TRANSICIÓN E CONSOLIDACIÓN DA DEMOCRACIA

1,437 views

Published on

Published in: News & Politics, Career
0 Comments
0 Likes
Statistics
Notes
• Be the first to comment

• Be the first to like this

No Downloads
Views
Total views
1,437
On SlideShare
0
From Embeds
0
Number of Embeds
203
Actions
Shares
0
Downloads
90
Comments
0
Likes
0
Embeds 0
No embeds

No notes for slide

TRANSICIÓN E CONSOLIDACIÓN DA DEMOCRACIA

1. 1. HISTORIA DE ESPAÑA TRANSICIÓN E CONSOLIDACIÓN DA DEMOCRACIA
2. 3. 1. TRANSICIÓN.

Transición democrática = proceso histórico de paso dunha ditadura á normalidade democrática. Cronoloxía controvertida para historiadores:

 Para algúns: 1975 (morte de Franco) a 1977 (Lei de Reforma Política  eleccións democráticas.

 Para outros: 1975 a 1978 (Promulgación Constitución).

 Outros á prolongan até 1982 (vitoria electoral do PSOE) ou incluso a 1986 (entrada de España na CEE).

Trazos característicos da Transición:

 Equilibrio entre reforma e ruptura  desaparición das institucións franquistas sen necesidade de rupturas revolucionarias.

 Consenso : acordo entre forzas políticas e sociais  “ olvido necesario” da Guerra Civil.

 Lexitimación popular dos cambios e acordos  referendo para aprobación da Lei de Reforma Política e da Constitución do 78, eleccións do 77.

3. 4.

A) PROCLAMACIÓN DE XOÁN CARLOS I.

Morte de Franco (20 de novembro 1975)  mecanismos de sucesión do estado franquista (Lei de Sucesión, 1947)  proclamación de Xoán Carlos I coma rei de España e Xefe do Estado, tras xuramento das Leis e Principios Fundamentais do Movemento. Gran parte da oposición democrática vía no novo rei un mero continuador da obra de Franco.

O novo rei accedía ao trono en virtude da legalidade franquista pero non seguindo a lexitimidade dinástica, que correspondía ao seu pai Don Xoán de Borbón  demora da solución ata maio de 1977  cesión de dereitos dinásticos de Don Xoán ao seu fillo.

4. 5.

B) O PRIMEIRO GOBERNO DA MONARQUÍA.

- Continuación de Arias Navarro coma presidente de goberno  composición heteroxénea  todas as familias do franquismo representadas, dos máis conservadores aos reformistas:

 Continuistas (Arias Navarro): permanencia modelo franquista con algunhas reformas (concesión dalgúns dereitos).

 Reformista-continuista (Manuel Fraga): tímida reforma política (sufraxio universal para elección do Congreso, non do Senado) e continuación do sistema franquista.

 Reformista (Adolfo Suárez): consecución dunha verdadeira democracia.

- Carlistas dividíronse en 2 ramas (socialista e conservadora)  enfrontamento armado nunha manifestación en Montejurra (maio 1976)  desaparición política do carlismo.

5. 6.

A oposición democrática reclamaba o restablecemento inmediato da democracia e a ruptura coas institucións franquistas  formación Coordinación Democrática ( Plataxunta ) = organismo que unía a todas as forzas da oposición democrática.

- Paralización de reformas por Arias e o búnker   conflictividade laboral (folgas e manifestacións) por motivos económicos (crise e reconversión  despidos, alza prezos), políticos (reivindicacións democráticas e nacionalistas, sobre todo en Cataluña)  dura represión polo goberno (5 mortos en Vitoria).

- Estas accións  evidencia do inmobilismo do goberno Arias Navarro  demostración de ineficacia para afrontar reformas democráticas  demisión de Arias (forzada polo rei) en xullo de 1976.

6. 7.

C) GOBERNO DE ADOLFO SUÁREZ: INICIO DAS REFORMAS.

Demisión Arias  Xoán Carlos I elixe a Adolfo Suárez coma presidente do goberno e a Torcuato Fernández Miranda presidente das Cortes = 2 figuras políticas favorables ás reformas democráticas.

