Empresarias xubiladas actualizado-7febreiro12_ok

1,127 views

Published on

Porque... ¿a qué se dedicaban as mulleres?

Published in: Business
0 Comments
0 Likes
Statistics
Notes
  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

No Downloads
Views
Total views
1,127
On SlideShare
0
From Embeds
0
Number of Embeds
5
Actions
Shares
0
Downloads
4
Comments
0
Likes
0
Embeds 0
No embeds

No notes for slide

Empresarias xubiladas actualizado-7febreiro12_ok

  1. 1. PROXECTO DE INVESTIGACIÓN E RECUPERACIÓN DA MEMORIA HISTÓRICA DAS EMPRESARIAS NA PROVINCIA DA CORUÑARealizado por:Isabel IglesiasConsultora e escritoraEnderezo electrónico: isabel@enpalabras.comPara a:Federación Provincial de Asociacións Comarcais, Empresariais, Profesionais eEmprendedoras (FEDACEPE) 2
  2. 2. Índice Introdución ………………………………….….……………..….... 4 Contexto e metodoloxía ……………………………….…….…. 7 Antecedentes inmediatos ……………………….…………... 15 Empresarias xubiladas …………………..…….....…………. 58 María Luísa Cruceiro Seoane …………….......……....… 60 María Lavandeira Maceiras …………......…….….....…. 65 Consuelo Ramos López ……………….…………….....……… 69 Juana Permuy Vilasuso ……………………….….……....…… 74 Tasdina Pisonero Ramos …………………………...…....…. 78 Ángeles de la Iglesia Daviña …………….…………….....… 82 María Teresa Vidal Gallego …………………….….……..... 88 As historias das pioneiras ............................... 93 Empresarias universitarias ............................ 114 As emprendedoras da USC: WomanEmprende ...... 132 3
  3. 3. INTRODUCIÓN En 1999, un periódico local sorprendeu á presidenta da Asociación deEmpresarias da Coruña co recordatorio dos 25 anos transcorridos dende acreación da asociación. Eu acababa de integrarme, máis ben de serabducida pola súa presidenta xa que, a pesar da miña traxectoria laboralcomo traballadora por conta propia e de ter procurado integrarme enorganizacións empresariais, non coñecía as de empresarias. A noticia do xornal propiciou, loxicamente, un acto público na Cámarade Comercio da Coruña, organizado en torno á homenaxe a cincoempresarias de longa traxectoria na asociación. Pero, faltaba algo... Coacomplicidade dalgunhas empresarias, e de costas á presidenta, decidimosrealizar unha publicación conmemorativa da memoria histórica daasociación. Visto dende fóra, e máis co transcurso do tempo, hai que recoñecerque o resultado foi máis ben modesto porque, das dificultades queinicialmente fomos quen de prever, como o necesario segredo para pedirdedicatorias a persoas representativas ou o financiamento, a peor, sendúbida, foi a de conseguir os datos e o material gráfico, pois resultou quetoda esa memoria histórica só estaba na cabeza da presidenta e en fotospersoais espalladas (e non sempre ben conservadas) que era necesariocohesionar. O necesario engano temporal para sorprendela nos custou algunhabronca e moitas suspicacias, pero o conseguimos. E teño que dicir que a súareacción, cando lla entregamos, causounos bastante decepción, porque casenin a mirou. Poren, co paso dos anos, a teño visto máis dunha vez repasar aspáxinas con emoción disimulada e recorrer a ela cando precisaba presentare avaliar a traxectoria e o traballo realizados. 4
  4. 4. Aquel primeiro esforzo de recompilación non tivo continuidade, pero sicumpriu unha misión importante: facer visíbel unha carencia que, algún día,habería que emendar. Cando en 2005 me integrei de novo na Asociación de Empresarias, aorganización fórase profesionalizando coa incorporación de persoal técnico.No entanto, no ámbito do recoñecemento público, todo seguía máis oumenos igual. En 2007, con ocasión da celebración do Día Internacional daMuller Traballadora, a Vicepresidencia da Xunta de Galicia apoiou apublicación dun libro da catedrática e investigadora Aurora Marco, oDicionario de mulleres galegas. O libro, froito exclusivo da inquedanza e o esforzo da súa autora,recolle, segundo as súas propias palabras, “datos dende as orixes, dende osdatos máis antigos que se coñecen sobre as mulleres, ata 1975. Esta datafoi un punto de partida para a historia das mulleres; a morte de Franco, aproclamación do Ano Internacional das Mulleres, o Decenio de NaciónsUnidas para as Mulleres (1976-1985), a emerxencia do movementofeminista que veu a seguir, o contexto de reformas que supuxo a transiciónpolítica á democracia, marcaron un fito”. E de novo o capricho da historia volveu a colocar en primeiro planoaquela necesidade timidamente iniciada anos atrás porque, entre todas asmulleres interesantes que foron completando as páxinas de Aurora, colouse,de xeito espontáneo, Ángeles de la Iglesia. Sorpresa, orgullo, emoción...Incluso unha certa prepotencia por este recoñecemento repetido einesperado. A presentación deste traballo coincidiu co seu relevo, por iniciativapropia, e despois de máis de 30 anos na presidencia da Asociación deEmpresarias. Un relevo provocado pero difícil de asumir, unha procura denovos camiños que requiría a dura tarefa de ir desprendendo, pouco apouco, as múltiples capas dunha traxectoria persoal longa e intensa. 5
  5. 5. A necesidade de recuperación da memoria ía pedindo paso. Pero oimpulso definitivo veu a principios de 2008, coa exposición “Pioneiras”, naque dende o Servizo Galego de Igualdade se lles rendía homenaxe átraxectoria de 20 empresarias xa falecidas. A colaboración de Ángeles no contacto con familiares dashomenaxeadas marcou o punto de inflexión que deu lugar a este traballo,quizais porque como muller de acción gusta máis de feitos que de promesas;quizais porque o tempo sempre se lle fixo curto, a pesar de que semella tervivido máis vidas que o resto; quizais porque reivindica, para si mesma epara as demais, o dereito a contar en primeira persoa os grandes oupequenos acertos e erros. Ou tamén porque o tempo lle foi dando a certezade que as palabras son un instrumento poderoso. Embarcada no seu novo proxecto asociativo de crear asociaciónscomarcais unidas nunha federación provincial, propúxose homenaxear envida a todas as empresarias xubiladas, e as quería Xa! Pero non era tandoado. A falta de datos, de rexistros, de canles de información, tan sópermitían obter os casos excepcionais que tanto gustan para as reportaxesad hoc. Pero o obxectivo eran as “empresarias de a pé”, cuxa falta deexcepcionalidade non soe merecer a categoría de referenciábel nos canaisoficiais. Houbo que convencela de que o traballo merecía facerse cun certorigor, o que implicaba recursos, sistema, etapas e obxectivos medíbeis.Acordamos, pois, unha primeira fase de contextualización que se podería ircompletando co tempo, a medida que fora creando novas asociaciónscomarcais na provincia da Coruña, xa que esa proximidade faría posíbel ocontacto coas empresarias xa xubiladas. O contexto deste traballo tería que ser “a percepción social e otratamento histórico respecto á actividade empresarial das mulleres”. 6
  6. 6. CONTEXTO E METODOLOXÍA A falta de recursos para acometer o proxecto resultaba unha limitaciónimportante, polo que o primeiro foi establecer fontes de informaciónsecundarias accesíbeis. Así, revisáronse estudos en relación coa actividadeempresarial das mulleres e publicacións de “mulleres célebres” en distintosámbitos. Unha das fontes de información á que recorremos foi a Rede. Dise que,hoxe en día, o que non aparece na Internet, non existe, polo que foi un dosinstrumentos utilizados de forma intensiva. Non obstante, temos queconstatar que, a pesar da aplicación de múltiples criterios e filtros, casenon se puido atopar información relevante para o obxectivo deste traballo.E non deixa de ser lóxico xa que Internet non é senón o espello darealidade, polo que tampouco pode sorprender esta continuación doanonimato que sempre rodeou á actividade económica das mulleres. En canto aos estudos analizados, a meirande parte desenvólvensedende criterios tanxenciais como a precariedade laboral, a conciliación,etc., e sempre referidos, como moito, aos últimos 20 anos, co que apenasse atopa un reflexo da actividade profesional ou empresarial de mulleresempresarias actualmente xubiladas. O que si proba esta carencia é a herdanza de séculos de silencio queaxuda a contextualizar a percepción social e histórica do traballo dasmulleres cobrando sentido, máis que nunca, a diferenciación traballo-ocupación-salario-emprego. De feito, unha das principais conclusións, de carácter cualitativo,refírese á constante omisión, por pudor cando non mal intencionadoesquecemento, respecto a datos que relacionen o traballo e a ocupación dasmulleres co diñeiro, de lexitimar os seus intereses e contribucións 7
