NORMAS DE UTILIZACIÓN DOS LABORATORIOS
E EQUIPOS AUDIOVISUAIS
En beneficio de todos e importante que utilicemos e conserve...
5º- Solicitude do material fóra do horario lectivo.
As solicitudes de préstamo de material fóra do horario lectivo conside...
Upcoming SlideShare
Loading in …5
×

Normas de utilización dos laboratorios

516 views

Published on

  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

Normas de utilización dos laboratorios

  1. 1. NORMAS DE UTILIZACIÓN DOS LABORATORIOS E EQUIPOS AUDIOVISUAIS En beneficio de todos e importante que utilicemos e conservemos adecuadamente o material audiovisual para que este teña un rendemento óptimo e que varias xeracións de alumnos poidan formarse no uso das ferramentas tecnolóxicas cas que conta a Facultade. É labor de profesores, alumnos e PAS a sistematización e control do emprego diario destes espazos e materiais, de elevado custo económico e de grandes posibilidades, para executar os diferentes produtos solicitados para as materias que se imparten na Facultade. Polo tanto, é obrigado cumprir as seguintes normas para que este obxectivo común sexa acadado: 1º- Acceso aos Laboratorios Audiovisuais. Teñen acceso ás chaves dos laboratorios audiovisuais únicamente os profesores, bolseiros e Técnicos Audiovisuais da Facultade. 2º- Uso dos Laboratorios Audiovisuais Calquera estudante que quera empregar os laboratorios audiovisuias, preferiblemente fora das horas ocupadas pola docencia en laboratorios, terá que solicitalo na aplicación informática de Reserva de Equipos e Talleres da web da Facultade http://csc.uvigo.es/ > Servizos > Servizos audiovisuais. É necesario o rexistro previo na base de datos para poder facer reservas de material e espazos. A solicitude deberá incluir o profesor responsable da materia ao que lle chegará ao seu enderezo electrónico dita solicitude que poderá aceptar ou rechazar. 3º- Horario de préstamo de material técnico. O material técnico que presta a Facultade e soamente para a súa utilización en horario lectivo (de luns a venres de 9.00h. a 21.00h). O material audiovisual nunca se poderá empregar fóra do Centro sen a correspondente autorización (reserva electrónica). Calqueira uso fóra deste horario é considerado horario especial. 4º- Solicitude do material. O material da Facultade pódeno solicitar aqueles alumnos que se encontren cursando materias que teñan asignadas prácticas con material audiovisual. A solicitude deberá facerse da mesma maneira que a reserva de espazos http://csc.uvigo.es/ > Servizos > Servizos audiovisuais, cunha antelación mínima de 24 horas, tendo en conta a necesaria planificación de calquera proceso audiovisual. O horario de préstamo e devolución de material será de 9h.-11h., de 14h.-16h. e de 19h-21h. Fóra dese horario non se asegura a presenza dos membros do Gabinete. (Entre as súas funcións tamén está o mantemento e asistencia de Laboratorios e material). O alumno que asina a peticiñon do material responsabilízase da custodis e bo uso do material prestado, así coma da súa devolución nas mesmas condicións en que lle foi entregado. Si por algunha situación de carácter impredecible se retrasa a entrega do material deberá notificarse por teléfono ao Gabinete (986 802 026 – 986 801 999).   1  
  2. 2. 5º- Solicitude do material fóra do horario lectivo. As solicitudes de préstamo de material fóra do horario lectivo consideraranse de carácter especial. Este tipo de solicitudes que implican a saída do material despois das 21.00h. ou en fin de semana deberán realizarse cunha antelación mínima de 7 días. O Coordinador de Laboratorios, será o encargado de avaliar e autorizar as peticións. As solicitudes deberán ir acompañadas dun informe favorable do profesor que imparte a materia, que titorizará a realización do proxecto. No caso de proxectos que non se correspondan cunha materia, estos deberán estar titorizados por un profesor da Area de Comunicación Audiovisual e Publicidade con docencia nos Laboratorios Audiovisuais, que tamén aportará un informe favorable do proxecto. 6º- Documentación necesaria para solicitudes de carácter especial. Reserva vía web do material necesario. Vía mail enviarase a laboratorioscsc@uvigo.es: - Informe favorable por correo electrónico do profesor que titoriza o proxecto. - Presentación dun plan de produción no que se incluya: guión, localizacións, necesidades técnicas, plan de traballo e xustificación da necesidade de gravación nese horario. En tódolos casos a presentación de solicitudes de autorizacións para o desenvolvemento de Proxectos Especiais realizarase con 7 días de antelación. 7º- Devolución do material. O material deberá ser entregado en perfecto estado de funcionamento e limpeza. No caso de incidencia ou anomalía nalgún equipo ou Laboratorio deberase indicar ao Gabinete Técnico, que abrirá un parte de incidencias ou tentará solucionar o problema. 8º- Prégase que se repecte o traballo de todos e que ninguén borre arquivos que non lle pertencen nos diferentes equipos de edición. Neste sentido, esta! prohibido instalar software ou manipular os programas que están nos equipos audiovisuais. Calquera problema na utilización dos equipos deberá ser posta en coñecemento do Gabinete Técnico para a súa solución. No Control de Realización está prohibido cambiar calquera configuración dos equipos sin a supervisión dun membro do Gabinete Técnico. Non está permitido fumar, beber ou comer nos Laboratorios Audiovisuais. 9º- Unha vez rematado o traballo nos Laboratorios estes deberán quedar os equipos apagados, recollidos e ordeados de xeito que o seguinte grupo o encontre nas óptimas condicións. Calquera incidencia deberá ser comunicada ao Gabinete Técnico ou ao Coordinador de Laboratorios. 10º- En beneficio de todos pregamosvos que tratades todo o material ca maior responsbilidade e agarimo. Paulino Pérez Coordinador de Laboratorios Audiovisuais. Octubre de 2013   2  

×