Successfully reported this slideshow.
We use your LinkedIn profile and activity data to personalize ads and to show you more relevant ads. You can change your ad preferences anytime.

Día da auga

643 views

Published on

Published in: Education, Technology
• Be the first to comment

• Be the first to like this

Día da auga

1. 1. auga 22 de marzo, día mundial
2. 2. A Asamblea Xeral das Nacións Unidas, na súa resolución do 22/12/1992 decidiu declarar o 22 de marzo como DÍA MUNDIAL DA AUGA a celebrar a partir de 1993
3. 3. É unha data para recordarnos a todos e a todas que hai que facer esforzos concretos para proveer de auga potable a todas as persoas do mundo e concienciarnos sobre a súa correcta xestión.
4. 4. A auga: Unha Herdanza en Común Todos herdamos o prezado tesouro da auga. Se non o conservamos as xeracións futuras non poderán gozalo. 1993
5. 5. Coidar dos recursos hídricos é cousa de todos 1994 A xestión da auga xera disputas entre persoas, comunidades ou países debido aos desequilibrios entre a demanda e a disponibilidade. Hai que destacar a importancia da cooperación a todos os niveis.
6. 6. Muller e auga 1995 Nas problematicas asociadas á dispoñibilidade da auga as máis afectadas son as mulleres que, en moitas sociedades, xogan un papel central na obtención, manexo e distribución deste prezado recurso
7. 7. Na maioría dos paísen en vías de desenvolvemento as mulleres son as responsables da xestión da auga a escala doméstica e comunitaria. Algunhas mulleres e nenas destes paises empregan máis de 8 horas ao día e percorren ata 15 km para trasladar de 15 a 25 litros de auga por viaxe.
8. 8. Auga para as cidades sedentas 1996 No 2020, o 60% de la poboación mundial vivirá nas cidades polo que o desenvolvemento de infraestruturas para o abastecemento de auga e a súa correcta xestión é sumamente urxente.
9. 9. A auga no mundo, resulta suficiente? 1997 -Máis de 1.100 millóns de persoas non teñen garantido o acceso a auga potable. -Máis de 2.400 millóns non teñen saneamento seguro. -A maioría dos ecosistemas acuáticos do planeta están ameazados.
10. 10. Auga subterránea, o recurso invisible 1998
11. 11. Todos vivimos augas abaixo 1999
12. 12. Auga para o século XXI 2000 A escaseza de auga é un dos problemas máis importantes que debe afrontar o mundo no século XXI. Durante o pasado século o uso da auga aumentou a un ritmo máis de dúas veces superior á taxa de crecemento da poboación.
13. 13. Para o ano 2025, 1.800 millones de personas habitarán en áreas con escaseza absoluta de auga, e 2/3 da poboación mundial padecerá conflictos relacionados co seu uso.
14. 14. Auga e saúde 2001 Un chamamento a unha conciencia global sobre a escaseza de augas limpas e vivas nun mundo cada vez máis agresivo e menos habitable en pro dunha nova racionalidade fronte ao modelo de desenvolvemento actual
15. 15. Dous millóns de nenos e nenas morren cada ano por falta de auga potable.
16. 16. Auga para o desenvolvemento 2002 A agua é o recurso natural máis importante e inflúe en todos los aspectos da civilización. Ao longo da historia da humanidade a necesidade e a demanda de auga foron un motor de desenvolvemento social, económico e cultural. Sen auga non hai agricultura, industria, lecer...
17. 17. Auga para o futuro 2003 Nun mundo que experimenta un forte crecemento demográfico e onde o consumo de auga aumenta constantemente, as dificultades para garantir o recurso son cada vez maiores. As dificultades medioambientales, sociais e económicas van en aumento como resultado das moitas presións que se exercen sobre os recursos naturais.
