4 Xornada de Innovación
Educativa na Universidade.
11 Decembro 2009
Eduardo José Varela Bravo
Departamento de Filoloxía In...
“Se creamos unha páxina web en inglés seguindo as
instrucións co profe de Inglés teríamos que rematar
aprendendo Inglés e ...
ENGLISH 1. ENGLISH PHILOLOGY
PLANO 2001 Antes da experiencia.
This computer
Is archaic!
Who cares
English
Philology!
Benvi...
Resumo…. Continuación.
Unha das experiencias de innovación do ano pasado consistiu en
deseñar unha páxina web de curso en ...
PÁXINA WEB My First English Page.
• Unha páxina típica das que deseñábamos no curso
tiña normalmente os seguintes compoñen...
Resumo…. Continuación.
Dende o punto de vista metodolóxico, a experiencia é positiva
porque pode empregarse como actividad...
METODOLOXÍA/ REFORMA EDUCATIVA. TRABALLO
PERSOAL, LIBRE INICIATIVA.
• The course web page can be also used to
insert mater...
1.- Datos fundamentais da experiencia.
• Iniciativa do profesor cun grupo de cinco alumnas do derradeiro primeiro curso de...
English-1 2008-09.
• English 1. English Philology. Innovacións
no emprego de recursos online.
1. 2006-07. Adscrición desta...
1.- Datos fundamentais da experiencia. 2
• Obxectivos: 1) Propiamente docentes: Práctica de
manexo de materiais orixinais ...
A aprendizaxe do Inglés na web 2.0. 1) Materiais deseñados polas editoriais, 2) Portais, páxinas
e blogs na rede de temáti...
1.- Datos fundamentais da experiencia. 3
• 5) Culturais e sociais: Busca e familiarización con directorios e bases de
dato...
PENSANDO NUNHA POSIBLE CONTRIBUCIÓN SOBRE
METODOLOXÍA E EDUCACIÓN. E-1 301512104. 2008-09.
Xa sabedes, os clásicos soen te...
1.- Datos fundamentais da experiencia. 4
• Resultados. A experiencia foi positiva nos aspectos fundamentais:
práctica de l...
A derradeira sesión
• Esta páxina, a derradeira do curso foi
deseñada polo grupo de traballo. Foi
un día intenso xa que tr...
1.- Datos fundamentais da experiencia. 5
• A experiencia foi positiva se ben un pouco apresurada. Ben levada, este
proxect...
O prezo de innovar.
• Innovar e experimentar son
actividades gratificantes e
necesarias na docencia, pero
precisan dunha a...
2.- A creación da páxina.
• 2.1.- Selección da páxina web.
A páxina web foi seleccionada polas súas indudables ventaxas pe...
Descrición: Just as easy. An educational site:
http://www.j2e.com/
19
O primeiro
paso e
inscribirse de
xeito gratuíto e
In...
Emprego na aula: Os vídeos convírtense en
material didáctico.
20
Exemplo: Unha nova práctica.
21
• Unha derradeira proba despois dun
ano. Aínda
• conservo a práctica. Dez minutos
nesta ta...
3.- Reflexión final e agradecementos
• A creación de páxinas web de curso nas
especialidades de Inglés centradas no seu
ap...
4.- REFERENCIAS. 1
• 1.- Primarias:
• Páxinas creadas na web educativa: http://www.j2e.com/
• Exemplos de páxinas do curso...
4.2.- REFERENCIAS. 2
• 3. Reforma educativa.
• 3.1.- Moore, Sarah, Walsh Gary e Angélica Rísquez. 2008.
Ensinando na unive...
25
Eduardo José
Varela Bravo
Dpto. Filoloxía Inglesa, Francesa e Alemá
B-29 Filoloxía e Tradución
As Lagoas, Marcosende
Un...
Upcoming SlideShare
Loading in …5
×

4 xornada de innovación educativa.11/12/2009. Páginas web.

281 views

Published on

Creando una página web en inglés en un curso de inglés. El Inglés se convierte en el objetivo competencial y en el instrumento transversal para conseguir el objetivo pedagógico.

Published in: Education
0 Comments
0 Likes
Statistics
Notes
  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

No Downloads
Views
Total views
281
On SlideShare
0
From Embeds
0
Number of Embeds
2
Actions
Shares
0
Downloads
2
Comments
0
Likes
0
Embeds 0
No embeds

No notes for slide

4 xornada de innovación educativa.11/12/2009. Páginas web.

