2.0                                   desire                                   catálogo de recursos didácticos            ...
2
2.0                                                                 desire                                                ...
2.0     desire     catálogo de recursos didácticos      O PROXECTO  A materialización do traballo desenvolto durante o ano...
2.0                                                                            desire                                     ...
2.0     desire     catálogo de recursos didácticos    “La definición más citada en la literatura es la de IEEE, propuesta ...
2.0                                                                            desire                                     ...
2.0    desire    catálogo de recursos didácticos  As achegas, como xa se indicou, teñen que estar relacionadas co Sistema ...
2.0                                                                  desire                                               ...
2.0      desire      catálogo de recursos didácticos     As condicións técnicas destacables do concurso recalcaron os segu...
2.0                                                                      desire                                           ...
2.0     desire     catálogo de recursos didácticos     WEB 2.0 E COMUNIDADE PRÁCTICA  Articular unha comunidade de práctic...
2.0                                                                            desire                                     ...
2.0     desire     catálogo de recursos didácticos  As liberdades e dereitos con respecto ao software libre espalláronse a...
2.0                                                         desire                                                        ...
16
Cuadernillo desire 2.0
Cuadernillo desire 2.0
Cuadernillo desire 2.0
Cuadernillo desire 2.0
Upcoming SlideShare
Loading in …5
×

Cuadernillo desire 2.0

1,290 views

Published on

Cuadenillo entregado na presentación do proxecto Desire 2, nas I Xornadas de Formación para o Emprego, onde se difundiron as accións de apoio e acompañamento á formación, convocatoria 2009, da Dirección Xeral de Formación e Colocación, Consellería de Traballo e Benestar e o Fondo Social Europeo. Novembro 2010, Santiago de Compostela.

Published in: Education
0 Comments
1 Like
Statistics
Notes
  • Be the first to comment

No Downloads
Views
Total views
1,290
On SlideShare
0
From Embeds
0
Number of Embeds
209
Actions
Shares
0
Downloads
10
Comments
0
Likes
1
Embeds 0
No embeds

