Successfully reported this slideshow.
We use your LinkedIn profile and activity data to personalize ads and to show you more relevant ads. You can change your ad preferences anytime.

Febreiro 2012

509 views

Published on

Published in: Education
  • Login to see the comments

  • Be the first to like this

Febreiro 2012

  1. 1. febrero february février fevereiro
  2. 2. Febreiro é o segundo mes do ano no calendario gregoriano, con 28 días os anos normais e 29 os anos bisiestos. Este ano febreiro ten 29 días
  3. 3. Foi chamado así en honra ás festas “februas”, o festival da purificación na antiga Roma, que naqueles tempos coincidían co fin de ano.
  4. 4. A pedra de febreiro é a amatista e a flor a violeta.
  5. 5. Carballo Na natureza aparecen os primeiros sinais do final do inverno. Comezan a inchar as xemas das árbores.
  6. 6. Florecen os salgueiros, as mimosas, as acacias, os amendoeiros, os pexegueiros, as magnolias, o romeu, os loureiros, os narcisos, os xacintos, os toxos, os cáncaros, as violetas, a herba de namorar... salgueiro (flores femininas)
  7. 7. magnolia
  8. 8. avelaira en flor
  9. 9. pexegueiro
  10. 10. chuchameles
  11. 11. toxo
  12. 12. narcisos
  13. 13. herba de namorar
  14. 14. colexas
  15. 15. esquío Os gatos, os lobos e os esquíos entran en celo.
  16. 16. ovos e alevíns de troita No mar desovan os abadexos e as raias; nos ríos as troitas.
  17. 17. rula Aparecen os primeiros niños: pardais, merlos xiríns... Escóitanse os mouchos. Comezan a marchar as aves invernantes. Saen as primeiras ras.
  18. 18. pardal
  19. 19. os traballos lábranse as terras
  20. 20. fanse as parras
  21. 21. pódanse e átanse as viñas
  22. 22. -En febreiro patacas ao carreiro. Nacen as patacas do cedo.
  23. 23. O TEMPO (Estación Corón) 3 1,2 (14) 3 16,56 67 9,44 5,7 13,4 DIAS CHUVIA DÍA CHUVIA MÁXIMA (l/m2) CHUVIA TOTAL (l) VELOCIDADE DO VENTO (km/h) HUMIDADE MEDIA (%) TEMPERATURA MEDIA (ºC) TEMPERATURA MÍNIMA-Media (ºC) TEMPERATURA MÁXIMA-Media (ºC)
  24. 28. - Polo San Brais, dúas horas máis. -Por Santa Eulalia se chove e venta o inverno entra. -Se chove o día de Santa Eulalia, chove sete días e unha semana. Os días medraron 74 minutos
  25. 29. -A xeada de febreiro mata a vaca e mais o leiro.
  26. 30. -Pola Candelaria, se chove e venta, o inverno entra; se rí e chora, medio inverno vai fóra; se non chora nen rí, o inverno está por vir; se chora e deixa de chorar, a metade do inverno está por pasar; e se non chove nen implora, o inverno xa vai fóra.
  27. 31. -Vaite febreiro cos teus vinteoito, se chegas a ter máis catro non queda can nin gato. -En febreiro, sete capas e un sombreiro. -Neve febreiriña, tarde ven e logo camiña.
  28. 32. -Tal o vintesete, tal o mes seguinte, se o vinteoito consinte. -Antroido á raxeira, Pascuas á lareira. -Auga de febreiro enche o cabaceiro. -Por Santa Eulalia trompos á borralla.
  29. 33. DÍAS SINALADOS 1 de febreiro de 1948 descubrimento do transistor nos laboratorio Bell de EE.UU. Jonhn Bardee, Walter Houser Brattain e William Bradford Shokley, que recibiron o premio Nobel de Física en 1956 O transistor é un dispositivo electrónico semicondutor que cumple funcións de amplificador, oscilador, conmutador ou rectificador. Actualmente atópanse prácticamente en todos os aparellos domésticos de uso diario: radios, televisores, grabadoras, reproductores de audio e video, fornos de microondas, lavadoras, automóviles, equipos de refrixeración, alarmas, reloxos de cuarzo, computadoras, calculadoras, impresoras, lámpadas fluorescentes, equipos de raios X, tomógrafos, ecógrafos, reprodutores mp3, teléfonos móviles... O termo “transistor é a contracción en inglés de transfer resistor (resistencia de transferencia)
