Successfully reported this slideshow.
We use your LinkedIn profile and activity data to personalize ads and to show you more relevant ads. You can change your ad preferences anytime.
CONFERENCIA INTERNACIONAL:
A AMEAZA IRANIANA – A república islámica, a loita de Israel
pola súa existencia e as reaccións ...
contra o programa iraniano de destrucción” que desde Austria e Alemaña
tenta desde o outono 2007 dar a coñecer por medio d...
objectivos apocalípticos. Por este motivo a política de desencorajamento não funciona a partir

    do momento em que poss...
iraniana (en especial mulleres, homosexuais e minorías nacionais e relixiosas) e na
gravidade que supón o negacionismo do ...
que “o rexime iraniano vulnera todos os estándares de dignidade e decencia e que
Ahmedinejad é o suficientemente claro nos...
doutros estados, tanto no pasado como no presente (caso da China, Rusia ou
mesmo Corea do Norte). Morris reflexionou tamén...
- Sitios webs:

       www.stopthebomb.net

       http://www.cafecritique.priv.at/

       http://memri.org/index.html

 ...
Neste xogo de forzas, o Cristianismo sería considerado o principal rival
relixioso deste Islam político, xa que é a outra ...
O soporte de actividades terroristas sería fundamentalmente de dous tipos:
por unha banda, o asasinato individual de disid...
Así pois, as sancións económicas e unha diplomacia activa que frease as
ameazas iranianas serviría á vez para contar ou di...
2) A intervención directa por parte de Israel, en caso de que Irán continúe
cos seus propósitos; esta decisión sería para ...
- Máis bibliografía sobre o tema:

      Grigat, Stephan & Dinah Hartmann (Hrgs.): Der Iran – Analyse einer
      islamisc...
A seguir, fixo un recordatorio das relacións entre os dous estados (Irán e
Austria), que xa eran moi intensas no plano eco...
atopámonos nun segundo grande momento da Historia mundial contemporánea
onde o antisemitismo continúa a ser un importante ...
súa cultura...o seu xeito de ser, a súa historia...”, á hora de acometer a crítica de
reximes como iraniano.

      Nese s...
Conferencia Internacional A Ameaza Iraniana
Upcoming SlideShare
Loading in …5
×

Conferencia Internacional A Ameaza Iraniana

992 views

Published on

Conferencia Internacional celebrada en Viena os días 3 e 4 de Maio de 2008. Eis unha crónica de Ilana Steiner e Carlos Penela

