Nº 31 febreiro 2012 en galego,.

1,772 views

Published on

Published in: Education
0 Comments
0 Likes
Statistics
Notes
  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

No Downloads
Views
Total views
1,772
On SlideShare
0
From Embeds
0
Number of Embeds
398
Actions
Shares
0
Downloads
1
Comments
0
Likes
0
Embeds 0
No embeds

No notes for slide

Nº 31 febreiro 2012 en galego,.

  1. 1. Boletín do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística CEIP de Randufe Nº 31 febreiro de 2012 "¿O galego ha de seguir mantendo unha liña autó- noma na súa evolución como idioma, ou ha de pender a máis estreita similaridade co-a lingua falada, e sobre to- do escrita, de Portugal e-o Brasil. [...]. A ninguén se lle oculta que, da parte da Galiza, hai a gañar moito máis que a perder si a relación entre a unha e outra fala se avivece e sostén" Valentín Paz Andrade Escultura de Valentín Paz Andrade na praza de San Xosé de Pontevedra.
  2. 2. SER E ESTAR Dous verbos fundamentais na sintaxe galega e, con todo, unha parte importante dos seus usos está con-dicionada pola sintaxe do castelán. Mais é posíbel e aconsellábel recuperarmos os usos máis propios des-tes dous verbos. O verbo estar indica o lugar a respecto de suxeitos móbeis e a transitoriedade nos suxeitos: O libro está encol da mesa. Alberte está en Santiago. A carne está no frigorífico. A auga do caldeiro está morna. Es serio pero estás alegre. Por iso cando nos referimos a un suxeito inmóbil, o indicado sería usar o verbo ser, e non “estar”a imitación do castelán: Xoán está en Nova York, onde é a sede das Nacións Unidas. Aínda que estou a traballar en Betanzos, a miña casa é na Coruña. As Illas Cíes son na ría de Vigo. E tamén para indicar propiedades de seu dos suxeitos, e usamos “estar” para apreciacións: O leite é branco, mais non está quente. A camisa é nova e, non obstante, está rota. O coche é novo / O coche está novo. Elisa é linda / Elisa está linda. Mais tamén debemos empregar o verbo ser en casos como: “É prohibido fumar” no canto de “Está prohibido fumar”, aínda que o mellor sería: “Prohíbese fumar.” “A ONU é formada polos estados do mundo”, “Lémbrome de cando o meu avó era vivo”, “Es casado?”, e compárese con: “estás cansado?” En definitiva, debemos usar o verbo ser para indi-car a permanencia e a esencia, e co verbo estar indicamos a transitoriedade e a valorización. (Tomado de L.C. Carballal en http://debullandoafala.blogspot.com/2012/01/ser-e-estar.html) As torres Xemelgas eran en Nova York e as Canda os torres Petronas nosos avós a son en Kuala Lumpur. escola era noutro edificio.

×