  7. 7. económicas incluso cando esta se refería claramente a actividades“extradomésticas” e remuneradas. Esta primeira fase do traballo completouse con algúns casos concretosde empresarias xubiladas e deixouse trazado o sistema metodolóxico autilizar en paralelo ao desenvolvemento das asociacións comarcais en toda aprovincia. Así, deseñouse a metodoloxía e técnicas a utilizar para a continuidadeno tempo deste proxecto de investigación sobre a memoria de empresariasda provincia da Coruña. ENFOQUE METODOLÓXICO DO ESTUDO Investigación Traballo de campo Análise Cualitativo Resultado dos Realización de entrevistas coñecementos semiestruturadas existentes en bibliografías e na Rede Cuantitativo 8
  8. 8. METODOLOXÍA E TÉCNICAS A UTILIZAR NAS SEGUINTES FASES Na segunda fase contactouse, nas cabeceiras de comarca ou nosconcellos, con todo tipo de axentes sociais e institucionais. Nesta etapa o equipo de investigación elaborou unha ficha de recollidade datos para permitir un tratamento equilibrado no final do proxecto. - Repartiuse o espazo xeográfico da provincia para elaborar a relación de contactos co contorno persoal, familiar e/ou empresarial das empresarias obxecto de estudo. Concerto do calendario de visitas. As persoas contactadas para obter a primeira información e alocalización de empresarias xubiladas foron: - Asociacións de empresarios e/ou empresarias - Alcaldías 9
  9. 9. - Museos, centros e entidades culturais - Cronistas oficiais - Medios de comunicación locais Estableceuse unha primeira relación de casos a estudar e xuntouseinformación. Na terceira fase estableceuse unha secuencia de visitas paraentrevistar ás persoas contactadas e obter material gráfico e/ouaudiovisual. Na cuarta fase xuntouse o material recollido e déuselle unhaestructura homoxénea. Deseño e edición dixital do traballo. Relación de comarcas. Ámbito xeográfico definido: Comarcas da provincia da Coruña Arzúa Eume Ortegal A Barbanza Ferrol Santiago A Barcala Fisterra Sar Bergantiños Muros Terra de Melide Betanzos Noia Terra de Soneira A Coruña Ordes XallasPLAN DE TRABALLO Iniciouse coa consulta telefónica e vía web de todos os posíbeiscontactos nas comarcas definidas. Para iso, o primeiro foi restablecer unha relación de contactos a ondedirixirse para recadar información sobre mulleres pioneiras nas comarcas. 10
  10. 10. 1. En primeiro lugar fíxose unha relación dos recursos máis accesíbeis. A estructura da Federación foi a primeira fonte de información. Falouse coas directivas das distintas asociacións e con empresarias asociadas para recoller os datos que puidesen achegar, ben de casos concretos susceptíbeis de seren estudados, ben doutros contactos na súa zona que nos puideron facilitar información. Referidos, estes, a contactos institucionais, de fundacións ou asociacións comarcais, persoeiros ou xente maior con coñecementos da área xeográfica. Todos eses datos foron sistematizados e ordenados.RELACIÓN DE ASOCIACIÓNS DE EMPRESARIAS ACTUAIS - Asociación de Empresarias da Coruña (AECO). - Asociación Comarcal de Empresarias, Profesionais e Emprendedoras da Comarca de Ferrol (AECOFE). - Asociación de Empresarias, Profesionais e Emprendedoras da comarca de Santiago de Compostela (AECOSAN). - Asociación de Empresarias, Profesionais e Emprendedoras da comarca de Arteixo (AECOAR). - Asociación de Empresarias, Profesionais e Emprendedoras da comarca de Sada (AECOSADA). Tamén coa relación de asociacións en proceso de constitución: - Asociación Comarcal de Empresarias de Carballo. - Asociación Comarcal de Empresarias de Betanzos. - Asociación Comarcal de Empresarias de Oleiros. 11
  11. 11. - Asociación Comarcal de Empresarias de Bergantiños.2. En segundo lugar rastrexouse a través da web para anotar todos os contactos posíbeis. http://www.dicoruna.es/dicoruna-direc/servlet/Directorio?id=177 Neste enlace están os teléfonos, e-mail e web de todos os concellos da provincia pero se poden atopar tamén noutros recursos web como o directorio de comunicación da web da Xunta http://guiacomunicacion.xunta.es/ Utilizáronse varios criterios de procura a través de distintos buscadores, tanto xerais, como das institucións. Empezouse polos dos concellos e, destes, polas cabeceiras de comarca. Continuouse polo resto dos concellos de cada área xeográfica. De aquí extractouse a lista de contactos para confeccionar o plano de traballo da seguinte fase. En moitos concellos e comarcas funcionan agrupacións de todo tipo de empresas. De comercio, industria, de polígonos, de zonas xeográficas, podían ser unha boa fonte de información. Unha vez confeccionada a relación de contactos, deuse comezo á comunicación con cada un deles. Simultaneamente elaborouse unha ficha para tratar de que o cuestionario co que se traballase fose homoxéneo para que se puidese extraer toda a información e tratala.3. En terceiro lugar, confeccionada a relación de contactos, comezouse co traballo de comunicación telefónica para ir seleccionando posíbeis casos a estudar. Utilizouse a ficha que anteriormente se indicou. 12
  12. 12. 4. Por último, este foi un traballo de investigación, non un mero traballo comercial. Foi básico, polo tanto, que todo o esforzo e accións que se realizasen quedasen documentadas e relacionadas, tanto a pescuda a través da web, como os contactos telefónicos, etc. Nun traballo de investigación é tan importante o resultado como a referencia metodolóxica empregada. Na seguinte fase comezouse o traballo das entrevistas persoais coasmulleres e/ou coas súas familias e coñecidos. Para iso, coa relación decasos a estudar, fixéronse rutas, de maneira que se puidesen tratar variasentrevistas no mesmo día, todas elas concertadas previamente. CUESTIONARIO 1. LOCALIZACIÓN DE CONTACTOS Utilizouse na fase da procura de casos a estudar. Neste caso non foiun cuestionario ríxido, houbo que adaptalo a cada caso. O máis importante nesta fase foi capacidade de convencemento e deexplicación sobre o obxecto da investigación. Preparouse unha pequenapresentación coas “ideas forza”. Na ficha técnica reflectíase: Nome da persoa que fixo o contacto (entrevistadora). Hora e data do contacto realizado. Medio utilizado: teléfono, fax, correo electrónico, correo postal, entrevista persoal. Fonte de onde se obtiveron os datos. Persoa contactada. Institución á que pertence e cargo que ten. 13
  13. 13. Información que nos facilitou: doutros informadores, de casos a estudar.CUESTIONARIO 2. ESTUDO SOBRE AS MULLERES EMPRENDEDORAS Nome da persoa que fixo o contacto (entrevistadora). Hora e data do contacto realizado. Lugar de realización da entrevista se foi en persoa: domicilio, local institucional, hostaleiro, etc. Medio utilizado para establecer o contacto: teléfono, fax, correo electrónico, correo postal, entrevista persoal. Fonte de onde se obtiveron os datos para o contacto. De ser posíbel, gravación da entrevista. Toma de imaxes, foto ou vídeo. Persoa entrevistada, a súa relación coa muller estudada. Datos que nos proporcionasen e posíbeis novas fontes que nos desen para procurar máis información. Facilitación de imaxes ou documentos antigos (podíase levar un escáner portátil). Localización da muller: lugar, parroquia, concello, comarca. Cronoloxía da muller e da súa actividade empresarial ou profesional. Datos persoais que se nos facilitaran da muller, sobrenome ou alcume. Notas sobre a súa experiencia. Outros puntos a ter en conta. 14
  14. 14. ANTECEDENTES INMEDIATOS Nesta fase preliminar tivo especial significación a revisión depublicacións sobre mulleres relevantes, especialmente dúas das tres queforon o xerme desta necesidade de recuperación e reivindicación daimportancia da actividade e contribución económica das mulleres: A memoria dos 25 anos de AECO: 25 anos: un punto de partida (Isabel Iglesias). As biografías das “pioneiras” (Servizo Galego de Igualdade). O Dicionario de mulleres galegas (Aurora Marco). Pero foi a revisión a fondo do Dicionario de Aurora Marco o quepermitiu extraer os datos e pistas necesarias para contextualizar apercepción social e histórica das empresarias. O inxente traballo realizadopola autora abarcou a localización de fontes e datos, pero o resultadoamosa a necesidade de sistematización que servirá para o establecementode futuras liñas de investigación e estudo. 15
  15. 15. Pero este percorrido alfabético, que abarca dende o s. X ata os alboresda democracia, si permiten salientar algunhas cuestións de relevancia ereferencias de mulleres que foron empresarias aínda que o contextohistórico pretendese esquecelo. Porque... a que se dedicaban as mulleres? As mulleres destacaron nos deportes como xogadoras de balonmán,fútbol, hóckey. Foron nadadoras e atletas. Destacaron e constituíron na cultura e nas artes como escritoras,actrices, pianistas, compositoras, ceramistas ou cantantes. Realizaron labores de excepción nun dos poucos ámbitos que a historialles permitiu como relixiosas, misioneiras ou filántropas. Contribuíron coa súa loita, sufrimento, e incluso coa vida, na procuradas liberdades como guerrilleiras, sindicalistas, revolucionarias, libertariasou milicianas. Axudaron ao benestar social como curandeiras, polo que na maiorparte dos casos foron perseguidas, rexeitadas publicamente, torturadas eaniquiladas por bruxas. Influíron na educación como mestras, na loitademocrática co seu activismo político, social e cultural. A pesar do seu afastamento dos ámbitos económicos, foron fundadorase cofundadoras de escolas, de institucións para nenas, de mosteiros,capelas, igrexas, colexios–seminarios e institucións asistenciais. Estudaron por libre, con brillantes resultados académicos, e foronimpulsoras e organizadoras de actos, compañías de teatro, exposicións (casesempre con fins recadatorios). Se hai unha conclusión obvia é que, fronte á inmensa capacidade detraballo e superación que se desprende da lectura detallada deste 16