  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

Conferencia Internacional A Ameaza Iraniana

  1. 1. CONFERENCIA INTERNACIONAL: A AMEAZA IRANIANA – A república islámica, a loita de Israel pola súa existencia e as reaccións europeas. (Unha crónica desde Viena de Ilana Steiner e Carlos Penela, 1ª parte) Este fin de semana pasado, 3 e 4 de Maio, tivo lugar nun dos auditorios da Universidade de Viena a Conferencia Internacional: A ameaza iraniana – A república islámica, a loita de Israel pola súa existencia e as reaccións europeas, que contou coa participación de importantes expertos en política internacional, intelectuais e representantes da oposición democrática iraniana no exilio. O encontro foi organizado polo foro cidadán “Stop de Bomb – Coalición
  2. 2. contra o programa iraniano de destrucción” que desde Austria e Alemaña tenta desde o outono 2007 dar a coñecer por medio de conferencias e publicacións a natureza e a realidade do rexime islamista de Teherán, tanto no que se refire á represión criminal da súa propia poboación, como á negación perversa do holocausto e os propósitos de borrar Israel do mapa, formulados de xeito explícito polo presidente Ahmadinejad. Desde este movimento cidadán quérese ademais pór de manifesto a pasividade por parte da comunidade internacional e, en especial, da UE perante os plans de exterminio nuclear do rexime iraniano; a este respeito, a campaña “Stop the bomb”, por medio da recollida de asinaturas, tenta deter a colaboración económica de Austria e Alemaña con este rexime islamo-fascista, destacando nestes o enorme negocio que o propio Estado Austríaco, por medio da participación (en torno a un 30 %) no consorcio enerxético OMV (empresa petrolífera), pensa levar a cabo en Irán, o que suporía un importante sostén económico e un recoñocimento para o rexime dos mullahs. Como sabemos da banalización e minimización que, en xeral, se fai desde a imprensa española (e tamén austríaca) acerca das ameazas de Mahmoud Ahmadinejad e do insólito papel que éste semella representar para certa “esquerda” totalmente desnortada do Estado español, Europa e Sudamérica, que ven no líder iraniano unha sorte de “novo amigo revolucionario”, cando en realidade se trata do representante dun rexime islamo-fascista, reaccionario, antisemita e represor, sostén do terrorismo internacional, quixemos estar alí para escoitar de primeira man as análises que se forneceron ao longo destes dous días en Viena e ofrecer un resume dos mesmos na presente crónica. A gravidade e transcendencia dos feitos, así como as implicacións políticas e morais que se derivan dos mesmos, así o esixen. Antes de comezar co resume do relatorios e os temas que alí se trataron, gustaríamos incluir, pensando especialmente en todas as persoas que non coñecen esta iniciativa “Stop the bomb”, anexar o texto que se presenta na súa web: www.stopthebomb.net e que pode servir para comprender mellor a orixe deste foro e o propósito da súa denuncia (ofrecemos a versión en portugués que aparece nesta web): A fins deste ano*, a OMV (empresa petrolífera) prevê concluir um contrato de 22 mil milhões de euros com o Irão. Este incremento das relações financeiras faz da Áustria e da Europa parceiros estratégicos e cúmplices de um regime político, que financia o terrorismo internacional e exerce violentas represálias contra a sua própria população, e que desenvolve armas nucleares que podem atingir a Europa e ameaçar a paz mundial. A perseguição sistemática do povo curdo, às minorias religiosas, como os Baha'i, a execução de homossexuais e as represálias contra as mulheres que se recusam submeter aos cânones islâmicos, são igualmente características do regime que profere ameaças genocídas contra Israel e contesta a existência do Holocausto. As fantasias repressivas, punitivas e de martírio, que estão longe de ser puras fantasias, renovam sob novas formas políticas e religiosas com a obsessão extirpativa do Estado nacional-socialista, incluindo a disposição de sacrificar a própria população para atingir
  3. 3. objectivos apocalípticos. Por este motivo a política de desencorajamento não funciona a partir do momento em que possuírem armas nucleares. Consequentemente, os que quiserem manter um diálogo com a República Islâmica do Irão, terão uma atitude comparável à tido com os nazis, que resultou na guerra de destruição mais mortífera da história da humanidade. O contrato da OMV com o regime de Ahmadinejad constituiria um sucesso político e uma boa propaganda para o seu jihadismo destruidor, que tem por objectivo a instalação planetária da Umma islâmica. Para evitar chegar a esta situação é necessário impedir o programa nuclear iraniano antes que seja tarde. Este é um momento único para levar a paz ao Próximo e Médio Oriente. Uma verdadeira oportunidade. O mundo deve submeter permanentemente o Irão a uma pressão política e económica para reduzir o perigo que este constitui para o Estado de Israel. Isto significa que é necessário impedir a Europa de integrar este programa de destruição massiva, enquanto alvo dos mísseis nucleares e enquanto parceira da jihad. Por essa razão pedimos – em particular ao governo austríaco – de cessar o «diálogo crítico» com os mullahs e que sejam tomadas as seguintes medidas: • interrupção imediata e unilateral das negociações entre a OMV e os mullahs iranianos. • cessação das garantias financeiras dadas pelo Kontrollbank austríaco aos contratos com os mullahs iranianos. • pronunciação de sanções pela ONU e EU com o objectivo de enfraquecer e isolar o regime iraniano politicamente e economicamente. • apoio às forças da oposição iraniana que é a verdadeira alternativa ao actual regime e que se batem por uma sociedade laica e democrática. * Em Abril de 2007 foi anunciado que a OMV e a Companhia Nacional de Petróleo Iraniana (NIOC) tinham acordado uma declaração de intenções relativa a um projecto de gás. Segundo as especulações do jornal austríaco Standart o volume total do negócio atinge os 22 biliões de euros. Durante muito tempo a OMV estimou que a conclusão do acordo ocorreria no final de 2007, mas desde meados de Dezembro que a data da assinatura é referida como «não sendo possível». A conferencia abriuse o sábado día 3 de Maio ás 19:30 da tarde cun número importante de ouvintes (unha asistencia en torno ás 270-300 persoas, cunha presenza moi notábel de estudantes e xente nova entre o público). As palabras de benvida e apresentación do acto correron a cargo da Dra. Joanna Nitemberg, quen incidiu na gravidade das ameazas de Irán contra Israel e contra a estabilidade en Oriente Medio, na enorme represión interna que ten que padecer a poboación