  1. 1. 4 Xornada de Innovación Educativa na Universidade. 11 Decembro 2009 Eduardo José Varela Bravo Departamento de Filoloxía Inglesa, Francesa e Alemá 11/11/09 1
  2. 2. “Se creamos unha páxina web en inglés seguindo as instrucións co profe de Inglés teríamos que rematar aprendendo Inglés e algo máis tamén!” (Descrición dunha actividade na aula do ano 2008-09. Derradeiro Primeiro ano de Filoloxía Inglesa.) RESUMO Paga a pena introducir innovacións nos cursos das licenciaturas que comezaron a súa extinción este ano? Si, por varias razóns importantes. Primeiro, porque hai que garantir a transmisión de coñecementos polo menos por tres anos máis. Segundo, porque no se pode prexudicar ao alumnado que está a cursar as devanditas licenciaturas e que teñen dereito a recibir unha educación de calidade aínda que sexa de xeito tradicional. Terceiro, porque estes cursos teñen que acomodarse aos novos tempos e necesidades e proporcionar coñecementos útiles e actualizados. 2
  3. 3. ENGLISH 1. ENGLISH PHILOLOGY PLANO 2001 Antes da experiencia. This computer Is archaic! Who cares English Philology! Benvidos a clase de Inglés! Tema ano 0 3
  4. 4. Resumo…. Continuación. Unha das experiencias de innovación do ano pasado consistiu en deseñar unha páxina web de curso en Inglés na materia Lingua Inglesa 1. O obxectivo de esta actividade foi combinar a práctica na creación e publicación de páxinas web sinxelas en Inglés co emprego dos propios vídeos demostrativos e das instrucións escritas como práctica de lingua. O proceso de creación da páxina foi primeiro actividade de comprensión auditiva e lectora supervisada polo profesor como traballo de aula. Despois, cando a páxina xa estaba montada, a selección de materiais e a redacción dos textos supuxo práctica de lingua adicional na produción escrita. Outros elementos positivos foron a creación dun grupo de traballo e a fixación de criterios na selección de vídeos e noticias na páxina. 4
  5. 5. PÁXINA WEB My First English Page. • Unha páxina típica das que deseñábamos no curso tiña normalmente os seguintes compoñentes. • 1.- Referencia ao blog do curso. • 2.- Un comentario do que facíamos en clase con mención dos puntos e dificultades máis importantes. RESUMO. COMPOSICIÓN. • 3.- Un videoclip de YouTube cunha letra non difícil que nos permitira facer práctica de comprensión, vocabulario e discusión. COMPRENSIÓN AUDIOVISUAL. • 4.- Algún vínculo o comentario cultural. DEBATE, POSIBILIDADE DE ALGUNHA LEITURA. • 5.- Todo condensado nunha páxina aínda que tiñamos a posibilidade de engadir máis. • 6.- Neste primeiro intre aproveitamos as imaxes que tiña a web, aínda que é posible engadir as túas propias imaxes. • As actividades dos puntos 2, 3 e 4 están relacionadas coas unidades do libro de texto. (Laser FCE.Heinemann). • As devanditas actividades poden xustificarse por medio de bibliografía especializada. • Nas actividades 1, 5, 6 hai unha serie de actividades competenciais complementarias e aleatorias moi importantes. 5
  6. 6. Resumo…. Continuación. Dende o punto de vista metodolóxico, a experiencia é positiva porque pode empregarse como actividade complementaria ás actividades do programa baseadas no libro de texto cubrindo non só a comprensión e produción senón tamén o vocabulario tanto xenérico como específico do mundo do internet. Dende o punto de vista das novas orientacións pedagóxicas fomenta o coñecemento práctico da lingua estranxeira. Dende o punto de vista das competencias educativas completa os estudios tradicionais do vello plano de estudios de Filoloxía Inglesa cun desenvolvemento de competencias globais, transversais e aleatorias que actualizan os contidos e orientacións desta materia dun xeito positivo. Unha primeira experiencia nunha materia terminal que ben podería continuarse nunha materia de novo deseño. Durante os minutos da exposición farei referencia as páxinas creadas namentres explico a actividade e os resultados acadados. 6