  16. 16. Dicionario hai unha carencia absoluta de referencias ao seu medio de vida,como se a maior parte planearan nun escenario de ausencia de necesidadese por tanto de relacións económicas, ou como se este tipo de datos“afeara” o dereito á súa recuperación. De feito, a pesar de que si se conseguiron datos e referencias demulleres con actividade empresarial (en maior ou menor medida), esto nonfoi considerado como un apartado relevante nos Apéndices finais do libro. O certo e que, a pesar dos atrancos e as dificultades, as mulleres levanséculos exercendo e participando nas actividades produtivas, sendo actorasda súa supervivencia, contribuíndo a xerar riqueza e emprego. 17
  17. 17. Índice dos Apéndices finais - Abadesas, prioras, subprioras, vigairas e procuradoras dalgúns conventos femininos. - Mulleres nas artes plásticas. - Socias e data de admisión no Centro Galego da Habana. - Socias en Solidariedade Pontevedresa. - Participación en congresos, exposicións, colonias escolares (derradeiro terzo do s. XIX e comezos do s. XX). - Galegas pensionadas pola Junta para Ampliación de Estudios e Investigaciones Científicas e pensionadas polas deputacións provinciais para ampliar estudos fóra de Galicia (artes plásticas). - Mestras que colaboraron nas Misións Pedagóxicas na Coruña e Pontevedra (1932-1933). Relación de escolas e temas desenvolvidos nas conferencias. - Relación de mulleres que traballaron en Galicia nas delegacións de ministerios. Ano, lugar e destino. - Mulleres nas directivas de asociacións. - Mulleres nas xuntas directivas dos sindicatos, - Mulleres nas organizacións políticas. - Manifestos. - Fusiladas, falecidas en cárceres, inhabilitadas, sancionadas, represaliadas tras o levantamento militar de 1936. 18
  18. 18. Este apéndice reflicte o que en realidade é o obxectivo principal dolibro, aínda cando se pretende salientar o silenciado labor das mulleres nosámbitos saen á luz os artísticos, culturais, político - sociais, filantrópicos,etc., pero non a cuestión económica, como se o diñeiro fose un problemaalleo do que non se tiñan que ocupar. Non obstante, na revisión detalladade todas e cada unha das biografías, si atopamos suficientes exemplos quepermiten aproximar unha visión diferente e axeitada aos obxectivos desteestudo. Entre as fontes citadas no libro de Aurora Marco destacan as iniciativaslocais que van xurdindo para paliar este “ninguneo” histórico, como apublicación Mulleres significativas de Camariñas e o labor de historiadorescomo Carlos Pereira ou Xosé Ramón Barreiro. Destacamos especialmente o “descubrimento” do Catastro deEnsenada, ordenado polo rei Fernando VI a proposta do seu ministro omarqués de Ensenada, que en 1749 realizou unha minuciosa investigación agran escala nun amplo territorio, e que incluía datos de habitantes,propiedades territoriais, edificios, gandos, oficios, rendas..., incluíndo oscensos e, incluso, características xeográficas de cada poboación. As respostas xerais consérvanse en diversos arquivos estatais. OArquivo Xeral de Simancas custodia a copia compulsada completa dascontestacións das 13.000 localidades da Coroa de Castela. Razóns depreservación levaron a iniciar o proceso de microfilmación. A informaciónsobre este rexistro está recollida nunha web específica do Ministerio deCultura. 19
  19. 19. Con todo, volvendo ao Dicionario de Aurora Marco, podemos extraerdatos de interese e pistas que nos falan de como as mulleres seresponsabilizaban da supervivencia propia e a das súas familias, se ben istonon quer dicir que as mulleres que se dedicaban ás artes, á cultura, aodeporte ou á ciencia non cobraran polo seu traballo, só que non nos consta. Como veremos na relación que se inclúe a continuación, aparecenmulleres xa sobradamente coñecidas pero tamén, e é a parte que máisinteresa neste caso, moitos oficios “de mulleres” que a evolución histórica eeconómica fixo desaparecer e ninguén se encargou de recuperar. Veremos como moitas mulleres se gañaban a vida como oleiras, sobretodo en Lugo e Ourense, ata que o plástico, a folla de lata e a construciónda vía férrea por onde estaban as barreiras, acabaron co oficio. Ou, nosanos da fame, as estraperlistas, destacan especialmente na zona de 20
  20. 20. Redondela, xogábanse a vida, xa que esta arriscada actividade podía derivar en xuízo por rebelión e condena a morte. Coa selección aquí presentada preténdese, en todo caso, poñer o acento nunha visión económica da actividade das mulleres, incluso en épocas en que non só a tradición, senón a lei, nos prohibían todo tipo de actividades. Nome e páxina do Descrición libro Impresora do s. XIX. Sucedeu no negocio ao seu home en 1845 na Imprenta Pintos, en Pontevedra. Dos seusCarmen Anciles (29) obradoiros saíron obras como El aviador, El circulador, e obras de Claudio González Zuñiga Prateira do s. XVIII. Fíxose cargo do negocio ao enviuvar e tivo que acudir aos tribunais contra outro prateiro que lleFrancisca Andrade (29) quería roubar o negocio. Gañou pero a cambio de contratar a un oficial que lle levaba a metade das ganancias. Acosada pola lei por ser filla do famoso Foucellas, tivo queJosefa Andrade Pérez (29) marchar a Francia. Cando volveu para España rexentou un negocio de lambetadas. Tallista, oleira e canteira. Escritora popular autodidacta. Dende moi nena coidaba o gando, traballaba no campo,Asunción Antelo Suárez fiaba o liño. Destacou a súa obra escrita pero tamén(“a rexoubeira de traballou o barro, a madeira ou a pedra. Con 80 anos,Bergantiños”) (30) concorreu ás eleccións municipais do concello de Coristanco na candidatura do PSOE cun posto honorífico.Antonia da Costa (31) Oleira de comezos do s. XX. Castrelo de Miño (Ourense).Ánxela “a de Ramón” (31) Oleira de comezos do s. XX. Castrelo de Miño (Ourense). Unha das moitas mulleres de Pontevedra que no ano daAna Araújo (31) fame (1941), na posguerra, traballou como estraperlista. Igual cá anterior, unha das moitas mulleres de PontevedraDolores Araújo (31) que no ano da fame (1941), na posguerra, traballou como estraperlista. 21
  21. 21. Destacou, como moitas mulleres na zona de Redondela, polas accións humanitarias na posguerra. Especializouse noCandelaria Araújo “estraperlo de calidade”: alcohol para farmacias,Martínez (32) penicilina para médicos... Muller de auténtico sentido comercial que aproveitaba as visitas ao home preso para levar e traer mercadorías. Curandeira e adiviña (1865-1938). Foi unha das grandes precursoras da medicina naturalista. Á súa casa acudíanFilomena Arias Armesto xentes de toda Galicia, Castela e Portugal. Non aceptaba(“a meiga de Torbeo”) cartos, só agasallos. A pesar do seu altruísmo foi(37) desterrada por acusacións de posesión do crego e foi enterrada nunha fosa común. Dende o ano 2000 foi homenaxeada en diversas ocasións. A Coruña, 1921. Artista e empresaria. Estudou Belas Artes contra a negativa do pai e por libre. Co- fundadora co seu home, Isaac Díaz Pardo, do proxecto de Cerámicas doCarmen Arias de Castro Castro e fíxose cargo da fábrica cando Isaac marchou a(38) montar a empresa en Arxentina, a onde logo se incorporou para decorar as porcelanas e formar ás novas alumnas. Foi a artífice da decoración da cerámica de Sargadelos e da nova especialidade: as xoiasMª Cesárea Arias Delgado A primeira muller que exerceu a avogacía na Coruña(39)Carmela Arias y Díaz de A Coruña, 1920. Vida sobradamente coñecida, destacarRábago (“Condesa de que, pouco antes de casar co seu tío, Pedro Barrié de laFenosa”) (39) Maza, constituíu con el a Fundación Fenosa. Á morte do home, continuou o seu traballo converténdose en empresaria e sendo a primeira muller que ocupou a presidencia do consello de administración dun banco (Banco Pastor). Destaca o seu labor de mecenado a partir de 1992 para impulsar grandes proxectos empresariais a través dun convenio coa Xunta de Galicia. Actualmente é presidenta de honra do Banco e da Fundación e posúe importantes distincións de importantes institucións.Elena Arregui Cruz-López Irún, 1929. Xubilouse en 2000. Arquitecta e galega de(41) adopción, contribuíu a modernizar e renovar a arquitectura galega. Traballou co home pero tamén en solitario: escolas, hospitais, centros de saúde, casas de verán. Representou aos arquitectos e arquitectas galegas no Consello Directivo da Irmandade Nacional de Arquitectos. Foi a primeira presidenta da Subdelegación de Arquitectos de Santiago de Compostela e tesoureira do Colexio Oficial 22
