Unha posible contradición.        Apuntamentos para pensar a Tecnoloxía para o Desenvolvemento Humano                     ...
desenvolvemento humano, é dicir o "proceso de ampliación das opcións da        poboación".2        Segundo o texto, a moti...
non incorporan a visión e a participación do usuario final desde a súa propia        definición.3        A viraxe fundamen...
O texto que nos ocupa determina de qué forma se pode alcanzar estasubordinación: para conseguir isto é necesario enfocar a...
concepto e explicaría, no fondo, que a devandita tradución implica contradicións a nivelontolóxico, deontolóxico e social....
das causas. Desta forma o gremio dos artesáns, na medida en que aqueles se limiten areproducir obxectos útiles para a mell...
ao método, á explotación do traballo dos outros, ao capital. As múltiples cousas        que segundo Bacon aínda reserva so...
instrumentalización da ciencia e da técnica que pronto se converterá nunhainstrumentalización xeneralizada da vida a travé...
É o resultado de combinar a tecnoloxía como feito cultural, co concepto do       desenvolvemento humano, é dicir o "proces...
que o neoloxismo "téchneloxía" —que aquí nos permitimos, non sen certo rubor—anuncie unha contradición temporal, un oxímor...
Bibliografía citada:       -   Conceptos     de    Tecnología    para     el   Desarrollo   Humano,    enhttp://www.slides...
Upcoming SlideShare
Loading in …5
×

Unha posible contradición

1,067 views

Published on

Artículo escrito por Delmiro Rocha, de Proxecto Derriba http://proxectoderriba.org/ como parte de una colaboración con Enxeñería Sen Fronteiras Galicia, apoyada por Cooperación Galega da Xunta de Galicia, para reflexionar desde diversas disciplinas sobre el concepto de Tecnología para el Desarrollo Humano

Published in: Technology
0 Comments
0 Likes
Statistics
Notes
  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

No Downloads
Views
Total views
1,067
On SlideShare
0
From Embeds
0
Number of Embeds
727
Actions
Shares
0
Downloads
5
Comments
0
Likes
0
Embeds 0
No embeds

No notes for slide

Unha posible contradición

  1. 1. Unha posible contradición. Apuntamentos para pensar a Tecnoloxía para o Desenvolvemento Humano DELMIRO ROCHA Tratar de pensar a etiqueta Tecnoloxía para o Desenvolvemento Humano1 é unreto tan interesante como imposible para un traballo dunhas poucas liñas como este. Asrazóns son múltiples. Enunciarei simplemente dúas: 1- Os substantivos que compoñen a etiqueta son altamente profundos e profusosse nos atemos á súa dilatada historia. "Tecnoloxía", "Desenvolvemento" e "Humano"son conceptos as definicións dos cales non están para nada claras e as controversias quesuscitan, en lugar de diluírse, incrementan cada día. 2- Por se non fose suficiente o escorregadizo das temáticas a tratar, a isto haberíaque sumarlle a tendencia da linguaxe —entendida no restrinxido sentido de vehículo darazón cara o exterior— á xeneralidade, certa universalidade que compromete todo dicir,e ao relaxamento no uso dos conceptos. Dado que o campo de análise que demanda a Tecnoloxía para oDesenvolvemento Humano é certamente inabarcable, pois as implicacións de cada unhadas partes que compoñen semellante enunciado incide en múltiples ámbitos decoñecemento (científico, tecnolóxico, histórico, antropolóxico, filosófico, político,ético, epistemolóxico, lingüístico, moral, etc.), o propósito aquí será tentar centrar unhatemática específica e enunciar o que podería parecer unha contradición interna á TpDHque desgraciadamente, de habela, tería difícil solución e ameazaría con mitigaramplamente os seus obxectivos, cando non anulalos por completo. 1- Breve análise do texto Conceptos sobre Tecnología para el DesarrolloHumano (ESF) A motivación central da TpDH é o recoñecemento da necesidade da orientación do progreso tecnolóxico á promoción do desenvolvemento humano. É o resultado de combinar a tecnoloxía como feito cultural, co concepto do 1 A partir desde momento TpDH. 1
