Advertisement

A bubela e outros galegos

Dec. 15, 2012
Advertisement

More Related Content

Advertisement
Advertisement

A bubela e outros galegos

  1. A bubela e outros galegos curiosos outro fascinante descubremento do morcego Roque
  2. BU, BU… BU, BU BU… BU,BU… Sorprendeuse Roque, a tempada pasada, ao sentir “bubear”, en galego, na sabana africana.
  3. Achegouse curioso e descubreu sorprendido a unha bubela chamando por un seu amigo.
  4. -Como pode ser que tan lonxe da terra escoite a fala das nosas bubelas?. -Non é nada extrano- respondeulle a bubela-. Aínda que estou lonxe, eu tamén nacín nela.
  5. -E como puido ser que pasara tal cousa? Eu son galego de pai, nai e avoas. -Pois eu, para que o saibas, e aínda que non o creas, teño, que as recorde, todas as raíces galegas.
  6. Cando medran os días cruzamos o mar e buscamos un sitio onde aniñar.
  7. Nun burato dun valo,
  8. ou nunha árbore furada, facemos o niño e coidamos a niñada.
  9. Atendemos ás crías para que medren ben, e cando o tempo enfría vímonos outra vez.
  10. Pero o meu non é un caso especial, hai outras moitas aves que tamén o fan.
  11. Tal coma nós, hai algún paspallás,
  12. cegoñas,
  13. rulas… e unhas trinta máis.
  14. Moitas anduriñas,
  15. xirrios
  16. e cucos, … tamén son galegos
  17. …ata abellarucos.
  18. Hai miñatos queimados,
  19. avenoiteiras,
  20. mouchos de orellas
  21. e gatafornelas.
  22. Reiseñores,
  23. ouriolos,
  24. picanzos vermellos,
  25. escribentas das hortas
  26. e pedreiros cincentos.
  27. Pernileiros,
  28. unha clas de lavandeira,
  29. merlos rubios,
  30. águias perdigueiras…
  31. E como non as coñezo, non che digo máis, pero sei que hai outras… e algunhas do mar.
  32. Roque admirado de canto aprendera despideuse agradecido de aquela bubela.
  33. E como pasa sempre, cada vez que sae, volveu moito máis sabio daquela viaxe.
  34. Catro aves, escollidas, son as que pasan o mar: o cuco, a anduriña, a rula e o paspallás Cantiga popular fin COUSIÑAS FEITAS NA CASA As imaxes de aves foron collidas da rede. Agradézolle aos autores a súa dispoñibilidade e agardo saiban disculpar o uso que fixen delas. Mon Daporta
  35. Cegoña branca Pica papuda Miñato abelleiro Pica das árbores Relación de especies Miñato queimado Lavandeira verdeal migradoras estivais que Miñato real Reiseñor común Águia albela Papoazul crian en Galicia e pasan Gatafornela Rabirrubio real o inverno en África Tartaraña cincenta Chasco rabipinto Águia caudal Pedreiro cincento Águia perdiceira Pedreiro amarelo Falcón pequeño Merlo rubio Píllara areeira Fulepa pintada Paspallás Fulepa dos carrizos Sisón Fulepa grande Pernileiro Fulepa amarela Rula común Papuxa paporrubia Moucho de orellas Papuxa común Avenoiteira Papuxa apardazada Xirrio Picafollas de Bonelli Andurón real Picafollas ibérico Abellaruco Papamoscas cincento Bubela Ouriolo común Peto formigueiro Picanzo vermello Anduriña das barreiras Picanzo rebordá Anduriña común Escribanta das hortas Anduriña dáurica Trigueiro común Anduriña do cu branco Cuco papudo Cuco común
Advertisement