  22. 22. de Arquitectos de Galicia. En 2003 foille outorgada a Medalla Castelao pola Xunta de Galicia. Administradora da revista Cenit da Habana, que saíu conRosa Artiles (42) carácter mensual dende 1938 a 1960. (Non obstante, os beneficios dedicábanse a fins benéficos). Comarca de Bergantiños (1906-1995). Poeta popular, casada cun patrón de lanchas de transporte polo río Anllóns e que, con oito fillos, tivo que axudar á economíaMaría Baña Varela (48) familiar e igual vendía peixe polas aldeas que froita nos portos que traballaba de xornaleira. Aprendeu a ler por si mesma e foi quen de pasar ao papel os poemas propios que gardaba na memoria. Camariñas, 1931. Parteira máis de 30 anos. Casada cun mariñeiro e nai de nove fillos, traballou ademais nas conserveiras, e empacou peixe no porto. Era tan boaMaría Barcia Gerpe (51) parteira que o médico lle ofreceu traballo e ela se encargaba dos partos máis complicados, polos que percibía tres mil pesetas. Logo volveu traballar en solitario. Mulleres significativas de Camariñas. Pontevedra, s. XVI. Almirante pertencente á nobreza galega. Extremadamente culta. Xunto co home, realizou perigosas expedicións nas que descubriron novosIsabel de Barreto (52) territorios. Á morte do home en plena travesía, púxose ao mando de catro navíos, apagou varios intentos de rebelión e chegou ao porto de Manila en febreiro de 1556. Armadora de Cangas nas primeiras décadas do s. XX.Luz Bastos García (53) Copropietaria coa nai e irmás. Armadora de Cangas nas primeiras décadas do s. XX.Virginia Bastos García (53) Copropietaria coa nai e irmás. Ferrol, 1937-Madrid, 2001. Unha das tradutoras máis prestixiosas con máis de cen obras de escritores franceses e italianos (Italo Calvino, Moravia, Xulio Verne, Zola, Pavesse, Mupassant, Bocaccio, Pasolini... Destacou pola defensa do recoñecemento da propiedade intelectual naEsther Benítez Eiroa (55) súa profesión, polo seu recoñecemento social e público e pola capacidade para equiparar a tradución coa creación orixinal. Fundou o Centro Español de Dereitos Reprográficos, onde traballou ata 1999 e desempeñou os cargos de secretaria e presidenta da Asociación Profesional Española de Traductores e Intérpretes. En 1983 fundou a Sección Autónoma de Traductores de Libros de la 23
  23. 23. Asociación Colegial de Escritores, que presidiu. En 1978 recibiu o Premio Nacional de Traducción Fray Luis de León e tamén galardoada co Premio Nacional de Traducción. Foi a coordinadora do Diccionario de traductores.Joaquina Bermúdez Novas Armadora de Cangas nas primeiras décadas de século.(56) Asumiu a propiedade á morte do home. Oleira. Ourense, comezos do s. XX. Muller loitadora que facía longas camiñadas polas aldeas das comarcas paraBibiana “do Bolo” (57) trasladar os productos que construía e trocaba logo por alimentos. Camariñas, 1927. Unha das primeiras percebeiras. Empezou dende moi nena para cambiar por comida ou queHerminia Blanco Mouzo vendía a unha comercianta deste marisco (Libertad Tajes).(“Herminia de Laso”) (58) Aos 43 anos, viúva e con sete fillos, seguía desempeñando este traballo ata a década dos 90. Mulleres significativas de Camariñas.María Jesús Blanco Piñeiro Arquitecta. O Carballiño. Realizou a casa Vilar das Tres, no(59) Carballiño, e rehabilitou tamén a Casa da Cultura.Blasinda “da Fonte” (60) Oleira. Castrelo de Miño, comezos do s. XX. Autora da investigación Orígenes de la notaría: notarios deEmilia Bouza Álvarez (61) Santiago de Compostela de 1100 a 1400, en 1960. Dedicouse ao comercio de encaixe en Pontevedra a finaisMichaela de Boxas (62) do s. XVIII, unha época na que o oficio de palilleira ocupaba a 320 mulleres, segundo o Catastro de Ensenada. Actriz, pianista, cantante e declamadora, foi distinguidaEnriqueta Brandón Paseiro cun premio Ondas. Recentemente homenaxeada no 75(62) aniversario da emisora Radio Coruña (EAJ41). A Coruña 1880–1948. Pedagoga e escritora. Profesionalmente exerceu a docencia e a Escola Normal Superior de Mestras da Coruña, que posteriormente dirixiu.Celia Clara Daniela Simultaneamente, seguiu co seu labor investigador noBernardina Brañas y campo da física, química, mineraloxía, botánica eFernández Miranda (63) xeoloxía, do que existen referencias. Non foi empresaria, pero chegou a dirixir a Escola Normal Superior de Mestras da Coruña. Santiago de Compostela, 1889–1993. Pintora que, como nonJuana Brocos Tarrío (65) podía vivir da pintura, solucionou as súas necesidades económicas dando clases na Sociedade Económica de 24
  24. 24. Amigos do País. Axudou a moitas pintoras. S. XX. Menciñeira: botaba as cartas, facía curas e daba“Bruxa de Pías” (66) menciñas feitas por ela.Bruxa de Ponteareas (“a S. XX. Curaba a loucura utilizando unha estola e un libro doCarrasca”) (66) Ciprianillo, segundo Víctor Lis. Merceira de encaixes. Noia, a mediados do s. XVIII.María Buceta (67) Tiraba de beneficio ao ano 150 reais (Catastro de Ensenada). Con sólida formación, que adquiriu por libre, como mestra e autora de maxisterio, peritaxe mercantil, filosofía e letras ademais de piano e solfexo, fundou o colexio Rosalía de Castro, de Vigo. O libro dos nenos. Ten unha importanteAntía Cal Vázquez (72) produción en libros para nenos. Recibiu homenaxe da facultade de Ciencias da Educación de Santiago de Compostela e a súa vida e obra está recollida na publicación Mulleres e educación en Galicia.(dona) María de Calo S. XVII. Unha das poucas mulleres da súa época queTemes (74) encargou contratos de obras artísticas. S. XIX–XX. Dedicada á industria do liño, posuía dous teares.Esclavitud Calvo (74) Ela e Asunción Castro foron as únicas que tributaron no concello en 1893 como industriais do ramo.Josefa Camiña Vizoso (77) S. XX. Armadora de Cangas.María Camiño Pérez (77) S. XX. Compoñedora de ósos. Santiago de Compostela, 1924. Fundadora do Ballet Gallego en 1956, o cal pasou a depender entre 1970–1990María Victoria Canedo (79) da Deputación da Coruña e dende 1990 está integrado no IGAEM. Taboada, Lugo, 1934. Investigadora, doutora en Farmacia e licenciada en Químicas. Segue traballando e é doutora ad honorem do ConselloMaría Tarsy Carballas Superior de Investigacións Científicas (CSIC). En 2006 foiFernández (80) nomeada presidenta do Consello Asesor de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia da Consellería de Innovación e Industria. Autora de libros, capítulos de libros, artigos en revistas españolas e estranxeiras, traducións de libros científicos, e un número considerábel 25
  25. 25. de documentos científico–técnicos non publicados. Camariñas 1900–1985. Unha das primeiras redeiras deAvelina Carballo Carballo Camariñas. Tamén facía traballos de palillo para vender(81) nas feiras ou a outras mulleres, que os distribuían por Galicia e fóra dela.Manuela Carballo Mouzo Ponte do Porto, A Coruña 1877–1947. Primeira comerciante(82) de encaixe de Camariñas. S. XX. Propietaria dunha empresa dedicada ao transporteLorenza Casal Suárez (86) regular de viaxeiros, con matrícula industrial en 1902 (carruaxe levada por dous cabalos). Impresora de fins do s. XIX. Rexentou a imprenta deCándida Casas (90) Perrote e Romero á morte do seu marido.Asunción Castro (96) S. XIX–XX. Industria do liño en Santiago de Compostela. Ceramista que conseguiu elevar a cerámica, un medioElena Colmeiro (111) considerado artesanal, á categoría de escultura. S. XVIII. Pode considerarse unha auténtica empresaria agrícola.Tiña unha explotación na zona de Santiago de Compostela de 93.201 metros cadrados, que contiña terrasRosa de Combarro (112) de labradío, herbal, toxal, xestal e monte. Tiña dous bois, dúas vacas, dous tenreiros, vinte e nove carneiros e dous porcos.Concepción “a Cacheira” Oleira. Unha das moitas mulleres dedicadas a este oficio(112) que comezou no s. XX.Teresa Cordido (115) Taberneira. Emigrante. Montou negocio propio e foi fundadora doCarmen Cornes (116) movemento das Nais da Praza de Maio.Antonia Cortiñas (120) Oleira e vendedora nas feiras.Marinha Crespa (122) Soldadeira medieval (vellice).Lola Dapena (128) Sombreireira da Coruña. No Catastro de Ensenada da xurisdición de Noia, de 1752,Jerónima Díaz (130) figura como mestra de nenos cun beneficio de 500 reais anuais e 100 como merceira de encaixes. Vencellada á actividade comercial en Santiago deJosefa Mª Díaz (130) Compostela como mercadora de libros. 26
