Successfully reported this slideshow.
We use your LinkedIn profile and activity data to personalize ads and to show you more relevant ads. You can change your ad preferences anytime.

Deuses do vento

294 views

Published on

Published in: Education
  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

Deuses do vento

  1. 1. DEUSES DOS VENTOS
  2. 2. Mitoloxía grega
  3. 3. EOLO era o deus do vento, fillo de Helén e da Náiade Orséis e irmá de Doro e Xuto. Descríbese como o rei de Eolia. Casou con Enarete, filla de Dímaco e tiveron moitos fillos.
  4. 4. ANEMOI Na mitoloxía grega os Anemoi eran deuses do vento, que se correspondían cos puntos cardinais. Estaban relacionados coas distintas estacións e estados meteorolóxicos. Ás veces representábanse como simples ráfagas de vento ou de homes alados, e incluso en algunhas ocasións tomaban a forma de cabalos encerrados en establos do seu señor gobernante, Eolo, que residía na illa de Eolia. Na mitoloxía romana os deuses do vento chamábanse Venti. Tiñan nomes en xeral semellantes aos gregos.
  5. 5. VENTOS BENEFICIOSOS: Noto, Bóreas, Argestes e Céfiro. Eran fillos de Astreo e Eos. Os ventos destructivos: eran fillos de Tifón.
  6. 6. Tifón É un deus relacionado cos furacáns. Era un ser colosal alad, cunha estatura que lle permitía chegas ás estrelas. Tiña cabezas de dragón por dedos e serpes polas pernas. Podía abrasar todo o que lle se opuxese coa súa mirada, vomitar lume e lava pola boca e provocar furacáns e terremotos movendo as súas ás.
  7. 7. Na ágora romana de Atenas consérvase a Torre dos Ventos, un edificio de mármore en forma de torre de planta octogonal que foi construído no 50 a.C. como un Horologion ou reloxo. Tiña nove diais de reloxos de sol, unha clepsidra ou reloxo de auga no seu interior, unha brúxola e un cataventos no cume do tellado coa que apuntaba a cada un dos oito lados que representan unha dirección do vento.
  8. 8. VENTO DO NORTE: Bóreas (Aquilón na mitoloxía romana). Traía o frío aire invernal.
  9. 9. VENTO DO SUR: Noto ou Austro. Traía as tormentas de finais de verán e do outono. Era temido como destrutor das colleitas.
  10. 10. VENTO DO LESTE: Euro (Vulturno na mitoloxía romana). Traía calor e chuvia.
  11. 11. VENTO DO OESTE: Céfiro. (Favonio na mitoloxía romana). Traía as suaves brisas da primavera e comezos de verán.
  12. 12. VENTO DO SUROESTE: Libis ou Lipso (After Ventus ou Áfricus, na mitoloxía romana). Represéntase como un home alado moi novo, sen barba que sostén entre as súas mans o timón dunha nave.
  13. 13. VENTO DO NORESTE: Cecias (Caecius na mitoloxía romana). Representábase como un home alado con barba. Traía o pedrisco.
  14. 14. VENTO DO SURESTE: Apeliotes (Argestes na mitoloxía romana). Encargado de facer soprar o vento que fai madurecer as froitas. Represéntase como un home alado sen barba.
  15. 15. VENTO DO NOROESTE: Escirón ou Sirio Un vento frío e seco, asociado co comezo do inverno. Represéntase como un home cunha vasilla que espalla cinzas.
  16. 16. Ehécatl. O seu alento inicia o movemento do Sol, anuncia e remata a chuvia, trae a vida ao que está inerte. Segundo a mitoloxía azteca, despois da creación do quinto sol, este estaba fixo no ceo, ao igual que a Lúa, ata que Ehécatl soprou sobre eles e púxoos en movemento. Representase xeralmente cunha máscara en forma de peteiro. Mitoloxíamexica
  17. 17. Huracán: deus do lume, do vento e das tormentas. Representado como un ser con cola de serpe. Foi un dos deuses que participou na creación do home a partir do millo. Enviou un gran diluvio universal para destruir aos primeiros homes que enfureceran áos deuses. Mitoloxía maia
  18. 18. Enlil: deus do ceo, do vento, das tempestades e da respiración. Ao nacer separou o ceo da terra. Mitoloxía sumeria (tamén acadios, babilonios, cananeos e asirios)
  19. 19. Fūjin ( 風神 )  Cando Amaterasu creou o mundo el mundo, Fujin, fixo soplar ventos desde a súa saba sagrada, que despexaron a néboa e permitiron o paso do sol. Mitoloxía xaponesa
  20. 20. Ngen-kürüf ou Ngen- kürrëf son donos dos ventos. Hai catro ventos que veñen dos catro puntos cardinais da terra: Waiwén, vento sur favorable, Lafkén- kürüf, vento oeste relativamente bo, Puelche, vento do leste relativamente malo e Pikún-kürüf, vento norte destructivo que trae fortes tormentas. Mitoloxía Mapuche
  21. 21. Vaiú, Vāta, Pávana, Prāna (vento ou aire). É un dos cinco elementos no hinduísmo, xunto coa terra, auga, lume e éter. Mitoloxía hindú
  22. 22. Fei Lian ou Feng Bo. Un dragón alado con cabeza de gorrión, os cornos dun toro, o corpo e as pernas dun cervo e a cola dunha serpe. Leva o vento nunha bulsa e crea problemas. Mitoloxía chinesa
  23. 23. Iria Castro Acha

×