na serra de Atapuerca (Burgos) decúbrense , fragmentos do Homo antecessor.
  26. 26. 9 de xullo de 1856: morre Amedeo Avogadro , físico italiano. 14 de xullo de 1881: Amedeo Avogadro publica en Le Journal de Physique, de Chimie et d’Histoire Natural a súa Lei : « Dous volumes iguais de gases diferentes, medidos nas mesmas condicións de presión e temperatura, conteñen o mesmo número de moléculas”. A partir desta hipótese foi quen de asignar masas relativas ás moléculas dos gases, o que marcaría o nacemento dos conceptos de masa atómica e masa molecular. Tres anos despois o matemático francés André-Marie Ampère chegou ás mesmas conclusións que Avogadro. A Comunidade Científica aceptounas en 1860 no Congreso de Química de Karlsruhe (Alemaña).
  27. 27. 10 de xullo de 1856 nace Nikola Tesla , físico croata.
  28. 28. 14 de xullo de 1551: os Laboratorios Telefónicos Bell anuncian a invención do transistor de contacto fabricado con xermanio. Froito do traballo de John Bardem e Walter H, Brattain. A primeira aplicación foi en audífonos e máis tarde en aparellos de radio portátiles.
  29. 29. 14 de xullo de 1911 Torres Quevedo constrúe o seu primeiro dirixible que encabeza o desfile do Día da República Francesa.
  30. 30. 18 de xullo de 1898: Marie e Pierre Curie descobren un novo elemento químico, que chaman Polonio.
  31. 31. 19 de xullo de 1969: en EE. UU., a nave espacial Apolo XI, cos astronautas Aldrin, Armstrong e Collins ponse en órbita aredor da Lúa. 20 de xullo: alunizaxe 21 de xullo ás 2.56 (hora internacional UTC) Neil Armstrong comandante da misión, pisa a superficie da Lúa.
  32. 32. 19 de xullo de 1989 morre Xaquín Lorenzo , etnógrafo galego que fixo importantes estudos sobre aparellos e máquinas tradicionais.
  33. 33. 2 de xullo 1937: desaparece no Pacífico Amelia Earhart , aviadora e aventureira estadounidense. (naciada o 24 de xullo de 1897)
  34. 34. 21 de xullo de 1983: na Base Vostok da Antártida acádase a temperatura máis baixa rexistrada polo home, -89,2°C.
  35. 35. 23 de xullo de 1995 os astrónomos estadounidenses Alan Hale e Thomas Bopp descubren, case simultáneamente, o cometa Hale-Bopp.
  36. 36. 25 de xullo de 1984: a cosmonauta soviética Svetlana Savitskaja convértese na primera muller que camiña polo espazo.
  37. 37. 26 de xullo de 1844: morre John Dalton, naturalista, meteorólogo matemático e químico inglés.
  38. 38. 30 de xullo de 2008 : a sonda da NASA Phoenix atopa auga en Marte. Polo Norte de Marte
  39. 39. 31 de xullo de 1877: morre o xeólogo Guillermo Schulz , primeiro en elaborar un mapa xeolóxico de Galicia.
  40. 40. FOTOS: Alumnado 1º ESO, Adela Leiro, Mon Daporta xullo 2011 Departamento de Ciencias 1 ESO

×