  7. 7. METODOLOXÍA/ REFORMA EDUCATIVA. TRABALLO PERSOAL, LIBRE INICIATIVA. • The course web page can be also used to insert materials not directly related with the course book but with questions or debates raised in the class that can lead to further debate and can be LATER EXPLOITED to REVIEW, STREGTHEN & RELATE to aspects dealt with in the regular course. • __________________________________ • Pódese empregar tamén a páxina web do curso para engadir materiais non relacionados de xeito directo co libro de texto senón con cuestións o debates que xorden na clase que poden levar a máis debates e pódense EXPLOTAR MÁIS TARDE para REPARASAR, REFORZAR E POR EN RELACIÓN aspectos xa tratados no curso regular. 7
  8. 8. 1.- Datos fundamentais da experiencia. • Iniciativa do profesor cun grupo de cinco alumnas do derradeiro primeiro curso de Filoloxía Inglesa. • Actividade: aprender a montar unha páxina web gratuíta en Inglés como complemento as actividades obrigatorias de desenvolvemento do programa do curso. • Período, duración e lugar. O proceso foi gradual durante os dous derradeiros meses do curso cando os obxectivos do libro de texto estaban xa practicamente resoltos. Empregouse a aula informática Newton 17 da Facultade de Filoloxía e Tradución. • Durante o curso as alumnas tiveron acceso á Plataforma Tema de xeito regular, onde quedaban almacenados os materiais de clase, e tiñan tamén un grupo persoal coa posibilidade de gardar exercicios, documentos e vínculos de interese. Contaban tamén cun blog de curso e con contacto regular co profesor da materia. 8
  9. 9. English-1 2008-09. • English 1. English Philology. Innovacións no emprego de recursos online. 1. 2006-07. Adscrición desta materia á Tema: (un ano despois das miñas outras materias) 2. 2007-08. – Confección e distribución dunha folla resumo de actividades distribuída pola lista de distribución: – Deseño dun blog específico da materia: 2007-08. – Deseño de materiais complementarios: 2007-08. 3. 2008-09. – Creación dunha páxina web do curso – Incorporación de materiais audiovisuais – complementarios nas presentacións. – Emprego do pdf. – Emprego dos grupos persoais. (Primeiro portafolio) Preinscrición. Enderezo electrónico- 9
  10. 10. 1.- Datos fundamentais da experiencia. 2 • Obxectivos: 1) Propiamente docentes: Práctica de manexo de materiais orixinais en Inglés na rede coas instrucións e unha descrición das prestacións dunha rede educativa gratuíta. Especialmente práctica de comprensión lectora e audiovisual. 2) Pedagóxicos. Potenciar o traballo en equipo e un espírito de colaboración entre as participantes. 3) Metodolóxicos. Potenciar o emprego de ferramentas informáticas e o desenvolvemento da capacidade comunicativa en inglés por medio dos recursos da Web 2.0 tal e como recomenda a literatura especializada máis recente, 4) Filolóxicos. Familiarización co vocabulario e estilo do inglés empregado no internet, 10
  11. 11. A aprendizaxe do Inglés na web 2.0. 1) Materiais deseñados polas editoriais, 2) Portais, páxinas e blogs na rede de temática específica, 3) Redes Sociais e Plataformas específicas sobre educación, 4) Publicacións en liña, 5) Directorios, 6) Materiais culturais, científicos e tecnolóxicos http://www.ehow.com/how_5047781_teach-english-internet.html Palabras clave: Metodoloxía do Ensino en Inglés, Ensino do Inglés por medio do Internet, deseño de actividades para a clase de Inglés….. 11
