Successfully reported this slideshow.
We use your LinkedIn profile and activity data to personalize ads and to show you more relevant ads. You can change your ad preferences anytime.
XEOGRAFÍA 
FÍSICA 
DE GALICIA
VOCABULARIO 
• Esteiro 
• Landa 
• Ría 
• Tómbolo
ESQUEMA DA UNIDADE 
5.1. O relevo de Galicia 
5.2. Os climas e o medio natural de Galicia 
TEMA (pregunta teórica) 
• Dive...
SITUACIÓN E LÍMITES DE 
GALICIA 
Localización: extremo 
noroeste da Península. 
Superficie: 29434 km2. 
Límites: 
• rodead...
O RELEVO GALEGO 
Relevo  sucesión de bloques elevados e 
afundidos que presentan un aumento xeral das 
alturas desde a co...
ASPECTOS 
DO RELEVO 
Contraste 
topográfico entre 
as terras baixas 
costeiras e as 
máis elevadas 
do interior 
Chairas 
...
O RELEVO GALEGO: a franxa 
litoral 
• 1700 km de costa, a máis extensa da Península 
Ibérica  gran diversidade paisaxísti...
RÍAS ALTAS, 
dende Ribadeo 
ata Muros 
AS 
RÍAS 
GALEGAS 
RÍAS BAIXAS, 
dende Muros 
ata a foz do Miño
TIPOS 
DE 
RÍAS
O RELEVO 
GALEGO: as 
serras 
• Extremo oriental  
paredón rochoso creado por 
un encadeamento de 
serras, entre as que 
...
O RELEVO GALEGO: 
as serras 
• O tránsito entre a Galicia costeira e a interior  marcado polas 
• serras setentrionais: a...
O RELEVO GALEGO: 
as superficies de 
aplanamento 
• Un dos aspectos máis destacados  existencia de amplos sectores 
aplan...
O RELEVO 
GALEGO: as 
depresión interiores 
Desde As Pontes de García Rodríguez, ao norte, ata Verín, ao sur, 
encadéanse ...
Espazo occidental 
no que hai 
maior presenza de 
rochas plutónicas 
Espazo oriental 
no que dominan 
lousas e xistos 
O 
...
HISTORIA XEOLÓXICA DE GALICIA 
Zócolo paleozoico Substrato xeolóxico 
Oroxenia alpina 
(Terciario) 
Fracturación do 
zócol...
LITORAL 
PRELITORAL 
SERRAS SETENTRIONAIS 
E DORSAL MERIDIANA 
CHAIRA 
LUCENSE 
SERRAS E DEPRESIÓNS 
ORIENTAIS E 
SUDORIEN...
Modelado granítico no Pindo 
Pregas cuarcíticas en Burela 
ALGÚNS MODELADOS DO RELEVO 
Sinclinal 
colgado 
na Serra 
do Ei...
O CLIMA DE GALICIA
2.- A diversidade climática 
galega 
Pola súa posición xeográfica, entre os 41º 48' e 43º 47' de latitude norte, Galicia i...
2.- A diversidade climática 
galega 
De oeste a leste e de norte a sur se produce unha progresiva 
degradación dos trazos ...
VARIEDADE 
CLIMÁTICA 
O CLIMA DE GALICIA 
CLIMA OCEÁNICO 
1 Oceánico costeiro 
2 Oceánico interior 
(continentalizado) 
3 ...
VARIEDADE 
CLIMÁTICA 
CLIMA OCEÁNICO 
1 Oceánico costeiro 
2 Oceánico interior 
(continentalizado) 
3 Oceánico mediterráne...
VARIEDADE 
CLIMÁTICA 
O CLIMA DE GALICIA 
CLIMA OCEÁNICO 
1 Oceánico costeiro 
2 Oceánico interior 
(continentalizado) 
3 ...
“O clima de Galicia vese moi influído pola súa localización xeográfica. Así, a situación á beira do 
océano e a latitude n...
CLIMOGRAMAS DE GALICIA 
Datos procedentes de www.pedrocolmenero.es e www.ucm.es
Situación sinóptica de estabilidade: situación anticiclónica de verán. Fonte: Atlas Climático de Galicia, op. cit.
Situación sinóptica de precipitacións intensas de poñente. Fonte: Atlas Climático de Galicia, op. cit.
Situación sinóptica de estabilidade: situación anticiclónica invernal. Fonte: Atlas Climático de Galicia, op. 
cit.
Fonte: Atlas Climático de Galicia, op. cit. 
EVIDENCIAS DO CAMBIO CLIMÁTICO 
A temperatura anual aumentou 0,18 ºC por déca...
Os ríos galegos 
A compartimentación do relevo xunto cunha 
elevada pluviometría e un substrato 
litolóxico moi impermeabl...