No notes for slide

Cuadernillo desire 2.0

  1. 1. 2.0 desire catálogo de recursos didácticos www.proxectodesire.eu Proxecto Web 2.0 Licenzas gnu/gpl colaboración usuarios mitl estándares twitter compromiso accións complementarias docentes educación Formación webinars futuro web 2.0 validación mpl vimeo estándares stdFormación w3c xhtml scorm programación Estándares creative commons rfc xml bsd alcance panel expertos css colaboración foros redacción Licenzas slideshare redes sociais interoperabilidade Estándares Web 2.0 Proxecto Catalogación e distribución de materiais didacticos ligados aos novos Certificados Profesionais : Desire 2.0, repositorio mellorado para a catalogación de obxectos de aprendizaxe dixital Accións Complementarias e de Acompañamento á Formación. Convocatoria 2009
  2. 2. 2
  3. 3. 2.0 desire catálogo de recursos didácticos INTRODUCIÓN A Fundación Formación e Emprego de Galicia (FOREM Galicia) é consciente davelocidade a que avanza a incorporación das tecnoloxías da información (TIC) en materiasde formación e emprego. Froito desa conciencia e directamente vinculada á filosofía epolítica da nosa organización, presentamos o proxecto “Catalogación e distribución de Cmateriais didacticos ligados os novos Certificados Profesionais Desire 2.0, repositoriomellorado para a catalogación de obxectos de aprendizaxe dixital”. O Proxecto Desire 2.0 é un repositorio de obxectos de aprendizaxe (ROA) ligado aoscertificados de profesionalidade. Estes establecen un escenario no que o catálogo dascualificacións profesionais do INCUAL, empregando un símil teatral, sería o foro quemarca o que ocorre nos planos e no proscenio. Fai unha aposta pola flexibilidade (unhaparte de cada módulo formativo pode cursarse de forma non presencial). A innovaciónestá ligada á tecnoloxía só en parte. A magnitude dos cambios que implica a incorporacióntecnolóxica, a aprendizaxe social, leva a un novo paradigma do proceso de ensino-aprendizaxe. Para integrar as TIC na aprendizaxe fan falla competencias nos docentes, fanfalla contidos e actividades en formatos adecuados e, sobre todo, un cambio dementalidade en todos os actores para cambiar os seus roles tradicionais. A experienciadi que os materiais que se confeccionan con fondos públicos, unha vez acabado oproxecto, non se reutilizan suficientemente e fano rara vez fóra da organización que osprepara. O retorno do investimento é moi baixo para o sistema, no mellor dos casos. Uncatálogo/repositorio dos materiais dispoñibles podería contribuír decisivamente acambiar esta situación. Ningunha organización pode ser capaz de actualizarpermanentemente todos os materiais que precisa. A actuación dos docentes comoactualizadores, buscadores e creadores de materiais complementarios é clave. A web2.0, a web social, esixe unha formación 2.0, unha aprendizaxe social, incluso concontornos persoais de aprendizaxe, con grande intervención dos usuarios na creación ebusca de contidos. 3
  4. 4. 2.0 desire catálogo de recursos didácticos O PROXECTO A materialización do traballo desenvolto durante o ano 2010 é un sitio web accesible,seguro e estable dispoñible na URL http://www.proxectodesire.eu, onde os usuarios achegane descargan obxectos de aprendizaxe e recursos dixitais. Os principais obxectivos do proxecto son: 1.- Catalogación de obxectos de aprendizaxe reutilizables procedentes de diversas fontes, en especial os realizados en accións complementarias 2008-2009. 2.- Revisión de sistemas de busca e presentación dos obxectos. 3.- Implementación dun sistema de descarga seguro. 4.- Creación dunha comunidade de práctica, desenvolvendo accións para a ampliación da dimensión social do sitio. 5.- Empaquetado do sistema completo e do código fonte para a súa distribución no dominio público. Cando falamos dun ROA é necesario definir os principais compoñentes para poder ter unhavisión global clara e definida do proxeto. a) Compoñentes tecnolóxicos do e-learning Desire 2.0 é o resultado dun proceso de integración e innovación tecnolóxica que permitea comunicación e interacción entre usuarios e contidos: LMS (learning management system) é o software encargado dos procesos administrativose da xestión de aprendizaxe. Desire 2.0 emprega Moodle.4
  5. 5. 2.0 desire catálogo de recursos didácticos CMS (content management system) é o software encargado de mostrar, clasificar, exportare servir como plataforma de edición de contidos. b) Repositorio Coa aparición do e-learning e dos obxectos de aprendizaxe xorden as necesidadesparticulares para xestionar os contidos formativos. Os repositorios de obxectos deaprendizaxe son sitios web de referencia nos que a información acerca destes obxectos semantén actualizada e a disposición dos usuarios. Desire 2.0 é un repositorio mixto, xa quealmacena metadatos e tamén os seus contidos. Desire 2.0 é un repositorio mixto de arquivos e metadatos. c) Obxectos de aprendizaxe. Hoxe en día resulta complexo e non existe consenso estandarizado sobre o que podemosconsiderar un obxecto de aprendizaxe. De feito, un bo resumo da evolución do conceptopodemos atopala no informe Uso de estándares aplicados a TIC en educación, publicadopolo Instituto de Tecnoloxías Educativas (ITE), pertencente ao Ministerio de Educación eCiencia. No seu apartado 2.4 Objetos de aprendizaje: 5