  26. 26. Propietaria dun barco en Noia. En 1752 só tres mulleresMª Francisca Diéguez aparecen matriculadas entre 15 homes como donas de(133) barcos destinados exclusivamente á pesca. S. XVIII, 1753. Propietaria dunha dorna (papel secundarioDominga Dobal (135) na economía da zona).Francisca Domínguez Propietaria de dorna.(137)Juana Domínguez Núñez Taberneira (Nador) e centro de auxilio social.(137) S. XIV. Participación destacada na construción eDona Maior (137) explotación de barcos. Zanfoneira pontevedresa que chegou coa súa arte ata RusiaMaría Doval (139) (regaloulle a zanfona a Faustino Santalices). S. XI. As súas accións traspasaron o ámbito doméstico proxectándose a outras esferas: económica, política e relixiosa. Rango social elevado (título de “domina”), dispuxo segundo a Lei gótica, sobre os bens que posuía. Aparece como coasinante en documentos que teñen queIlduara Eriz (143) ver coa administración de xustiza e participou directamente no exercicio do poder político. A pesar de ter actuacións relevantes que a igualaban ao papel dos homes, ao final colaborou en actuacións regresivas da Igrexa que supuxeron un retroceso para as mulleres.Mariana Estévez (147) Mercadora de viños.Encarnación Fernández Oleira, torneira e escultora.(156) Impresora, ao fronte da empresa de 1908 a 1931 daFelisa Fernández (156) Imprenta El Regional, de Lugo, á morte do pai. S. XVIII. Moi vinculada ás actividades pesqueiras.Josefa Fernández (157) Propietaria de lancha.María Fernández (157) S. XVIII. Propietaria de lancha. Farmacéutica. Das primeiras mulleres en ter farmaciaAntonina Fernández propia e traballou no Ministerio de Sanidade ata que tivoArmesto (158) que emigrar.María Pita (“Mayor Venda do viño que colleitaba, exportación de mulas eFernández de Cámara madeiras a Portugal, unha vara de alguacil en Betanzos, 27
  27. 27. Pita”) (159) unha escribanía de presas na Corte, bens de clérigos mortos, etc. Mercadora de panos (actividade comercial Santiago deBeatriz Fernández de Compostela): “Fórmula asociativa”. Ela achegou o capital eNovoa (162) outro socio e fixo fronte á xestión da empresa.Mª Victoria Felisa Carlota Ademais de política, xornalista e escritora, “empresariaAntonia Fernández-España agrícola na Rioxa”. Sobre esta destacada muller, existey Fernández-Latorre (162) ampla bibliografía.Filomena Ferral Refojos Armadora de Cangas.(168)Manuela Ferro González De 1924 a 1930 foi propietaria da empresa Vapores de(168) Pasaje, S. A., de Cangas. Importante actividade comercial a finais da Idade Media. Tras quedar soa en Vigo pola fuxida do marido en rebeldía, en precaria situación económica, introduciuse no mundo nos negocios a través de empréstitos. Conseguiu un stockMaría Figueroa (169) de mercadorías que comercializaba en dúas direccións: peixe a Andalucía e tecidos a Inglaterra e Flandes. Cando por fin volveu o home, quíxolle facer a competencia con nulos resultados.Florinda “a Boleada” Oleira en Petín. Foi das derradeiras oleiras da “aldea das(170) oleiras”. Impresora: Primeiro xornal impreso en Galicia. (EraAndrea Fraiz (174) analfabeta!). Comercio de encaixes en feiras e mercados e propietariaMaría de la O Franca (174) dun barco para viaxar por Europa e América.Josepha Franco (174) Comercio de encaixe. Ligada á vida comercial da Coruña. Almacén de mercadorías que entraban por terra e mar. Foi unha dasCatalina do Freixo (174) arrendatarias do Pazo da Fariña, onde se almacenaban as mercadorías que entraban por terra e por mar. Boticaria de Noia. Tiraba do beneficio ao ano 4.950 reais,Isabel García del Villar segundo a memoria dos veciños/as da vila (1752) do(184) Catastro de Ensenada. Armadora de Cangas. Propietaria xunto cos fillos doVirginia García Díaz (184) Enrique. 28
  28. 28. Mª de las Mercedes Gil y Betanzos 1742 e 1797. Propietaria botica rúa Porteiras.Acevedo (188)Isaura Gómez Pérez (196) Con 18 anos tivo que asumir un negocio familiar.María Gómez Piñeiro (197) Rexeu escola privada en Betanzos. Curtidora no Obre (Noia). Só dúas mulleres. Beneficio deAna González (197) 165 reais.María González Carneiro Comerciante de viño en Noia. Beneficio de 1.100 reais(200) (Catastro de Ensenada, 1752).Concepción Gonçález de Comercio de encaixes e comerciante en feiras e mercados.Carabumiña (201)Teresa Gonçález del Portal Actividades comerciais e tenda en Santiago de Compostela(201) de especias e outros. Actividade produtiva non habitual. Fabricante e tratante en cordobáns na vila de Noia.María de la Iglesia (215) Beneficio de 1.100 reais ao ano. Única neste oficio xunto con cinco homes. Gondomar-Pontevedra, 1933. Empresaria. Aos 17 anos iniciou a actividade empresarial no mundo da hostalería e en 1959 accedeu ao cargo de presidenta de Masas Fritas. Outros cargos directivos que ocupou foron a Vicepresidencia da Asociación Española de MujeresÁngeles de la Iglesia Empresarias (1971), posteriormente denominadaDaviña (215) Asociación de Empresarias da Coruña, e, coa creación das diferentes asociacións provinciais, denominouse Federación de Empresarias de Galicia, para cuxa presidencia foi nomeada en 1999. Foi a primeira muller que entrou na Cámara de Comercio da Coruña (foi membro do comité executivo).Antonia e Bentia Irimy Escola particular en Betanzos.(219)Justa “a Coureira” (225) Estraperlo na posguerra. Fundou co seu irmán as Escolas Labaca ou Escolas CatólicasÁngela Labaca Fernández Ave María: “Ensinando facendo”. Cristiá, gratuíta, popular(229) e social, con certa liberdade e apertiva ao mundo natural.María Lage (229) 1788: rexentaba unha escola de nenos en Ribadavia.Jacinta Landa Coronado Morreu en 1993. Especializouse en ensinanza de criaturas(232) cegas e xordomudas. Con tres fillos estudou xinecoloxía e 29
  29. 29. exerceu de parteira. Fundou cun socio a Escuela Internacional, que dirixiu dende 1929 a 1932. Rota esta sociedade, fundou e dirixiu a Escuela Plurilingüe (1933– 1936). 1900–1991. Ponte do Porto (A Coruña). Filla da primeiraIsolina Lema Carballo comerciante de encaixe de Camariñas, que ela continuou.(236) Tenda de puntillas na Coruña (Guerra Civil). Tamén palillaba. Mestra das palilleiras a finais do s. XVIII en Pontevedra. O seu traballo estaba oficializado segundo recolle MarioDominga de Lemos (236) Gallego Rey no Libro de Persoal e de Vecindario do Catastro de Ensenada. En 1564 fundou en Betanzos unha obra pía (educar seisJuana de Lemos Andrade doncelas por cada tres anos) que foi o antecedente do(236) colexio de orfas fundado por Úrsula Meléndez de Texada en 1629. Morreu en 2002. Estudou na Escola de Comercio e logo fixoMª de los Ángeles Lens Intendencia Mercantil. A súa tese de licenciatura foi unSeijo (236) estudo económico de Galicia. 1937–2001. Pintora, pero dende moi nova dedicouse a actividades empresariais no negocio de tecido La Palma (A Coruña) de confección, moda e peletería. Propietaria tamén da empresa construción Liñeira y Cía., S. R. C.Mª Consuelo Liñeira (239) Curiosamente destaca, como se non fose comprensíbel nin lóxico que “mais non por iso abandonou as súas inquedanzas artísticas, que compaxinou co traballo empresarial” e todo o que segue é sobre arte, como se a actividade de empresaria non tivera nada que contar. Oleira de Lugo. Sona pola súa habilidade. Trocaba a produción por alimentos e “algún xornal”. Reparacións a domicilio, incluso cun fillo no colo (tivo oito). Deixou unha continuadora (Obdulia de Campo Verde) e inspirou unhaLola “de Penelas” (241) figura de Sargadelos.Dolores López (242) Notaria, exercente, de ascendencia galega. 30
  30. 30. S. XIX. En 1870, á morte do marido, montou co fillo unhaJosefa López Abella (244) empresa familiar na Coruña (segundo Xosé Ramón Barreiro). Destaca que tiña moito diñeiro (pero non di de onde vén).Dominga López de Somoza E logo o seu “carácter emprendedor e decidido” montou(246) almacéns de carbón e medios de transporte.Beatriz López Pacheco Impresora e libreira do s. XVI.(249)Avelina López Suárez Camariñas, 1914. É a encaixeira máis vella da súa vila.(249) Traballou en todo tipo de oficios para sobrevivir. Vilasante-Sabiñao-Lugo. 1907–1997. Brillante estudante, catedrática e investigadora (Madrid e Tui).Mª Pura del Rosario Nos primeiros anos da década dos 40 fundou e dirixiu oLorenzana Prado (249) instituto Rosalía de Castro (Santiago de Compostela), que dirixiu ata ben entrada a década dos 50. Inspectora de Ensino Medio por oposición. Importante investigadora de membro de institucións científicas. Escritora.Rosa de Lourizán (252) Merceira de encaixe a finais do s. XVIII (Pontevedra).Lucía “a do Parente” S. XIX. Última oleira da “aldea de oleiras”.(253) Propietaria dun barco en Noia a mediados do s. XVIII. UnhaSusana de Luzes (254) das tres mulleres entre 15 homes matriculadas (Catastro de Ensenada). Boiro-A Coruña, finais do s. XIX e principios do s. XX. Muller emprendedora de moita coraxe que fixo do seu traballo o centro da súa vida. Viúva dun avogado, á súa morte ficou a cambio dos negocios e levantou un imperio na vila boirense: na súa tenda había de todo, dende tecidos a caixas de defuntos e ferraxes. Tiña unha fábrica deIsabel Maestre López (256) madeiras, unha de gasosas, compraba ovos que exportaba a América, abriu un cinema a finais dos anos 20, que administraba e no que tiña persoal contratado. Foi unha muller de grande iniciativa industrial que chegou a enfermar de tanto traballar. Chegou a preitear co Concello pola situación da praza do peixe.Elvira Maestú (256) Redondela. Unha das moitas estraperlistas.Mamela “a de Pancho” 1941: estraperlista. 31
