Guimarei

757 views

Published on

Published in: Spiritual
0 Comments
0 Likes
Statistics
Notes
  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

No Downloads
Views
Total views
757
On SlideShare
0
From Embeds
0
Number of Embeds
91
Actions
Shares
0
Downloads
2
Comments
0
Likes
0
Embeds 0
No embeds

No notes for slide

Guimarei

  1. 1. GUIMAREI: A MIÑA ALDEA GUIMAREI: A MIÑA ALDEA Olalla Pego (3ºB)
  2. 2. GUIMAREI: VISTA DA ALDEA A aldea de Guimarei está formada por pouco máis de 20 casas e a maioría teñen xardín. No núcleo da aldea hai unhas 10 casas e as outras están nos arredores. En Guimarei hai uns 50 habitantes e entre eles hai 11 nenos. Ten un río e tres carballeiras. O monte ten grandes dimensións, 20, 22 hectáreas. As zonas onde están as veigas chámanlle O Portameis e A Corredoira. Os animais que máis abundan son as cabras é os cabalos. Esta fotografía está sacada desde a igrexa da parroquia, de San Mamede.
  3. 3. O MUIÑO O muíño de Guimarei está situado no río dos Albariños. Antes as vellas facían a fariña de trigo e de millo porque antes non había muíños nas casas. Como se pode ver na imaxe está rodeado de silveiras, toxos... Esta maleza creceu porque a xente deixouno de utilizar hai uns 35 anos. O muíño ten paredes feitas de pedra grosa e o tellado tamén é de pedra, pero recuberto de carriza e outras plantas. Ten unhas dimensións que rondan os 5 metros cadrados
  4. 4. A CARBALLEIRA DOS ALBARIÑOS A carballeira dos Albariños está á beira do río do mesmo nome. Nesta carballeira os veciños fan churrascadas, polo que o presidente do monte de Guimarei e os veciños están pensando en poñer mesas e bancos de pedra. É un sitio moi tranquilo que visita moita xente. Como se pode ver é unha carballeira grande, na que sempre dá a sombra pola gran cantidade de carballos que hai, e non hai árbores de máis especies nas proximidades do río. Ocupa unha extensión de entre 1.500 e 2.000 metros cadrados.
  5. 5. O RÍO DOS ALBARIÑOS O río de Guimarei chámase río dos Albariños. O nome vén pola antiga ponte que había no río e que se derrubou coas choivas e temporais. Antigamente os veciños cruzaban pola ponte para ir a Cuntis, así acurtaban o camiño. Ten un muíño, unha carballeira e antes tiña unha lagoa que agora se xuntou co río. Os rapaces da aldea vanse bañar alí e colgaron unha corda para tirarse á auga. A auga sempre esta conxelada, tanto no inverno coma no verán, xa que sempre lle dá a sombra.
  6. 6. AS OUTRAS CARBALLEIRAS Na carballeira da foto pequena é onde os veciños botan a pacer as ovellas e cabuxas. A da fotografía grande é onde estaba antes o parque infantil de Guimarei, pero a madeira podreceu sacaron o parque e quedou só a carballeira. Agora temos alí un dos casetos, o máis antigo de Guimarei, pois en realidade temos dous. Nestas dúas carballeiras hai moitas landras. É unha zona sombría e de moita tranquilidade.
  7. 7. O TRABALLO NO CAMPO Como se pode contemplar na imaxe, este é un dos moitos traballos que se fan no campo: esfollar no millo. Nesta imaxe non se ven as persoas porque están no medio dos pavóns. Para estes traballos do campo úsanse moitas ferramentas, como forcadas, arados, sachas, angazos… A xente axúdase de maquinaria coma os tractores, que facilitan o traballo. Na fotografía están usando un tractor para coller as espigas. Na aldea moita xente dedícase a traballos no campo, e ademais de agricultura hai veciños que se dedican á gandaría.
  8. 8. O CENTRO DA ALDEA Este é o centro da aldea. A maioría das casas están moi pegadas e non teñen moito espazo para cubertos nos que gardar os produtos agrarios. No centro de Guimarei hai tres pistas que van dar ó mesmo sitio. As casas son de pedra, de dous andares e con hortas, aínda que hai algunhas excepcións. Teñen tellados a dúas augas e case todas son de tella, salvo dúas que son de lousa. É unha zona menos tranquila ca das aforas da aldea. En xeral, é onde se reúne a maioría da poboación e as persoas máis novas da aldea reúnense nos arredores.
  9. 9. AS CASAS MÁIS AFASTADAS Estas son as dúas casas que están máis lonxe do centro de Guimarei. Á casa da fotografía máis pequena chámanlle “as presas” e é por onde se vai ó río. É a única casa da zona e está ó lado do monte. A casa da outra fotografía tamén está alonxada da aldea, case na entrada de Guimarei. O lugar onde está construída chámase a “barrela”. A casa está rodeada polo monte e pola parte de atrás ten unha toxeira chea de eucaliptos e piñeiros. Tamén está soa no lugar e as pistas que arrodean a casa son de terra.
  10. 10. A PRAZA DA ALDEA Esta é a praza da aldea, alí reúnense os vellos e as vellas para falar, e ás veces, algúns rapaces para xogar, aínda que como agora hai menos rapaces pequenos están alí poucas veces. Antigamente, cando as vellas da aldea tiñan vacas, deixaban o leite alí para que llo levara o leiteiro cando pasaba. O presidente da comunidade de montes de Guimarei e os veciños están planificando a construción dunha fonte, pois non hai ningunha en toda a aldea e este sería un bo sitio. A praza está rodeada de casas e ten tres pistas que van dar a ela.
  11. 11. A IGREXA PARROQUIAL DE SAN MAMEDE DE PIÑEIRO A igrexa da parroquia de San Mamede de Piñeiro, xa é moi antiga e ten o cemiterio arredor dela, aínda que fai sete ou oito anos fixeron un novo. Ó lugar onde está chámanlle a aldea da igrexa. Está nun sitio elevado e pódense ver todas as aldeas da zona: Guimarei, Toucedo, Velai… Á igrexa é onde van os veciños de todas as aldeas da parroquia, polo que é grande. O párroco chámase Don Manuel Canaval, que tamen é o doutras parroquias.
  12. 12. A CASA QUE MENOS ME GUSTA A casa que menos me gusta é a que se ve na fotografía. As razóns son que está en ruinas, por exemplo, a porta da casa ten un burato bastante grande , e ten un cuberto ó que lle caeu todo o tellado. Aínda así esta habitada. Sen embargo, o interior da casa está ben coidado. O que debería ser o xardín está cheo de silveiras e ten unhas árbores bastante antigas. A parede da casa ten carriza seca e outras herbas. Pola parte de atrás da casa está todo cheo de silveiras e non se ven as fiestras. O concello vaille dar unha subvención ó dono para arranxala.
  13. 13. A CASA QUE MÁIS ME GUSTA Esta é a casa que máis me gusta. Está rodeada por un muro e ten unha caixa de pedra para as cartas e o pan. Ésta feita de pedra e o tellado de tella. Ten dous pórticos, un pola parte dianteira e outro pola traseira. Ten moitas ventás e para chegar á entrada hai que cruzar dúas pontes, pois por debaixo ten un río artificial. Ten un xardín moi grande e pola parte de atrás ten un lago, tamén artificial, con ras e patos e un parque para os rapaces. A casa ten dous andares e no soto ten unha piscina climatizada e un ximnasio.

×