Successfully reported this slideshow.
We use your LinkedIn profile and activity data to personalize ads and to show you more relevant ads. You can change your ad preferences anytime.

Carlos Casares

288 views

Published on

Presentación divulgativa sobre a figura de Carlos Casares, autor homenaxeado no Día das Letras Galegas 2017

Published in: Education
  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

Carlos Casares

  1. 1. DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2017
  2. 2. Carlos Casares naceu en Ourense, nunha familia de clase media, o 24 de agosto de 1941. Cando tiña tres anos, por motivos de traballo do seu pai, a familia foi vivir a Xinzo de Limia: alí pasou a súa infancia Casares, e as vivencias daquel entorno rural marcaríano fondamente, segundo confesión propia. Logo de cursar estudos primarios, ingresou no Seminario de Ourense, onde se formou en Humanidades entre os 11 e os 17 anos. Non lle gustou o ambiente represivo da institución, nomeadamente contra a lingua galega, polo que abandonou o Seminario para cursar o Bacharelato por libre. Con todo, alí comezou a súa andaina como creador literario, escribindo e difundindo de xeito clandestino o xornal El averno
  3. 3. Casares comezou a ser coñecido nos ambientes literarios de Ourense, e así chegou a ter contacto con Vicente Risco. Máis tarde marchou a Santiago de Compostela para seguir estudos de Filosofía e Letras, con especialidade en Filoloxía Románica, de 1961 a 1967. En Compostela coñeceu a Ramón Piñeiro, que sería unha grande influencia para el, e tamén militou no movemento estudiantil antifranquista. Non deixou de escribir en ningún momento, e en 1967 a editorial Galaxia publicou a súa primeira novela: Vento ferido. Ó rematar a carreira, foi traballar a Viana do Bolo como profesor en 1969, ano no que tamén publicou unha nova novela, titulada Cambio en tres.
  4. 4. Ó pouco tempo de estar en Viana, foi expulsado do seu centro de traballo por levar unha liña de traballo incompatible co réxime. Impedido de impartir docencia en toda Galicia, marchou dar clase a Bilbao, onde só estaría un curso: por razóns políticas, os contratos do claustro non foron renovados. En 1971 coñeceu a Karin Anna Kristina Berg, unha rapaza sueca coa que casaría ese mesmo ano. Suecia sería un lugar de visita frecuente para Casares, quen coñeceu e admirou naquel país unha sociedade moi aberta e tolerante. En 1974 conseguiu praza de profesor no Instituto de Cangas, pero ó pouco tempo foi expedientado, xunto con X. L. Méndez Ferrín, X. Alonso Montero e F. Rodríguez González
  5. 5. En 1975 gañou o Premio Galaxia, concedido pola editorial do mesmo nome, pola novela Xoguetes para un tempo prohibido. Casares compaxinou a escritura de ficción cun labor ensaístico dedicado a analizar figuras da literatura galega como Otero Pedrayo, Vicente Risco ou Curros Enríquez. Como recoñecemento a todo este traballo, Casares ingresou na Real Academia Galega en 1978. Durante os primeiros tempos da restauración democrática, Casares participou en política, sendo deputado do Parlamento galego. Desde el contribuíu á redacción da Lei de Normalización Lingüística de 1983 e á creación do Consello da Cultura Galega. Anos despois de deixar a política en 1985, presidiría este último organismo.
  6. 6. Desde a década de 1990 en adiante, Carlos Casares desenvolveu múltiples actividades, todas elas encamiñadas a difundir a lingua e a cultura galegas: seguiu a escribir ficción, ensaios literarios, colaboracións periodísticas (en xornais como El País e La Voz de Galicia ou revistas como Grial, que tamén dirixiu), libros para nenos e traducións. Tamén participou en numerosos congresos literarios internacionais e dirixiu a editorial Galaxia de 1986 ata a súa morte, que aconteceu en Vigo o 9 de marzo de 2002. Está soterrado en Nigrán, vila na que residía desde había tempo. Varios centros educativos, rúas e prazas de vilas e cidades galegas levan o seu nome.