  30. 34. En conmemoración da data na que se aprobou a Convención de Ramsar sobre Zonas Húmidas de Importancia Internacional, especialmente como Hábitats de Aves Acuáticas, o 2 de febreiro de 1971.
  31. 35. 2 de febreiro de 1907: morre Dimitri Mendeleyev, químico ruso, creador da TÁBOA PERIÓDICA DOS ELEMENTOS QUÍMICOS. Nacido o 8 de febreiro de 1834.
  32. 36. febreiro de 2004: descóbrese en Guipúzcoa, nunha sima do monte Ernio, o primeiro río de leite de lúa en estado líquido do mundo. 1 1 O leite de lúa está composto xeralmente por carbonatos de calcio e magnesio, aínda que poden aparecer outros minerais como calcio, xofre, sílice, carbono ou xeso.
  33. 37. 3 de febreiro de 1878: nace en lalín Ramón María Aller Ulloa , astrónomo galego.
  34. 38. 3 de febreiro de 1966: A sonda soviética Lúa 9 é a primeira en pousarse sobre a superficie da Lúa e emitir fotografías desde o Mar das Tormentas.
  35. 39. 4 de febreiro DÍA MUNDIAL CONTRA O CANCRO
  36. 40. 6 de febreiro: Día Internacional contra a Mutilación Xenital Feminina
  37. 41. 7 de febreiro de 2006: un equipo de científicos alemáns consegue un rexistro histórico ao taladrar o xeo da Antártida ata acadar os 2774 m de profundidade.
  38. 42. 10 de febreiro de 1926: o hidroavión “ Plus Ultra ”, tripulado por Ramón Franco, Julio Ruiz de Alda, Juan Manuel Durán e Pablo Rada, chega a Bos Aires. Realiza o primeiro voo entre España e América. 31-1 4-2
  39. 43. 12 de febreiro de 1809 nacemento de Charles Darwin, científico inglés autor da teoría da Evolución.
  40. 44. 12 de febreiro Día Mundial contra a utilización dos nenos soldado Según datos de Amnistía Internacional, máis de 300.000 menores participan en conflictos bélicos nuns 86 países do mundo. O 40% son nenas, que tamén son empregadas como escravas sexuais.
  41. 45. 13 de febreiro de 2012 Lanzamento do Xatcobeo, o primeiro satélite artificial galego
  42. 46. 14 de febreiro DÍA DOS NAMORADOS
  43. 47. 14 de febreiro: Día Mundial da Enerxía
  44. 48. 14 de febreiro 1779: morre James Cook , explorador británico.
  45. 49. 15 de febreiro de 1564: nace Galileo Galilei, astrónomo, físico e filósofo italiano.
  46. 50. 16 de febreiro de 2005: entra en vigor o Protocolo de Kioto , convenio mundial para a redución de gases do efecto invernadoiro.
  47. 51. 18 de febreiro de 1745: nace Alessandro Volta , físico italiano.
  48. 52. 18 de febreiro de 1930 o astrónomo estadounidense Cyde William Tombauh descubre Plutón desde o observatorio Lowell en Arizona.
  49. 53. 19 de febreiro de 1473: nace Nicolás Copérnico , astrónomo polaco .
  50. 54. 19 de febreiro de 1941: na provincia de Pontevedra, un furacán abate unhas 150.000 árbores e destrúe as torres de máis de 300 igrexas.
  51. 55. 21 de febreiro DÍA INTERNACIONAL DA LÍNGUA MATERNA
  52. 56. 24 de febreiro de 1837 nace Rosalía de Castro, a escritora galega máis relevante
  53. 57. 28 de febreiro de 1953: Francis Crick e James Watson descobren a estrutura helicoidal da molécula de ADN .
  54. 58. 28 de febreiro de 1981 morre en Vigo escritor galego Álvaro Cunqueiro
  55. 59. 29 de febreiro de 1968: a astronoma irlandesa Jocelyn Bell Burnell descobre o primeiro pulsar.
  56. 60. FOTOS: Alumnado 1º ESO, Adela Leiro, Mon Daporta FEBREIRO 2012 Departamento de Ciencias

×