Successfully reported this slideshow.
We use your LinkedIn profile and activity data to personalize ads and to show you more relevant ads. You can change your ad preferences anytime.

Nieves LóPez Agrasar

837 views

Published on

• Be the first to comment

• Be the first to like this

Nieves LóPez Agrasar

1. 1. O problema fe-razón en Tomé de Aquino Nieves López Agrasar
2. 2. O problema fe-razón en Tomé de Aquino O problema fe-razón alude ao problema das relacións entre relixión e filosofía, ou sexa, dun saber comprometido na comprensión da revelación e un saber baseado na argumentación pola razón. As orixes do problema atopámolas no século II, nos primeiros contactos entre ambos tipos de coñecemento, e vai converterse nun dos temas centrais da reflexión medieval. Podemos sinalar catro respostas básicas ao problema:
3. 3. O problema fe-razón en Tomé de Aquino 1. Oposición entre fe e razón : deféndese a incompatibilidade entre os dous tipos de saberes. A fe é autosuficiente e non necesita para nada da filosofía, nin para xustificarse nin para comprenderse. É a posición defendida por Tertuliano cando afirma «creo porque é absurdo». Isto levouno a soster a teoría do latrocinio, que di que se ha¡ algo de verdade na filosofía antiga é por un plaxio do Antigo Testamento. Fe Razón Vs.
4. 4. O problema fe-razón en Tomé de Aquino 1. -Oposición entre fe e razón : Tertuliano «creo porque é absurdo». Fe Razón Vs.
5. 5. O problema fe-razón en Tomé de Aquino

2. Conciliación de fe e razón : a verdade única, en sentido estricto, é a verdade da revelación e, tanto a fe como a razón, perséguena. A razón axuda a facer comprensible a verdade cristiá. A fe, pola súa banda, ilumina e orienta o coñecemento racional, e permite acadar coñecementos non accesibles doutro xeito. É a postura que defenderán Agostiño, Boecio, Anselmo, Pedro Abelardo, etc.

Fe Razón
6. 6. O problema fe-razón en Tomé de Aquino

2.-Conciliación de fe e razón : É a postura que defenderán Agostiño, Boecio, Anselmo, Pedro Abelardo, etc.

Fe Razón
7. 7. O problema fe-razón en Tomé de Aquino

3. Separación de fe e razón: razón e fe son autónomas, independentes e igualmente verdadeiras. O averroísmo latino defende a teoría da dobre verdade: existe unha verdade filosófica e outra relixiosa que poden ser contradictorias pero ningunha é superior. Esta postura non foi aceptada pola ortodoxia eclesiástica e os seus defensores foron considerados herexes.

Fe Razón
8. 8. O problema fe-razón en Tomé de Aquino

-Separación de fe e razón:

O averroísmo latino defende a teoría da dobre verdade

Fe Razón
9. 9. O problema fe-razón en Tomé de Aquino

4. A posición de Tomé de Aquino: intersección fe e razón

10. 10. O problema fe-razón en Tomé de Aquino

A pretensión de racionalizar a fe, de compatibilizar as súas verdades coas verdades da razón, foi unha constante ó longo da ldade Media. O problema das relacións entre razón e fe consiste en tratar de poñer en relación e comparar os contidos da fe e os da filosofía.

11. 11. O problema fe-razón en Tomé de Aquino

A disputa versa sobre a primacía da fe sobre a razón, ou da razón sobre a fe . Durante a Idade Media, existen principalmente dúas posturas á hora de tratar estas relacións. Unha representada polos « dialécticos », que consideran que a razón é moi beneficiosa para a fe , para axudar a crer, e noutra polos « antidialécticos », que afirman que a filosofía é nociva para a fe e opóñense ás posibilidades da razón.

12. 12. O problema fe-razón en Tomé de Aquino

A escolástica imprimira un selo especial á filosofía cristiana, e a entendera como ancilla theologiae , serva da teoloxía. A fe primaba sobre a razón. Durante a Alta Idade Media, cando co nome de “filosofía” solía facerse referencia case exclusivamente á lóxica ou a arte dialéctica –agás no caso de Xoan Escoto Eríxena-, en tanto que a lóxica era utilizada polos teólogos como un “instrumento” do que se servían para explicitar a verdade revelada.

13. 13. O problema fe-razón en Tomé de Aquino

Pero na Escolástica do século XIII, na que a metafísica alcanzara un desenrolo nada despreciable, e, de forma especial, no pensamento de Tomé, a situación merece unha consideración notablemente distinta.

14. 14. O problema fe-razón en Tomé de Aquino

Tomé de Aquino entende que a razón e a fe representan dous feitos distintos, pero non diverxentes , de coñecemento:

a) Afirma que son distintos porque a fe se basea na revelación sobrenatural, mentres que a razón é unha facultade que corresponde ás persoas sobre a base da súa propia natureza.

b) Sostén que non son diverxentes porque entre elas non pode darse contradicción, dado que teñen unha orixe común: a fonte da verdade (Deus).

15. 15. O problema fe-razón en Tomé de Aquino

Rexeita , polo tanto, a tese dalgúns averroístas, a teoría da dobre verdade dos averroístas latinos , acerca da existencia de dúas verdarles de signo contrario: a da fe e a da razón.

16. 16. O problema fe-razón en Tomé de Aquino

Tomé de Aquino describe un triple ámbito de verdades :

a) Verdades ás que se pode acceder só coa razón natural e que non inciden no ámbito da salvación. Por exemplo: as verdades das matemáticas ou as da ciencia natural.

Verdades da Razón
17. 17. O problema fe-razón en Tomé de Aquino Artigos de Fe b) Verdades que están contidas nos « artigos da fe » e que exceden as posibilidades naturais da razón humana. Para estas resulta imprescindible a fe. Por exemplo, os misterios da Trinidade ou da Encarnación.
18. 18. O problema fe-razón en Tomé de Aquino

c) Verdades que o ser humano podería acadar coa súa razón , pero que son importantes para a salvación da especie humana e que por tanto requiren tamén a intervención da fe . Estas non son «artigos de fe», senón «preámbulos da fe». Por exemplo: a inmortalidade da alma, a demostración racional da existencia de Deus.

Artigos de Fe Verdades Da Razón Preámbulos da Fe
19. 19. O problema fe-razón en Tomé de Aquino

Desde estas tres perspectivas é preciso entender as relacións entre a razón e a fe, ou entre a filosofía, como saber racional, e a teoloxía, como saber fundado na revelación, sobrenatural. Son relacións de autonomía e de mutua colaboración. Polo tanto, razón e fe harmonízanse e compleméntanse.

20. 20. O problema fe-razón en Tomé de Aquino

Por iso resulta lexítimo o uso da razón para aquelas verdades que o coñecemento humano pode acadar e ó mesmo tempo a fe prolonga a capacidade de coñecemento humano máis alá dos límites da nosa razón. Neste contexto, a filosofía comeza a deixar de ser a «criada» da teoloxía (ancilla theologiae), é dicir, a consideración de que a razón está ó servicio da fe; pois a razón ten o seu propio ámbito de aplicación, autónomo, dentro desa verdade única, ó igual que ocorre coa fe .