Successfully reported this slideshow.
We use your LinkedIn profile and activity data to personalize ads and to show you more relevant ads. You can change your ad preferences anytime.

Biomecanica

340 views

Published on

Published in: Education
  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

Biomecanica

  1. 1. Biomecánica Biónica (algúns exemplos)
  2. 2. Anestesia e apisonadora A véspora Pison atrum  A véspora é un dos animais máis inventores que existen. Sae do seu niño para cazar, ata aquí todo normal, pero para capturar a súa presa enxéctalle unha dose perfectamente calculada de paralizante para que non se mova e así podela levar ata o seu niño.  Logo, ao ter a despensa chea pon os ovos, un por cada despensa, onde cando medren e necesiten alimento terán a presa que a súa nai lle deixa. Logo o que lle queda á nai e tapar o niño con pequenas pedras que atopa no camiño, que consegue romper coas súas mandíbulas e coa vibración das suas ás.
  3. 3. Alfarería Vésporas alfareiras  Dende hai tempo a xente cría que fomos os únicos que dominamos a arte da alfarería, pero sen sabelo tiñamos unhas boas competidoras, as vésporas moldeano barro para elaborar os seus niños en forma de vasilla.  A véspora voa en busca de barro e pouco a pouco constrúe o seu refuxio onde, o rematar, deixa unha abertura con forma de chimenea cara a fóra. Dentro, nunhas pequenas celas, poñen os ovos e coidan as suas crias.
  4. 4. Papel Vésporas  Algunhas vésporas constrúen os seus niños con febras de madeira (celulosa) mesturadas con saliva dando como resultado un material semellante ao cartón.  Os niños son de formas e tamaños variados e poden ir suxeitos a ponlas de árbores, peredes ou raíces das árbores (subterráneos).
  5. 5. Lámpada A bagalume  Antes de que se inventara a lámpada, no 1789, un pequeno insecto xa producía luz. É un proceso pouco común (bioluminiscencia) que se descubriu tamén en algunhas especies de animais acuáticos.  A bagalume aproveita a luz que emite o seu abdome para atraer ao macho.  Este fenómeno está orixinado polo proceso de oxidación dun composto químico, a luciferina, en presenza da enzima luciferasa.  Existen máis de 2.000 especies de insectos (Lampyridae) que emiten luz.
  6. 6. Animais bioluminiscentes
  7. 7. Armas recollidas Barbantesa  Este insecto cazador garda as armas a bo recaudo co fin de evitar accidentes, cando non as necesita para capturar ás súas presas. Dobla os extremos afiados das sús patas sobre os fémures.  As persoas facemos os mesmo coas navallas, coitelos que se pregan e recollen nunha canle que os protexe o que as fai máis seguras que un coitelo ao descuberto.
  8. 8. Máquina de coser Formiga tecedora  Traballadoras infatigables, as formigas son seres sociais que constrúen os seus niños con moitos materiais diferentes.  Unhas utilizan madeira mascada ata formar unha pasta e outras, como a formiga tecedora, que aparentan ser coma máquinas de coser, crean os seus niños xuntando follas; unhas suxeitan as follas coas mandíbulas e outras coas patas traseiras; logo aparece un novo equipo que trae larvas na boca que xeran unhas substancias que pegan as follas entre si creando así a casa perfecta.
  9. 9. Xeringa Mosquito  Cando un mosquito femia quere succionar o sangue utiliza unha especie de trompa punzante formada por varios estiletes. Unha vez que fura a pel unha minúscula agulla introdúcese nun vaso sanguíneo e absorbe o sangue. Ao mesmo tempo inxecta unha pequena cantidade dun anticoagulante para facilitar o fluxo de sangue.  As nos xeringas funcionan dunha forma semellante.
  10. 10. Palliña Bolboretas  As bolboretas teñen unha boca en forma de tubo que empregan para cgupar o néctar das flores. En reposo entá enrolado en espiral.  As nosas palliñas de beber funcionan de forma semellante.
  11. 11. Pés/mans adherentes Osga  Algúns réptiles teñen unhas membranas flexibles nos dedos que lles permiten suxeitarse ás superficies para gabear.  Os neumáticos dos vehículos e as solas antideslizantes dos zapatos funcionan de xeito semellante.
  12. 12. Ventosas Ras, peixes, cefalópodos, equinodermos....  Moitos animais teñen órganos que rematan en ventosas (bocas, dedos, tentáculos, pés ambulacrais...) que empregan para suxeitarse, desprazarse ou cazar.
  13. 13. Animais con ventosas
  14. 14. Pinzas, tenazas Cangrexos Insectos  Son ferramentas comúns nos artrópodos, que as empregan, sobre todo, para cazar, defenderse, pelexar ou cortar o alimento.
  15. 15. Animais con pinzas
  16. 16. Estruturas hexagonais Abellas  O deseño hexagonal fai que os panais de cera das abellas formen unha estrutura lixeira e á vez resistente.  Moitos materias modernos seguen este diseño.
  17. 17. Voo lixeiro Insectos  A forma de voar dos insectos está sendo imitada por pequenos robots voadores.
  18. 18. Nin moito nin pouco Papopula  S papula despréndese das súas sementes a través dunha tapa perforada que cubre a cápsula do froito.  Para axilizar o proceso do emprego de sal na cociña, alguén tivo a magnifica idea de gardar o sal nun recipiente con buratos na tapa para facilitar o seu uso, así naceu o saleiro.
  19. 19. Sementes con ás arces, piñeiros...  As semillas aladas de algunhas plantas transladanse a outras terras co impulso do aire.  Este sistema de propulsión é moi similar ao que rixe o funcionamento dunha hélice.
  20. 20. Paracaídas Dente de león  As pequenas sementes do dente de león e outras plantas semellantes teñen unhas estruturas moi lixeiras dispostas como un paracaídas que axudan a que o vento as disperse.
  21. 21. Parafusos Xeranio  Algunhas especies de xeranios teñen unhas curiosas sementes enroladas en espiral que penetran nos terreos húmidos a xeito dun parafuso.
  22. 22. Martín Prado Padín

×