  4. 4. iraniana (en especial mulleres, homosexuais e minorías nacionais e relixiosas) e na gravidade que supón o negacionismo do Holocausto por parte do presidente iraniano. A continuación, tomou a palabra a Dra. Ruth Contreras, en representación de “Scholars for Peace in the Middle East” de Hamburgo (coorganizadores das conferencias), grupo de docentes que desde o traballo científico e académico (publican, por exemplo, unha newsletter con máis de 20.000 abonados) tentan informar e analizar a situación en Oriente Medio, desde postulados laicistas e sen adesións partidistas concretas, denunciando a falta de democracia e o antisemitismo dos gobernos da rexión. Esta profesora tivo tamén palabras de recordo para todos aqueles exilados iranianos que non se atreveron a participar na conferencia polo medo que lles suscitan as posibles represalias do goberno dos ayatollahs, represalias reais que xa no pasado se teñen concretado por medio de actos terroristas e o asesinato de intelectuais e políticos no exilio de man de axentes do goberno iraniano en Viena, Berlín e París. Pechou esta introducción Simone Dinah Hartmann, xornalista e unha das impulsoras principais do movemento “Stop de Bomb”, quen lembrou a longa nómina de intelectuais que apoian esta iniciativa até as actividades que este foro leva organizando tanto en Austria como en Alemaña desde outono do 2007: en Viena, por exemplo, o 30 de Abril, co acto que, baixo o lema “Ningún negocio cos mullahs iranianos!”, reuniu a profesores, intelectuais e decenas de cidadáns na praza da Stephansdom; ou, hai un par semanas, coa presentación, tamén en Viena, do volume colectivo editado por StudienVerlag: O Irán – Análise dunha dictadura islámica e os seus promotores europeos, coordenado pola propia Dinah Hartmann e o politólogo Stephan Grigat, membro do colectivo “Café Critique”, grupo que desde o ámbito universitario e cun posicionamento de esquerdas traballa contra a nova banalización da Shoá e o islamofascimo de reximes como o de Teherán. A Conferencia organizouse a partir de aquí en 5 diferentes mesas de traballo, cada unha delas cun tema concreto e reunindo en cada caso varias ponencias de politólogos, historiadores, representantes políticos e intelectuais. No entanto, serviu de prólogo aínda a intervención do filósofo e profesor canadiano na Universidade de Yale, Charles Small, quen mostrou a súa satisfacción por ver tanta xente nova no acto, lembrando as palabras de Martin Luther King a respeito do valor moral dos actos, de cada acto concreto; en relación a este feito incidiu tamén na importancia da educación da mocidade e da cidadanía en xeral en principios democráticos, en contraposición á cultura da morte, o fanatismo e o martirio que promulgan os reximes totalitarios islámicos. Alertou tamén do risco de que un segundo Holocausto se puidese repetir e fixo un resume das implicacións que nestes momentos ten o goberno iraniano co terrorismo en Oriente Medio: Siria, Líbano e Gaza. Foi tamén moi interesante e pertinente a alusión que este profesor fixo acerca do silencio das institucións académicas e das organizacións de dereitos humanos perante as ameazas do presidente Ahmadinejad. A continuación Ruth Contreras leu para o público a carta de apoio á iniciativa do parlamentario austríaco do Partido Verde Allert Steinhauser, que versou sobre a falta de dereitos humanos en Irán, a necesidade dunha oposición civil e democrática desde Europa e e o perigo real das ameazas iranianas. Á leitura desta nota de adesión seguiulle unha breve proxección que resultou especialmente emocionante: a videoconferencia do premio Nobel da Paz Elie Wiesel con palabras de apoio e denuncia; o escritor romeno, sobrevivinte de Buchenwald que leva toda a súa vida escribindo e denunciando os horrores do nazismo, afirmou
  5. 5. que “o rexime iraniano vulnera todos os estándares de dignidade e decencia e que Ahmedinejad é o suficientemente claro nos seus soños e obxectivos, convertíndose a día de hoxe no primeiro difamador do Holocausto”. Elie Wiesel preguntouse tamén de xeito retórico e amargo “quén foran os seus mestres e cal é que sería a figura admirada por este individuo?” Pensamos que non é moi difícil intuir a resposta. A primeira mesa redonda, moderada por Simone Dinah Hartmann, reuniu baixo o título “A ameaza iraniana:islamismo, antisemitismo e programa atómico” ao Dr. Patrick Clawson, vicedirector do Instituto para a Política en Oriente Medio de Washington, a Yossi Melmam, xornalista do Ha’aretz e experto a nivel mundial en temas de terrorismo e intelixencia, ao profesor Benny Morris, historiador da Universidade Ben Gurion de Israel e ao europarlamentario Paulo Casaca, do Partido Socialista Portugués. Comezou falando Patrick Clawson, describindo o carácter do rexime iraniano, un rexime que desde a súa instauración coa revolución khomeinista leva asasinado a máis de 10.000 disidentes e ampliando os seus métodos de represión por medio dun sistema de prisións paralelo, fora do control dos tribunais de xustiza e nos que padecen aillamento estudantes, xornalistas, etc...Alén disto o rexime iraniano mantén vivas as redes do terrorismo islámico internacional, hoxe en día de maneira central en Israel e Iraque, inxectando cada ano perto de 200 millóns de dólares a grupos terroristas tales como Hezbollah e Hamas. Lembrou tamén a responsabilidade directa no exterior no asasinato de disidentes por parte de axentes iranianos, como foi, por exemplo, o caso dos tres representantes da minoría curda asasinados en Viena o 13 de Xullo de 1989, o caso “Mykonos” en Berlín, tamén contra disidentes curdos, ou as campañas de terror por medio de bombas en París anos atrás. Como exemplo que define de xeito moi ilustrativo o carácter mesiánico do rexime que temos diante, Clawson citou unha frase do propio Ahmedinejad: “A conta atrás para a destrucción da decadencia xa comezou”. A continuación, o xornalista Yossi Melmann centrou a súa intervención en analizar o desenvolvemento do programa nuclear iraniano. As ambicións nucleares do Irán non son de agora, remóntanse, aproximadamente e de xeito máis directo, a 20 anos atrás. Xa na época do Sha, se procuraba este tipo de enerxía, oficialmente con fins de tipo civil, de abastacemento enerxético (estábase no medio da crise petrolífera) mas taméns con aspiracións militares menos manifestas. Coa revolución de Khomeini, e por motivos de tipo relixioso, o rexime non se mostrou especialmente interesado en procurar a bomba atómica; sen embargo, despois da guerra Irán-Iraque, o rexime dos