  2. 2. desenvolvemento humano, é dicir o "proceso de ampliación das opcións da poboación".2 Segundo o texto, a motivación parte da identificación dunha necesidade, isto é,algo que non pode ser doutro xeito, onde o "poder ser" refírese a un campo ético-morale non ontolóxico-posible pois o obxectivo ou motivación central consiste na orientacióndo progreso tecnolóxico á promoción do desenvolvemento humano. Enténdese que aTpDH pretenden cambiar o rumbo ou orientación cara outras augas menos nocivas. Orecoñecemento, entón, sinala certa mala "praxe". Por este motivo imos entender aquí ouso do termo orientación como unha "reorientación", unha volta ou viraxe cara aalgunha parte. Ese lugar ou destino será o resultado de combinar a tecnoloxía comofeito cultural co concepto do desenvolvemento humano. A definición da tecnoloxíacomo feito cultural, é dicir, como parte integrante e definitoria do ser humano posúeunha longa historia no pensamento occidental e remóntanos, como mínimo, á culturaclásica. Mais antes de dar ese grande salto no tempo cabe precisar que o texto citadodefine inmediatamente o desenvolvemento humano como o proceso de ampliación dasopcións da poboación, definición extraída do Programa das Nacións Unidas para oDesenvolvemento. Ante institucións deste calado —Nacións Unidas— habería queextremar a cautela e realizar unha análise preliminar da súa historia, constitución eobxectivos; análise que posuiría necesariamente un carácter infinito. ¿De qué opciónsfalamos?, ¿Que significa exactamente ampliación? No marco dun modelo político-económico neoliberal as opcións e a fabricación dos desexos da poboación estánclaramente definidos e baséanse nun engano democrático que pretende presentaloscomo accesibles a todo o demos. Non obstante, Enxeñería Sen Fronteiras posúe vontade crítica e pretende afinaras súas posicións. Enxeñería Sen Fronteiras entende que, por principios éticos, a técnica debe estar ao servizo do ser humano, e que para conseguir isto, é necesario enfocar a súa xestión desde unha perspectiva de xeración de coñecemento. Cuestiona, polo tanto, a relevancia das tecnoloxías clasificadas intrinsecamente como apropiadas, así como os programas de desenvolvemento tecnolóxico que 2 Extracto do texto Conceptos sobre Tecnología para el Desarrollo Humano que ESF Galicia tencomo guía de traballo e reflexión. Pódese consultar no seguinte enlace:http://www.slideshare.net/esfgalicia/concepto-de-tecnologa-para-el-desarrollo-humano. A Tradución énosa. 2
  3. 3. non incorporan a visión e a participación do usuario final desde a súa propia definición.3 A viraxe fundamental parece pivotar sobre o ético. O ético sería entóntanto un principio como un obxectivo, principio e fin,causa e propósito da viraxe. A primeira consecuencia de colocar o ético como base seríaque a técnica debe estar o servizo do ser humano. O debe estar anuncia o campo ético—terreo do "deber ser"— e establece unha necesaria redirección da técnica. Por precaución dicimos "o ético" para sinalar simplemente un campodeterminado e tentar deixalo o máis aberto posible. O texto abstense de determinar conexactitude qué ética é esa que serve aquí como principio. Basto problema que haberáque abordar pois toda evitación neste campo se transforma nunha aceptación tácita dunmodelo determinado, moitas veces inconsciente e, por conseguinte, non cuestionado.