  7. 7. NOVELAS
  8. 8. ENSAIO (escolma)
  9. 9. LITERATURA INFANTIL e TRADUCIÓNS (escolma)
  10. 10. Créditos das imaxes: Diapositiva 3: https://www.cultura.gal/sites/default/files/images/novas/carloscasaresperfil225_0.jpg Diapositiva 4: http://4.bp.blogspot.com/-iToyvBfRY48/VH7WAcQ9KDI/AAAAAAAANIs/EIqcGIM4lgU/s1600/la%2Bfoto%2B3.JPG https://devedmar.files.wordpress.com/2006/12/calle-del-aseo-xinzo-1920.JPG http://fotos02.farodevigo.es/fotos/noticias/318x200/2012-07-26_IMG_2012-07-26_00:04:58_ou6.jpg Diapositiva 5: http://static.cegal.es/imagenes/marcadas/9788416/978841695423.gif http://literaturagalega.as-pg.gal/ficheiros/elemsMultimedia/1915/42.19.jpg http://praza.gal/xornal/uploads/fotos/foto/58a1da998ba67-s_4306-mla35846461_4189-o.jpg http://cloud10.todocoleccion.online/libros-segunda-mano-literatura/tc/2016/05/03/09/56559788_31_24.jpg Diapositiva 6: http://www.ayuntamiento.org/fotos/ayuntamiento-viana-do-bolo-10768548.jpg http://www.lavozdegalicia.es/sc/x/default/2008/06/01/0012_2346190/Foto/v1c11f1.jpg http://www.cangas.gal/images/cangas/cangas_1_g.jpg Diapositiva 7: https://pictures.abebooks.com/LGATARI/22382187272.jpg https://pictures.abebooks.com/LMAREIRO/8200417409.jpg http://academia.gal/image/image_gallery?img_id=904897 http://2.bp.blogspot.com/-dLRX1U8qt60/UNspfh5qqGI/AAAAAAAAEYw/J3OJLfOrl-w/s400/No+Parlamento+con+Ceferino+D%C3%ADaz,Carlos+Casares+e+Ram%C3%B3n+Pi%C3%B1eiro.jpg http://consellodacultura.gal/images/logo.png Diapositiva 8: http://ep01.epimg.net/cultura/imagenes/2002/03/10/actualidad/1015714801_850215_0000000000_sumario_normal.jpg http://www.lavozdegalicia.es/sc/x/default/2016/07/09/00121468062541915109263/Foto/J23F2058.jpg https://www.paxinasgalegas.es/imagenes/ceip-carlos-casares_img139931t0.jpg Diapositiva 9: https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/c/c0/Os_escuros_so%C3%B1os_de_Cl%C3%ADo%2C_Edici%C3%B3ns_do_Cerne.jpg https://www.entrelectores.com/img_cache/6/1/a/c/e/61ace48cc70e5cdfaa08bbccda10defe06a7422f.jpg?v1.0.139 https://pictures.abebooks.com/isbn/9788471545732-us-300.jpg https://images-na.ssl-images-amazon.com/images/I/418yCVclUXL._SX332_BO1,204,203,200_.jpg https://imagessl2.casadellibro.com/a/l/t0/82/9788498658682.jpg Diapositiva 10: https://pictures.abebooks.com/LMAREIRO/md/md8200417402.jpg http://www.gallaecialibros.com/Images/productos_tienda/2541_pro.jpg https://imagessl7.casadellibro.com/a/l/t1/37/9788482887937.jpg https://images-na.ssl-images-amazon.com/images/I/51HugkGA7EL._SX309_BO1,204,203,200_.jpg https://images-na.ssl-images-amazon.com/images/I/413k0YkHJBL._SX258_BO1,204,203,200_.jpg http://fundacioncarloscasares.org/wp-content/uploads/2017/01/Un-pa%C3%ADs-de-palabras.jpg https://imagessl4.casadellibro.com/a/l/t0/54/9788498659054.jpg https://images-na.ssl-images-amazon.com/images/I/51gENNcOKHL._SX328_BO1,204,203,200_.jpg Diapositiva 11: https://images-na.ssl-images-amazon.com/images/I/61YKvCMOPhL.jpg https://imagessl7.casadellibro.com/a/l/t0/07/9788498651607.jpg http://cloud10.todocoleccion.online/libros-segunda-mano-cuentos/tc/2011/09/26/28655172.jpg http://cloud10.todocoleccion.online/libros-segunda-mano/tc/2015/07/18/16/50364516.jpg http://cloud10.todocoleccion.online/libros-segunda-mano/tc/2016/06/19/10/57552217.jpg https://cdn.wallapop.com/shnm-portlet/images?pictureId=85146412&pictureSize=W640 https://image.slidesharecdn.com/29-ovelloeomaryagofernndezealejandrogmez-120516171842-phpapp02/95/29-o-vello-e-o-mar-2-728.jpg?cb=1337263012
  11. 11. Elaborado por Alfonso Blanco, con información da Galipedia

×