  31. 31. (257) Comerciante de viño en Noia, mediados do s. XVIII:María de la O (258) beneficio de 350 reais (Catastro de Ensenada).Ángela Mariñas (259) 1875. Fábrica de salgado na Coruña: Presas y Cía. Comerciante de viño, Noia s. XVIII. Beneficio de 1.500 reaisAna Mariño (259) (Catastro de Ensenada). Noia, 1907–O Courel, 1967. Escritora, pero en tempos deMaría Mariño Carou (259) dificultades montou unha escola (aldea de Escarabote). Interesante. S. XIX. Con tres membros da compañía Maristany rexistrou dúas fábricas de salgado (Santa Lucía e A Palloza, AFrancisca Maristany (261) Coruña). En 1870, socia con familiares dunha fábrica de tecidos. En 1913 fundou e custeou a escola de mulleres na prisiónMarquesa de Riestra (261) de Pontevedra (levada por unha profesora). Menciñeira de Cangas. Rica, denunciada por bruxa paraElvira Martínez (262) quitarlle os bens. S. XX. Armadora de Cangas, co propietaria do barco ÁlvaroJulia Martínez (263) Guitan. Carral–A Coruña. En 1979 entrou no Colexio Oficial de Economistas de Madrid e logo no da Coruña. Coordinadora xeral do I Congreso de Economía e Economistas de Galicia.Josefina Martínez Barbeito Grao de doutora en 1981 e catedrática en 1991.(265) 1995. Directora de Relacións Internacionais no Reitorado da Universidade da Coruña. Autora de libros centrados nas pemes e economía. Fisterra. Primeira condutora de camión. Conducía unMaruja Martínez Cartamil camión de mercadorías de Fisterra á Coruña e ela mesma(266) cargaba e descargaba. A Estrada 1905–2000. “Empresaria”. Obradoiro de ebanistería (camas), orixe da empresa Martínez Otero, S.María Martínez Otero L.(267) En 2004, os descendentes crearon a Fundación María Martínez Otero (potenciar a innovación no moble de deseño, concede bolsas ampliación estudos).Josefa Martínez Palacios Mercadora de vidros de Talavera e boticaria de Santiago de 32
  32. 32. (267) Compostela. Como boticaria tivo que asociarse porque a lei prohibía esta actividade ás mulleres do s. XVIII.Maruja “a Xaropa” (267) Estraperlo en Redondelas nos anos de fame. S. XVIII. Actividade comercial de Santiago de Compostela, mercadora de vidros de Talavera. Continuou coa empresa áManuela de la Marla (268) morte do home (gran destreza) e formou parte da burguesía comercial.María Melgar (270) S. XVII. Prateira, continuou o negocio familiar ao enviuvar. Fundadora da empresa de cinema Quiroga da vila de Marín en 1917 (antigo almacén de carbón e salgadura). EmpresaAmalia Méndez (272) familiar fundamentalmente de mulleres que sobreviviron ata os anos 70. Artesá de Santiago de Compostela. Realizaba actividadesDominga Migueles (275) produtivas extradomésticas. 1879–1949. Escritora (“a Sainetera”). Autora, empresaria ePilar Millán Astray (276) directora do teatro Muñoz Seia (1932-1933). Oleiras ou “barraxeiras” (Samos, Lugo). Moita sona peroAs Mingas Riveiras (278) non ficou o nome para a historia. 1875-1959. Ponte do Porto, A Coruña. Continuou o negocio de venda de puntillas en Madrid e Arxentina, o home estaba en Cuba (casou con 12 anos e enviuvou con 20, con dous fillos e unha filla). Emprendedora e polifacética. Santiago de Compostela, comercio de encaixe e despacho para ler cartas dosDolores Miñones Baña soldados ou emigrantes (real por carta, pero con café ou(279) comida). Preparaba nenos/as para a comuñón e axudaba a xente sen recursos, lía libros de medicina natural e atendía enfermos/as, partos, tiña coñecementos de dereito e axudaba a veciños/as. Mulleres significativas de Camariñas. Impresora. Primeira imprenta de Ferrol. En 1803, á morte do marido, trasladouse á Coruña, ondePatricia Miramón (280) foi tamén a primeira Viuda de Hijos de Riego. Logo cambiou a razón social. Morto o segundo marido trasladouse a Lugo. A empresa foi 33
  33. 33. continuada polo fillo. Co partícipe co marido nos negocios: comercio de tecidos, editorial e seguía como modista. Moi metida no ambiente socio – cultural coruñés e conMª Dolores Miramontes compromiso social e político, a súa casa foi sede dasMato (280) Irmandades (Real, 36–1º), local de obradoiro de impresión e administración e local das Escolas de Insiño Galego. Xa tiña compromiso e actividade social e política antes da voda con Ánxel Casal. S. XVIII. O nome aparece na primeira folla pesqueira deElena de Mos (289) Ribeira en 1753. Propietaria dunha dorna (actividades pesqueiras “secundarias” na economía da zona). S. XVIII. Aparece con accións no fondo principal da RealIsabel Mosquera y Torre Fábrica de Mantelería da Coruña con prácticas financeiras(290) e crediticias para ter as accións, pouco habituais nas mulleres.Antonia Naveira García S. XIX. En 1890 estaba ao fronte dunha fábrica de curtidos(297) (Betanzos), tamén tecedora de lenzo con tear.Josefa Naya (297) Rexentou a Imprenta Gutenberg, rúa Barreira, da Coruña.Michaela Neira (298) Finais do s. XVIII. Merceira de encaixe en Pontevedra. Afianzadora do home para a administración da mordomíaRosalía Neira y Ulloa (299) do Hospital Real de Santiago de Compostela. Apelou á lei para o relevo desta fianza.Avelina Nogueira Martiñán Dende nena pescantina en Vilagarcía. Dende os 20,(303) parteira de forma altruísta. S. XIX. Impresora, continuou coa empresa do home (RamónViúva de Núñez (305) Núñez Espinosa) en Santiago de Compostela e nin se conserva o nome. Co fundadora co home dunha escola racionalista en Ferrol,Manua Ochotorena (309) na que tamén ensinou. Co fundadora co home do mosteiro feminino San Miguel deGudina Oduana (309) Bóveda, en Ourense. Fundadora do mosteiro de San Miguel de Eire (Lugo), enEscladia Ordóñez (311) 1129.Alberta Oubiña (318) Finais do s. XVIII. Comercio de encaixe en Pontevedra. Ve nda en feiras e mercados ou enviaba por barco a portos 34
  34. 34. europeos e americanos.María Oxea (319) Merceira de encaixe a finais do s. XVIII en Pontevedra.Beatriz Pacheco (321) Sucedeu na imprenta e librería ao home en 1558. Merceira de encaixes en Noia a mediados do s. XVIIIMaría Pais (321) (Catrasto de Ensenada). S. XVI–XVII. Brosladora de Santiago de Compostela enCatalina de Palomares conxunto co seu home e continuou á súa morte. Traballos(322) para a igrexa de Santalla de Caldelas (Pontevedra). S. XIX. En 1869 constituíase a empresa máis sólida daGertrudis Pastor y Horta Coruña, da que formou parte xunto con José Pastor y Horta(329) e Pedro Barrié y Pastor. Condesa galega do s. X que co fundou o mosteiro de“Paterna” (330) Sobrado. Coñecida polas súas actuacións “extradomésticas”.Dominga Patiño (330) Actividade pesqueira: propietaria dunha lancha. S. XV. Consignataria viguesa. Propietaria de barco eMaría A. De Pazos (333) comerciante de holandas (mercería fina). S. XIX. Sociedade con Pedro Molezún para continuar coaJosefa de Penela (333) fábrica de curtidos que existía na Coruña.Pepa “a Camiona” (334) Redondela, estraperlista no ano da fame (1941).Pepa “a da ‘Calle’ da Principios do s. XX. Oleira en Ourense.Raposa” (334)Pepa da Costa (335) Comezos do s. XX. Oleira en Castrelo de Miño.Perena “a do Lumbeiro” S. XIX. Oleira en Petún (Ourense), da aldea das oleiras.(338) S. XVIII. Actividade pesqueira en Ribeira, propietaria deDominga Pérez (338) dornas. S. XIV. Oficio de “specieyra” (boticaria) con negocio propioElvira Pérez (338) posiblemente herdado do home.Francisca Pérez (338) S. XVIII. Actividade pesqueira, lancha. S. XII. Linaxe dos Traba. Fundadora e protectora doLupa Pérez (338) mosteiro (logo ingresou de monxa). 35
  35. 35. S. XIII. Soldadeira (muller adscrita á corte que recibía soldada polo seu traballo de cantante e bailarina), maisMaría Pérez (339) atada cos cancioneiros galego - portugueses. Foi moi relatada! Mediados do s. XVIII. Curtidora no Obre (Noia), Catastro deMaría Pérez (339) Ensenada. Beneficio, 165 reais. Artesá do s. XIV. Téñense noticias, polo seu testamentoSancha Pérez (339) (1439), de que posuía industria do calzado, comerciante de tecidos en Mondoñedo. Boa posición social.Inés de Pérez de Ceta Fundadora dun convento s. XVI.(341)Bermuda Pérez de Traba S. XII. Co fundadora e construtura do mosteiro preto de(341) Pontedeume. Propietaria dun quiosco de prensa e activista intelectual deQuerubín Pérez Díaz (341) Ferrol. Armadora de Porto do Son. Morreu na Coruña en 1965 (10 fillos). Ela fixo medrar a empresa do home (mercou catro barcos en 1928!).Teonila Pérez Fernández(344) Tamén montou unha fábrica de madeiras, onde construíu o Pedra Sartaña, que aínda fai rutas turísticas. Os barcos ían principalmente a Vigo, pero tamén ao sur trasladando táboas. Fundou, e sostivo economicamente, instituciónsTerese Pérez Fiola (345) asistenciais (1439). Armadora de Noia, comercio marítimo, fíxose cargo e fixo medrar o negocio familiar. “Foi unha empresaria que traballou arreo”. Moitos barcosCarmen Pérez García que viaxaban a Bilbao, Barcelona, Canarias, Marsella...(345) Levaban madeira e tamén sal. Empezou a traballar con 12 anos como recadeira do Banco de Vigo, en Noia.Benedicta Pérez Pérez Farmacéutica e alcaldesa de Brión dende 1973.(347) Parteira (nove fillos!). Muller de mariñeiro, traballou aAdelina Pérez Tajes (347) terra, palillou. Foi quen sostivo a economía familiar. Finou en 1977. 36