mullahs foi considerando cada vez con máis forza esta hipótese, até o día de hoxe, no que é algo formulado explicitamente por Ahmedinejad de xeito ameazante e apocalíptico. Así mesmo, resumiu a estratexia iraniana actual, que se basea en “gañar tempo” até dotarse da infraestrura e a tecnoloxía necesarias e alcanzar os seus fins, fora das regras da diplomacia internacional. No entanto, insistiu na importancia da presión diplomática e na toma de consciencia da ameaza iraniana, antes de que a situación desemboque nun conflicto bélico na zona, de consecuencias desatrosas; a este respecto, Melmann, como coñecedor directo da realidade en Israel, manifestou de xeito claro que as ameazas son percibidas como un feito en todo o espectro da sociedade israelí, por todos os diferentes grupos políticos e sociais do país. Tomou a palabra entón o historiador Benny Morris quen afondou nas raíces deste tipo de islamismo político de carácter mesiánico, representado polo goberno de Ahmedinejad, onde o autosacrificio xoga un papel central; por este motivo, o desafío iraniano non pode ser comparado de ningún modo coa carreira nuclear
  6. 6. doutros estados, tanto no pasado como no presente (caso da China, Rusia ou mesmo Corea do Norte). Morris reflexionou tamén acerca das consecuencias fatais de tipo belico ou mesmo dunha destrucción masiva que se poderían derivar, en caso de que a políticas de disuasión non deran resultado. Neste punto gustaríanos puntualizar que, en ningún caso, este profesor apuntou como primeira saída ao conflicto a militar, tal a como se suxería de xeito totalmente parcial (e mesmo malintencionado) no xornal austríaco “Der Standard” no día de hoxe. O resume que na páxina 4 do número do luns día 5.05.08 se fai do acto titúlase de xeito torticeiro “Ameazas de Guerra desde o auditorio universitario”, e abranxe apenas o primeiro día das exposicións de xeito superficial e eludindo de xeito incríbel as intervencións que tamén tiveron representantes iranianos, a falar da situación de represión que vive a poboación iraniana. Sería que o obxecto do debate non se axustaba ao “guión” que este medio tiña previsto? Esta trivialización do tema (presentando o acto case como o mero producto dun “lobby de presión”) por parte dun xornal da entidade que “Der Standard” ten en Austria e coa influencia que un xuizo deste tipo pode ter na opinión pública (este xornal xoga un papel semellante a “El País” en España) demostra o grao de irresponsabilidade ao que tamén a imprensa centroeuropea pode chegar e resulta un verdadeiro insulto para os que padecen un rexime como o dos ayatollas. E isto resulta algo aínda máis inaudito no caso dun xornal que se apresenta como voceiro dunha tendencia progresista e socialdemócrata. Por último, como representante da “Realpolitik” europea e para fechar esta primeira mesa de intervencións, falou o europarlamentario portugués Paulo Casaca. Este veterano político socialista leva tempo traballando de xeito decidido por dar unha visión equilibrada e realista no conflicto de Oriente Medio e por alertar das ameazas iranianas de exterminio. Nas súas palabras puxo especial énfase na necesidade absoluta de determinacións diplomáticas conxuntas por parte da UE para frear as aspiracións do rexime iraniano. Por iso, a respeito desta toma de decisións en común, lembrou por exemplo o caso do primeiro ministro británico, quen ten manifestado de maneira decidida a necesidade de presionar o goberno de Ahmedinejad; mais é evidente que esta decisión non ten ningún efecto real no escenario da diplomacia internacional se non se toma de maneira conxunta con todos e cada un dos membros da UE. Así, e ainda que non sexan as únicas, as sancións económicas tamén serían vitais, segundo Casaca, para disuadir o expansionismo iraniano e as súas ameazas contra Israel. Por último, foi tamén moi elocuente ao advertir do perigo que representa o rexime de Teherán e das responsabilidades morais e políticas que están en xogo. Logo da rolda de intervencións, estableceuse un diálogo co público, que puido formular as súas cuestións de xeito directo aos conferenciantes, diálogo que se prolongou até perto das 22:00 horas; con éste rematou o primeiro día da Conferencia que, como dixemos nun principio, contou cun número moi importante e variado de asistentes: estudantes, membros da comunidade xudía de Viena, profesores, exilados iranianos, representantes de dereitos civis, etc... Como colofón a esta primeira parte da nosa crónica, gustaríanos anexar varios enderezos de interese e algunhas referencias bibliográficas básicas que poden axudar a analizar mellor os temas tratados nestes dous días de Conferencia en Viena:
  7. 7. - Sitios webs: www.stopthebomb.net http://www.cafecritique.priv.at/ http://memri.org/index.html http://matthiaskuentzel.de/contents/ http://www.paulocasaca.net/artigos.htm - Bibliografía: Melmann, Yossi & Javedanfar, Meir: The nuclear sphinx os Tehran, Carrol & Graf Punlishers, New York, 2007. Küntzel, Matthias: Djihad und Judenhass (Über den neuen antisemitischen Krieg), Ça ira, Freiburg 2002. CONFERENCIA INTERNACIONAL: A AMEAZA IRANIANA – A república islámica, a loita de Israel pola súa existencia e as reaccións europeas. (Unha crónica desde Viena, 2ª parte) Nesta segunda entrega da nosa crónica tentaremos dar conta, de xeito resumido, dunha parte do acontecido no domingo día 4, onde se desenvolveu o groso das intervencións que conformaron esta Conferencia Internacional. A segunda mesa de traballo, co título global de “O papel do Islam relixioso no Irán e o djihadismo global” abriuse ás 10:30 horas, moderada por Alex Gruber, colaborador de “Cafe Critique” e autor de diferentes artigos sobre a represión e asasinato de homosexuais en Irán. A primeira intervención correspondeu a Menashe Amir, intelectual de orixe iraniana e responsábel das emisións en lingua farsi na radio “Kol Israel” (A voz de Israel). Como coñecedor directo do seu país de orixe, das súas tradicións e da complexidade da súa historia, Amir centrou a súa exposición (“Motivacións ideolóxicas e relixiosas da política exterior e interior iraniana”), en primeiro lugar, en chamar a atención na falta de realismo por parte de Europa e EE.UU á hora de comprender as verdadeiras intencións deste islamismo político. Detrás deste subxacería segundo Amir a idea imperial do Califato rexido baixo as leis da sharia ou lei islámica, ou dito doutro xeito, unha revitalización desa noción de Califato liderada polos mullahs, unha idea imperial do “goberno de Deus na Terra” que se podería resumir na frase “O Islam é a solución” ou nas palabras do propio Ahmedinejad “goberno divino e celestial”. O mesianismo do rexime iraniano fundaméntase na idea da chegada do Mahdi, cuxa aparición suporía o desexo de conversión de todas as xentes ao chiísmo musulmán e a victoria sobre as forzas “demoníacas”, que nun plano político estaría representado por Occidente, nomeadamente EEUU e Israel.