Éticas hai moitas e non todas son compatibles. Córrese o risco así de traballarinevitablemente cun modelo ético capitalista que, por soterrado e aparentementeausente, camiña sen ambaxes até nas accións daqueles que pretenden combatelo. O cambio de rumbo que enuncia o texto parece estar tinguido de boas intenciónsmais cólase na súa formulación a retórica da dominación. A técnica debe estar aoservizo do ser humano, isto é, ao seu servizo, baixo as súas ordes. Empezan amanifestarse os flocos dunha posible contradición: dun lado enténdese odesenvolvemento técnico como un feito cultural, unha característica ou calidadehumana constitutiva, algo que lle pertence; doutro lado, subordínase ese mesmodesenvolvemento ao dominio do ser humano. O primeiro que habería que preguntarse é se isto é posible. Non desexable ouconveniente senón estritamente posible. Paso do ético ao ontolóxico. A técnica pode, aun tempo, ser parte constitutiva do ser humano e subordinado a este? A subordinaciónnon suporá unha reformulación do concepto “ser humano”? Se tal dominio é posibleimplicaría que a técnica pode sufrir un proceso de saída cara fóra, de obxectivación que,posto que forma parte integrante daquilo que debe abandonar, se lería como unha saídade si. É posible que isto sexa o que aconteceu ao longo de, cando menos, os dousúltimos séculos de desenvolvemento técnico en detrimento dun modelo específico dedesenvolvemento humano. 3 Ibíd. 3
  4. 4. O texto que nos ocupa determina de qué forma se pode alcanzar estasubordinación: para conseguir isto é necesario enfocar a súa xestión desde unhaperspectiva de xeración de coñecemento. A viraxe é entón ético-cognoscitiva eincorpora a participación do usuario. Despois da explicación e crítica da tecnoloxía apropiada e dun brevedesenvolvemento histórico da concepción de desenvolvemento e tecnoloxía a partir dosanos 40, o texto reitera a importancia da xeración de coñecemento e da implicación dossuxeitos neste. Desde unha perspectiva de desenvolvemento humano, non só as actuacións asociadas á provisión das infraestruturas básicas físicas e produtivas toman un sentido especial, senón tamén as ligadas ao aumento de capacidades organizativas e intelectuais, especialmente as tecnoloxías da comunicación e da información. Ademais o que habitualmente se entende por difusión e transferencia de tecnoloxía debe ser, en realidade, un acompañamento na xestión da propia tecnoloxía e coñecemento tecnolóxico, buscando a coxeración en pro do desenvolvemento endóxeno dos participantes involucrados. Nas actuacións de desenvolvemento é necesario superar o enfoque de "aprender" e pasar ao de "xerar coñecemento adaptado ao contexto cambiante", de forma que os participantes aumenten en capacidades reais de transformación.4 Os termos que marcan a dominación e que intentan camuflar a idea desuperioridade cultural, así como certos signos de piedade e boa conciencia, preséntansesuavizados en conceptos como acompañamento ou coxeración. De calquera xeitosemella enxergarse xa un pequeno cambio ou intención de xiro cara a un uso datecnoloxía que non incida simplemente no material senón que abranga a dimensiónhumana na súa totalidade a través do desenvolvemento cognoscitivo. Aquí semella que nos detivemos. Este é, entón, o lugar desde o cal se deberelanzar a idea de viraxe. O problema que debemos abordar é a articulación entre ética,coñecemento, desenvolvemento humano e instrumentalización técnica. 2- A téchneloxía: desexo imposible. Estritamente non é posible traducir o termo grego "téchne" polo moderno"técnica". Cando menos non é posible traducilo sen parapetalo dunha análise moiextensa que nos obrigaría a transitar pola historia cultural de occidente que conduce daGrecia clásica á actualidade. Esta análise revelaría as fabulosas transformacións do 4 Ibíd. 4
  5. 5. concepto e explicaría, no fondo, que a devandita tradución implica contradicións a nivelontolóxico, deontolóxico e social. Por suposto non se pretende facer aquí semellanteanálise, non obstante, como existen indicios de que a estratexia implícita da TpDH podecombinar elementos tanto da téchne grega como da técnica moderna, faremos unhasmínimas referencias para esclarecer en qué sentido enunciamos a posibilidade dunhacontradición. É certo que a técnica en xeral forma parte constitutiva do ser humano en cantosupón o seu medio de relacionarse co mundo. A transformación do mundo a través datécnica é a adaptación do ser humano ao mundo. A invención, uso e desenvolvementode elementos técnicos