  12. 12. 1.- Datos fundamentais da experiencia. 3 • 5) Culturais e sociais: Busca e familiarización con directorios e bases de datos que recollen producións culturais, artísticas e científicas do mundo global de expresión en fala inglesa, 6) Innovar, actualizar e proporcionar nos recursos e coñecementos nun curso que aínda xa terminal era o primeiro dunha xeración de estudantes de Filoloxía Inglesa que non rematarán os seus estudios ata o ano 2013-14 se non ten atrancos, 7) Potenciar o novo énfase no auto aprendizaxe tutelado supervisado polos equipos docentes que moita xente asocia co plan Bolonia, 8) Completar un proxecto de cambio dunha materia do plano de 2001 que foi primeiro obxecto de reforma Ects e despois das reformas estruturais e metodolóxicas do período (Plataforma Tema, listas de distribución ,blog docente) que remata coa estrutura de curso mixto que recolle o plano de estudios do 2009-10. Se alguén botase unha ollada aos materiais do curso recollidos na Plataforma Tema podería complementar non só a evolución senón tamén a potencialidade dalgunhas das iniciativas, que poderían ser funcionais nalgún dos cursos de novo deseño. 12
  13. 13. PENSANDO NUNHA POSIBLE CONTRIBUCIÓN SOBRE METODOLOXÍA E EDUCACIÓN. E-1 301512104. 2008-09. Xa sabedes, os clásicos soen ter raxón… e non hai nada novo baixo o sol cando non chove. A COURSE WEB PAGE CONTENTS & DISPLAY RESOURCES AND TOPICS MODELS AND EXAMPLES INSTRUCTIONS AND PROCEDURES NOT ONLY ENGLISH, BUT GLOBAL COGNITIVE PATTERNS Bloom BLOOM’S TAXONOMY. 13 Varela B. Dieu et mon droit!
  14. 14. 1.- Datos fundamentais da experiencia. 4 • Resultados. A experiencia foi positiva nos aspectos fundamentais: práctica de lingua, traballo en equipo, familiaridade coa aula informática, inmersión cultural, actualización e innovación dun curso de estrutura tradicional. Sen embargo, faltou un mes máis de clase para poder alcanzar os obxectivos de xeito pleno. As condicións do curso 2008-09 foron pouco propicias. A folga da limpeza e outros conflitos e os traballos de modernización dos edificios, aulas e equipamento informático na Facultade de Filoloxía e Tradución produciron una perda de ritmo que eu calculo ben nun mes de nove. Ademais, un grupo de alumnos que comezou as actividades informáticas na aula Newton 17 abandonou a actividade ou ben por desencanto e falla de confianza nas actividades do curso ou ben por atopar dificultade co manexo dos ordenadores. De todos os xeitos é unha satisfacción ver como no segundo Curso de Filoloxía Inglesa parece estar consolidado o interese polo traballo organizado e en equipo nun grupo de xente. 14
  15. 15. A derradeira sesión • Esta páxina, a derradeira do curso foi deseñada polo grupo de traballo. Foi un día intenso xa que traballaron directamente co ordenador e o canón directamente na Newton 17. Cando remataron gardaron na páxina na Tema e eu fixen as derradeiras correcións. Pena de non ter un par de semanas máis! • De tódolos xeitos un resultado acadado moi satisfactorio. Tamén a posibilidade de explorar a experiencia en traballo persoal. 15
  16. 16. 1.- Datos fundamentais da experiencia. 5 • A experiencia foi positiva se ben un pouco apresurada. Ben levada, este proxecto podería chegar a proporcionar resultados de investigación nas áreas de ensino de linguas e novas metodoloxías e os seus resultados poderían estenderse ao deseño de materias complementarias e de libre elección de linguas modernas na universidade. • Ademais de práctica en Inglés y dunha mellora das capacidades interpersonais, as alumnas deste grupo piloto adquiriron coñecementos prácticos de manexo de ordenadores e emprego da web 2.0, tamén dos novos laboratorios informáticos como actividades e destrezas complementarias e aleatorias. O se proceso de adaptación aos cursos en liña o mixtos da universidade, por exemplo, tería que ser rápido e non traumático. 16
  17. 17. O prezo de innovar. • Innovar e experimentar son actividades gratificantes e necesarias na docencia, pero precisan dunha atmosfera favorable, non polémica e cooperativa. • Cando as dificultades son tanto de carácter académico como de aprendizaxe técnico as variables que cubrir e os problemas que poden xurdir non son predicibles. 17
