Successfully reported this slideshow.
We use your LinkedIn profile and activity data to personalize ads and to show you more relevant ads. You can change your ad preferences anytime.

Nº 28 outubro 2011 en galego,.

913 views

Published on

Published in: Education
  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

Nº 28 outubro 2011 en galego,.

  1. 1. Boletín do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística CEIP de Randufe Nº 28 outubro de 2011 EN GALEGO, POR DEFERENCIA Esta anécdota foi recollida por Xurxo Martínez González no seu blogue “O marmurio das ondas” (http://omarmuriodaonda.blogaliza.org/2011/04/14/en-galego- por-deferencia/). Di así: Foi durante unha conferencia nunha sala ampla ateigada de xente nunha localidade da Comunidade Autónoma Galega. Non lembro o no- me das persoas agás o de Fernando Ónega, o xornalista que fixo carreira en Madrid que agora acompaña con anuncios para o Banco Pastor. Logo das correspondentes presentacións, tomou a palabra o citado xor- nalista. Abriu dun xeito semellante a isto: “Como sabedes eu son galego. Sei falar galego e gústame moito a fala da miña terra. É un tesouro que temos. Pero como aquí diante temos a dous colegas de Madrid, por deferencia con eles, voume expresar en cas- telán. As linguas están para comunicarnos”. Falou, logo, nun castelán empiricamente bo malia que o puidese facer nun galego supostamente tan bo. A seguir falaba unha señora. Mágoa non lembrar o nome. Comezou: “Como sabedes eu son galega. Sei falar galego e gústame moito a fala da miña terra. É un tesouro que temos. Pero como aquí diante temos a dous colegas de Francia, por deferencia con eles, voume expresar en francés. As linguas están para comunicarnos” [Nesa sala non había francés ningún]. A xente entendeu perfectamente. Non o francés, senón o galego que esta señora recuperaría aos cinco minutos pero cheo de prestixio. Xusto o que lle arrancaran, por deferencia, había media hora. Se nun mundo tan globalizado como o actual non pui- désemos falar galego no noso propio pais, porque estive- se presente algún foráneo, implicaría a inviabilidade da nosa lingua. Tamén por isto...
  2. 2. HOUBERON DE AFOGAR, HEI SABER Hoxe traemos dúas perífrases galegas que se constrúen co verbo haber. As dúas poden levar a preposi-ción de, ou non levala; con preposición ou sen ela son dúas construcións correctas e moi galegas, propias eexclusivas do noso idioma. Unha faise co verbo haber en pasado e outra co verbo haber en presente. PASADO DO VERBO HABER + (DE) INFINITIVO: Indica que unha acciónera inminente, tiña moitas posibilidades de se producir, mais non ocorreu. “O coche saíuse da estrada e houberon de morrer os ocupantes” (están vivos, non morreron). “pisou mal e houbo caer polas escaleiras” (non caeu). “O domingo houbemos gañar o partido” (non gañamos). PRESENTE DO VERBO HABER + (DE) INFINITIVO: Indica que unha ac-ción vaise producir no futuro, sexa un propósito ou unha certeza. “Hei saber quen me levou a cancela” (ten o propósito de sabelo). “Este ano habemos de ascender a primeira”, di un seareiro do Celta (obviamente é un propósito pormáis que o considere unha certeza). “Os camiñantes han chegar a Compostela” (manifesta a certeza de que chegarán a Compostela). Unha vellaxa moi vellabotou un to- Se non co-xo no lar, meres a me-saltoulle na renda heichefaldriqueira e deixar senhóubolle de televisión.queimar.

×