Os ríos galegos 
 Os ríos da vertente atlántica (dende cabo Ortegal ata a 
desembocadura do Miño): 
 nacen nas serras li...
rede fluvial ven definida pola interrelación entre a disposición do relevo e a pluviosidade. Os dous favorecen 
existencia...
Os ríos galegos 
2.2 O caudal abundante e regular 
Os ríos galegos son moi caudalosos, por dous motivos: 
• as precipitaci...
Os ríos galegos 
2.3 Os humedais e os acuiferos 
Galicia conta con gran cantidade de terreos húmidos diseminados 
por todo...
A VEXETACIÓN 
O noroeste peninsular atópase no límite de dúas rexións bioxeográficas: a Eurosiberiana, que ocupa gran 
par...
A VEXETACIÓN 
Pódese establecer unha estreita correspondencia entre os diferentes dominios climáticos e as 
unidades bioxe...
“Na rexión mediterránea as 
comunidades climácicas son 
tamén bosques, neste caso 
de cerquiños,agás na cunca 
do Sil, ond...
“A paisaxe vexetal actual é resultado da acción antrópica, pois a vexetación climácica de 
Frondosas caducifolias está moi...
Galicia pertence 
ao Reino Holártico, 
cuxo territorio 
se englobaba 
en dúas rexións ata 
hai pouco: a rexión 
Eurosiberi...
(Documento PDF aloxado en www.cfeaguisamo.org) 
No mapa de distribución de cubertas vexetais en Galicia destaca a forte pe...
“En Galicia hai poucos pés de especies arbóreas que acaden tallas próximas ás súas respectivas 
alturas máximas rexistrada...
“Os bosques naturais da actualidade foron orixinados de dous xeitos diferentes: uns poucos son bosques 
primarios, fragmen...
ESPAZOS PROTEXIDOS
ESPAZOS PROTEXIDOS
ESPAZOS PROTEXIDOS 
“A rica e abundante diversidade biolóxica de Galicia, en particular en forma de hábitats naturais débe...
RISCOS NATURAIS 
“As características singulares de Galicia 
convértena nun lugar onde certos riscos 
naturais son relevant...
O documento co ESTUDO DAS ZONAS DE RISCO DE INUNDACIÓN 
DA BACÍA GALICIA - COSTA (publicado en setembro de 2011) 
recolle ...
Outro 
fenómeno 
que 
produce 
graves 
trastornos 
é o dos 
temporais, 
frecuentes 
durante 
o inverno 
e que 
afectan 
so...
O ciclón extratropical “Klaus” (xaneiro 2009) 
veu acompañado de ventos cunha velocidade 
máxima de 198 km/h en Estaca de ...
MOVEMENTOS 
SÍSMICOS
O 22 de maio de 1997, o triángulo das 
localidades lucenses de Sarria, Becerreá 
e Triacastela converteuse no epicentro 
d...
“(…) Os incendios 
teñen a súa orixe na 
man do home (...). 
En Galicia a 
intencionalidade na 
xeración de lumes é 
manif...
Bibliografía básica: 
- ALDREY, J.A. e LOIS, RUBÉN C. (2010): Breve xeografía de Galicia. Ed. A Nosa Terra. 
- MIRAMONTES ...
4.1.galicia
4.1.galicia
4.1.galicia
4.1.galicia
4.1.galicia
4.1.galicia
4.1.galicia
4.1.galicia
Upcoming SlideShare
Loading in …5
×

4.1.galicia

743 views

Published on

  • Be the first to comment

4.1.galicia

  1. 1. XEOGRAFÍA FÍSICA DE GALICIA
  2. 2. VOCABULARIO • Esteiro • Landa • Ría • Tómbolo
  3. 3. ESQUEMA DA UNIDADE 5.1. O relevo de Galicia 5.2. Os climas e o medio natural de Galicia TEMA (pregunta teórica) • Diversidade climática galega e a súa influencia nos ríos e na vexetación. - Diversidade climática. - Os ríos de Galicia. -A diversidade bioxeográfica. PRÁCTICOS - Comentario dun perfil topográfico O-E. - Comentario de paisaxes naturais de Galicia (serras orientais, cuncas interiores e tipoloxía das rías). VOCABULARIO Esteiro / Landa / Ría / Tómbolo (4)
  4. 4. SITUACIÓN E LÍMITES DE GALICIA Localización: extremo noroeste da Península. Superficie: 29434 km2. Límites: • rodeada por dúas grandes masas de auga (o mar Cantábrico, ao norte, e o océano Atlántico ao oeste) • Sur: frontera con Portugal, con quen comparte o río Miño; • Leste: cordilleiras orientais e sudorientais enlazan, ao mesmo tempo que individualizan o territorio, co resto do estado español.