  36. 36. María de Peso (348) Merceira de encaixe en Ponteveda no s. XVIII. Peregrina galega do s. IV–V que pasou a vida viaxando aPoemenia (352) Oriente... coa súa propia flota!. Fundou o mosteiro e a Igrexa da Ascensión, en Xerusalén.Sancha Ponce de Cabrera Linaxe dos Traba. Fundadora e protectora do mosteiro das(353) Nogais (aprox. 1164). Diversos traballos entre os que destacaban os destinados áMaría Pouso Castro (355) funeraria. Camelle (1928–2003). Mulleres significativas de Camariñas (2005).Dominga Prego (358) Propietaria dunha dorna.María de Prol (360) Barco en Noia, mediados do s. XVIII.Blandina Quintáns (363) Artesá. Segue a facer sombreiros de palla en Mazaricos.Ramona “da Carreira” Oleira. Principios do s. XX, Castrelo de Miño.(365) Tecedora con tear propio en Santiago de Compostela, s.Manuela Reboredo (367) XVIII. Para ingresar no gremio tivo que obter o título de “suficiencia” expedido polo concello. Impresora de finais do s. XIX (Imprenta Antúnez,Pilar Reclusa Pereira (367) Pontevedra) Traballo “oficializado” con mostra de palilleiras (40 reais,María de Refojos (367) Catastro de Ensenada).Remedios “do Quinteiro” Oleira. Principios do s. XX, Castrelo de Miño.(369) Arquitecta. Naceu accidentalmente en Madrid (1930) nunha viaxe do pai (o coñecido arquitecto Rey Pedreira). Frecuentou o estudio do pai dende nena, onde aprendeu a ler e escribir practicamente soa. Con brillante traxectoria de estudos, foi a primeira arquitecta galega e a terceira doMilagros Rey Hombre Estado. Obras moi coñecidas son: a fonte monumental de(370) Catro Camiños (ordenaba a circulación dando espectacular remate das avenidas resultantes da quinta fase de Elviña) e a torre de vivendas protexidas denominada Torre Dourado ou Torre dos Mestres, a igrexa de Deixebre (Ordes), a de Carril, o complexo parroquial de Santa Margarita (A Coruña), Carmelo Descalzo de Santa María (Mabegondo), estación de servizo Campsa (Alférez Provisional–A Coruña), 37
  37. 37. Central da Compañía Telefónica de Sada, así como as de Narón e Cee. Tivo que trasladar o estudio por necesidades de ampliación e logo fixo o campo de fútbol e polideportivo cuberto en Vedra e proxectou e dirixiu unha importante variedade de edificios de todo tipo (dende modestos a unifamiliares de luxo) en núcleos rurais como Carballo, Malpica de Bergantiños, Camariñas, Rianxo e Vilagarcía de Arousa e cidades como Monforte de Lemos e Lugo, onde destaca o pavillón - internado da Compañía de María, utilizado actualmente como residencia universitaria. Resolveu proxectos de dificultade técnica de cimentación como as vivendas de Ronda de Nelle, nº 17, con excelentes resultados técnicos e estéticos. Destaca tamén no ámbito da representación oficial, sendo arquitecta do Concello da Coruña en tres períodos e xefa do servizo contra incendios. Realizou actividade docente na Escola Universitaria de Arquitectura Técnica da Coruña. En 1989 accedeu á cátedra de Construción IV-V. Ten titorizado 73 traballos fin de carreira. Ocupou a secretaría da escola, foi directora do Departamento de Construcións Arquitectónicas e no ano 2000 foi nomeada profesora emérita. A súa traxectoria foi premiada pola Xunta de Galicia coa medalla Castelao en 2005. Principios do s. XX. Propietaria dunha empresa de transporte regular de viaxeiros (libro de matrículaAntonia Rico Otero (372) industrial 1902). Carruaxe levada por catro cabalos, con servizo estacional que ía a Santa Comba. Actividade pesqueira s. XVIII en Ribeira.María do Río (372) Propietaria dunha “pinaza” (embarcación para o tráfico comercial con Portugal e lancha de sardiñas, raia, centola, lagosta e outros peixes). Boiro. Sucedeu ao tío, crego, na rexencia dunha escolaTeresa Manuela Río (tamén internado); cando esixiron o título continuou coasOuteiral (373) clases nocturnas. Curtis. Morreu en 1997.Isabel Ríos Lazcano (374) Comunista e activista, para sobrevivir na dictadura montou un negocio de polos e queixos que exportaba fóra de Galicia. Logo, emigrou seguindo co activismo. 38
  38. 38. Trala dictadura, volveu a España en 1975 e no ano 1977 reingresa no Ministerio de Facenda. Impresora no s. XIX. Non só mantivo a empresa á morte do marido, senón que a prestixiou. “Engrandecen a arte da impresión ata niveis descoñecidos ata entón”.Jacoba Rivas (376) Nos seus talleres imprimíronse importantes xornais: El Idolatra de Galicia, El Porvenir, revista Minverca e libros. De 1833 a 1851 traballou coa razón social Viuda de Compañel e Hijos. En 1846 fixo traslado parcial a Ourense ata que pechou en 1847 por falta de mercado.Concepción Rodal Rodal Armadora de Cangas a principios do s. XX. Dona do Gloria(377) Conchita de flota canguesa. Armadora de Cangas a principios do s. XX. Propietaria doElisa Rodal Troncoso (377) María. Continuou o traballo do seu home, Mateo de Cubas, mestre de obras de Noia. (Ponte Nafonso, que unía a vila de NoiaCristina Rodríguez (380) coa da Serra de Outes). Tivo que facer convenio cos canteiros noieses para que “lle permitiran” finalizar as obras da ponte de Don Alonso.Dolores Rodríguez Álvarez Oleira en Sober (Lugo). Familia dedicada a olería por tres(383) xeracións (ela foi a última). Morreu aos 92 anos en 2003.María Rodríguez Álvarez Oleira en Sober (Lugo). Familia coñecida como a da “Casa(383) de Campo”. Tamén tres xeracións. Oleira por tradición familiar, Sober (Lugo), 1927. Última oleira de Gundivós. Manexaba o torno aos 13 anos (típicoObdulia Rodríguez nos homes) e vendía na feira de Monforte de Lemos. ÁGonzález (388) volta da emigración volveu á actividade. Obras premiadas en museos e diplomas de exposición; requirida para dar cursos.Obdulia Rodríguez Tajes Curandeira e parteira toda a vida (fabricaba remedios).(señora Dulia) (391) Mulleres significativas de Camariñas, 2005.Luísa Romar Vázquez Primeira campaneira e sancristá en Camariñas (1917–2004).(392) Mulleres significativas de Camariñas, 2005.Ángela María Romero Locutora de radio e actriz de dobraxe (La Farcundul, laBanet (393) SER, Bobby Deglané...), continúa con dobraxe e 39
  39. 39. publicidade. S. XVIII. Rexentou unha fábrica de liño e lá, primeiroMaría Roo (394) centro galego deste tipo na Coruña. S. XX. Bruxa máis popular da comarca de Pontevedra. Ía a feira a pasar consulta. De moza foi costureira e aos 30“Rosa de Mirón” (395) empezou a traballar como bruxa. Non pedía remuneración! Logo nos preguntamos... de que vivía? Copropietaria, na década dos 70 do s. XIX, de Chocolates laJoaquina Rubine (396) Española, na Coruña. Logo expandiu a produción a pastas. Actividade pesqueira (Deán, A Coruña). Nome na flota deMaría Sampedro (403) Ribeira de 1753, dorna. S. XV. Actividade comercial marítima na Coruña, asociadaTeresa Sánchez (404) co fillo e continuou cando el morreu.Constanza Sánchez de S. XV. Actividades mercantís en Noia e propietaria deBendaña (405) materias primas. Camelle, 1919–1997. Primeira perruqueira de Ponte do Porto (aprendeu o oficio en Sada).Dolores Sánchez López Única na zona (viaxaba a Muxía, Baio, Laxe, Vimianzo,(“Lolita de Tomás”) (406) Camariñas, Camelle...). Tivo que pedir os utensilios a Barcelona porque na Coruña non había. Mulleres significativas de Camariñas, 2005.Bernarda de Santiago Oleira. Tiña altar en Buño, xunto co xenro (figura no libro(409) de vecindario do Catastro de Ensenada, 1753).Sofía “a Coruta” (414) Estraperlista de Redondela (1941).Soledad “a Sapella” Estraperlista de Redondela (1941). Tratante de Cangas na posguerra. Mercaba e vendía polasElisa Soliño Bastos (415) aldeas. 1900–1970. “Muller moi emprendedora”: organizaba palilladas na súa casa a cambio dun ferrado de anllo ao ano. Logo foron bailes de salón unha vez por semana (dasDolores Soto Blanco (“a 9.00 ás 12.00 da noite): cobraba 1 pta. por entradaPiosa”) (415) (músicos e cantantes en directo). En 1959 mercou un “picú” e máis adiante controlaba grupos musicais. Mulleres significativas de Camariñas, 2005. 40