  8. 8. Neste xogo de forzas, o Cristianismo sería considerado o principal rival relixioso deste Islam político, xa que é a outra relixión de tipo mesiánico que concorre coa musulmana; no plano político ou xeopolítico Israel sería o enemigo directo a vencer, pois ese Cristanismo co que se entra en disputa está baseado no propio Xudaísmo. O Islam, considerado como a última e verdadeira relixión, estaría chamado, pois, a “unificar” todas estas correntes monoteístas por medio dunha visión imperial, propagada através da Djihad. En todo caso, Mair abogou desde a súa palestra por unha coexistencia relixiosa onde se respeiten uns mínimos democráticos en común para que o fanatismo non continúe a prender na zona, así como por un intenso traballo da diplomacia internacional, que debe tomar moi en serio as dimesións reais da ameaza. O segundo turno foi para a autora teatral iraniana Niloofar Beyzaie, exilada en Alemaña desde o ano 1985 e activista polos dereitos da muller. A súa intervención titulouse “A opresión das mulleres e as minorías en Irán” e aportou datos concretos e dramáticos sobre a situación actual da poboación civil iraniana. A Sra. Beyzaie definiu o rexime iraniano como unha mistura de “islamismo, nacionalsocialismo e sexismo” e expuso os principais métodos e campañas de represión desde a súa chegada ao poder: Coa revolución de Khomeini no ano 1979 procedeuse á completa islamización da sociedade iraniana, cunha vaga de represión e asasinatos de enormes dimensións. Así, por exemplo, desde o ano 82 calcúlase que entre 5.000 e 10.000 persoas foron executadas; a persecución da minoría relixiosa Bahai foi especialmente intensa (é a minoría relixiosa máis importante de Irán con perto de 300.000 fieis) e o número de persoas presas por motivos ideolóxicos ou relixiosas estímase que é de 40.000. Igualmente, leva sofrindo un trato discriminatorio a minoría curda, que mesmo padeceu o asasinato impune de varios dos seus representantes no exilio, concretamente en Austria e Alemaña, tal e como xa foi lembrado noutros momentos da Conferencia. Leváronse campañas de intimidación e acoso da poboación civil, como a denominada “Campaña en loita contra a xentuza”, detendo de xeito arbitrario a ducias de xóvenes por conductas que non se “axustan” ao rigorismo islámico do rexime (levar roupas inapropiadas, escoitar música “perniciosa” ou consumir bebidas alcóolicas, por exemplo), metendo en prisión a xornalistas e intelectuais e executando homosexuais (perto de 3.000 persoas foron condenadas á pena máxima, sendo difamadas e presentadas antes como “pervertidos” ou “violadores”). A situación da muller baixo a lei islámica é especialmente dramática: o feito dunha muller ser violada, por exemplo, pode acarrearlle a perda dos seus direitos cidadáns; para as mulleres de condición homosexual, en caso de ser detidas a pena é de 100 latigazos, despois da cuarta vez, aplícase a pena de morte. A discriminación contra a muller é, en definitiva, algo admitido e regulamentado na lei islámica dos mullahs. A muller xa non é apenas o obxecto dunha sociedade patriarcal, dunha familia con principios autoritarios e machistas, a súa situación é aínda peor, pois pasa a ser directamente “propiedade” do Estado islámico. Seguiulle a intervención do politólogo Florian Markl, da Universidade Humboldt de Berlín, cunha charla centrada no financiamento e propagación do terrorismo islámico a nivel internacional por parte do rexime de Ahmedinejad, titulada “ O Djhadismo global e o apoio iraniano”.
  9. 9. O soporte de actividades terroristas sería fundamentalmente de dous tipos: por unha banda, o asasinato individual de disidentes iranianos no exterior, tal e como aconteceu en Viena no ano 1989 cos asasinatos do Secretario Xeral do Partido Democrático do Curdistán iraniano, Abdul Rahman Ghassemlou, do representante deste partido no exterior, Abdollah Ghaderi Azer e do mediador Fadhil Rassoul. Lembrou tamén a campaña de atentados no verán de 1987 en París contra disidentes críticos co rexime iraniano. Até esa data, o país galo era o centro máis importante das actividades de asasinato político por parte dos axentes iranianos en Europa, os cales recebían mesmo a protección e o agocho directo da embaixada iraniana despois de cometer estes actos criminais. Markl lembrou tamén o caso do atentado no restaurante berlinés “Mykonos” (acontecido o 17 de setembro de 1992) onde perdeu a vida Sadegh Sharafkandi xunto con outros tres exilados curdos a mans dun comando iraniano e denunciou o dobre xogo levado a cabo tanto polo goberno austríaco como alemán, a fin de evitar “conflictos diplomáticos”, así como o silenciamento por parte de boa parte dos medios de comunicación. Neste sentido, resultou especialmente escandaloso o ocultamento do caso por parte do Estado Austríaco, cuxa polícia chegou a escoltar até ao aeroporto para sacalo do país a un dos membros do comando criminal (!). En contraposición, na Alemaña, e apesar da desidia do goberno, o poder xudicial si que foi quen de reabrir o “caso Mykonos” na procura do esclarecemento dos feitos. A segunda tipoloxía das actividades criminais estaría baseada no financiamento de grupos islamistas terroristas, nomeadamente, Hezbollah e Hamas, co obxectivo de atacar a poboación civil en Israel, secuestrar cidadáns occidentais, desestabilizar a zona (hoxe en día de manera preferente no Iraque e no Líbano) e “exportar” así, dalgún xeito, os obxectivos da revolución iraniana, desexo expresado xa polo propio Ayatollah Khomeini en 1979: “Os gobernos mundiais deben saber que o Islam nunca poderá ser vencido. Os mestres do Corán dominarán o mundo todo.” Tamén se puxo de manifesto as conexións actuais entre Al-Qaeda e o rexime de Teherán, como se demostra no feito de que perto de 100 membros moi destacados desta rede terrorista que estaban operando en Afganistán foran acollidos en Irán despois da caída dos talibáns. As redes deste terrorismo islamico financiadas por Irán extendéronse mesmo ao otro lado do Atlántico, tal e como recordou Markl, cos tráxicos ataques con coche bomba contra a embaixada israelí de Buenos Aires (17 de marzo de 1992) no que perderon a vida 29 persoas e resultaron feridas máis de 200 e contra a AMIA (Asociación Mutual Israelita Argentina), o 18 de xullo do 1994, onde faleceron 85 persoas entre os cascotes e ficaron feridas perto de 150. Ambos os casos non foron aínda totalmente esclarecidos. En relación ao continente americano, Markl referiuse igualmente aos contactos e apoios entre Irán e os gobernos de Venezuela e Nicaragua. No caso venezolano é importante señalar que non é casual a presenza de representantes de Hezbollah en Caracas, así como de clérigos musulmáns que xa están a operar en zonas rurais de Venezuela, adoutrinando e islamizando, por exemplo, comunidades locais de indios guajiros. Gustaríanos engadir tamén que xa foron detectadas importantes redes de financiamento islámico na fronteira entre Paraguai e Brasil (onde existe unha comunicade de orixe libanesa notábel) e contactos entre grupos marxinais de tipo extremista, como son os grupos “piqueteros” de Arxentina (mistura de doutrina peronista-populista con compoñentes fortemente antisemitas) e activistas islámicos.
