Successfully reported this slideshow.

Buzón rebelde número 17 nadal definitivo

0

Share

Upcoming SlideShare
Buzón rebelde outono 2021
Buzón rebelde outono 2021
Loading in …3
×
1 of 4
1 of 4

More Related Content

Buzón rebelde número 17 nadal definitivo

  1. 1. Parece ser que todo o mundo o sabía, menos a dirección de Correos: O Voto por Correo aumentou un 14,5% en relación pasadas datas electorais. Recapitulemos A día 10/12 (xoves) a xunta electoral tivo que dar unha prórroga a Correos para aumentar en 24 hrs o prazo de solicitude dos votos por correo. Ese día foi de un grande caos nas oficinas, xuntándose as persoas que querían enviar paquetería con as que querían solicitar os votos, creando largas colas e bastante malestar... (continúa en páxina 2) A dirección pon, unha vez máis, a Correos ao borde do ridículo pola súa incompetencia, improvisación e racanería. 17 Ó R G A N O D E D I F U S I Ó N D A C G T C O R R E O S – A C O R U Ñ A Problemas no voto por Correo 2 Moción no concello da Coruña 3 Renunciamos a fondos de fomación 4 Breves 4 CONTIDO: APROBADA NA CORUÑA MOCIÓN EN DEFENSA DO REPARTO POSTAL DIARIO PRESENTADA POLA MAREA ATLÁNTICA COA COLABORACIÓN DE CGT AVALADA POR MÁIS DE 160 SINATURAS DO PERSOAL DA CIDADE RESPALDADA POR TODOS OS PARTIDOS (Marea Atlántica, BNG, PSOE e PP) O ANO PASADO FORON MÁIS DE 500000 PAQUETES TIRADOS NO CTI DE BARAJAS ESTE ANO O CAOS E O DESCONTROL DO VOTO POR CORREO UNHA VEZ MÁIS A IMAXE DE CORREOS POLO CHAN POLA INCOMPENTECIA DA DIRECCIÓN. Impartidas xa máis de 2000 prazas para os cursos de Productos, Atención ao cliente Oficina e Acollida e Procesos para todo o mundo, afiliad@ ou non, con titores voluntari@s e recursos propios. DESDE A CGT QUEREMOS DESEXARVOS UNHAS MOI BOAS FESTAS!!!!
  2. 2. (Ven da páxina 1) Xa nese día 10 saíron varias notas de prensa en diferentes medios alertando do que nos viña derriba, se non se contrataba máis xente e se reforzaba o servizo. A resposta da dirección a estes avisos non se fixo esperar: ANULANDO O SÁBADO EXTRA PREVISO PARA O DÍA 12/12. Incrible pero certo. No luns día a 14 tivemos unha xuntanza coa xefatura. Nesa xuntanza (á que non viñeron CCOO, nen S.L , ¿será que “pasan”, ou que estaban xa de vacacións?) dinnos que non autorizaron o sábado en Madrid, a pesar de telo solicitado, que, segundo Madrid, “todo está ben” e que non haberá problema en sacar todo o voto por correo “facendo só un aviso, para axilizar a entrega”. Aparte de alertar desa irregularidade á xunta electoral provincial, desde a CGT advertimos que isto ía servir só para colapsar as oficinas… (tal como pasou) por que, ao recibir os votos avisados nas oficinas, o único que consegues é que as persoas que queren votar teñan que pasar por ela tres veces: unha para o solicitar, outra pola documentación e a terceira e definitiva para poder votar. Ese luns 14, seguinte ao reparto anulado do sábado, foi de un caos terrible: votos por todas partes que se xuntaron coa correspondencia electoral, descontrol… Ao chegar o mércores (último día para que as persoas foran a votar) aínda eran moitos os votos nas unidades de reparto. O día 15 foi de un grande apuro nas oficinas, colas que chegaron a unha hora en varios lugares e, unha vez máis, moito malestar entre as persoas que querían votar, e que vían que o prazo expiraba. Unha vez máis Correos tivo que rogar á xunta electoral outra prórroga até o venres 17 ás 14:00, concedida non sen advertir antes “A tal efecto Correos deberá extremar la diligencia para asegurar que los sobres con el voto se depositen en plazo en las respectivas mesas electorales el día de la votación" . O venres votaron ás últimas persoas sen ter a certeza plena de que os seus votos chegarían a tempo ás mesas electorais, coa impresión da chapuza total, da falta de previsión e unha vez máis a imaxe de Correos danada gravemente diante dunha sociedade que non entende que a directiva sexa a última en se enterar de que, loxicamente, se aumentan as solicitudes aumentaran na semana seguinte os envíos de documentación para votar na mesma proporción!! PÁXINA 2 Na foto, colas para votar o día 15, previamente ao novo prazo que nos tivo que dar a Xunta Electoral, ás 21:30 na oficina dos Rosais, na Coruña A solución tería sido dar o sábado extra e reforzar o reparto pola tarde para levar os votos ás casas! Cadena Ser e a Voz de Galicia 10/12 USES REFORZADAS CON MEDIAS XORNADAS, DOBLANDO TURNOS DE UN XEITO IMPROVISADO E CAÓTICO O SÁBADO EXTRA ANULADO NO ÚLTIMO SUSPIRO SEN DAR NINGUNHA EXPLICACIÓN O PERSOAL REPARTINDO AS CARTAS ELECTORAIS FORA DO HORARIO SEN COBERTURA NENGUNHA AS OFICINAS COLAPSADAS DE PERSOAS DESCONTENTAS CO SERVIZO E O PERSOAL AO 200% A XUNTA ELECTORAL CONCEDENDO 3 PRÓRROGAS A CORREOS CON ADVERTENCIAS INCLUÍDAS E TODO NAS ELECCIÓNS ONDE O ESTADO MÁIS LLE PAGOU A CORREOS 48.000.000 DE EUROS!!!!! ¿¿¿A ONDE FORON ESES CARTOS????
