Successfully reported this slideshow.
We use your LinkedIn profile and activity data to personalize ads and to show you more relevant ads. You can change your ad preferences anytime.

A ENERXIA

1,708 views

Published on

Presentación sobre os distintos tipos de enrxía para Ciencias da Natureza de 2º de ESO.

Published in: Education
  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

A ENERXIA

  1. 1. A ENERXÍACIENCIAS DA NATUREZA 2º ESO
  2. 2. ESQUEMA1 ORIXE CARACTERÍSTICAS DEFINICIÓN ENERXÍA FUTURO FORMAS DE FONTES DE ENERXÍA ENERXÍA MECÁNICA ELÉCTRICA INTERNA NON RENOVABLES RENOVABLES ELECTROMAGNÉTICA HIDRÁULICA CARBÓN QUÍMICA SOLAR PETRÓLEO NUCLEAR EÓLICA TÉRMICA GAS NATURAL BIOMASA URANIO XEOTÉRMICA MAREMOTRIZ
  3. 3. 1. ¿QUE É A ENERXÍA?A enerxía pódese definir como a capacidade para producir cambios nos corpos.Por exemplo: o aire ten enerxía porque é capaz de mover as aspas dun muíño. O sol ten enerxía xa que é capaz de facer funcionar unha calculadora solar o unha lámpada solar.A enerxía pódese medir e a súa unidade no Sistema Internacional é o Julio ( J).Tamén se usan outras unidades como a caloría ( 1 caloría = 4,19 J); ou o Kwh ( 1 Kwh = 3600000 J).
  4. 4. 2. CARACTERÍSTICAS DA ENERXÍA Transfírese: pode pasar dun corpo a outro. Por exemplo, cando facemos ferver un recipiente con auga, transfírese a enerxía do lume á auga. Consérvase: a enerxía nin se crea nin se destrúe, tan só se transforma. Por exemplo cando encendemos unha bombilla estamos transformando a enerxía eléctrica, unha parte en enerxía luminosa e outra parte en calor. Degrádase: cando se transforma un tipo de enerxía noutra, parte transfórmase en calor, perdéndose.
  5. 5. 3. FORMAS DE PRESENTARSE A ENERXÍA3.1. ENERXÍA CINÉTICA: un corpo posúe enerxía cinética cando está en movemento, é dicir, cando ten velocidade.3.2. ENERXÍA POTENCIAL: é a enerxía que posúe un corpo que se encontra a unha determinada altura sobre a superficie da Terra.
  6. 6. 3. FORMAS DE PRESENTARSE A ENERXÍA
  7. 7. 3. FORMAS DE PRESENTARSE A ENERXÍA3.3. ENERXÍA MECÁNICAÉ a enerxía que posúe un corpo debido á súa velocidade e a súa altura. Polo tanto, a enerxía mecánica é a suma da enerxía cinética e a enerxía potencial.
  8. 8. 3. FORMAS DE PRESENTARSE A ENERXÍA3.4. ENERXÍA ELÉCTRICAÉ a enerxía que aparece cando os electróns, que son partículas cargadas, se moven nunha dirección.A enerxía eléctrica obtense a partir doutras formas de enerxía, como a enerxía química ou a nuclear.
  9. 9. 3. FORMAS DE PRESENTARSE A ENERXÍA3.5. ENERXÍA INTERNAÉ a enerxía que posúen os corpos debido ao movemento dos átomos ou moléculas que os forman.3.6. ENERXÍA RADIANTEÉ a enerxía que posúen as ondas, como por exemplo, as ondas sonoras, a luz, os microondas, etc.
  10. 10. 3. FORMAS DE PRESENTARSE A ENERXÍA3.7. ENERXÍA QUÍMICAÉ a enerxía que se pon de manifesto nas reaccións químicas, como por exemplo ao queimar madeira, ao tomar alimentos, etc.3.8. ENERXÍA TÉRMICAÉ a enerxía que se transfire dun corpo a outro que está a diferente temperatura. Por exemplo: se poñemos a quentar auga, o calor transfírese do lume á auga.
  11. 11. 3. FORMAS DE PRESENTARSE A ENERXÍA3.9. ENERXÍA NUCLEARÉ a enerxía que se obtén das reaccións nucleares. Hai dous tipos: ENERXÍA DE FISIÓN: na que se produce a ruptura dun núcleo atómico en dúas ou máis fraccións, liberándose unha gran cantidade da enerxía. Este tipo de reacción é a que ten lugar nas centrais nucleares. ENERXÍA DE FUSIÓN: na que se produce a unión de dous ou máis núcleos atómicos, liberándose unha gran cantidade de enerxía.
