Successfully reported this slideshow.
We use your LinkedIn profile and activity data to personalize ads and to show you more relevant ads. You can change your ad preferences anytime.

Mitos e falsas crenzas sobre a actividade fisica

498 views

Published on

Published in: Sports
  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

Mitos e falsas crenzas sobre a actividade fisica

  1. 1. MITOS E FALSAS CRENZAS SOBRE A ACTIVIDADE FÍSICA
  2. 2. 1. O MITO DE QUE AS MANIOTAS DESAPARECEN AO TOMAR AUGA CON AZUCRE As maniotas non teñen nada que ver co ácido láctico como se creía, senón que estas teñen que ver coa realización de actividades onde interveñen concentración excéntricas. Por isto, a auga con azucre non serve de nada. Para previlas, o mellor é comezar a facer os exercicios pausadamente.
  3. 3. 2. O MITO DO CONSUMO DE PROTEÍNAS PARA AUMENTAR A MASA MUSCULAR Este mito baséase no consumo de suplementos de proteínas para aumentar a masa muscular. Este exceso de proteínas é prexudicial para o organismo. A base dunha boa musculación son unha dieta san e un entrenamento correcto.
  4. 4. 3. O MITO DE QUE CONSUMIR AZUCRE ANTES DO EXERCICIO AUMENTA O RENDEMENTO Este mito de inxerir azucre antes dunha actividade física é falso e incluso é una práctica mala, xa que pode dar lugar á hipoglicemia reactiva, que provoca malestar e esgotamento prematuro, xa que diminúen os niveis de glicosa.
  5. 5. 4. O MITO DE QUE TODO DEPORTISTA DEBE TOMAR SUPLEMENTOS VITAMÍNICOS Este mito é falso, xa que unha dieta variada aporta vitaminas suficientes, e só hai que recurrir a un suplemento cando hai carencias dalgunha delas. A administración indiscriminada de vitaminas tamén ten riscos, como por exemplo a aparición de pedras no ril .
  6. 6. 5. O MITO DE QUE SUAR ABUNDANTEMENTE É ADECUADO PARA PERDER PESO Suar non é sinónimo de perder graxa, intentar adelgazar mediante a sudoración pode provocar, por exemplo, unha desidratación. Realizar exercicio con vestimenta que aumente a sudoración é unha práctica incorrecta.
  7. 7. 6. O MITO DA PÉRDIDA LOCALIZADA DE PESO Este mito consiste en crer que un aumento da actividade dun músculo concreto facilita un emprego maior das graxas almacenadas na zona. Pero realmente, non existe evidencia de que as graxas se liberen en maior grao dos depósitos directamente por riba do músculo que realiza o exercicio.
  8. 8. 7. O MITO DE QUE O EXERCICIO PROVOCA FAME E FAI COMER MÁIS ALIMENTOS Existe a crenza de que o exercicio causa inevitablemente un aumento do apetito, por iso moitas persoas que queren adelgazar, non fan actividade física xunto co réxime. A sensación de fame, depende dos niveis de azucre no sangue, e aparece coa realiza dun exercicio de alta intensidade que consume glicosa. Pola contra, a sensación de fame non aparece cando o exercicio é moderado ou lixeiro, xa que empregan graxas.
  9. 9. 8. O MÚSCULO CONVERTESE EN GRAXA OU VICEVERSA O músculo nunca pode transformarse en graxa nin ao contrario, xa que son tecidos altamente especializados e con funcións específicas. O entrenamento incrementa o músculo, o repouso redúceo. O consumo excesivo de calorías fai que as células de graxa aumenten de tamaño, un consumo por debaixo do gasto calórico diminúe o contido de graxa.
  10. 10. 9. O MITO DE QUE CALQUERA ACTIVIDADE FÍSICA OU DEPORTE É BO PARA A SAÚDE Pódese afirmar que unha práctica habitual de exercicio reporta consecuencias positivas para a saúde, pero algunhas actividades escapan do saudable. Toda persoa que realice exercicio para mellorar a saúde debería coñecer as características dunha actividade física saudable.
  11. 11. 10. O MITO DE NON BEBER AUGA DURANTE O EXERCICIO PARA EVITAR O FLATO Non está claro por que se produce, pero atribuírlle a dor que produce o flato á auga é un erro, xa que se non se consume auga durante a actividade pódese sufrir unha desidratación. Crese que pode ser por unha inxestión excesiva de comida, outros atribúeno a unha desviación do fluxo sanguíneo aos músculos onde se produce...

×