Successfully reported this slideshow.
We use your LinkedIn profile and activity data to personalize ads and to show you more relevant ads. You can change your ad preferences anytime.

Nº 50 novembro 2014 en galego,.

586 views

Published on

Boletín do ENDL do CEIP de Randufe (Tui). Nº 50 novembro de 2014

Published in: Education
  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

Nº 50 novembro 2014 en galego,.

  1. 1. Boletín do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística CEIP de Randufe Nº 50 novembro de 2014
  2. 2. IR, HABER E FACER ANOS Para falarmos do tempo cronolóxico empregamos os verbos facer, haber e ir con usos distintos que non debemos confundir. FACER emprégase para indicar con exactitude o tempo. Adoita vir acompañado dun adverbio de tempo que indica o momento desde o que se conta, por ex.: “Mañá fai tres meses que me operaron” Co mesmo significado de tempo exacto transcorrido emprégase facer cando se quere indicar perío-dos anuais que reciben o nome de aniversarios: “Iria fixo once anos o 24 de outubro” ou “que día fai os anos a túa irmá?” HABER emprégase para indicar o tempo aproximado. Non se mide con exactitude, nin se marca o comezo nin o final, por ex.: “Hai dous anos que mudamos de domicilio” ou “hai tres meses que me operaron” IR, acompañado da preposición para, emprégase tamén para indicar un tempo aproximado. por ex.: “Vai para un ano que merquei a bicicleta” En galego non existen cumpreanos, porque os anos non se cumpren, os anos fanse. O día en que unha persoa fai os anos é o aniversario. En tempos pasados era costume non celebrar o aniversario coma hoxe e en troca celebrar o día onomástico, que non é outro que o día en que se cele-bra a festa cristiá do santo ou da santa de quen se leva o nome. Este costume vai caendo en desuso desde hai décadas por vivirmos nunha sociedade máis secularizada que a de antano, e tamén hoxe son cada vez máis frecuentes os nomes que están fóra do santoral católico. Para nomear este día existe a for-ma estar de santo, ou tamén a forma estar de día, expresión que como a ce-lebración vai caendo no esquecemento. Do mesmo xeito que o aniversario é o día en que se fan os anos do nace-mento, tamén é o día que fai os anos da morte dunha persoa, neste caso ani-versario da morte, ou tamén chamado cabodano.

×