  12. 12. 3. FORMAS DE PRESENTARSE A ENERXÍA
  13. 13. 4. FONTES DE ENERXÍAUnha fonte de enerxía é todo aquel medio do que podemos extraer enerxía e utilizala.As fontes de enerxía clasifícanse en: NON RENOVABLES: son aquelas que, co seu uso no tempo, se poden esgotar. Por exemplo: o carbón, o petróleo, o gas natural e o uranio. Ademais son fontes de enerxía que contaminan o medio ambiente. RENOVABLES: son aquelas que, co seu uso ao longo do tempo, non se esgotan e son respetuosas co medio ambiente. Por exemplo: o sol, o vento, a agua, as ondas, a biomasa e a calor interna da Terra.
  14. 14. 4. FONTES DE ENERXÍA
  15. 15. 5. FONTES DE ENERXÍA NON RENOVABLESA maior porcentaxe de enerxía que se utiliza actualmente no mundo provén de fontes non renovables e isto está producindo graves problemas de contaminación.5.1. CARBÓN: obtense en minas a ceo aberto e en minas subterráneas.Úsase principalmente: en centrais térmicas. calefacción, para a obtención de plásticos, fibras sintéticas e produtos farmacéuticos.O uso do carbón produce graves problemas de contaminación atmosférica debido á emisión de gases na súa combustión.Turba Lignito Hulla Antracita
  16. 16. 5. FONTES DE ENERXÍA NON RENOVABLES Mina subterránea Mina a ceo aberto
  17. 17. CENTRAL TÉRMICA
  18. 18. 5. FONTES DE ENERXÍA NON RENOVABLES5.2. PETRÓLEO: é a fonte de enerxía máis utilizada. Do petróleo obteñense diferentes produtos como butano, gasolina, alquitrán, betún, etc.O petróleo tamén se utiliza para a fabricación de fertilizantes, plásticos, pinturas, etc.O principal problema do uso do petróleo é a contaminación atmosférica polos gases que se producen no seu uso, así como a contaminación do mar polos accidentes que se producen no seu transporte en barcos petroleiros.
  19. 19. 5. FONTES DE ENERXÍA NON RENOVABLES5.3. GAS NATURAL: é unha mestura de gas metano e outros gases, e é utilizado tal e como se encontra na natureza.Para transportalo, úsanse:- Gaseoductos: tuberías que transportan o gas ata o lugar de consumo.- Buques cisterna: o gas é licuado e transportado en buques. Unha vez no lugar de consumo convértese novamente en gas.Úsase en calefacción, centrais térmicas e nalgúns vehículos.Ten como vantaxe que se producen menos gases na súa combustión e polo tanto produce menos contaminación atmosférica.Tanto o carbón como o petróleo e o gas natural son combustibles fósiles que se forman a partir de restos orgánicos enterrados profundamente durante millóns de anos.
  20. 20. 5. FONTES DE ENERXÍA NON RENOVABLES5.4. Uranio: é un elemento que se usa como combustible nas centrais nucleares.Os núcleos de uranio ao fisionarse no reactor nuclear producen unha gran cantidade de enerxía que se utiliza para quentar auga ata producir vapor. Este vapor é capaz de mover unha turbina, transformándose a enerxía térmica en enerxía mecánica. Esta enerxía mecánica é transformada en enerxía eléctrica nun xerador.O principal inconveniente das centrais nucleares é a gran cantidade de residuos radiactivos que se producen e que supoñen un grave problema para a saúde e para o medio ambiente.
  21. 21. CENTRAL NUCLEAR
  22. 22. 6. FONTES DE ENERXÍA RENOVABLESSon fontes respetuosas co medio ambiente e non se esgotan.6.1.ENERXÍA HIDRÁULICA: obtense a partir da auga almacenada en presas. A auga déixase saír pasando a través dunha turbina que xira, producíndose enerxía mecánica, que é transformada en enerxía eléctrica mediante un xerador.
