Successfully reported this slideshow.

Dorothy

454 views

Published on

Doroty

Published in: Travel, Business
  • Be the first to comment

Dorothy

  1. 1. DIA DA MULLER TRABALLADORA 2009 Dorothy Crowfoot Hodgkin tics Aitana y Araceli I E S F E R N A N D O B L A N C O
  2. 2. Dorothy naceu na cidade do Cairo, que naqueles momentos formaba parte do Imperio Británico e hoxe en día é a capital de Egipto. Aos catro anos volveu coa súa familia ao Reino Unido onde estudou química no Somerville College da Universidade de Oxford e se doctoró na Universidade de Cambridge en 1934, onde se especializou en cristalografía, disciplina da cal foi profesora en Oxford ata a súa retiro en 1977. En 1965 foille outorgado o título da Orde do Mérito, concedida pola raíña Isabel II do Reino Unido. INVESTIGACIÓNS CIENTÍFICAS Hodgkin foi pionera na técnica de determinación de estruturas de substancias de interese bioquímico mediante raios X. Converteu a insulina no seu proxecto de investigación primaria, iniciando as súas investigacións en 1934 cando Robert Robinson ofreceulle unha mostra pequena de insulina cristalina. A difracción de raios X na década de 1930 aínda non estaba suficientemente desenvolvida, pola que decidiu mellorar a técnica cristalográfica, conseguindo determinar a estrutura tridimensional das seguintes biomoléculas: colesterol en 1937 penicilina en 1945 vitamina B12 en 1954 insulina en 1969 así como a da lactoglobulina, ferritina, e virus do mosaico do tabaco. Posteriormente Hodgkin e os seus colaboradores encamiñáronse ao calciferol ou vitamina D2, así como ao antibiótico gramicidina. En 1964 foi galardonada co Premio Nobel de Química pola determinación da estrutura de moitas substancias biolóxicas mediante os raios X, converténdose na terceira muller en conseguir este galardón logo de Marie Curie e Irène Joliot-Curie.
  3. 3. ACTIVISMO SOCIAL Interesada no intercambio intelectual entre científicos e preocupada polos problemas que a ciencia ocasionaba a poboación, entre 1976 e 1988 foi presidenta das Conferencias Pugwash de Ciencia e Asuntos Mundiais. Ademais foi galardoada co Premio Lenin pola Paz concedido polo Goberno Soviético en 1985-1986.

×