  5. 5. O RELEVO GALEGO Relevo  sucesión de bloques elevados e afundidos que presentan un aumento xeral das alturas desde a costa cara ao interior. Pódense diferenciar as seguintes unidades morfolóxicas: A franxa litoral. Serras. Superficies de aplanamento. Depresións interiores.
  6. 6. ASPECTOS DO RELEVO Contraste topográfico entre as terras baixas costeiras e as máis elevadas do interior Chairas setentrionais Serras e depresións de orixe tectónica no sector meridional
  7. 7. O RELEVO GALEGO: a franxa litoral • 1700 km de costa, a máis extensa da Península Ibérica  gran diversidade paisaxística e ambiental. • Carácter abrigado das rías  o trazo máis diferenciador do litoral galego, • Grandes contrastes: • sectores de acantilados de gran crueza, como os da Costa da Morte ou A Capelada, na Coruña, • carácter rectilíneo da rasa cantábrica, que ocupa un pequeño tramo de costa cara ao límite con Asturias.
  8. 8. RÍAS ALTAS, dende Ribadeo ata Muros AS RÍAS GALEGAS RÍAS BAIXAS, dende Muros ata a foz do Miño
  9. 9. TIPOS DE RÍAS
  10. 10. O RELEVO GALEGO: as serras • Extremo oriental  paredón rochoso creado por un encadeamento de serras, entre as que destacan as dos Ancares, O Courel e Eixe • Algúns picos superan os 2000 metros (Pena Trevinca, 2124m) de alitude. • Dificulta enormemente as comunicación coa Meseta. • Litoloxía: serras formadas durante a oroxénese alpina, na era terciaria. • Materiais: gran diversidade  lousas, cuarcitas, calcarías e pequeñas áreas de dominio granítico. Esta circunstancia, unida á intensa acción erosiva dos ríos Miño, Eo, Navia e Sil, e aos procesos de orixe glacial e preglacial, deu lugar a un relevo que se sintetiza nunha sucesión de vales e cumios coroados fundamentalmente por cistas de cuarcita.
  11. 11. O RELEVO GALEGO: as serras • O tránsito entre a Galicia costeira e a interior  marcado polas • serras setentrionais: ao sur do litoral cantábrico, constitúen una antiga superficie aplanada, que se elevou ata a cota máxima dos 1056 m alcanzados no Cuadramón, dentro da serra do Xistral. • Serras centro occidentais ou Dorsal Galega, esténdense de norte a sur, aumentando progresivamente en altura desde a serra da Faladoira (700m) ata o Faro de Avión, que se aproxima aos 1100.
  12. 12. O RELEVO GALEGO: as superficies de aplanamento • Un dos aspectos máis destacados  existencia de amplos sectores aplanados, que acentúan o contraste horizontalidade/verticalidade característico na configuración do noroeste peninsular. • Interior da provincia de Lugo, entre as serras orientais e a Dorsal Galega, a denominada Terra Chá supón unha gran superficie chá, situada entre os 600-700 m de altitude. • Cara ao litoral, nas comarcas de Bergantiños, Alto Xallas, península do Barbanza ou nas terras do Deza, as chairas presentas dimensións máis reducidas e están intensamente fragmentadas pola rede fluvial.
  13. 13. O RELEVO GALEGO: as depresión interiores Desde As Pontes de García Rodríguez, ao norte, ata Verín, ao sur, encadéanse unha serie de pequenas depresión, orixinadas fundamentalmente durante os movementos oroxénico da era terciaria, que presentan unha dirección dominante norte-sur. Estas depresións, co fondo cuberto por unha importante capa de materiais sedimentarios de orixe básicamente fluvial, ofrecen interesantes matices climáticos e bioxenéticos con respecto aos sectores circundantes.