  23. 23. 6. FONTES DE ENERXÍA RENOVABLES6.2. ENERXÍA SOLAR: é a enerxía que chega do Sol. Aprovéitase de dúas formas:- Solar térmica: úsase para quentar auga e para calefacción doméstica mediante unhas placas solares.- Solar fotovoltaica: na que se transforma a enerxía do Sol en enerxía eléctrica mediante paneis fotovoltaicos.
  24. 24. 6. FONTES DE ENERXÍA RENOVABLES6.3. ENERXÍA EÓLICA: a enerxía do vento fai mover as aspas dun aeroxerador, transformándose en enerxía cinética, que posteriormente se transforma en enerxía eléctrica mediante un xerador.
  25. 25. 6. FONTES DE ENERXÍA RENOVABLES6.4. BIOMASA: a biomasa é a materia orgánica de orixe animal ou vexetal, como por exemplo restos de alimentos, palla, malas herbas, excrementos de animais, ramas, follas, etc.Pódese obter enerxía da biomasa de distintas formas:- Obtención de biogás: obtense gas que se usa para xerar enerxía eléctrica en centrais térmicas.- Obtención de biocombustible como o biodiésel e o bioetanol. Por exemplo utilízase aceite usado para a obtención de biodiésel.- Obtención de enerxía calorífica doméstica: úsase a biomasa en caldeiras para calefacción doméstica, sustituindo ao gasoil.
  26. 26. 6. FONTES DE ENERXÍAS RENOVABLES
  27. 27. 6. FONTES DE ENERXÍA RENOVABLES6.5. ENERXÍA XEOTÉRMICA: é a enerxía que se obtén do vapor de auga almacenado no interior da Terra. Úsase para calefacción e obtención de enerxía eléctrica.6.6. ENERXÍA MAREMOTRIZ: é a enerxía que se obtén da auga do mar, aproveitando as mareas.
  28. 28. ENERXÍA VANTAXES INCONVENIENTES -Non produce residuos nin -A cantidade de auga dispoñible dependeHIDRÁULICA contaminación. das chuvias. - Os embalses axudan a suministrar auga - Prodúcense graves alteracións do entorno nas estaciones secas. pola construcción de embalses. - Riscos de rotura da presa. -É limpa. Non produce ruidos nin -Non se pode almacenar, hai que SOLAR contaminación. transformala inmediatamente. - É unha fonte inesgotable e barata. - Depende das horas de Sol. - Necesítanse grandes extensións de terreo para as placas. -O vento é gratuito. -É de difícil almacenamento. EÓLICA - Os aeroxeradores teñen baixos costes de - Perigoso para as aves. mantemento. - Necesítasen grandes extensións de terreo, alterándose a paisaxe. -Os biocombustibles son pouco - Baixo rendemento enerxético, é dicir, BIOMASA contaminantes. necesítase moita cantidade de biomasa. - Aprovéitanse os residuos vexetais e animais. - Prodúcense poucos residuos. -Non produce residuos e é inesgotable. -O seu uso está limitado ás zonas dondeXEOTÉRMICA están os xacementos. - Explotación e mantemento custosos. -É limpa. -Uso limitado ás zonas costeiras.MAREMOTRIZ - Non produce residuos. - Prodúcense alteracións nos ecosistemas. - É inesgotable. - Tecnoloxía moi custosa.
  29. 29. 7. O FUTURO DA ENERXÍAActualmente o uso da enerxía é moi grande, polo que hai que tomar medidas para poder garantizar o seu suministro, xa que actualmente úsanse fontes non renovables que se esgotarán. Entre as medidas están:- Desenvolvemento de tecnoloxías que permitan usar fontes renovables xa que non se esgotan e son respectuosas co medio ambiente.- Concienciación ciudadán para que todos adquiramos hábitos de aforro como por exemplo: usar electrodomésticos tipo A, usar transporte público, poñer a lavadora e o lavalouzas cuando estén cheos, usar bombillas de baixo consumo, etc.
  30. 30. AFORREMOS ENERXÍA

×