  10. 10. Así pois, as sancións económicas e unha diplomacia activa que frease as ameazas iranianas serviría á vez para contar ou dismunir estes fluxos de financiamento aos grupos islámicos terroristas que operan no Cercano Oriente, en Europa e en Sudamérica. Ás 13:00 comezou a terceira mesa de ponencias, baixo o tema “Crítica do apaciguamento: Irán e o antisemitismo islámico como desafío para Israel e Europa”, moderada pola Dra. Elisabeth Pitterman, médico e antiga representante do Partido Socialista Austríaco na Cámara Nacional. O politólogo e director de “Scholars for Peace in the Middle East” de Hamburgo, Dr. Matthias Küntzel, foi o primeiro en tomar a palabra cunha intervención que tiña como título, “Está a perder Europa a oportunidade de actuar?”. O profesor Küntzel, un dos máximos expertos a nivel europeu sobre o rexime iraniano e sobre as raíces do antisemitismo nos países árabes foi moi elocuente e directo na súas advertencias e proporcionou datos concretos sobre as relacións comerciais entre Europa (principalmente Alemaña) e as medidas básicas para desenvolver un embargo económico, embargo que podería ter un efecto real sobre o rexime iraniano (estimou que se o embargo fose efectivo, en 3 ou 4 meses a economía iraniana se vería paralizada). Fixo un breve resume das relacións comerciais entre Alemaña e Irán e lembrou que, xa na época do Sha, Alemaña era o principal socio comercial do estado persa; na actualidade, por exemplo, a dotación de maquinaria industrial especializada por parte de Alemaña é moi importante (Siemens). No caso de Irán a venda desta maquinaria ten unha relevancia aínda maior, xa que entre estes compoñentes se encontran os elementos indispensables que Irán necesita para poder desenvolver o seu programa nuclear. Desde un punto de vista histórico, falou ademais dos inquedantes paralelismos entre a retórica hitleriana e a linguaxe de Ahmedinejad, igualmente antisemita e militarista. Así pois, o profesor Küntzel insistiu de forma vehemente na necesidade de resolucións unilaterais por parte da UE e citou como exemplos as propostas concretas de sanción do presidente Sarkozy ou do primeiro ministro británico Gordon Brown, subliñando a gravidade das ameazas iranianas, a especificidade do seu carácter mesiánico e teocrático e as súas ambicións de liderar unha guerra de tipo relixioso contra a “decadencia occidental”. A continuación, estaba prevista a intervención do historiador Dr. Michel Oren do Shalem Center de Xerulasén coa ponencia “O peor pesadelo de Israel – A ameaza por medio do programa iraniano de armas nucleares”, mais a súa presenza non foi posíbel e no seu lugar referiuse a estas cuestións o xornalista Yossi Mellman, ampliando a súa charla do día anterior. O punto de partida da súa exposición foi a formulación da pregunta, “que sucedería se Irán non detén o seu programa nuclear?”, pregunta que se revela totalmente vixente e necesaria despois dos case 20 anos dunha política evasiva e enganosa por parte de Irán a respeito dos seus propósitos nucleares. Mellman abogou polas sancións como único fin para evitar a confrontación militar, vía que segundo o xornalista tería dúas opcións en caso de que non puidese ser evitada: 1) Unha intervención de xeito unilateral por parte de EEUU, abrindo unha terceira fronte na rexión.
  11. 11. 2) A intervención directa por parte de Israel, en caso de que Irán continúe cos seus propósitos; esta decisión sería para Israel unha decisión que ten que ver directamente coa súa propia existencia e que Mellman comparou coa decisión tomada por Ben Gurion no ano 48 ante as ameazas conxuntas dos países árabes. Esta é tamén a percepción de todos os líderes políticos en Israel e sinalou que a franxa de tempo da que están a falar as axencias de intelixencia vai, aproximadamente, do 2009 ao 2011. Mais as ameazas armamentísticas de Irán non son unha ameaza soamente para Israel, senón para toda a rexión, podendo ter un efecto dominó en toda ela; a este respeito lembrou o propio medo dos propios países árabes perante un Irán nuclearizado (Bahrain, por exemplo, é reclamado por Irán como parte do “Grande Irán”). En definitiva Mellman, que contestou a diferentes cuestións formuladas desde o público, abogou por sancións diplomáticas e comerciais concretas, acompañadas de advertencias militares de tipo disuasorio, que poderían deter o proceso durante un par de anos e mudar as regras do xogo. As medidas militares concretas poderían resumirse na posta en práctica, por terceira vez, da chamada “doutrina Begin” que xa no 1981 logrou destruir un reactor nuclear no leste de Iraque e en setembro de 2007 fixo o mesmo en Siria, que se estaba dotando de material procedente de Corea do Norte. En terceiro lugar, e para fechar esta terceira mesa de ponencias, fixo unha breve intervención o xornalista e autor alemán Bruno Schirra baixo o título “As ilusións europeas sobre Irán e o Islam”, intervención que foi tamén moi elocuente e clara á hora de definir o rexime iraniano e as súas ameazas. Schirra definiuno como un modelo “bárbaro, arcaico e fascista” e referiuse ás contradiccións e divagacións da política europea para lle facer frente; así, indicou que a posición aparentemente decidida, por exemplo, de Angela Merkel, a título individual (vid. a súa intervención perante a Knesset de hai un par de meses) non se correspondía coas actuacións do seu ministro de Asuntos Exteriores ou coas decisións do propio Estado Alemán en materia de acordos económicos co rexime iraniano. O xornalista, como testemuña directa en calidade de reporteiro en zonas de conflicto bélico, manifestou a súa repulsa perante o fenómeno da guerra, mais de xeito inequívoco declarou tamén que ficar impasíbel perante o totalitarismo islámico, perante esta forma de fascismo tería consecuencias (e non só de tipo moral) verdadeiramente fatais para o futuro. Despois das palabras de Bruno Schirrah, esta primeira parte do segundo día de Conferencia prolongouse até case as 15:00 horas, con numerosas cuestións formuladas desde o público e o correspondente debate entre os ponentes. - Outros enlaces web de interese: http://www.adl.org/iran/default.asp http://www.yadvashem.org/ http://www.middle-east-info.org/