atópanse en todas as comunidades humanas. Así, polo menos,define a antropoloxía filosófica a xeneralidade do concepto "técnica" en canto parteintegrante das sociedades humanas. Neste senso a técnica pertence á natureza humana.Por outra banda, a invención de instrumentos técnicos para a transformación do medioentendida como modo de supervivencia e adaptación a este é un produto humano, édicir, algo artificial. A definición que divide o natural —o que é dado na natureza— doartificial —o que produce o ser humano— é unha distinción aristotélica que chega caseintacta até os nosos días. Pola contra, o que non permanece intacto no tempo é aconcepción do mundo nin a idea do técnico. Para os gregos o cosmos forma unha unidade de sentido que non permite adisgregación en partes autónomas. Idea orgánica do mundo onde cada cousa forma partedunha totalidade viva e soamente así obtén o seu sentido, o seu movemento e o seulugar propios. É nesta concepción onde hai que enmarcar a palabra téchne. Certamente,a técnica articula a relación do ser humano co mundo mais para o mundo dos grego atéchne non se limitaba a un mero "facer". Ademais, e fundamentalmente, era un "saberfacer". Ditos "facer" e "saber facer" implican, por unha banda, a creación no sentido depóiesis —palabra que chega até hoxe cunha dificultade de tradución análoga á que aquínos ocupa e representa a orixe etimolóxica do que hoxe chamamos "poesía"—, é dicir,non se limita ao traballo manual ou mecánico que fabrica obxectos senón que o seusentido primordial radica nunha concepción artística da creación, de facer chegar algo,de trae algunha cousa diante de nós; por outra banda, e estreitamente ligado con estesentido artístico de póiesis, para a cultura grega a téchne vincúlase de forma esencialcoa epistéme, é dicir, co saber e o coñecemento. O simple acto de manufacturar unobxecto non é por si mesma unha téchne se ela non vai acompañada polo coñecemento 5
  6. 6. das causas. Desta forma o gremio dos artesáns, na medida en que aqueles se limiten areproducir obxectos útiles para a mellora da vida ordinaria, permanece afastado dosentido primordial da téchne. Para Aristóteles a téchne comparte os trazos deuniversalidade, transmisión, precisión e explicación que definen en boa medida aciencia clásica. É neste senso como o filósofo de Estagira privilexia o arquitecto (saberpor que) en detrimento do construtor (saber como). O primeiro sería aquel que trae acousa ao mundo cognoscitivo, crea e produce a cousa propia, o segundo limítase areproducir sen coñecemento das causas primeiras. O saber facer quecontemporaneamente atribuímos a un técnico non se correspondería co saber ouepistéme da téchne. Hai que engadir un terceiro elemento que determina por completo estesumarísimo achegamento ao concepto grego de téchne, a saber, a politeia (cidade,estado, república). Todo se circunscribe na cidade e tanto a parte produtiva como acognoscitiva da téchne non forman parte simplemente da realización constitutiva do serhumano senón que están subordinadas ao obxectivo fundamental da politeia que non éoutro que vivir ben; non abonda con vivir ou sobrevivir senón que a cidade debealcanzar o bo vivir, isto é, vivir segundo e seguindo a idea de ben. Este valor supremo,que para Platón goberna a pirámide das ideas, debe ser o fin da politeia, é dicir, non unfin persoal ou individual senón un fin social, común, que para a Grecia clásica secorrespondería só co total dos así chamados "cidadáns". A téchne está dirixida a travésdo coñecemento á realización do ser humano en conxunto segundo a idea de ben. Istoquere dicir que só hai téchne propiamente cando un "saber como e un saber por que"proporciona o ben común, a todos, polo tanto non a un nin a uns poucos. Por suposto, o que virá co paso dos séculos non se parecerá demasiado. Sirvancomo anticipo as palabras de Adorno e Horkheimer: Aínda que alleo á matemática, Bacon captou ben o modo de pensar da ciencia que veu tras