  6. 6. 2.0 desire catálogo de recursos didácticos “La definición más citada en la literatura es la de IEEE, propuesta en uno de los pocos estándares relacionados con e-learning que han sido aprobados. Este es LOM, en el que se define un objeto de aprendizaje como “cualquier entidad, digital o no digital, que puede ser utilizada, para el aprendizaje, la educación o el entrenamiento” “En realidad IEEE actualmente ha redefinido ligeramente el concepto de objeto de aprendizaje como cualquier entidad digital o no digital que puede ser usada, reutilizada o referenciada durante un proceso de aprendizaje apoyado por la tecnología “outras evolucións do concepto poden consultarse no mesmo apartado 2.4 do citado informe. A importancia de consensuar unha definición de obxecto de aprendizaxe foi fundamentalpara garantir o éxito do noso proxecto, xa que atopar o equilibrio entre a rigorosidade e acontribución docente era a fonte que nos permitiría conseguir achegas por parte doscreadores de contidos, e se os requisitos eran moitos, a comunidade quedaría desalentadae as achegas serían mínimas. “É fundamental distinguir entre obxecto e recurso didáctico” d) Estándares O manexo de diferentes tipos de recursos para diferentes aplicacións e plataformasdesenvoltas en distintas tecnoloxías é un tópico clave. Desire 2.0 utiliza e implementa osseguintes estándares para conseguir a ansiada interoperabilidade entre distintas plataformas: Estándar LOM-ES Learning Object Metadata (norma UNE 71361:2009) para a etiquetaxe deobxectos. Os metadatos son información sobre o propio obxecto. A falta de información sobreos obxectos limita, de xeito fundamental e crítico, a capacidade para a procura, xestión e usode obxectos. Este estándar afronta este problema ao definir unha estrutura para a descricióninteroperable de obxectos educativos. O propósito do estándar é facilitar a procura,avaliación, adquisición, o intercambio e o uso compartido de obxectos educativos. Oselementos de datos, do estándar LOM-Es, están agrupados en nove categorías, e dentro decada unha delas, no proxecto Desire, utilizamos as etiquetas obrigadas mínimas eimprescindibles.6
  7. 7. 2.0 desire catálogo de recursos didácticos Estándares WAI e recomendacións W3C. A Web Accessibility Initiative (WAI), ou Iniciativapara a Accesibilidade Web, é unha rama do World Wide Web Consortium que vela polaaccesibilidade da Web. A WAI publica as guías de accesibilidade e contido web que especificanos requisitos de accesibilidade segundo tres niveis, denominados A, AA e AAA, e quecorresponden respectivamente a criterios mínimos de accesibilidade, estendidos, eaccesibilidade máxima. No sitio desenvolto, e para permitirmos unha audiencia o máis extensaposible de usuarios con distintos niveis de dotación tecnolóxica e capacidade sensorial, tratamosde seguir as devanditas normas para garantir o acceso á información do noso repositorio. XML, acrónimo de eXtensible Markup Language ou linguaxe de marcas extensible, é unha Xmetalinguaxe extensible de etiquetas desenvolta polo World Wide Web Consortium (W3C).XML é un estándar para o intercambio de información estruturada entre diferentesplataformas, e é utilizado no proxecto Desire para ‘ofrecer’o intercambio de información entreplataformas ou repositorios que o poidan ler e incorporar, capturando a ‘ficha’ da familiaprofesional ou obxecto do noso repositorio para presentar no seu portal ou referenciar. “Os estándares: os modelos que cómpre seguir e implementar para lograr os obxectivos...” ACHEGAS DE OBXECTOS Para colaborar no repositorio e preciso estar dado de alta no sitio www.proxectodesire.eu O proceso e sinxelo en non difire de calquera outra alta nun servizo web 2.0. A conta decorreo solicitada no proceso, ademais do nome de usuario e contrasinal, utilizarase para oenvío de boletíns e confirmación de as achegas feitas polo usuario. 7