  14. 14. Espazo occidental no que hai maior presenza de rochas plutónicas Espazo oriental no que dominan lousas e xistos O ROCHEDO
  15. 15. HISTORIA XEOLÓXICA DE GALICIA Zócolo paleozoico Substrato xeolóxico Oroxenia alpina (Terciario) Fracturación do zócolo: numerosas fallas Finais do Terciario Subsidencia no bordo continental que dá orixe a boa parte das rías. Configuración actual da rede fluvial Cuaternario Periglaciarismo
  16. 16. LITORAL PRELITORAL SERRAS SETENTRIONAIS E DORSAL MERIDIANA CHAIRA LUCENSE SERRAS E DEPRESIÓNS ORIENTAIS E SUDORIENTAIS LITORAL
  17. 17. Modelado granítico no Pindo Pregas cuarcíticas en Burela ALGÚNS MODELADOS DO RELEVO Sinclinal colgado na Serra do Eixe Fotografías procedentes de: http://xhgalicia.blogspot.com Cuarcitas e xistos en Ribadeo Lagoa glaciar no Courel
  18. 18. O CLIMA DE GALICIA
  19. 19. 2.- A diversidade climática galega Pola súa posición xeográfica, entre os 41º 48' e 43º 47' de latitude norte, Galicia inclúese dentro das rexións de clima oceánico de fachada occidental, CARACTERÍSTICAS: • amplitude térmica reducida (baixa na costa e moderada no interior), • invernos suaves, veráns frescos • precipitacións abundantes(máis de 800 mm.) regularmente repartidas durante todo o ano xa que se atopa baixo a influencia das borrascas da fronte polar. • dominio do anticiclón das Azores durante o verán dando lugar a un máximo de dous meses secos (que marca a transición ao clima mediterráneo continentalizado). FACTORES  introducen unha serie de matices climáticos. • disposición do relevo -que segue en moitos casos unha orientación transversal ás masas de aire dominantes, de compoñente O e SO-; • orientación da maioría das rías a favor dos ventos oceánicos, • distancia ao mar, • Peculiares características das depresións e dos vales fluviais,
  20. 20. 2.- A diversidade climática galega De oeste a leste e de norte a sur se produce unha progresiva degradación dos trazos típicos do dominio oceánico.  Así a temperatura media anual diminúe cara ao interior (ainda que case sempre supera os 10º C ) e aumenta de norte a Sur.  a amplitude térmica aumenta do NO ao SE; na costa a amplitude é baixa debido á influencia do mar (9-12º), o verán é fresco e o inverno moderado; cara ao interior a amplitude é moderada (12-15º) ao disminuir a influencia mariña, e debido a este feito o inverno é frío.  as precipitacións diminúen da costa ao interior e en función da orientación do relevo. Esta transición bioclimática fai que poidamos distinguir, polo menos, cinco ámbitos diferentes: a Galicia occidental, a fachada cantábrica, as áreas de montaña, a Galicia interior e os vales e depresións do sector meridional.
  21. 21. VARIEDADE CLIMÁTICA O CLIMA DE GALICIA CLIMA OCEÁNICO 1 Oceánico costeiro 2 Oceánico interior (continentalizado) 3 Oceánico mediterráneo 4 Oceánico de montaña 5 Fachada cantábrica 5  Galicia occidental: temperaturas medias arredor dos 12º e precipitacións arredor de 1500 mm anuais.  Area centro-occidental de Galicia  a orientación das rías favorece a entrada das masas de aire cara o interior que, ao se atoparen cos pés das serras centrais, producen abundantes precipitacións (oceánico hiperhúmido).  Nas Rías Baixas rexístranse temperaturas elevadas durante gran parte do ano (entre 12- 15ºC de media) e, aínda que o total de precipitacións é similar ao resto da fachada, estas presentan unha distribución máis estacional, cunha forte tendencia á aridez estival.  Fachada cantábrica  A Mariña lucense presenta un descenso relativo das precipitacións, que se sitúan entre os 800-1000 mm anuais, con respecto á fachada atlántica, aínda que sen aridez estival. As temperaturas: invernos frescos e veráns suaves.
  22. 22. VARIEDADE CLIMÁTICA CLIMA OCEÁNICO 1 Oceánico costeiro 2 Oceánico interior (continentalizado) 3 Oceánico mediterráneo 4 Oceánico de montaña 5 Fachada cantábrica 5  Galicia interior (oceánico continentalizado) O CLIMA DE GALICIA  A distancia ao mar e a protección das serras nos sectores da Terra Chá, Chantada, Terra de Lemos, Arnoia e A Limia fan que as chuvias sexan inferiores ás dos outros dominios e que aumente a oscilación térmica, que se aproxima aos 14º C, con invernos rigorosos e veráns moi cálidos (e con tendencia a unha maior sequidade).  Vales e depresións do sector meridional (oceánico con matiz mediterráneo)  Os vales do Miño medio e do Sil, pequenas depresións do sur, constitúen os sectores máis áridos de Galicia, sobre todo durante a época estival.  As precipitacións adoitan ser inferiores a 700-800 mm  Aumento xeneralizado das temperaturas, cunha media anual superior aos 14º C. Estas características fan que a zona sexa considerada de transición ao clima mediterráneo.
  23. 23. VARIEDADE CLIMÁTICA O CLIMA DE GALICIA CLIMA OCEÁNICO 1 Oceánico costeiro 2 Oceánico interior (continentalizado) 3 Oceánico mediterráneo 4 Oceánico de montaña 5 Fachada cantábrica 5  Áreas de montaña (oceánico de montaña)  Dáse, en xeral, por riba dos 700 metros de altitude, aínda que as súas características esenciais (aumento xeral da oscilación térmica anual e diaria, e maior frecuencia das precipitacións en forma de neve) rexístranse fundamentalmente nas serras orientais e sudorientais.