el. A unión feliz que ten en mente entre o entendemento humano e a natureza das cousas é patriarcal: o intelecto que vence á superstición debe dominar sobre a natureza desencantada. Saber, que é poder, non coñece límites, nin na escravización das criaturas nin na condescendencia para cos señores do mundo. Do mesmo xeito que se acha a disposición dos obxectivos da economía burguesa, na fábrica e no campo de batalla, así está tamén a disposición dos emprendedores, sen distinción de orixe. Os reis non dispoñen da técnica máis directamente que os comerciantes: ela é tan democrática como o sistema económico co que se desenvolve. A técnica é a esencia de tal saber. Este non aspira a conceptos e imaxes, tampouco á felicidade do coñecemento, senón 6
  7. 7. ao método, á explotación do traballo dos outros, ao capital. As múltiples cousas que segundo Bacon aínda reserva son, á súa vez, só instrumentos: a radio, como imprenta sublimada; o avión de caza, como artillaría máis eficaz; o telemando, como o compás máis seguro. O que os homes queren aprender da natureza é servirse dela para dominala por completo, a ela e aos homes. Ningunha outra cousa conta. Sen consideración para consigo mesma, a Ilustración consumiu até o último resto da súa propia autoconciencia. Só o pensamento que se fai violencia a si mesmo é o suficientemente duro para quebrar os mitos. Fronte ao triunfo actual do sentido dos feitos, mesmo o credo nominalista de Bacon resultaría sospeitoso de metafísica e caería baixo o veredicto de vaidade que el mesmo ditou sobre a escolástica. Poder e coñecemento son sinónimos.5 A modernidade provocará unha rotura definitiva —xerada xa a través doMedievo— na unión harmónica entre ciencia, moralidade e arte que gobernaba a culturaclásica. A ciencia independízase. Esta separación posibilitará a especialización e oasombroso desenvolvemento do que hoxe chamamos medios técnicos. A diferenzafundamental que queremos resaltar aquí é que o saber da téchne, que conectaba enequilibrio todas as esferas da vida humana coa unidade do cosmos, coa natureza,transfórmase nunha concepción de dominio técnico da natureza co obxectivo desatisfacer a vontade dun ser humano cada vez menos apegado a ela. O desenvolvementocientífico-técnico será tamén un desenvolvemento humano no senso en que a visión domundo se transformará cara a unha concepción que perderá a mirada "relixiosa" a unmundo animado no seu conxunto para desenvolver unha idea de subordinación na cal oplaneta está cheo de elementos inanimados a disposición do ser humano. Atransformación e o aproveitamento do planeta a través de saber científico-técnicomoderno serán a nova racionalidade e interpretación do mundo. Esta relación dedominación non só someterá a parte inanimada do planeta senón que se estenderá atodos os seres vivos, incluído o ser humano. A idea de ben que antes se fundamentabanunha harmonía de conxunto agora susténtase sobre o aumento progresivo dadominación do mundo porque así auméntase, paralelamente, a consecución de benestar.Nace, pois, a idea moderna de progreso. O nivel de benestar dunha sociedade comeza amedirse progresivamente polo nivel tecnolóxico que ela posúe. A idea de politeia comofin común cuantifícase agora a escala planetaria e instala unha brecha crecente: oaumento de benestar dunha sociedade implica a diminución do nivel de vida noutra. Seisto o incrustamos no modelo capitalista de enriquecemento crecente atopámonos cunha 5 Max Horkheimer y Theodor W. Adorno: Dialéctica de la Ilustración. Fragmentos filosóficos.Madrid, Editorial Trotta, 1994 (3ª ed. 1998). O subliñado é noso. A tradución é nosa. 7
