Successfully reported this slideshow.
We use your LinkedIn profile and activity data to personalize ads and to show you more relevant ads. You can change your ad preferences anytime.

Os xigantes do océano

425 views

Published on

Published in: Education
  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

Os xigantes do océano

  1. 1. OS XIGANTES DO OCÉANO Ariadna Vázquez Prieto Carmen Vilanova Núñez 1º BACH
  2. 2. Estudantes liderados por Craig McClain, estableceron un ranking coas especies máis grandes que habitan o noso fondo mariño. Para establecer esta clasificación analizaron o tamaño de baleas, quenllas, luras, augamares e outros habitantes do océano. Para obter a información entraron en contacto con científicos de diversas institucións e coleccionistas. Visitaron centros de fauna mariña e pesqueiros, examinaron espécimes conservados en museos e buscaron mesmo animais que se vendían por internet.
  3. 3. VÓS CAL CREDES QUE É O ANIMAL MÁIS GRANDE QUE HABITA NO OCÉANO?
  4. 4. Efectivamente, moitos de vós credes que a balea azul é o animal máis grande que vive no mar… E posiblemente non vos estades equivocando se o que realmente tedes en conta é o seu tamaño global, pois chega a medir 33 metros de lonxitude e a pesar casi 200 toneladas.
  5. 5. Pero, o certo é que a augamar melena de león ártica supera á balea azul, posto que é o animal máis longo do océano. Pode chegar a medir ata 36,6 metros de lonxitude, superando así en case 4 metros ás baleas azuis.
  6. 6. Co seu veleno paraliza as súas presas e tamén deu moitos sustos a bañistas en EUA. Posúe uns interminables tentáculos, o que lle levou a encabezar o ranking das 25 especies mariñas de maior tamaño. É coñecida tamén como augamar melena de león xigante.
  7. 7. O cachalote acada o terceiro posto no ranking xa que mide uns 24 metros. É o animal dentado máis grande que existe. A cabeza pode chegar a un terzo da lonxitude total do animal. A especie aliméntase de luras e peixes, somerxéndose a profundidades de ata tres quilómetros, o que o converte no mamífero que se mergulla a maior profundidade. Ademáis, o seu cerebro é o máis grande dos animais existentes.
  8. 8. A quenlla balea é outro dos grandes habitantes do óceano. O seu ventre é totalmente branco, mentres que o seu lombo é dunha cor agrisada, máis escura que a maioría das quenllas, con multitude de lunares e liñas horizontais e verticais de cor branca, de tal forma que se asemella a un taboleiro de xadrez. A súa pel pode chegar a ter 10 centímetros de grosor. Pode chegar a medir 18,8 metros de lonxitude.
  9. 9. A quenlla peregrina tamén é moi grande, con 12,27 metros. Nada coa boca aberta ata facela redonda e filtra a auga a través dunhas inmensas bránquias. Móvese moi lentamente. Estas quenllas adoitan ser confundidas a miúdo coas grandes quenllas brancas. As dúas especies poden diferenciarse doadamente entre si pola gran boca cavernosa da quenlla.
  10. 10. A esponxa bocoi xigante, é unha das especies máis grandes de esponxa que se atopan no Caribe. Medra a unha profundidade dende 10 metros a 120, e pode acadar un diámetro de 1,8 metros. É gris-marrón ou avermellada. Aínda que hai pouca información científica sobre a especie, sabemos que a súa esperanza de vida é de ata 2.000 anos.
  11. 11. O polbo xigante do Pacífico é o máis grande e o máis lonxevo de todas as especies de polbo. Pode chegar a acadar uns 10 metros. Adoita vivir uns catro anos e, tanto o macho coma a femia, morren pouco despois de criar. Ten unha enorme cabeza en forma de bulbo e unha cor castaña avermellada. Ao igual que os demais membros da familia dos polbos, ten na pel células pigmentarias especiais que lle permite cambiar de cor e textura e confundirse mesmo coas corais, as plantas e as rochas de deseños máis intrincados.
  12. 12. As quenllas brancas caracterízanse polo seu corpo fusiforme e de gran robustez, en contraste coas formas esmagadas que adoitan lucir outras quenllas. O morro é cónico, curto e groso. A boca, moi grande e redondeada, ten forma de arco. Durante o ataque, as fauces ábrense ata tal punto que a forma da cabeza se deforma pois a mandíbula se proxecta, e péchanse logo cunha forza 300 veces superior á dunha mandíbula humana (12-24 toneladas).
  13. 13. As morsas do Pacífico tamén forman parte deste ranking. Os machos pesan entre 800 e 1.700 kg e teñen unha lonxitude de entre 2,7 e 3,6 m, en tanto que as femias pesan entre 400 e 1.250 kg e miden entre 2,3 e 3,1 m. Teñen unha pel moi grosa, de entre 2 e 4 cm de espesor. A pel dos machos presenta a miúdo grandes nódulos, pero como só aparecen na época da pubertade, parece ser que se trata dunha característica sexual secundaria
  14. 14. FIN

×