Successfully reported this slideshow.
We use your LinkedIn profile and activity data to personalize ads and to show you more relevant ads. You can change your ad preferences anytime.

Carta de Eduardo Madina á militancia do PSOE

148 views

Published on

Carta de Eduardo Madina á militancia do PSOE

Published in: News & Politics
  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

Carta de Eduardo Madina á militancia do PSOE

  1. 1. CARTA DE EDUARDO MADINA Á MILITANCIA DO PSOE. PRESENTACIÓN DA CANDIDATURA Á SECRETARÍA XERAL DO PARTIDO SOCIALISTA
  2. 2. Ola compañeira, ola compañeiro: Vas decidir dentro dunhas semanas e por primeira vez persoalmente quen será o próximo Secretario Xeral do noso partido. Queixámonos todos dende hai tempo de que os sistemas de elección de cargos federais nos estaban a quedar vellos. E que a democracia española e o propio PSOE estaban maduros para dar un paso adiante na apertura dos sistemas de participación e decisión. Xa non imos volver encargar nunca a un sistema de delegados este tipo de decisións. Pero iso significa, a cambio, unha nova responsabilidade persoal, unha proba do compromiso individual co proxecto socialista. Poñer ese voto e esa responsabilidade directamente nas mans de cada militante foi un dos retos que me animou a dar este paso da miña candidatura para a Secretaría Xeral. Crieime no País Vasco, nunha época dura na que non era doado dar o paso cara á política activa. Moitos amigos do meu barrio non o fixeron. Pero eu estaba a crecer nunha casa na que o compromiso político era o normal, o meu pai e o meu avó estaban a ser un exemplo. Nas rúas do Deusto da época da reconversión había manifestacións, folgas e moita droga. A miña afiliación ás Xuventudes foi algo natural, como o foi a miña afección ao voleibol, no que cheguei a ser profesional. Algúns encargáronse de que tivese que deixar o deporte, pero nunca conseguiron arrancarme a paixón pola política e polo noso partido. Tiven a sorte de contar dende temperán co próximo exemplo de Ramón Rubial para crecer como socialista e como persoa. E procurei aplicar dende entón as súas ensinanzas na miña vida como estudante, como profesor, como profesional e como político. Agora pretendo seguir facéndoo dende a dirección do noso Partido. E para iso non vou renegar nunca das nosas esencias e as nosas raíces, porque creo que cando nos foi mal foi precisamente por non buscar ese zume do sólido tronco do PSOE. Orgullosos de ser socialistas é como nos queren moitos españoles e españolas, non avergonzados ou tímidos. Reclamando o noso xusto sitio na pelexa pola felicidade de todos eles, os que nos votaron e os que nunca o fixeron. Sendo conscientes tamén das nosas debilidades e das nosas hipotecas, para reforzarnos e para recuperar a nosa autonomía de sempre fronte a outros poderes económicos ou mediáticos. E para iso, creo que necesitamos primeiro unidade e solidez nos nosos órganos federais; por iso é necesario que teñan a enorme lexitimidade do voto directo; non só para dar satisfacción ao teu desexo de participar, senón tamén para que sexan máis autónomos e menos dependentes de escuros remendos de despacho. No novo PSOE, ti es o protagonista. Se o facemos ben, o PSOE recuperará a oportunidade de volver gobernar só, que debe ser a forma natural de estar na política nacional do noso Partido. Para poder facer dende o goberno as políticas de progreso que os españoles identifican connosco e recuperar tamén ao país dos estragos de todo tipo do goberno do PP. Porque o PSOE é unha máquina de fabricar igualdade. Eu non estou nisto para facer competición con compañeiros, eu a quen quero gañar é ao PP.
  3. 3. Todos os meus competidores me parecen excelentes, todos eles son dignos de gañar e con todos eles o Partido gaña. Pero a min o que me move é a batalla de fóra, contra a dereita e polos dereitos de tanta xente que tanto perdeu nestes anos negros. Contra o nacionalismo egoísta e disgregador que sacrifica aos traballadores en sonos desestabilizadores. Para isto é para o que quero o teu aval e o teu voto. Para isto quero representarte persoalmente, non á túa agrupación, á túa federación ou a túa sectorial. Porque estou convencido de que coa túa axuda e coa intelixencia conxunta de todos os militantes e simpatizantes, somos capaces de endereitar o noso rumbo e o de España. Unha aperta socialista, compañeiro ou compañeira. Eduardo Madina Muñoz.

×