Successfully reported this slideshow.
We use your LinkedIn profile and activity data to personalize ads and to show you more relevant ads. You can change your ad preferences anytime.

COEDUCACIÓN AFECTIVO-EMOCIONAL E SEXUAL

1,745 views

Published on

Con estes materiais pretendemos ofrecervos un recurso para a
intervención coeducativa no ámbito afectivo-emocional e sexual, que
vos poida resultar de utilidade na vosa práctica profesional.
Antes de comezar a falar do asunto un pouco
máis polo miúdo, gustaríanos indicar que o contido
desta guía responde a un modelo de intervención
educativa no ámbito das actitudes, fundamentado
nos principios da psicoloxía dinámica, adaptado ao
tema que nos ocupa e tamén ao colectivo a que vai
dirixida: é dicir, nenas e nenos de entre 3 e 11 anos,
e profesorado de Educación Infantil e Primaria.
Neste sentido, tanto as actividades que se
inclúen, coma a fundamentación teórica que as precede,
constitúen un modelo vertebrado en torno a
un obxectivo xeral: a contribución a un desenvolvemento
afectivo-sexual saudábel das nenas e nenos,
como parte fundamental da súa maduración.
Este traballo vén precedido doutro anterior que,
baixo o título Temas transversais e educación de
actitudes. Proposta para unha intervención integral a propósito
da prevención da infección polo vih-sida, que se está a desenvolver
desde hai varios anos en centros de Ensino Secundario de Galicia,
e que xa demostrou a súa efectividade a través dos resultados dunha
avaliación realizada nos comezos da súa posta en funcionamento.
Esperamos, por todo isto, que a proposta resulte de utilidade
para o voso traballo e tamén, por suposto, que o seu desenvolvemento
resulte divertido e produtivo...

  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

×