Unha viaxe pola cultura romana

764 views

Published on

Presentación da vida na antiga Roma

Published in: Education
0 Comments
0 Likes
Statistics
Notes
  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

No Downloads
Views
Total views
764
On SlideShare
0
From Embeds
0
Number of Embeds
178
Actions
Shares
0
Downloads
7
Comments
0
Likes
0
Embeds 0
No embeds

No notes for slide

Unha viaxe pola cultura romana

  1. 1. UNHA VIAXE POLA CULTURA ROMANA 2º Ciclo BIBLIOTECA AVELAIONA LUÍÑA Ano MMXI
  2. 2. A historia de Roma comeza no século VIII a.C. Na península itálica instálase un pequeño pobo, os latinos, procedentes de centroeuropa e Asia. Este pequeño pobo de campesiños e gandeiros, anos máis tarde, convertiríase nun xigantesco imperio ao redor do Mar Mediterráneo, fundando a maior e máis fermosa cidade da antigüidade: Roma. Unha lenda relaciona a orixe de Roma coa historia dos xemelgos Rómulo e Remo. Estes foran abandoados e amamantados por unha loba e recollidos por un pastor. Ao chegar á idade adulta, deciden fundar unha cidade no lugar onde foran atopados. AS ORIXES
  3. 3. A SOCIEDADE CLASE RICA: patricios SENADORES CABALEIROS NOTABLES SENADORES : donos de mansións, casas de campo e inmensas extensións de terreos agrícolas. Ocupan os postos máis elevados no goberno. CABALEIROS : adican algúns anos a dirixir o exército, ocupando con posterioridade postos de responsabilidade: gobernadores, xuíces,… NOTABLES : ricos mercaderes ou con grandes extensións de terreo, que dirixen os negocios das cidades.
  4. 4. CLASE POBRE: plebeos COMERCIANTES OBREIROS CAMPESIÑOS ESCRAVOS Os PLEBEOS son os máis pobres. Parte deles nin sequera teñen traballo. Os ESCRAVOS : son homes e mulleres prisioneiros durante as conquistas e vendidos a familias romanas.. Son tratados con dureza, traballan moitas horas e cando non están vixiados incluso os encadenan para que non escapen.
  5. 5. OS CULTIVOS Os agricultores romanos cultivaban cereais: cebada, avea,… Plantaban olivos e numerosas viñas. Tamén gran variedade de figueiras, maceiras, pereiras,…campos de verduras e legumes. Os romanos eran moi amantes do viño, que descubriron na cultura grega e importaron ao seu país. Aplastaban as uvas pisándoas. Xa coñecían o aceite de oliva, que obtiñan triturando as aceitunas. O aceite era empregado para cociñar e para iluminar as lámpadas. Os romanos posuían colmeas. Delas obtiñan a cera indispensable para as veas e para as tablillas sobre as que escribían. Empregaban o mel para adozar os alimentos
  6. 6. TÉCNICAS MILITARES Para atravesar a liña inimiga, os soldados adoptan diferentes formas: FORMACIÓN EN CUÑA Os soldados alíñanse en forma de frecha TÉCNICA DA TARTARUGA Se reciben frechas ou pedras, colocan os escudos diante, detrás e sobre as cabezas para protexerse. PROTECCIÓN EN CÍRCULO Cando reciben o ataque por todas partes, colócanse en forma de círculo
  7. 7. INSTRUMENTOS DE ARTILLERÍA Antes de que os lexionarios entren en combate, atacan ao inimigo grazas a instrumentos de artillería. Primeiro lanzan as xabalinas ou frechas; logo pelexan corpo a corpo con espada e puñal. Co barullo non oen as ordes dos superiores, polo que se comunican mediante códigos a través de trompetas. CATAPULTA: lanza balas de pedra BALISTA PORTÁTIL BALISTA: “ Ballesta” que lanza frechas de ferro a varias decenas de metros de distancia
  8. 8. INSTRUMENTOS DE ARTILLERÍA TRIRREME: tres ringleiras de remeiros e un só home por remo. Tiñan ademais galeras liburnes (dúas filas de remos), cuatrirremes (catro ringleiras), quinquerremes ( cinco ringleiras) e ata hexerorremes (seis ringleiras) Os navíos de guerra romanos son os máis grandes que existiron durante a antigüídade. Movíanse a remos e as velas servían para obter un pouco de velocidade cando os ventos eran favorables.
  9. 9. UN EXÉRCITO INMENSO LEGADO TRIBUNO CENTURIÓN LEXIONARIO ARQUEIRO XINETE