  12. 12. - Máis bibliografía sobre o tema: Grigat, Stephan & Dinah Hartmann (Hrgs.): Der Iran – Analyse einer islamischen Diktatur und ihrer europäischen Förderer, StudienVerlag, Innsbruck-Wien-Bozen, 2008. Broder, Henryk M.: Hurra, wir kapitulieren! Von der Lust am Einknicken, Verlag Wolf Jobst Siedler jr., Berlin 2006. CONFERENCIA INTERNACIONAL: A AMEAZA IRANIANA – A república islámica, a loita de Israel pola súa existencia e as reaccións europeas. (Unha crónica desde Viena, 3ª e última parte) Nesta última parte ofrecemos un esbozo dos contidos que se trataron ao longo da segunda parte desta Conferencia Internacional no domingo día 4, e onde interviron de xeito especial, tanto desde o público como desde a palestra, representantes do exilio iraniano. A cuarta mesa de traballo tiña por título “As relacións austro-iranianas e o pasado nacionalsocialista”, moderada por Michaela Sivich, colaboradora da iniciativa “Stop the bomb” e o colectivo “Cafe Critique”, e encetou o tema o coñecido autor e poeta vienés Robert Schindel coa leitura dun suxerente texto en clave literaria baixo o nome de “A memoria austríaca”. Con orixinalidade e humor, desgaxando a súa intervención en diferentes epígrafes algo elípticos, o escritor referiuse á Memoria como un elemento que non se prodigaba demasiado no “habitus” da cidadanía austríaca e identificou aos austríacos e aos xudeus (por diferentes motivos) como os “campeóns mundiais” da Memoria. Así mesmo, analizou o significado e o valor desa “capacidade da Memoria” para a comunidade xudía en Austria ao longo dos anos, como un escudo contra a opresión e a humillación, contra o “silencio xeral”, dixo, que se producira aquí despois da Shoah. De xeito crítico e provocador definiu o antisemitismo como quizais a única constante en cada expresión vienesa e austríaca ao longo da Historia e como colofón tivo palabras de alento e lembranza para Israel, lembrando que “afortunadamente” era posíbel agora celebrar o seu 60 aniversario. Tomou seguidamente a palabra o Sr. Hiwa Bahrami, en representación do Partido Democrático do Curdistán Iraniano, cunha charla que tiña como título “A política austríaca de apaciguamento”, para falar da represión das minorías no Irán, centrándose especialmente na exercida contra o seu pobo, o curdo, e criticar a política permisiva do gobernos austríacos e os contactos destes co rexime iraniano. Bahrami lembrou que no Irán existen cinco diferentes nacionalidades, que viven nunha situación de persecución e negación dos seus dereitos e afirmou tamén que o programa nuclear non é o único problema do rexime dos mullahs, senón que o terrorismo de Estado contra os opositores e os disidentes é un feito presente e de dimesións dramáticas. A este respeito, fixo mención, por exemplo, aos asasinatos que se cometeron contra representantes do seu partido por parte de elementos dos servicios secretos iranianos en Austria e Alemaña (anos 89 e 92), asasinatos que, na súa altura, se presentaron por parte de certos medios de comunicación europeus como “simples axustes de conta” entre membros do exilio curdo.
  13. 13. A seguir, fixo un recordatorio das relacións entre os dous estados (Irán e Austria), que xa eran moi intensas no plano económico durante o mandato do Sha (o cal definiu como “rexime chauvinista”). Esta “tolerancia” coas prácticas represivas do rexime iraniano ten sido constante en todos os gabinetes austríacos, sen que cesase nunca a cooperación comercial e mesmo intensificándose durante os últimos anos do goberno dos aiatollahs. As relacións económicas de Austria con Irán son nestes momentos as máis importantes de Europa, xunto coas de Alemaña e Italia, lembrou, denunciando que esta política supón un aval e un suporte económico para o rexime de Teherán, ao que o sr. Bahrami definiu como “unha teocracia islamista, fanática e criminal”. Así mesmo reprobou con firmeza o antisemitismo ameazante de Ahmedinejad, afirmando que o pobo curdo non ten problema algún en convivir coas comunidades xudeu-iranianas e co pobo de Israel, o cal era mesmo un modelo para eles como sociedade avanzada, próspera e dotada de institucións democráticas. O lector do Instituto de Ciencias Políticas de Viena, Stephan Grigat, foi quen concluiu esta rolda de intervencións coa palestra titulada “A amizade austro- iraniana – política exterior no postnazismo”. Grigat centrou a súa exposición na crítica á política de cooperación e apaciguamento co islamofascismo, nunha fase que denominou como de “normalidade postnazi”. Ocupouse de describir os acordos que OMV prevé fechar co rexime iraniano, negocios que o propio xornal “Der Standard” cifra nuns 22 mil millóns de euros, convertindo deste xeito a Austria no principal parceiro comercial do Irán. Así mesmo referiuse á política de relativismo e de dobre linguaxe exposto en medios de comunicación e políticos e levado a cabo de xeito estratéxico polo propio goberno actual de Gusenbauer. Por parte da prensa, Grigat criticou a postura de certos medios que minimizan e tildan de “simple paranoia anti-iraniana” os avisos ante as ameazas de Ahmedinejad; a respeito da política, referiuse ao goberno actual, que é capaz, ao mesmo tempo, por exemplo, de acudir a Israel para participar e colaborar na inauguración dun monumento de lembranza coa comunidade de pensionistas xudeus de orixe austríaca en Israel e fortalecer os vínculos comerciais e políticos cun rexime que proclama abertamente a aniquilación deste país. A especificidade do caso austríaco, segundo o conferenciante (a diferencia de Alemaña, por exemplo) é que os acordos se desenvolverían unha plano máis sólido e ao longo de prazos máis longos co goberno de Teherán, dos cales os da OMV son os expoñentes máis evidentes. Por último, puso en cuestión (nun nivel teórico) a “soberanía” do Estado Austríaco ao non ser quen de se desvincular do seu pasado e de prolongalo por outros medios e vías, situación que para Grigat se podería considerar como de “postnazismo”, tal e como nos referíamos anteriormente. A última parte da Conferencia, a quinta mesa de traballo, levaba como título “A necesidade dun novo antifascismo”, onde falou, en primeiro lugar, o profesor Jeffey Herf, historiador da Universidade de Maryland, quen se ocupou de expor e defender a idea do desenvolvemento dun novo antifascismo. Caracterizou este conceito (o de antifascismo) como algo cuxa tutela lle fora outorgada principalmente ao pensamento comunista (III Internacional), mais agora