  24. 24. “O clima de Galicia vese moi influído pola súa localización xeográfica. Así, a situación á beira do océano e a latitude na que se atopa marcan os caracteres climáticos. A orografía é outro factor definitorio do clima, que favorece a subdivisión interna nunha serie de variedades. A posición do país fai que existan uns contrastes estacionais moi marcados, alternando a influencia da corrente polar no inverno e das altas presións subtropicais (Anticiclón de Azores) no verán. Esta variedade de condicións atmosféricas explican a diversidade notoria de tipos de tempo que se dan en Galicia. O clima da nosa comunidade presenta trazos comúns con todos os climas oceánicos de Europa Occidental, pero tamén características diferenciais. Os elementos comúns son as continuas chegadas de masas húmidas do O que favorecen unhas intensas precipitacións e unhas características térmicas de suavidade. Malia estes caracteres comúns, Galicia individualízase pola seca estival acentuada e a maior duración do verán.” J.A. Aldrey e Rubén C. Lois: Breve xeografía de Galicia. Ed. A Nosa Terra
  25. 25. CLIMOGRAMAS DE GALICIA Datos procedentes de www.pedrocolmenero.es e www.ucm.es
  26. 26. Situación sinóptica de estabilidade: situación anticiclónica de verán. Fonte: Atlas Climático de Galicia, op. cit.
  27. 27. Situación sinóptica de precipitacións intensas de poñente. Fonte: Atlas Climático de Galicia, op. cit.
  28. 28. Situación sinóptica de estabilidade: situación anticiclónica invernal. Fonte: Atlas Climático de Galicia, op. cit.
  29. 29. Fonte: Atlas Climático de Galicia, op. cit. EVIDENCIAS DO CAMBIO CLIMÁTICO A temperatura anual aumentou 0,18 ºC por década no período 1961-2006. O incremento non foi homoxéneo ao longo do período, destacando o aumento abrupto desde 1972, chegando a taxa a duplicarse: 0,36 ºC por década. O aumento foi maior en primavera e verán. No inverno aumentou a temperatura máxima e descendeu o número de días fríos. Canto ás precipitacións, aumentan os episodios de choiva intensa no outono e diminúen na primavera. Hai unha diminución de situacións do norte e do nordés en primavera e verán. A partir do estudo “Evidencias e impactos do cambio climático en Galicia” (http://www.siam.medioambiente.xunta.es/cligal/documentos/1.pdf)
  30. 30. Os ríos galegos A compartimentación do relevo xunto cunha elevada pluviometría e un substrato litolóxico moi impermeable propicia unha rede fluvial moi densa. 2.1 A disimetría das vertentes: diferencias entre as vertentes cantábrica e atlántica debido á proximidade ao mar das serras setentrionais.  A vertente cantábrica esténdese desde a desembocadura do río Eo ata o cabo Ortegal:  nacen nas serras litorais, a excepción do Eo e do Navia, que teñen o seu nacemento nas serras orientais.  Son de curso moi curto, agás o Eo e o Navia, o máis longo desta vertente, ainda que desemboca fora de Galicia.
  31. 31. Os ríos galegos  Os ríos da vertente atlántica (dende cabo Ortegal ata a desembocadura do Miño):  nacen nas serras litorais ou nas occidentais  dúas subvertentes: a da Galicia litoral e a da Galicia interior.  Galicia litoral polo xeral os ríos presentan unha lonxitude modesta e artellan concas de tamaño igualmente pequeno, nas que as máis importantes son as do Tambre, Ulla e Eume.  Galicia interior a gran arteria fluvial que forman os ríos Miño e Sil:  O Miño e o Sil son os ríos máis longos de Galicia. O Miño (340 km) nace na Serra de Meira e desemboca nun esteiro. Conta con importantes afluentes como o Arnoia, ou o Avia e principalmente o Sil, que lle achega moita auga. O Sil nace fóra da Comunidade, na Cordilleira Cantábrica, a 1.980 m, polo que é único río galego de réxime pluvionival.  A cunca meridional situada ao sueste, inclúe algúns ríos que nacen en Galicia pero que desembocan fora da Comunidade, como o Támega, que desauga no Douro e o Limia, que desemboca en augas oceánicas portuguesas.