  10. 10. O LEXIONARIO PILUM :lanza moi afiada con punta de ferro de 50 cm ESPADA CURTA ESCUDO DE MADEIRA reuberto de coiro e reforzado con pracas de ferro. Un bulto colocado no centro desvía as frechas. CALIGAE : sandalias de coiro COIRAZA ARTICULADA : máis de 40 pezas de metal unidas. Pesa cerca de 5 quilos. Leva ademais un cinto de coiro reforzado con placas de ferro CASCO feito de metal, que protexe a cabeza, o pescozo e os oídos
  11. 11. COIRAZA de ferro, sen mangas, cuberta de insignias. O CENTURIÓN MANTO de la CANILLEIRAS metálicas VITIS : símbolo de autoridade, feito dunha cepa de viña retorcida. CASCO cuberto de plumas ou de crin de cabalo
  12. 12. OS ESCRAVOS COLAR no que o amo do escravo gravou o nome e a dirección Os escravos son homes, mulleres e nenos/as feitos prisioneiros. Carecen de dereitos e o seu amo pode compralos, vendelos e ata matalos. En Roma e nas grandes cidades existían mercados de compra e venda de escravos. Un escravo pode mercar a súa liberdade, pero raramente xunta o diñeiro necesario. CERIMONIA na que un escravo queda liberado. O escravo recibe un golpe de vara na espalda, colócaselle un gorro e bautízase cun nome. MERCADO DE ESCRAVOS
  13. 13. OS ESCRAVOS A ESCOLA comeza aos 7 anos para os fillos das familias ricas. O material escolar empregado é: * follas de papiro (proceden de Exipto, son moi caras e están reservadas para as copias dos libros) * tabliñas de madeira cubertas de cera, nas que se grava coa axuda dun estilete. Para borrar, alísase a cera. * ábacos para contar, mediante bólas que indican as unidades, decenas e centenas. ESTILETES TABLIÑA DE MADEIRA CON CERA
  14. 14. A VESTIMENTA 1.-PEPLUM : túnica curta para os homes e os nenos, suxeita cun cinto ao redor da cintura. 2.- PALLIUM : especie de manto que cubre o peplum . 3.- TOGA : prenda para cerimonias. 4.- PAENULA : manto con capucha 5.-TÚNICA LONGA que chega ata os nocellos. Leva un cinto ao redor da cintura e outra por debaixo dos peitos. 6.- CHAL DE LA que pode ter capucha. 1 2 3 4 5 6
  15. 15. IMPORTANTES AVANCES TERMAS : a maioría dos romanos non posuían cuartos de baño, polo que construíron instalacións onde poder darse un baño en auga quente e relaxarse. ACUEDUTO : os romanos son mestres na arte de levar a auga ao centro das cidades, AS CALZADAS : miles de quilómetros de vías adoquinadas comunicaban o imperio entre si.
  16. 16. MEDINDO O TEMPO RELOXO DE AUGA CLEPSIDA : non dá a hora, pero pode calcular o tempo que transcorre RELOXO DE SOL
  17. 17. A ESCRITURA E A NUMERACIÓN Os romanos tamén nos legaron o alfabeto que utilizamos e a lingua latina que deu orixe a múltiples linguas románicas (galego, castelán, catalán, italiano, francés,…) Os números romanos usáronse para contar durante máis de 2.000 anos. Aínda que as cifras que empregamos hoxe en día son de procedencia árabe, os números romanos non desapareceron, empregándose no número dos séculos, nos reloxos, tomos de libros,…
  18. 18. MÚSICA E LITERATURA Aos romanos gustáballe oír e recitar poemas no transcurso dos banquetes. Entusiasmábanlle as obras de teatro, os relatos históricos… Construíron numerosas bibliotecas e contaron con importantes escritores. A música está presente en todas partes: festas, cerimonias,… FRAUTA DOBRE PANDEIRETA CRÓTALOS LIRA FRAUTA DE VARIOS TUBOS
  19. 19. OBRAS MESTRAS COLISEO : o maior anfiteatro do imperio romano. Acolle a máis de 70.000 espectadores, cunhas dimensións impresionantes. As graderías están cubertas de mármore para os ricos e madeira para os pobres. Baixo a area hai sotos con celdas e gaiolas para os animais e os gladiadores. PANTEÓN : templo dos deuses no que hai unha estatua para cada un dos deuses. Nel´o emperador realizaba as súas cerimonias oficiais.
  20. 20. OS XOGOS NO CIRCO OS XOGOS eran a dristracción favorita dos romanos. Os emperadores gastaban auténticas fortunas para organizalos. Ao público encantábanlle as cacerías onde os animais famentos atacaban aos loitadores. LOITA DE GLADIADORES : os gladiadores eran prisioneiros de guerra, escravos ou criminais que se enfrontan entre si en loitas que poden levalos á morte. Os gladiadores combaten baixo o ollo atento dun árbitro. As loitas son sanguentas e sen piedade, pero ao público gustábanlle.

×