  8. 8. instrumentalización da ciencia e da técnica que pronto se converterá nunhainstrumentalización xeneralizada da vida a través da ciencia aplicada. Parece que oslímites da bioesfera foron os únicos capaces de poñer entre aspas este modelo queHeidegger define como instrumental e antropolóxico. Todo o mundo coñece os dous enunciados que contestan á nosa pregunta. O un di: a técnica é un medio para uns fins. O outro di: a técnica é un facer do home. As dúas definicións da técnica coperténcense. Porque poñer fins, crear e usar medios para eles é un facer do home. Ao que é a técnica pertence fabricar e usar útiles, aparatos e máquinas; pertence isto mesmo que se elaborou e se usou, pertencen as necesidades e os fins aos que serven. O todo destes dispositivos é a técnica, ela mesma é unha instalación, dito en latín: un instrumentum. A representación corrente da técnica, segundo a cal ela é un medio e un facer do home, pode chamarse, polo tanto, a definición instrumental e antropolóxica de técnica.6 Heidegger dicía que a actitude instrumental da ciencia tecnolóxica era unhaviolencia ao ser. A pesar das distancias entre téchne e técnica, o filósofo alemándetermina en pleno século XX que é preciso unha volta á cultura clásica para buscar osentido oculto do ser, a verdade velada ao coñecemento que permitiu o reinado donihilismo pois, para o filósofo alemán, o verdadeiro perigo non está na técnica en simesma senón na posibilidade de quedar atrapados no seu desenvolvemento puramenteinstrumental. O que ameaza ao home non vén en primeiro lugar dos efectos posiblemente mortais das máquinas e os aparatos da técnica. A auténtica ameaza abordou xa o home na súa esencia. O domino da estrutura de emprazamento ameaza coa posibilidade de que ao home lle poida ser negado entrar nun facer saír o oculto máis orixinario, e de que deste modo lle sexa negado experienciar a exhortación dunha verdade máis inicial. Así pois, onde domina a estrutura de emprazamento, está, no seu sentido supremo, o perigo.7 3- Cara unha tradución posible Aproximemos agora as dúas citas que nos guiaron ao inicio do texto: A motivación central da TpDH é o recoñecemento da necesidade da orientación do progreso tecnolóxico á promoción do desenvolvemento humano. 6 Heidegger, Martin: “La pregunta por la técnica” en HEIDEGGER, M., Conferencias yartículos, Ediciones del Serbal, Barcelona, 1994. A tradución é nosa. 7 Ibíd. 8
  9. 9. É o resultado de combinar a tecnoloxía como feito cultural, co concepto do desenvolvemento humano, é dicir o "proceso de ampliación das opcións da poboación" [...] Enxeñería Sen Fronteiras entende que, por principios éticos, a técnica debe estar ao servizo do ser humano, e que para conseguir isto, é necesario enfocar a súa xestión desde unha perspectiva de xeración de coñecemento. Cuestiona, polo tanto, a relevancia das tecnoloxías clasificadas intrinsecamente como apropiadas, así como os programas de desenvolvemento tecnolóxico que non incorporan a visión e a participación do usuario final desde a súa propia definición.8 Habería que definir con paciencia e extrema cautela as nocións de "progreso","desenvolvemento humano", "feito cultural", "opcións da poboación", "principioséticos", "ao servizo", "coñecemento", "incorporación e participación do usuario", etc.pois elas estruturan unha posición teórica que, polo menos desde Marx, porta unhadeterminada ideoloxía. Se estes conceptos se fundamentan na filosofía do Programa dasNacións Unidas para o Desenvolvemento entón a súa definición enmarcarase nunhavisión da tecno-ciencia instrumental e antropolóxica que non escapa de, e polo tanto nonresponde a, os problemas estruturais que xera o modo de vida político-económicocapitalista. Aquí non habería contradición pero tampouco habería solución. Acooperación reduciríase a unha axuda piadosa e caritativa co único obxectivo de paliarminimamente os inmensos e crecentes danos colaterais que tal esquema produceconscientemente, así como tamén paliaría, nun mesmo xesto, as turbacións da boaconciencia. O máximo obxectivo a cumprir deste esquema compasivo pasaría poralcanzar o 0,7% e o principal problema que o ameaza é a absoluta dependencia do niveleconómico do “filántropo” que se enriquece a través da xeración de pobreza. Nestesenso, posiblemente