18. 19. A auga e os desastres 2004 Hai unha profunda preocupación polo aumento da frecuencia e a intensidade dos fenómenos climáticos extremos e os desastres naturais que se producen en moitas zonas do mundo polo seu considerable impacto económico, social e ambiental, en particular nos países en desenvolvemento.
19. 20. Comeza o Decenio Internacional da Auga co lema “ Auga para todos, auga para a vida ” co obxectivo de ocuparse das cuestións relativas á auga (escaseza, contaminación, saneamento, reducción do risco de desastres...) e da execución de programas e proxectos que servan para mellorar a situación mundial. 2005-2015
20. 21. 2005 A auga é esencial para a vida, pero é escasa para millóns de persoas en todo o mundo. Moitos millóns de nenos e nenas morren cada día por enfermidades transmitidas pola auga. A seca azota periódicamente a algúns dos países máis pobres do planeta. A auga fonte de vida
21. 22. Auga e cultura 2006 Existen tantas maneiras de considerar, utilizar e conmemorar a agua como tradicións culturais hai no mundo. A agua sitúase no centro de numerosas relixións e emprégase en diversos rituais e ceremonias.
22. 23. "Debido ao seu papel fundamental na vida da sociedade, a auga ten unha forte dimensión cultural. Non se pode atopar ningunha solución de futuro sostible sen entender nen considerar os aspectos culturais dos nosos problemas relacionados coa auga”.
23. 24. Afrontando a escaseza de auga 2007 Ao tempo que medra a poboación e as necesidades de desenvolvemento esixen maior cantidade de auga para as ciudades, a agricultura e a industria, a presión sobre los recursos hídricos intensifícase, o que produce tensións e conflictos, e un impacto excesivo no medio ambiente.
24. 25. A principal dificultade consiste en atopar maneiras máis efectivas de conservar, utilizar e protexer os recursos hídricos a nivel global.
25. 26. Espérase que a poboación mundial acade os 8.100 millones de personas no ano 2030. Para manter o ritmo da crecente demanda de alimentos, durante os próximos 30 anos será necesario destinar ao uso agrícola un 14 % máis de auga dóce.
26. 27. Saneamento 2008 Un correcto manexo sanitario da auga potable e das augas residuais reduce os riscos para a saúde e mellora a calidade de vida das persoas. 2.600 millones de personas no mundo carecen de acceso a un saneamiento básico o que as fai víctimas potenciais do 80% de las enfermidades.
27. 28. A mellora do saneamento reduce o cólera, o tifo, a malaria, as diarreas, a pneumonía, e ata a desnutrición o que evitaría 1,5 millóns de mortes ao ano.
28. 29. Recursos hídricos transfronteirizos 2009 As 263 cuncas e lagos transfronteirizos do mundo cobren case a metade das superficie dos continentes e esténdense a través do territorio de 145 países. Tamén se moven grandes cantidades de auga dóce por debaixoo das fronteiras nos acuíferos subterráneos. É importante fomentar as oportunidades de cooperación na xestión da auga. Todos compartimos esa responsabilidade de cara ás xeracións actuais e futuras.
29. 30. Auga limpa para un mundo san 2010
30. 31. Auga para as cidades, respondendo ao desafío urbano ”. 2011 Todos (gobernos, organizacións, comunidades e persoas individuais) debemos participar activamente para responder ao desafío da xestión da auga urbana para mellorar o seu aproveitamento e a eficacia dos sistemas de distribución e tratamento.
31. 32. A auga é un dos recursos máis preciados do planeta, é unha necesidade e un dereito humano primordial... pero case unha sexta parte da poboación mundial non ten acceso a ela.
32. 33. consumo de auga no mundo
33. 34.

Moita xente pequena,

en lugares pequenos,

facendo cousas pequenas,

pode cambiar o mundo.

PROVERBIO AFRICANO

34. 35. 22 de marzo día mundial da auga MONTAXE: Adela Leiro IMAXES: Adela Leiro, Mon Daporta, Internet Marzo 2011