  18. 18. 2.- A creación da páxina. • 2.1.- Selección da páxina web. A páxina web foi seleccionada polas súas indudables ventaxas pedagóxicas e técnicas aínda que hai outras alternativas non desdeñables. As razóns fundamentais son: 1. É unha páxina especializada na docencia que permite facer probas gratuítas. 2. Non é nada complicada, pero proporciona moitas prestacións. 3. O sistema de instrucións, que combina texto e vídeo era ideal para combinar unha práctica de lingua e a creación da páxina. 4.- Presenta gran potencialidade e permite tanto o traballo individual como en grupo. 18
  19. 19. Descrición: Just as easy. An educational site: http://www.j2e.com/ 19 O primeiro paso e inscribirse de xeito gratuíto e Individual para poder editar páxina e probar e comprobar as prestacións.
  20. 20. Emprego na aula: Os vídeos convírtense en material didáctico. 20
  21. 21. Exemplo: Unha nova práctica. 21 • Unha derradeira proba despois dun ano. Aínda • conservo a práctica. Dez minutos nesta tarde de domingo para lembrar cómo pasa o tempo. Comecei como axudante de Filoloxía Inglesa no curso 1981- 82. Aínda son capaz de aprender máis cousas! Agora ben coller destreza no manexo de programas e ordenadores leva tanto tempo como o estudio do Inglés. • A páxina no é aínda pública. • http://www.j2e.com/ejvarelab/Xorn adas+innovaci%C3%B3n/
  22. 22. 3.- Reflexión final e agradecementos • A creación de páxinas web de curso nas especialidades de Inglés centradas no seu aprendizaxe instrumental e comunicativo é unha ferramenta metodolóxica de primeira magnitude que hai que explorar ben. • A súa utilidade quedou demostrada neste experimento. Os aspectos positivos son innegables tanto no aprendizaxe como no desenvolvemento da capacidade interpersonal das alumnas, na estrutura das clases e na familiarización coas novas tecnoloxías. Hai que suliñar tamén ao estímulo que supón para o traballo persoal tutelado nas novas liñas innovadoras da reforma do ensino, dos graos e dos posgraos. A Filoloxía Inglesa convértese nunha Ave Fénix que sabe morrer e volver a nacer para volver a dar froitos. 22 E-1. English Philology. 2008-09. Derradeiro ano da licenciatura. ------------------------ GRAZAS, Marta Gómez López, Ana González Barreiro, Sandra Lois Peón, Sara Martínez Martínez e Paula Quintáns Pazos pola vosa axuda nesta iniciativa de innovación.
  23. 23. 4.- REFERENCIAS. 1 • 1.- Primarias: • Páxinas creadas na web educativa: http://www.j2e.com/ • Exemplos de páxinas do curso: http://www.j2e.com/ejvarelab/Webpage+expanded/ http://www.j2e.com/ejvarelab/E-1+webpage+150509/ http://www.j2e.com/ejvarelab/New+page22nd+May/ http://www.j2e.com/ejvarelab/Our+first+page/ http://www.j2e.com/ejvarelab/Xornadas+innovaci%C3%B3n/ • 2.- Metodoloxía do Inglés: • 2.1.- The Cambridge guide to teaching English to speakers of other languages By Ronald Carter, David Nunan. 2005. http://books.google.com/books?id=NHxOXpII6ssC&pg=PA208&dq=Teaching+english+while+creating+a+w eb&ei=Bcz1SsPHJZGGzgSeroGgBg#v=onepage&q=&f=false • 2.2.- Handbook of research on teaching the English language arts By James Flood. 2003. http://books.google.com/books?id=HdTMG_fSh18C&pg=PA652&dq=Teaching+english+while+creating+a+ web&ei=Bcz1SsPHJZGGzgSeroGgBg#v=onepage&q=&f=false 23
  24. 24. 4.2.- REFERENCIAS. 2 • 3. Reforma educativa. • 3.1.- Moore, Sarah, Walsh Gary e Angélica Rísquez. 2008. Ensinando na universidade. Universidade de Vigo, Vicerreitoría de Formación e Innovación Eductiva. • 3.2.- Miguel Valero García. 2009. A aprendizaxe baseada en proxectos no ensino universitario. Universidade de Vigo, Vicerreitoría de Formación e Innovación Educativa. • 3.3.- Portal de innovación, Universidade de Vigo. • http://webs.uvigo.es/portalvicfie/ • (Menciónanse aquí só uns poucos títulos como exemplo. Na páxina web da universidade de Vigo esta dispoñible unha importante colección de documentos e estudios sobre o proceso de reforma en marcha e sobre as novas tendencias metodolóxicas. ) 24
  25. 25. 25 Eduardo José Varela Bravo Dpto. Filoloxía Inglesa, Francesa e Alemá B-29 Filoloxía e Tradución As Lagoas, Marcosende Universidade de Vigo Teléfono: 986812343 E-mail: evarela@uvigo.es

×