Successfully reported this slideshow.
We use your LinkedIn profile and activity data to personalize ads and to show you more relevant ads. You can change your ad preferences anytime.

Dublin 2012

399 views

Published on

Escolma de imaxes recollidas en maio de 2012 durante a visita do IES Asorey a Dublin

Published in: Education
  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

Dublin 2012

  1. 1. Visita a Dublín IES Francisco Asorey Maio 2012
  2. 2. O’Connell StreetUnha das arterias principais deDublin, nela atópase The Spire ofDublin, a escultura máis alta domundo
  3. 3. Río Liffey desde O’Connell BridgeEste río de pequenas dimensións atravesa Dublín de oeste a este
  4. 4. Trinity College
  5. 5. O Trinity College de Dublinfoi fundado en 1592 polaraíña Isabel I deInglaterra, sendoactualmente auniversidade máis antiga eprestixiosa de Irlanda Ata 1793 só admitía estudantes protestantes, e aínda así a igrexa católica irlandesa prohibiulle aos seus fieis matricularse na mesma baixo ameaza de excomunión, ata 1970.
  6. 6. O seu campus, situado no mesmocentro da cidade, ten o aspectoclásico dos college británicos, conedificios antigos de pedra eamplos xardíns.
  7. 7. No seu interior respírase oambiente universitario quepodemos observar en moitaspelículas e series de televisióninglesas, se ben hai outroselementos que nos recordan aépoca na que vivimos.
  8. 8. Un deses edificios albergaa Old Library, unhaespectacular bibliotecaclásica na que se inspira ocheiro a madeira e librosantigos de todas asdisciplinas .
  9. 9. Pero, sen dúbida, o máis prezadotesouro que garda a Old Libraryé o Libro de Kells, un libro dosevanxeos manuscrito eprofusamente decorado que foiescrito arredor do ano 800, oque o converte nun dos librosmáis antigos que chegaron ata osnosos días
  10. 10. Temple BarUnha das visitas obrigadas enDublin é este barrio, cheo detípicos pubs irlandeses, ondenunca falta a cervexa e amúsica en directo, moitas vecescoreada polos propios clientes.
  11. 11. O nome do barrio procede do barfundado por Sir Willian Temple,un profesor universitario, que seconverteu na súa época nunconcorrido lugar de reunión,aínda que existen outras teoríassobre a súa orixe.
  12. 12. O Dublín xeorxianoGran parte da cidade responde a esteestilo, así nomeado polo rei Xurxo Ide Inglaterra. As súas rúas estánfranqueadas por edificios de ladrillomoi monótonos, que amosan comonota discordante unhas portas moicoidadas e coloristas
  13. 13. O Dublín literarioEsta cidade foi berce dalgúnsdos máis importantesescritores da literaturauniversal: James Joyce, SamuelBeckett, JonathanSwift, Bernard Shaw, WilliamYeats, Bram Stoker ou OscarWilde, que conta con estaestatua no parque de MerrionSquare, nunha fel pose a súapersonalidade de dandy.
  14. 14. Parques de DublínO clima irlandés, moi húmidodurante a práctica totalidadedo ano, o que favorece aexistencia de numerosos e moicoidades parques endiferentes partes da cidade.
  15. 15. Precisamente por esteclima, case permanentementechuvioso, fai que en cantoveñen días soleados e cálidosos irlandeses saen en masa aocupar eses parque acomer, pasear ou tomar o sol.
  16. 16. Dublin CastleOrixinalmente foi unha fortaleza defensiva construída polosnormandos, posteriormente sería a sé do virrei que gobernaba Irlandano nome do rei de Inglaterra. Actualmente é a residencia de autoridadesestranxeiras que visitan Irlanda e arredor do mesmo están diferentesinstitucións oficiais do goberno irlandés.
  17. 17. Saint Patrick’s CathedralConsiderada a Catedral nacional deIrlanda, país de profunda raigamecatólica, pertence a igrexa anglicanade Irlanda. Reconstuída ennumerosas ocasións, non destacapolo seu valor arquitectónico
  18. 18. Camiño irlandés aSantiagoAntigamente os pelegrínsirlandeses a Santiagopartían desde a porta deSt. James na beira do ríoLiffey. Actualmenteseguen a facelo desde aigrexa de St. James, talcomo da testemuña estecartel situado na súaporta.
  19. 19. Monumento a Molley MalonePersonaxe mítica, aínda que posiblemente real, protagonista dunhacanción popular irlandesa. É considerada un dos símbolos da naciónirlandesa
  20. 20. Guiness StorehouseEn calquera cidade domundo a visita a unhafábrica de cervexa poderíaparecer algoprescindible, pero visitar afábrica de Guiness enDublín é unha obriga. Defeito, é o lugar máisvisitado de toda Irlanda, oque pode resultarrevelador do carácterdeste país.Por se alguén tendúbidas, paga a penadedicarlle un par de horas
  21. 21. A través de varias plantas contan ahistoria da Guiness e describen o seuproceso de elaboración.
  22. 22. Ademais, desde o GravityBar, situado na partemáis alta da GuinessStorehouse, ofrece asmellores vistas da cidade.

×