  14. 14. atopámonos nun segundo grande momento da Historia mundial contemporánea onde o antisemitismo continúa a ser un importante factor: o momento do auxe do islamismo radical. Así pois, Herf apelou á necesidade de ter presente en todo momento a lembranza da Shoah e de non restrinxir este discurso a un eurocentrismo, xa que agora os que argumentan o seu antisemitismo xá non están só en Europa. Contodo, este novo escenario político, aínda que lonxe da Europa, se alimenta de moita da vella retórica nazi europea, dándose mesmo con frecuencia unha colaboración entre este islamismo e o vello nazi-fascismo de sempre. Xunto co anterior, trazou unhas liñas xerais de cómo podería ser construído ese novo antifascismo: desde principios democráticos, liberais, mediante a educación e a loita contra a difamación e o maniqueísmo (caso da política exterior americana, por exemplo, ainda que o propio Herf se mostrase crítico con certas actitudes do seu país nesta materia), evitando a criminalización de todo o mundo musulmán, mais sendo conscientes tamén de que as ameazas do Irán son reais e de que unha posición de “neutralidade” das democracias liberais perante o islamofascismo sería algo absurdo. Seguidamente tomou a palabra o representante do Partido Verde Iraniano no exilio (EE.UU) Kayvan Kaboli, quen se ocupou de describir as características dos rexime dos mullahs iranianos, as cales o definen de maneira inequívoca como un rexime de feitura fascista, segundo sostivo. Kaboli argumentou a sua análise no feito do Irán ser un rexime onde a ferocidade, brutalidade e represión contra a súa poboación civil é xeral. Citou como exemplo a vaga de asasinatos sistemáticos e indiscriminados que no ano 1987 tiveron lugar en diferentes prisións iranianas. O control da poboación exércese por medio dunha mistura entre un forte nacionalismo e un clericalismo islámico que asolaga todas as esferas da vida civil e política. Outro trazo que apoiaría esta definición é o expansionismo territorial non disimulado por parte do rexime, dotado dun exército numeroso con soldados preparados para a acción en calquera momento. O político iraniano criticou iguamente a falta de realismo que, con frecuencia, se daba en Europa á hora de analizar o problema e instou á creación dunha coalición antifascista, incluindo o exilio iraniano como camiño para tentar deter o rexime fundamentalista do Irán. Dun xeito moi elocuente, claro e ameno, interviu Thomas von der Osten- Sacken, analista político e director de Wadi e V. de Alemaña. Este xornalista con experiencia en zonas de conflicto bélico, nomeadamente Oriente Médio, comezou a súa exposición afirmando que o simple conceito de “fascismo” non definiría exactamente este tipo de rexime e que sería mais apropiado aplicar o de “islamo- nazismo”. Xustificou, esta aclaración, entre outros motivos, na presenza de elementos comuns, tales como a “”masa”, central para el, a figura da “masa”, da “masa de poboación”, que como no nazismo, se situa detrás dun programa de destricción masiva, neste caso nuclear, amparándoo, dándolle o seu apoio. Ao igual que o profesor Herf, abogou pola necesidade urxente de afortalar un frente antifascista, tomando como modelo o de Churchill-Rooselvet-De Gaulle no contexto da 2ª Guerra Mundial, unha fronte de tipo democrática e liberal e criticou con agudeza o relativismo cultural que imperaba na maioría do actual denominado “antifascismo”, o cal sempre formulaba respostas do tipo “é que é a
  15. 15. súa cultura...o seu xeito de ser, a súa historia...”, á hora de acometer a crítica de reximes como iraniano. Nese sentido, engadiu que non se podían pór en cuestión dereitos básicos, elementais para calquera comunidade humana, sexa cal for a súa etnia, relixión ou orixe e expuso unha proposta programática que recollería varios puntos fundamentais, proposta que sería necesaria levar a cabo nas sociedades do Oriente Medio para superar a actual situación. Serían os seguintes: • Democratización dos países e dos individuos en toda a área. • Radical secularización, fin da sharia. • Cambios nas estructuras económicas deses países, ancoradas unicamente na dependencia do petróleo, o cal perpetúa reximes que exercen o seu cargo de xeito arbitrario. • Dereitos para minorías e culturas oprimidas. • Emancipación das mulleres e igualdade de dereitos entre homes e mulleres; dereitos para os homosexuais. Puxo o colofón a esta interesante, suxente e, ao entender, moi necesaria Conferencia Internacional, a xornalista Simone Dinah-Hartmann, como voceira da iniciativa “Stop the Bomb”, organizadora principal do evento. A leitura do seu discurso lembrou a orixe desta plataforma cidadá, agradedecendo os numerosos apoios que recibira por parte de intelectuais (como a escritora austríaca Elfriede Jelinek, por exemplo, Premio Nobel de Literatura), mais tamén por todo tipo de cidadáns (estudantes, pensionistas, traballadores, membros do exilio iraniano, das comunidades xudías, etc...) e fixo unha síntese de moitos dos asuntos tratados ao longo deses dous días. Denunciou a banalización do Holocausto que se realizaba con argumentos abertamente antisemitas desde o os países islámicos e mesmo desde sectores da sociedade europea e referiuse á dobre estratexia escenificada por políticos en Europa co rexime de Irán e con este tipo de goberno teocráticos. Neste sentido, citou o actuar líder do FPO, o ultradereitista Strache, quen por unha banda realiza campañas en toda Austria de xeito populista, como foi o caso de “Daham statt Islam” –un xogo de palabras que vén significar algo así como “No fogar en lugar de Islám”-, mentras que por outro apoian o rexime dos mullahs sen maiores problemas. Instou a que a sociedade e todos gobernos democráticos tomasen moi en serio as ameazas do presidente iraniano, xa que non está só en xogo a existencia mesma de Israel, senón da estabilidade e seguridade internacional en xeral e animou a continuar difundindo a campaña “Stop the bomb”, para denunciar a situación interna do Irán e as amezas contra Israel e para que o goberno austríaco finalice os seus acordos económicos e políticos co rexime de Mahmud Ahmedinejad. (Ilana Steiner e Carlos Penela) - Asina e difunde: www.stopthebomb.net

×