  32. 32. rede fluvial ven definida pola interrelación entre a disposición do relevo e a pluviosidade. Os dous favorecen existencia de numerosísimos cursos fluviais, a meirande parte deles de curto percorrido. Case a totalidade ríos galegos amosan un réxime de tipo pluvial oceánico, caracterizado pola abundancia e regularidade dos Caudais, con enchentas invernais e estiaxes moderadas no verán. Os ríos que desembocan na vertente cantábrica Navia, Eo, Masma, Landro, Sor, Mera, etc.) son os que teñen maior regularidade neste réxime. Pola contra, os desaugan nas Rías Baixas presentan descensos moi importantes no seu caudal durante o verán (Tambre, Ulla, Umia, Lérez, Verdugo,etc.). Mentres que os ríos que desembocan no Golfo Ártabro e na área de Fisterra manteñen uns caracteres intermedios (Grande de Xubia, Eume, Mandeo, Mero, Anllóns, Grande, Castro e Xallas). A partir de J.A. Aldrey e Rubén C. Lois: Breve xeografía de Galicia. Ed. A Nosa
  33. 33. Os ríos galegos 2.2 O caudal abundante e regular Os ríos galegos son moi caudalosos, por dous motivos: • as precipitacións son abundantes • predominio da escorrentía fronte á infiltración, isto debido á existencia de materiais impermeables e á presenza de pendentes medias elevadas. • O Miño é o río máis caudaloso de Galicia, chegando ao nivel máis elevado nos Peares, na confluencia co Sil. Os ríos de Galicia presentan, na súa maioría un réxime pluvial oceánico, cun ritmo anual simple dun máximo no inverno, en xaneiro ou febreiro, e un mínimo no verán, en agosto ou setembro. O réxime pluvio-nival do Sil maniféstase no mantemento duns caudais elevados ata ben entrada a primavera gracias á fusión das neves
  34. 34. Os ríos galegos 2.3 Os humedais e os acuiferos Galicia conta con gran cantidade de terreos húmidos diseminados por todo o territorio en forma de zonas de marismas, esteiros, deltas, lagoas, etc. Destacan pola súa riqueza natural e pola cantidade de especies endémicas que as habitan a ría de Ribadeo; a ría de Ortigueira e Ladrido; a lagoa e areal de Valdoviño; as dunas de Corrubedo e finalmente o complexo intermareal de Umia-O Grove-A Lanzada. Os acuíferos, bastante numerosos, supoñen un importante recurso xa que as súas augas abastecen os pequenos núcleos das áreas rurais e algunhas industrias, aínda que a súa principal función é subministrarlles auga ás zonas húmidas e lagoas de Galicia.
  35. 35. A VEXETACIÓN O noroeste peninsular atópase no límite de dúas rexións bioxeográficas: a Eurosiberiana, que ocupa gran parte de Galicia, e a Mediterránea ( sueste da provincia de Lugo e á maior parte de Ourense). Esta transición faise visible no paso do dominio do: • carballo (Quercus robur): típico da fachada atlántica, adáptase á humidade e aos solos silíceos, • cerquiño ou rebolo (Quercus pyrenaica); representa o tránsito cara a condicións climáticas caracterizadas por unha maior irregularidade das precipitacións e pola existencia dun período de seca estival polo que estas árbores manteñen as follas secas ata o nacemento dun novo gromo (bosque marescente).
  36. 36. A VEXETACIÓN Pódese establecer unha estreita correspondencia entre os diferentes dominios climáticos e as unidades bioxeográficas. Características: • a proliferación das plantacións de piñeiro e de eucalipto (orixe antrópica) esvaneceu, en gran medida, a distribución de especies tradicionais • carballo ou o castiñeiro, sufriron un notable retroceso nos últimos tempos debido á menor rendabilidade económica. • Nas beiras dos ríos e polo xeral en áreas húmidas medran amieiros, salgueiros ou freixos. • Nas áreas máis secas do sueste de Lugo e interior de Ourense onde se produce a transición ao clima mediterráneo están presentes as sobreiras e as aciñeiras. Dentro das formacións arbustivas atópanse os breixos, que invaden amplas áreas como sotobosque ou como cuberta arbórea, debido á intensiva deforestación, as xestas, que ocupan principalmente a Galicia interior e de montaña, e o piorno, que se estende polas serras orientais. Nas áreas máis secas dos vales orientais aparecen formacións de xarais, que poñen de relevo a existencia de condicións mediterraneizantes.
  37. 37. “Na rexión mediterránea as comunidades climácicas son tamén bosques, neste caso de cerquiños,agás na cunca do Sil, onde son substituídos por aciñeiras (Quercus ilex subsp. Ballota). Os bosques de cultivo tamén adquiriron notable importancia dende épocas remotas, é o caso dos soutos de castiñeiros (Castanea sativa), introducidos hai máis de 2.000 anos.Os piñeirais son de implantación máis recente, especialmente o Pinus pinaster (piñeiro marítimo ou galego) chegado dende Portugal no século XVII. Máis recentemente Introducíuse o eucalipto (Eucaliptus globulus), orixinario de Australia e que comezou a cultivarse a partir de mediados do século XIX, malia os problemas medioambientais que xera.” J.A. Aldrey e Rubén C. Lois: Breve xeografía de Galicia. Ed. A Nosa Terra.