  40. 40. Deportista (esgrima na Hípica e moitos trofeos).Margarita Taboada Corral Actualmente é directora de mercadotecnia da empresa(419) ABN Pipe Sistemas. Tamén traxectoria como deportista. Actualmente dirixe unMª Teresa Taboada Corral centro xeriátrico da Coruña. S. XVIII. Involúcrase en prácticas financeiras e crediticiasBenita Francisca Taboada non habituais nas mulleres: arrendo de rendas agrarias aUlloa y Salas (420) dous labregos (1752 e 1753). Camelle, 1918–1997. Oito fillos, casada cun mariñeiro camellán. Percorreu camiños repartindo entre vilas (Camelle, Ponte do Porto, Vimianzo...) cando non habíaFelisa Tajes Albarés coches: correspondencia, menciñas e o que fose a cambio“Felisa da Ruela” (420) de alimentos. Tamén trasladaba caixas da funeraria. Mulleres significativas de Camariñas, 2005. Camelle, 1921. Asistencia sanitaria baseada na medicina tradicional. Poñía inxeccións, sacaba moas, asistía en operacións cirúrxicas ou axudaba a preparar os mortos.Carmen Tajes Rodríquez Pagábanlle con alimentos: ovos, peixe ou a proba da“Carmen de Angustias” matanza.(421) Compaxinou con outros traballos: barrenadora no porto (ano e medio), na lonxa de Camelle (16 anos), secadoiro de congro (17 anos). Polas noites palillaba! Mulleres significativas de Camariñas, 2005.Mª Josefa Tajes Suárez 1915–1997. Compoñedora de ósos e tendóns.(“Pipirita”) (421) Mulleres significativas de Camariñas, 2005. S. XVIII. Prácticas financeiras e crediticias (non habituaisJosefa Teixeiro en mulleres): arrendo do oficio de procurador, que asMontenegro (423) mulleres podían herdar, mais non exercer: 200 ducados anuais. S. XX. Oleira. Traballaba polas casas para quitar o xornal.Teresa de “Montarelle” Moita sona. Unha das últimas oleiras antes de desaparecer(425) a industria oleira campesiña.Carmen Toncedo (“a Estraperlista de Redondela.Choca”) (43)Manuela Valcárcel Luaces Compromiso político e sindical. Seu pai daba clase pero ela(“Mela la Carbonera”) dende nena foi a descargar peixe e carbón. Logo, venda de 41
  41. 41. (435) peixe no mercado (Caranza, Inferniño). S. XVIII. Prácticas crediticias e financeiras, imposición de diñeiro en xuros e rendas. Xa viúva outorgou en poder para solicitar renovación de 22 vales reais de 300 pesosJuana Valdivieso (435) expedidos no ano anterior, así como o pagamento de xuros corridos. O mesmo ano impuxo 61.000 reais ao 3 % na Real Renda de Tabaco. 1898–1987. Brillantísima e activa culturalmente.Olimpia Valencia López Especializouse en xinecoloxía e en 1928 estableceuse en(435) Vigo (rúa Príncipe) e foi gañando prestixio unha vez superada a resistencia inicial. Perseguida na posguerra. Mediados do s. XVIII. Negocio de curtidos en PontedeumeMaría Antonia Varela (440) (viúva aos 46 anos e tres fillas). Por 67 peles obtivo beneficio de 2.010 reais. Brosladora no s. XVI. Continuou unha vez viúva o obradoiroIsabel Vázquez (441) do seu home (colexiata de Vigo). Acibecheira no s. XVII. Como viúva tivo dificultades paraMaría de Vázquez de continuar a empresa e rematou casando con outroCastro (446) acibecheiro (moi habitual para seguir cos obradoiros). S. XVII. Contratante de obras artísticas, encargou aMaría Vázquez Ulloa (441) fabricación dunha capela. Camariñas, 1899–1978. Compoñedora de ósos, músculos e tendóns (nove fillos/as). Traballou a terra, palillou e lavouEstrella Luísa María roupa para gañar cartos. Aprendeu o dos ósos do seu avó eVázquez Mouzo (451) un médico lle propuxo traballar con el gañando cartos pero seguiu facéndoo gratuitamente. Tamén nos preguntamos... de que vivía? Comercio de encaixe de Camariñas en Pontevedra, finaisDominga de Verga (454) do s. XVIII (este oficio ocupaba a 320 mulleres na época segundo o Catastro de Ensenada). Viúva do cuarto conde de Monterrei, asinou un contrato cosInés de Velasco (454) xesuítas en 1565 para a creación dunha escola de nenos.Rufina Josefa PaulinaVentoso Paradela (“Pepita Palilleira, empezou aos 6 anos.de Roque”) (454)María Ventura de Aguiar Cofundadora co home dunha escola en Lourenzá, Lugo. 42
  42. 42. (455) Poder outorgado polo home (marqués de Caramasa) que aAna Gertudris Vermúdez facultaba para tomar todo tipo de decisións en igualdadeFaxardo y Andrade (456) co home: estados e facendas, nomear e despachar títulos de xuíces, alcaldes e demais nomeamentos de xustiza. S. XVII. Cerralleira en Compostela (transmitido polo paiPascua Vieites (458) como dote). Pouco habitual nunha muller. É un dos poucos casos no que todos os datos biográficos que se recollen falan da maneira en que se gañou a vida.Ana Gómez Vieites (458) Traballou na emigración mentres se formaba e, á volta, estableceu e rexentou un negocio familiar. Impresora no s. XIX, da que se encargou á morte do maridoAntonia Vila (459) Viuda de Verea e Hijos, en Pontevedra (La Unión Liberal e El Justiciero). Empresaria coruñesa, á morte de Dionisio Tejero (o seuCarmen Vilariño Yebra home), en 1941, dirixiu as empresas de industria, comercio(461) e navegación. Ademais de filántropa (residencia para sacerdotes xubilados). “Pode considerarse como unha auténtica empresaria agrícola”. Explotación na zona de Santiago de CompostelaMaría Viramontes (468) de 84.935,90 metros cadrados con terras de labranza, herbal, toxal, xesteira e monte. Tiña tamén 2 bois, 2 vacas, 1 tenreira, 33 carneiros, unha bácora e 1 porca. No intento de acadar unha perspectiva histórica hai que preguntarse... ¿Por que se silencian? ¿Por qué a situación se mantén na actualidade? ¿Que sucede con aquelas mulleres que deciden iniciar unha actividade económica contribuíndo así a mellorar a súa economía e favorecer o desenvolvemento da súa zona? De entre os estudos revisados, chamounos a atención o realizado en 1999 pola empresa Saborá, que realizou unha investigación acerca da resposta das mulleres á creación de empresas no marco dos programas de desenvolvemento rural e dos novos xacementos de emprego. O traballo de 43
  43. 43. campo centrouse en 10 áreas con proxectos Leader e Proder dascomunidades autónomas Obxectivo 1 e chegaron ás seguintes conclusións: O investimento das mulleres céntrase no mesmo tipo de actividadesen todas as zonas, independentemente da orientación produtivacomarcal. - A resposta das mulleres é maior naqueles programas nos que se destinan uns fondos ás actividades máis atractivas para elas: turismo rural e servizos a este, pequeno comercio e artesanías e servizos. - En todas as comarcas analizadas, a participación de mulleres nos grupos de acción local foi moi baixa, apenas se encontrou presenza delas en asociacións de mulleres e a maior parte das que participaban o facían en calidade de alcaldesas ou concelleiras. - Encontrouse unha presenza maior de mulleres nos equipos técnicos xestores. Cabe sinalar que a súa presenza resultou importante na sensibilización do grupo para considerar os problemas específicos femininos. - Dentro do apartado do turismo rural, o investimento máis frecuente eran as casas rurais, actividade que se pode xestionar a tempo parcial e na que a xestión empresarial é máis sinxela. - En todos os casos, as mulleres invisten en actividades que coñecen ben debido á tradición familiar ou a traballos que realizaron con anterioridade. - No deseño do negocio, as mulleres procuran unha actividade compatíbel co coidado do fogar e a atención á súa familia. - En ocasións, os investimentos das mulleres constitúen unha ampliación do negocio familiar no que elas se incorporan. 44
  44. 44. - O perfil máis frecuente das mulleres que realizaron investimentos se caracteriza polo seguinte: Adoitan seren mulleres que teñen realizada actividade económica anterior. Algunhas delas son inmigrantes. A súa idade media oscila entre 30 e 45 anos. Teñen unha formación básica. Tópanse nos estratos de renda media da zona. O colectivo de mulleres non é homoxéneo e atópanse estratos diferentes segundo a idade, sobre todo, nos niveis de formación. No traballo de campo se localizaron os grupos de mulleres con boasposibilidades para integrarse no colectivo de emprendedoras: - Herdeiras de negocios familiares interesadas en involucrarse. Aínda que é un colectivo pequeno o das que acceden á xestión, a súa incorporación é máis necesaria na medida en que moitas empresas pequenas non teñen continuidade. - Tituladas medias ou superiores que volveron ao medio rural tras unha procura infrutuosa de traballo na cidade. Constitúen un capital humano cualificado que pode cumprir un papel dinamizador. - Colectivo de mulleres que volveron ao medio rural tras anos de traballo na cidade. Son as que realizan os maiores investimentos, teñen unha mentalidade máis empresarial e xogan un papel dinamizador importante. En todos os casos, as mulleres que realizaron investimentos contaronco apoio familiar. En xeral, apréciase que os investimentos das mulleres sonplanificados tendo en conta as seguintes cuestións: - Búscase rendibilizar un patrimonio familiar ocioso. 45

×