  8. 8. 2.0 desire catálogo de recursos didácticos As achegas, como xa se indicou, teñen que estar relacionadas co Sistema Nacional deCualilficacións Profesionais, asociando o obxecto de aprendizaxe, ou o recurso didáctico,coa Cualifación profesional correspondente e dentro desta a Unidade de Competencia noque o obxecto se podería aplicar para acadar os seus criterios de realización. Co obxecto de flexibilizar o proceso de catalogación, respecto o estándar LOM-ES, o equipodo proxecto acordou que era mellor permitir que o usuario cumprimentara parte dos camposa que non subira o obxecto debido a rixidez das condicións. Por iso se permite que o usuarioachegue o obxecto sen cumprimentar a totalidade dos campos xa que logo o obxectopresentará unha serie de alarmas en relación coa finalización do traballo, e o usuario poderácompletar a catalogación do estándar mais tarde, cando se sinta cómodo achegando ecompartindo obxectos de aprendizaxe. Unha vez subido o obxecto, o usuario recibe confirmación vía correo electrónico e unenlace a ficha do obxecto aportado, co porcentaxe de cumplimentación respeecto osmetadatos.8
  9. 9. 2.0 desire catálogo de recursos didácticos EXPERIENCIA PILOTO E COMUNIDADE PRÁCTICA Do mesmo xeito que na pasada edición, o concurso de deseño de obxectos de aprendizaxefoi parte primordial da promoción do noso repositorio. Na pasada edición tivemos aexperiencia de elixir medios de difusión do concurso máis globais, sen lles prestarmosatención aos medios locais. Nesta edición fixemos unha dobre aposta que non fixo máis queconfirmar o erro da pasada edición. Por unha banda, promocionouse o concurso a través demedios globais, utilizando as redes sociais e portais relacionados co sector e a redeDidáctica, TIC e innovación educativa, pertencente ao servizo de listas de distribución dacomunidade académica española. No concurso, e respecto da pasada edición, precisáronse algúns aspectos de tipo técnicoe relaxáronse outros que podían afastar a posibles interesados. Lembremos que o obxectivodo concurso é dobre: fomentar o uso de ferramentas 2.0 e atraer os participantes ácomunidade de práctica do Desire. 9
  10. 10. 2.0 desire catálogo de recursos didácticos As condicións técnicas destacables do concurso recalcaron os seguintes aspectos: - Os obxectos presentados deben estar relacionados con algunha das familias profesionais do Sistema Nacional de Cualifiacións, aspecto sen o cal non terían sentido no noso proxecto. - O obxecto de aprendizaxe debía ser etiquetado mediante o estándar LOM-Es para garantir a súa transferibilidade e recuperación. - O obxecto achegado ao concurso publicarase baixo licenza Creative Commons [by-nc-sa]. Respecto dos criterios de valoración Estes xiraron en torno á ferramenta LORI_ESP Instrumento para a avaliación de obxectosde aprendizaxe, cos seguintes criterios de avaliación: - Calidade de contido: veracidade, exactitude e equilibrio na presentación dos contidos e nivel de detalle axeitado. - Adecuación dos obxectos de aprendizaxe: adecuación entre os obxectivos de aprendizaxe, actividades, avaliacións e características dos alumnos aos que se dirixe. - Motivación: capacidade para motivar e crear interese con relación aos alumnos aos que se dirixe. - Interactividade e adaptación: promoción da interactividade dos estudantes e adaptación ás súas necesidades. - Presentación: características do deseño orientadas a favorecer a aprendizaxe e o desenvolvemento cognitivo. - Usabilidade da interacción: facilidade de navegación, interface intuitiva e calidade dos temas de axuda. - Accesibilidade: deseño dos controis e presentación dos formatos axeitados aos alumnos con discapacidade. - Reusabilidade: posibilidade de uso en contextos de aprendizaxe distintos e con estudantes con traxectorias distintas. - Conformidade a estándares: aplicación dalgún dos estándares ou especificacións internacionais. Os tres obxectos premiados foron: 1º Premio: Guia html achegado por Jose Riveiro. Asociado á familia profesional Informática e comunicacións, á cualificación profesional Confección e publicación de páxinas web, e á unidade Construír páxinas web.10
  11. 11. 2.0 desire catálogo de recursos didácticos 2º Premio: Arranque dun motor por proceso marcha-paro, achegado por Miguel García Martín. Asociado á familia profesional Transporte e mantemento de vehículos, á cualificación profesional Mantemento do motor e os seus sistemas auxiliares, e á unidade Manter os sistemas auxiliares do motor térmico. 3º Premio: Guía Active Inspire, de Emilio Cortizas. Asociado á familia profesional Competencias transversais e á cualificación profesional Instrumentais.Máis información sobre o concurso en http://www.proxectodesire.eu/concurso Detalle ficha dos metadatos do obxecto gañador do concurso 11