  38. 38. “A paisaxe vexetal actual é resultado da acción antrópica, pois a vexetación climácica de Frondosas caducifolias está moi deteriorada e en franco retroceso, predominando na Actualidade as especies arbóreas foráneas, o mesmo o mato de substitución do bosque Orixinario, fundamentalmente os toxos (Ullici europaei), piornos (Cytisus lusitanicus) e Breixos (Ericetum cinerae).” J.A. Aldrey e Rubén C. Lois: Breve xeografía de Galicia. Ed. A Nosa Terra.
  39. 39. Galicia pertence ao Reino Holártico, cuxo territorio se englobaba en dúas rexións ata hai pouco: a rexión Eurosiberiana e a rexión Mediterránea. Na actualidade Prefírese incluír toda a comunidade na rexión Eurosiberiana.
  40. 40. (Documento PDF aloxado en www.cfeaguisamo.org) No mapa de distribución de cubertas vexetais en Galicia destaca a forte penetración dos eucaliptais na Mariña lucense e costa norte coruñesa, ao tempo que incrementan a súa proporción en todo o litoral occidental, onde as masas de frondosas ceden tamén ante a presión das coníferas. A mestura de coníferas e frondosas está moi estendida polas provincias de poñente e no cadrante noroccidental de Ourense, mentres a principal cantidade de frondosas e carballeiras se refuxia na provincia de Lugo -principalmente- e, en menor medida, nas montañas ourensás. De todos xeitos, o espazo non arborado ocupa unha proporción moi notable nas altas serras orientais e, sobre todo, sudorientais, en depresións como a Limia e nos altos cumes da Dorsal Galega e outras serras máis occidentais. O espazo non arborado ocupaba en 2003 o 52% do total.
  41. 41. “En Galicia hai poucos pés de especies arbóreas que acaden tallas próximas ás súas respectivas alturas máximas rexistradas no contexto europeo. Isto pode ser interpretado como resultado da ancestral presión antrópica efectuada sobre os nosos bosques para obter unha ampla gama de produtos e beneficios (madeira, leñas, carboneo, pastoreo, construción naval, travesas para o ferrocarril, etc.), o que ten producido un rexuvenecemento xeral nas nosas masas arboradas.” A partir de Manuel A. Rodríguez Guitián: Bosques monumentais de Galicia... op. cit.
  42. 42. “Os bosques naturais da actualidade foron orixinados de dous xeitos diferentes: uns poucos son bosques primarios, fragmentos residuais herdeiros directos do antigo bosque primixenio anterior á destrución antrópica, mentres que outros chamados bosques secundarios consisten en rexeneracións que tiveron lugar en sitios que nalgún momento da historia foron deforestados. Os bosques primarios caracterízanse pola mínima perturbación dos seus solos e alta biodiversidade vexetal, e por conseguinte animal que atesouran. Nos bosques secundarios pódense aínda distinguir dúas categorías máis atendendo á súa idade: os secundarios antigos e os secundarios recentes. Os primeiros son moi similares aos bosques primarios xa que tiveron tempo abondo para seren recolonizados e adquirir especies e comunidades estables, axudoulles a isto formarse cando os bosques antigos aínda eran abondosos e o illamento ecolóxico era baixo, ámbolos dous tipos poden ser agrupados na categoría de bosques antigos. Son estes moi escasos en Galicia, as dubidosas estimacións de superficies existentes (…) achegarían en torno ás 25.000 hectáreas (...), en calquera caso para atopalos é preciso acudir ás máis esgrevias fragas, devesas e abesedos das serras dos Ancares, O Courel, a cunca do Eume e pouco máis.” Antón Bouzas: “Destrución, conservación e restauración da paisaxe”
  43. 43. ESPAZOS PROTEXIDOS
  44. 44. ESPAZOS PROTEXIDOS
  45. 45. ESPAZOS PROTEXIDOS “A rica e abundante diversidade biolóxica de Galicia, en particular en forma de hábitats naturais débese, por unha banda, á gran heteroxeneidade orográfica, litolóxica, edáfica e climática e, por outra, á influencia do home desde a Antigüidade. Moitos destes hábitats posúen un especial valor e interese se aplicamos valores de naturalidade, endemicidade, rareza ou estado de conservación. Este é o caso de dunas, acantilados, lagoas e mariñas, turbeiras, montes, matogueiras da rexión mediterránea, xunto coas reducidas manifestacións de laurisilva e de teixos. (…) [En Galicia hai] máis de 2.000 especies vexetais silvestres, entre as cales se atopan 44 endemismos.” Ángel Miramontes: “A xeografía física de Galicia”. Ed. Lóstrego.
