Successfully reported this slideshow.
We use your LinkedIn profile and activity data to personalize ads and to show you more relevant ads. You can change your ad preferences anytime.

Compromisos de Partido

163 views

Published on

Compromisos de Partido

Published in: News & Politics
  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

Compromisos de Partido

  1. 1. COMPROMISOS DE PARTIDO Por un partido aberto e forte 1 O poder das bases e da cidadanía  Un militante, un voto, na elección do secretario xeral federal e a elección dos secretarios xerais locais, provinciais e autonómicos.  Primarias abertas para a elección de candidato á presidencia do Goberno de España, das Comunidades Autónomas e para a elección de candidatos a alcalde.  Mecanismos para a apertura do partido á sociedade civil e aos movementos sociais. 2 A forza do exemplo  Xeneralización de prácticas de transparencia para os socialistas que exerzan responsabilidades públicas e para promovelas en todas as institucións.  Código ético que garanta a renuncia inmediata ao cargo nos casos de apertura de vista oral que afecten aos seus dirixentes.  Incompatibilidades máis estritas que as previstas pola lei para os cargos electos do Partido que impidan non só que poidan dedicarse a actividades declaradas incompatibles, senón tamén a aquelas que poidan xerar conflitos de intereses.  Imposibilidade de, despois de exercer un cargo público, realizar tarefas de dirección, xestión ou asesoramento de empresas privadas relacionadas coa área de decisión desenvolvida no cargo.
  2. 2. 3. O compromiso e a atracción de talento  Cada afiliado socialista non poderá exercer máis dun cargo institucional, baixo a fórmula de “una persoa, un cargo”.  Os programas electorais presentados polo partido deben ser realistas, deben cumprirse. O PSOE asumirá cada programa electoral como un contrato firme cos cidadáns.  Limitación do número máximo de mandatos nos cargos de dirección do partido.  O partido debe promover a afiliación e converterse nunha organización que atraia talento e invite á participación en política. 4. O debate dende abaixo e a rendición de contas dende arriba  Os procesos para a toma de decisión empezarán por unha debate entre os militantes e simpatizantes.  Mecanismos para que a dirección e os cargos electos rendan contas de forma cotiá ante o partido, a militancia e a cidadanía á que representan.  Facilitar o mantemento da militancia con medidas para atender ás/aos compañeiras/os que pasen por dificultades económicas.  Promover unha maior presenza da dirección e do Secretario/a Xeneral en todas as agrupacións do partido, incluídas as do exterior.

×