  12. 12. 2.0 desire catálogo de recursos didácticos WEB 2.0 E COMUNIDADE PRÁCTICA Articular unha comunidade de práctica de utilidade para todos os actores do sistema é undos obxectivos primordiais do proxecto Desire. Unha comunidade que pase da cultura dacompetencia á cultura da colaboración (ou do modelo catedral ao modelo bazar como nosrecordaría Gorka Palazio no seu webinar). Para fomentar esta comunidade seleccionáronse catro expertos que puideran liderar esteobxectivo, ademais dos membros do equipo do proxecto, e establecéronse catro webinarscon distintos obxectivos: `Xogo Serio´, impartido por Lucio Margulis. O noso primeiro webinar cun obxectivo claro:facer un cambio de óptica sobre o noso traballo como docentes e construír grupo. Gorka Palazio, `Ferramentas 2.0 na educación e na formación´. Coñecer da man desteexperto as ferramentas que como docentes poden ser de axuda para afrontar o cambio deparadigma que nos ocupa. Sergio Vasquez Bronfman, `Deseñar cursos para aprender facendo´. Unha perspectivadende o punto de vista do deseño de programas e obxectos de aprendizaxe cara á modalidadee-learning e b-learning Esperanza Roman Mendoza, `Twitter, nova canle de comunicación para a formación´.Coñecer twitter e as súas aplicacións dende o punto de vista empresarial e docente foi oobxectivo do noso último webinar. Todos os webinars forom impartidos no noso espazo Elluminate e difundidos a través dapáxina do portal Desire, o twitter do proxecto (@proxectodeire), correo electrónico e algúnsportais do sector como www.aefol.com12
  13. 13. 2.0 desire catálogo de recursos didácticos Conforme o proxecto avanzaba, a estratexia de alarmas e comunicación de novos webinarsfoi centrándose nas canles específicas do proxecto Desire: o propio portal e a canle twitter@proxectodesire, co obxecto de asentar a comunidade nos nosos espazos. Todos os webinars desenvoltos están dispoñibles no espazohttp://www.proxectodesire.eu/vimeo para súa consulta, descarga, enlace ou embebidonoutros portais. Twitter foi o espazo social seleccionado para a comunicación e para estarmos ao tantodas novas do proxecto. Aspectos como a precisión na mensaxe, a seguridade en canto adatos solicitados, e a dispoñibilidade para clientes móbiles foron claros para elixilo. “A evolución progresiva do número de seguidores do proxecto Desire 2.0 en Twitter ratifica o éxito da experiencia piloto e confirma a creación dunha “comunidade práctica” que xira arredor do repositorio” ACHEGAS DO PROXECTO O proxecto Desire 2.0 debe servirlles de estímulo a docentes e usuarios para compartircoñecementos. Entendemos que actualmente a formación precisa imperiosamente un cambiode mentalidade que considere o coñecemento como algo para compartir. O cambio debemosenfocalo como un “presente inmediato” e como un proceso de adaptación “futuro e difuso”.Gobernos e institucións decatáronse dos beneficios do coñecemento aberto e da relacióndirecta existente coas novas tecnoloxías. O ser humano aprende, ensina e emprega os seuscoñecementos na medida da liberdade que teña para facelo. As novas tecnoloxías dainformación e comunicación (TIC) non fan máis que consolidar o “novo” proceso de formacióne coñecemento do individuo. 13
  14. 14. 2.0 desire catálogo de recursos didácticos As liberdades e dereitos con respecto ao software libre espalláronse ao terreo docoñecemento, colmando a seguinte noción, moi estendida, de coñecemento libre: - O coñecemento libre pode ser libremente adquirido e libremente usado, con calquera propósito e sen necesitar o permiso de ninguén (libertad 0). - O coñecemento libre pode adaptarse libremente ás necesidades do adquisidor (libertad 1). O acceso a unha fonte modificable do coñecemento é unha precondición para isto. - O coñecemento libre pode compartirse libremente cos demais (libertad 2). - O coñecemento libre é tal que pode mellorarse e as súas versións adaptadas e melloradas poden compartirse libremente cos demais, para que así se beneficie a comunidade enteira (libertad 3). O acceso a unha fonte modificable do coñecemento é unha precondición para isto. En Desire 2.0 intentamos, na medida do posible, cumprir as catro liberdades, liberando oscontidos baixo licenzas non restritivas Creative Commons para os textos e imaxes, e licenzasGNU/GPL e BSD para a maioría dos desenvolvementos de software. QUE PROPORCIONA O PROXECTO? - Catalogación de obxectos de aprendizaxe e recursos didácticos procendentes das Accións Complementarias 2008-2009. - Módulo GPL para a catalogación de recursos didácticos e obxectos de aprendizaxe. - Base de datos do Sistema Nacional de Cualificacións Profesionais en formato SQL actualizada. - Empaquetado do sistema completo e funcional nun LiveDVD baseado no sistema operativo libre e gratuíto GNU/Linux Descarga o código fonte do proxecto en http://www.proxectodesire.eu/code “As licenzas non restritivas garanten a libre difusión dos contidos”14
  15. 15. 2.0 desire catálogo de recursos didácticosDESEÑO GRÁFICOFontes engadidas de Google Font Directory Yanone KaffeesatzColes utilizadas a maiores:#FFA900 #9CB725 #2786C2rgb(246,167,23) rgb(156,183,36) rgb(39,134,194) 15
  16. 16. 16

×