  46. 46. RISCOS NATURAIS “As características singulares de Galicia convértena nun lugar onde certos riscos naturais son relevantes. O de inundacións é o que se manifesta como máis importante. O anegamento de áreas máis ou menos amplas aparece con relativa frecuencia, o que supón situacións de grave perigo colectivo ou catástrofe, motivadas esencialmente por un urbanismo desordeado que se traduce na habitual construción en chairas de inundación dos ríos. Para tratar de evitar as negativas consecuencias destas inundacións no Plan Especial de Protección Civil establecéronse as áreas de risco (142 municipios), que é particularmente extremo nas ribeiras do río Sar, especialmente na comarca de Santiago e A Mahía; nas do Ulla, sobre todo na súa desembocadura en Padrón e Pontecesures; as comarcas luguesas de A Terra Chá, Vilalba e Begonte; e nas ribeiras do Umia, fundamentalmente ao seu paso por Caldas de Reis.” J.A. Aldrey e Rubén C. Lois: “Breve xeografía de Galicia”. Ed. A Nosa Terra
  47. 47. O documento co ESTUDO DAS ZONAS DE RISCO DE INUNDACIÓN DA BACÍA GALICIA - COSTA (publicado en setembro de 2011) recolle 39 áreas con risco potencial significativo inundación en masas de auga costeiras e de transición (rías e esteiros). O resultado foi a determinación de que un total de 543 quilómetros de río presentan un risco significativo de enchente, o que supón un 3,7 % da lonxitude fluvial de Galicia Costa, e que se agruparon en 167 áreas con risco potencial significativo de inundación.
  48. 48. Outro fenómeno que produce graves trastornos é o dos temporais, frecuentes durante o inverno e que afectan sobre todo ás áreas costeiras.
  49. 49. O ciclón extratropical “Klaus” (xaneiro 2009) veu acompañado de ventos cunha velocidade máxima de 198 km/h en Estaca de Bares.
  50. 50. MOVEMENTOS SÍSMICOS
  51. 51. O 22 de maio de 1997, o triángulo das localidades lucenses de Sarria, Becerreá e Triacastela converteuse no epicentro do terremoto de maior magnitude do século XX en Galicia. O sismo, cunha magnitude de 5,3 na escala Richter, foi o máis importante na comunidade desde 1969, cando se viu afectada polo terremoto de Cabo de San Vicente (magnitude de 7,3),con epicentro no Océano Atlántico. Previamente, en novembro-decembro de 1995 producíranse outros terremotos con magnitude 4,5 na escala Richter. Máis recentemente, sismos de 3,2 e 3,3 de magnitude producíronse en 2002 en Ponte Caldelas e A Rúa, e outro con epicentro no mar, a 61 km de A Coruña, de magnitude 5 (abril de 2006), así como un de magnitude 3,5 en marzo de 2011. Un recente estudo levado a cabo pola Universidade de Oviedo e publicado en 2004 (http://www.geol.uniovi.es/~clopez/PDFs/TG24-04.pdf) permite comprobar que a sismicidade máis importante producida na rexión galega e na súa marxe atlántica está asociada ás fallas NE-SO, das que a de Becerreá e a de Sarria son ben significativas.
  52. 52. “(…) Os incendios teñen a súa orixe na man do home (...). En Galicia a intencionalidade na xeración de lumes é manifesta.” Tomás Fdez. Couto INCENDIOS FORESTAIS
  53. 53. Bibliografía básica: - ALDREY, J.A. e LOIS, RUBÉN C. (2010): Breve xeografía de Galicia. Ed. A Nosa Terra. - MIRAMONTES CARBALLADA, Á. (2007): A xeografía física de Galicia. Ed. Lóstrego. - PÉREZ ALBERTI, A. (1986): A Xeografía. Ed. Galaxia. - TORRES LUNA, Mª P.; PAZO LABRADOR, A.J.; SANTOS SOLLA, J.M. (1990): Galicia, rexión de contrastes xeográficos. Ed. Universidade de Santiago. - VV.AA. (1996-1998): Xeografía. Tomos XVII a XXII do Proxecto Galicia. Ed. Hércules. - VV.AA. (1999): Atlas climático de Galicia (dispoñible en rede: http://www.meteogalicia.com/datosred/infoweb/meteo/docs/publicacions/libros/AtlasClimaticoGalicia.pdf) - VV.AA. (1986-2008): Atlas Nacional de España (dispoñible en rede: http://www2.ign.es/ane/ane1986-2008/) - VV.AA. (2011): Atlas climático ibérico (dispoñible en rede: http://www.aemet.es/es/divulgacion/publicaciones/detalles/Atlas-climatologico)

×