Successfully reported this slideshow.
We use your LinkedIn profile and activity data to personalize ads and to show you more relevant ads. You can change your ad preferences anytime.

Maio 2014

  • Login to see the comments

  • Be the first to like this

Maio 2014

  1. 1. mayo may mai maio
  2. 2. Maio é o quinto mes do ano, con 31 días. O nome de maio procede da deusa romana Maia, Fauna ou Bona Dea, deusa da fertilidade. A pedra de maio é a esmeralda e a flor o lirio.
  3. 3. É o mes das flores. Florecen as xestas, os breixos, os toxos, as roseiras, os castiñeiros, as vides, as gramíneas, os estalotes, o seoane, as mapoulas, os ambroíños, os chuchameles, as vides ... breixos
  4. 4. mapoulas
  5. 5. chuchamel
  6. 6. xeranio
  7. 7. gramíneas
  8. 8. Maduran as cereixas
  9. 9. Voan as sementes dos chopos, dos dentes de león, dos bidueiros...
  10. 10. abella recollendo pole Vense moitos insectos: bolboretas, saltóns, xoaniñas, escarabellos, mosquitos, tabáns...
  11. 11. Crían os gatos, as donicelas, as martas, os lobos, os furóns, e a maioría das aves. Desovan os cóngaros e emparéllanse os golfiños. cotovía
  12. 12. É tempo de sementar o millo, plantar patacas e comézase a sulfatar as viñas. Páñanse as patacas do cedo, os primeiros chícharos e, cara a fin de mes, as primeiras cereixas.
  13. 13. millo
  14. 14. patacas
  15. 15. Aí ven o maio de frores cuberto... Puxéronse á porta cantándome os nenos; e os puchos furados pra min estendendo, pedíronme crocas dos meus castiñeiros. Curros Enríquez TRADICIÓNS Desde a antigüidade en toda Europa celébranse as festas maiais o primeiro domingo do mes para conmemorar a chegada da primavera. Nos nosos tempos séguese a celebrar a festa dos maios en moitos países de Europa.
  16. 16. OS MAIOS En Galicia hai varias tradicións relacionadas cos maios. En moitos lugares (Pontevedra, Vilagarcía de Arousa, Ourense...) fanse os maios, monumentos vexetais de forma cónica ou con motivos figurativos adornados con flores, ovos, fitas... e cántanse coplas. Tamén se visten os rapaces de “maios” con ponlas e flores para ir polas casas a pedir agasallos.
  17. 17. -Maio tolo, nin bo gato, nin bo polo -San Fernando, pulgas á xente e moscas ó gando -No mes de abril fai queixos mil, no mes de maio fai tres ou catro
  18. 18. -En abril espigas mil, en maio todo espigado -Maio frío moito trigo, maio pardo ano farto -O que queira ter prixel todo o ano seménteo no maio -Are quen arou que xa maio entrou
  19. 19. TEMPERATURA MÁXIMA (ºC) (media) TEMPERATURA MÍNIMA (ºC) (media) TEMPERATURA MEDIA (ºC) HUMIDADE MEDIA (%) VELOCIDADE DO VENTO (km/h) CHUVIA TOTAL (l) DÍA CHUVIA MÁXIMA (l/m2 ) DIAS CHUVIA 20 10,4 15,15 80 5,4 68,7 21 (28,31) 10 O TEMPO Os día medraron en 60 minutos
  20. 20. -En abril augas mil, e no maio todas as que queiran vir -No maio así corra a auga detrás do arado
  21. 21. -Que chova en abril e maio anque non chova en todo o ano -En maio bebe o boi detrás do arado, e se non bebe malo
  22. 22. -Cando marzo maiea, maio marcea -Marzo maieiro, maio marceiro
  23. 23. 1 de maio Día Internacional do traballo Desde 1889 celébrase en homenaxe aos mártires de Chicago, un grupo de traballadores que foron executados por defender a xornada laboral de oito horas.
  24. 24. 2 de maio de 1519 morre Leonardo da Vinci inventor e pintor italiano
  25. 25. 1º martes de maio Día Mundial da Asma Unha afección respiratoria que cada vez produce máis problemas debido á contaminación atmosférica. Segundo a OMS afecta a case 300 millóns de persoas no mundo e estímase que afectará a 500 millóns no 2025. Causa arredor de 200.000 mortes cada ano.
  26. 26. 4 de maio de 1986 morre Isidro Parga Pondal xeólogo galego Mapa xeolóxico de Galicia no Museo do Castro (Sada)
  27. 27. 5 de maio de 1970 O buque petroleiro Polycommander encalla nas illas Cíes. 12 de maio de 1976 Accidente do petroleiro Urquiola na Coruña.
  28. 28. 5 de maio de 2000: conxunción de todos os planetas coñecidos na Antigüidade (Mercurio, Venus, Marte, Xúpiter, Saturno), a Lúa e o Sol.
  29. 29. 5 a 7 de maio de 2014: incendio forestal nas proximidades do Parque Natural Enciña da Lastra. Máis de 200 hectáreas arrasadas. La Voz de Galicia
  30. 30. 6 de maio de 1889 remata a construción da Torre Eiffel en París
  31. 31. 8 de maio de 1794 morre Antoine Lavoisier, químico francés.
  32. 32. 8 de maio de 1902 erupción do Mont Pelée na Martinica Morren 30.000 persoas.
  33. 33. SEGUNDO FIN DE SEMANA de maio Día Mundial das Aves Migratorias
  34. 34. 15 de maio de 1859 nace Pierre Curie físico francés
  35. 35. 17 de maio Día das Letras Galegas Celébrase desde 1963, a proposta da Real Academia Galega para rendir unha homenaxe á nosa lingua e aos escritores que a honran. O 17 de maio de 1863 publicouse na Habana o primeiro exemplar de Cantares Gallegos, de Rosalía de Castro, que marca o incio do chamado “Rexurdimento”, coa publicación de obras literarias en galego na época moderna. Festivo en Galicia.
  36. 36. 18 de maio de 1980 erupción do volcán Saint Helens nos Estados Unidos. 57 mortos e numerosos danos
  37. 37. 20 de maio de 2013 Potente tornado en Oklahoma Desprazouse durante 32 km e tocou terra durante 40 minutos devastando todo ao seu paso. Calcúlase que os ventos sobrepasaron os 350 km/h
  38. 38. 21 de maio de 1927 Charles Lindbergh completa o primeiro vóo transatlántico sen escalas nun monoplano dun só motor. Levoulle 33 horas e 32 minutos e aterrou nas proximidades de París.
  39. 39. 21-22 de maio de 1960 Un tremor de 9,5 graos escala Richter con epicentro en Valdivia (Chile). Provocou erupcións volcánicas e un tsunami que afectou a unha gran área do océano Pacífico. Unhas 5.000 persoas morreron e dous millóns quedaron sen fogar.
  40. 40. 22 de maio Día internacional da diversidade biolóxica
  41. 41. 23 de maio de 1707 nace Carl von Linné biólogo sueco. O 1 de maio de 1753 publicou Species Plantarum, dando comezo á taxonomía das plantas
  42. 42. 23 de maio de 1871 morre Ramón de la Sagra biólogo, botánico e economista galego
  43. 43. 24 de maio de 1543 morre Nicolás Copérnico, astrónomo e matemático polaco.
  44. 44. 29 de maio de 1953 o neocelandés Edmund Hillary e o sherpa Tenzing Norgay chegan ao cume do Everest
  45. 45. FOTOS: Alumnado 1º ESO, Adela Leiro, Mon Daporta MAIO 2013 Departamento de Ciencias

×