  3. 3. NÚMERO 17, NADAL 2015 A proposta da moción partiu directamente do alcalde, Xulio Ferreiro e do concelleiro de traballo Alverte Lema, unha vez escoitadas as inquedanzas de 15 persoas de todas as unidades de reparto da nosa cidade, tamén da USE e de atención ao cliente. Desde o sindicato tamén entregamos copia dos máis de 1000 partes de pendentes de reparto que se recolleron na UR1 da Coruña (como exemplo do que está a acontecer en toda a cidade) no último ano e medio, que demostran a necesidade de dotar ao servizo de máis persoal, sobre todo ante os recargos. Asimesmo foron entregadas copias das denuncias elevadas desde CGT Correos A Coruña ao Ministerio de Fomento, Á comisión nacional dos mercados e da competencia, ao europarlamento, ao Valedor do Pobo e, finalmente, á Defensora del Pueblo Estatal, onde se atopa en curso actualmente. Seguimos defendendo o reparto diario en todas partes,a máxima calidade no servizo, e o mantemento dos postos de traballo PÁXINA 3 A proposta de Marea Atlántica, coa colaboración da CGT e o respaldo de 160 traballadores/as da cidade da Coruña foi aprobada por Marea, BNG, PSOE e PP Na imaxe inferior, traballadrores/as asistindo ao pleno. Xuntanza previa do persoal co alcalde, Xulio Ferreiro  O concello da Coruña instará á empresa pública Correos SAE a manter o persoal necesario para cumprir con todo rigor as súas obrigas de reparto diario da correspondencia, nas condicións que fixa a lei, en todos os domicilios da nosa cidade de luns a venres, en condicións de igualdade e sen discriminar ningunha zona.  O concello da Coruña vixiará o cumprimento da prestación do servizo postal universal colaborando activamente co persoal de Correos SAE abrindo as canles de comunicación necesaria.  O noso concello solicitará á Sociedade Estatal de Correos y Telégrafos SAE, á Comisión Nacional do sector Postal e ao Ministerio de Fomento que Correos amplíe a plantilla estrutural que ten asignada á nosa cidade tanto en reparto como en atención ao cliente. Recpercusión na prensa Aquí, o texto íntegro: http://www.slideshare.net/cgtcorreos/mocin-apoio-servizo-correos-polo-concello-da-corua
  4. 4. Desde CGT Correos facemos pública a RENUNCIA OFICIAL AOS FONDOS DE FORMACIÓN que presentamos á empresa e solicitamos a devolución do seu importe á masa salarial. Ou, o que é o mesmo, ao peto de todos e todas as traballadoras de Correos, de onde nunca debía de saír. 4 000 000 euros desviados nos últimos nos do salario do persoal de Correos ás arcas dos grandes sindicatos-academia Desde CGT loitamos para que a formación sexa impartida pola propia empresa, evitando así un negocio pouco ético por parte dalgunhas OOSS e buscando que a formación sexa realmente universal e non discriminatoria. A CGT seguirá a dar a formación homologada gratuíta, mentres a empresa non o faga, para todo o mundo, cos nosos propios recursos, para non discrimar a nin- guén nin empregar o diñeiro dos nosos salarios para o utilizar sindicalmente. Non sexas @ ultim@ en enterarte! Séguenos no noso facebook Cgtcorreosacorunha ou Xa impartidas 2000 prazas dos cursos “Acogida y Procesos”, “Productos” e “Atención ao cliente en Oficina”! Gratis, para todo o mundo, sen estar afiliadx e por rigoroso orde de inscripción. No ano 2016 teremos 8 días de AP, serán eliminados no próximo convenio? As eleccións sindicais na Coruña serán o 21 de Xaneiro, tamén se aprazan as de Valencia, Navarra, Ávila, La Rioja, e outras están pendentes de xuízo... Traslado ao primeiro andar da dirección do edificio principal da Coruña. ¿Subastara-se finalmente o edificio como se escoita rumorear? ¿¿Seguiremos no 2016 coa chapuza das mochilas??

×