a cooperación máis eficaz non sería axudar aos pobres a saír da súamiseria senón convencer os ricos para que deixen de fomentala. En cambio, a contradición anúnciase se o espírito crítico de Enxeñería SenFronteiras —como parece lerse entre liñas— pretende na medida das súas posibilidadesreorientar a actitude ética cara a un concepto téchnelóxico inaplicable hoxe en día. Ditodoutro xeito, se a pretensión ética se basea nun modelo clásico que se pretende levar acabo a través dun modelo contemporáneo, ambos os dous absolutamente incompatibles.Non obstante, a imposibilidade de facto deste espírito non significa que estea fóra delugar ou que haxa que desdeñala de principio. Máis ben, tal imposibilidade implicaríaque o traballo por facer resta aínda máis inmenso e máis necesario que nunca. Aínda 8 Conceptos de Tecnología para el Desarrollo Humano, texto citado. 9
  10. 10. que o neoloxismo "téchneloxía" —que aquí nos permitimos, non sen certo rubor—anuncie unha contradición temporal, un oxímoro ideolóxico e até unha falta de sentidohistórico, sen embargo pode indicar un camiño a seguir —como o fan as estrelascelestes que durante moito tempo guiaron a navegación— e nada importa e nada cambiao van feito de que ese destino sexa inalcanzable. Máis ben, se ese camiño fose posible,se hoxe estivese aberto e fose transitable, se houbese un sendeiro marcado polo calcontinuar, iso significaría que xa forma parte da lóxica que se pretende subverter e, porconseguinte, transitalo non subvertería nada en absoluto. Non se trata, entón, dunhaviraxe, dunha volta ou dun retorno a un tempo pasado que non soamente é imposiblesenón que tampouco sería desexable pois así como as excelencias do mundo clásicoseguen iluminando hoxe as máis diversas vereas do pensamento tamén a súa barbarie eas súas miserias continúan sendo hoxe un excelso motivo de obxección. Tampouco setrata, pola mesma, de ser condescendentes e aceptar unha realidade que o século queacaba de rematar sinatura co triste legado de ser o que máis aumentou as brechassociais, as guerras, os masacres e os xenocidios, é dicir, o empobrecemento xeral davida. A contradición, a imposibilidade, a aporía (palabra que en grego significa "nonsaída, non lugar") obriga, isto é, produce e provoca, a invención dun novo lugar. Estelugar será, antes que nada, un lugar para o lugar, unha ocasión para o novo, para odescoñecido, en suma, unha posibilidade para o imposible. Mais nada do que lle poidaacontecer á cooperación ou nada do que poida acontecer con ela será alleo a ela. Asinxerencias exteriores serán fundamentais para a súa reorientación, para a súa viraxe ouvolta, para que o retorno sobre si produza a forza necesaria para obter un impulso caraadiante. Este movemento, tan natural como técnico, non debe simplemente mellorar ascondicións de vida de sociedades necesitadas senón, e en primeiro lugar, debe mellorara concepción mesma da cooperación, facer tremer as súas raíces e sacudir as súasenormes e estratificadas ramaxes. Só na medida en que a cooperación se tome a simesma como obxecto —como sociedade empobrecida e necesitada que solicita axudainminente— poderá abrirse algunha posibilidade para o impulso. Entón, dito impulsoserá exercido, inicialmente, polos actores mesmos da cooperación, por aqueles espíritoscríticos que sen dúbida a habitan e a asedian desde dentro, polas vontades nonconformistas que no seu honorable activismo se fan eco da frase do poeta Hörlerlin:"onde está o perigo, medra tamén o que salva". 10
  11. 11. Bibliografía citada: - Conceptos de Tecnología para el Desarrollo Humano, enhttp://www.slideshare.net/esfgalicia/concepto-de-tecnologa-para-el-desarrollo-humano - Heidegger, Martin: “La pregunta por la técnica” en HEIDEGGER, M.,Conferencias y artículos, Ediciones del Serbal, Barcelona, 1994. - Max Horkheimer y Theodor W. Adorno: Dialéctica de la Ilustración.Fragmentos filosóficos. Madrid, Editorial Trotta, 1994 (3ª ed. 1998) 11

×