Elección de Adolfo Suárez  decepción na oposición, pois pensaban que continuaría coa liña política propia do franquismo. Sen embargo os obxectivos últimos de Suárez = democratización e celebración de eleccións xerais  inicio de reformas democráticas:

 Renuncia da Coroa ao dereito de presentación de bispos.

 Amnistía para os delitos políticos (agás o terrorismo).

 Ampliación da liberdade de expresión e tolerancia.

 Inicio de entrevistas cos principais líderes da oposición democrática para iniciar a legalización dos principais partidos e sindicatos.

7. 8.

As reformas  protestas e manifestacións desde posicións extremas:

 Organizacións políticas opositoras ao franquismo (ETA, GRAPO…)  consideran as reformas insuficientes  aumento atentados.

 Extrema dereita (ultras) non aceptan ningún tipo de cambios  violencia.

Ante os cambios anunciados por Suárez  reorganización das forzas políticas:

 Dereita: forzas procedentes do franquismo (Manuel Fraga)  Alianza Popular (AP).

 Centro: democratacristiáns e liberais  futura UCD (Unión de Centro Democrático).

 Oposición democrática  no exilio formación Plataforma de Organismos Democráticos ( Superplataxunta ).

 Esquerda: destaca o Partido Comunista (aínda na clandestinidade).

Para conseguir sacar adiante as reformas, Suárez debía contar co acordo do exército (= principal sostén do franquismo e sector máis reacio a aceptar reformas democráticas)  reunión da cúpula militar con Suárez en setembro de 1976  o exército acepta as reformas e a futura legalización de partidos, agás a do Partido Comunista

8. 9.

Principal reforma do goberno Adolfo Suárez = Lei para a reforma política  convocatoria de eleccións xerais democráticas para formar novas Cortes.

Para que a lei entrara en vigor tiña que ser aprobada polo Consello Nacional do Movemento e as Cortes franquistas  o Consello emitiu un informe favorable sobre o proxecto de lei e enviouno ás Cortes franquistas para a súa discusión (novembro 1976)  aprobación por gran maioría (o que significaba a súa autodisolución  Cortes haraquiri ).

Tras a súa aprobación polas Cortes  a Lei debía ser refrendada polo pobo español en referendo (15 de decembro)  aprobación por ampla maioría (77% de participación, 94% de votos afirmativos).

9. 12.

Complementarias á Lei para a Reforma política  medidas democratizadoras:

 dereito de folga.

 amnistía presos políticos.

 legalización sindicatos.

 disolución Movemento Nacional.

Paralelamente á reforma  presións da oposición para legalización de todos os partidos  legalización do PSOE (liderado por Felipe González) a finais de 1976 pero aínda non do Partido Comunista .

10. 14.

D) AS ELECCIÓNS DE 1977.

- Tras aprobación da Lei reforma política  organización por Suárez das eleccións xerais  numerosas dificultades:

 Aumento da violencia de ultradereita e ultraesquerda en xaneiro de 1977:

 Ultradereita: matanza de avogados laboralistas da rúa Atocha (ligados ao PCE).

 Ultraesquerda: secuestros e atentados do GRAPO contra militares, políticos, policías e gardas civís.

- Ao mesmo tempo tamén fixéronse avances:  Legalización do Partido Comunista: Suárez anunciouna o 9 de abril de 1977, despois de manter entrevistas secretas co seu secretario xeral, Santiago Carrillo. A cambio da legalización, o PCE aceptaba a monarquía, a bandeira real, a unidade de España e a democracia. - Legalización PCE  profundo malestar e oposición no exército - Paralelamente as eleccións quedaron fixadas para o día 15 de xuño.
11. 16.

Convocatoria de eleccións xerais  creación de numerosas organizacións políticas para concorrer a elas (78 partidos = sopa de siglas). Ao mesmo tempo moitos exiliados retornaban a España (Pasionaria, Rafael Alberti...).

Numerosos partidos  coalicións por afinidade política para obter mellores resultados nas eleccións. Principais partidos:

a) UCD (Unión de Centro Democrático): forzas de centro = antigos franquistas favorables ás reformas democráticas, democratacristiáns, liberais, centristas e socialdemócratas,…, liderados por Adolfo Suárez.

b) Partido Socialista , presentouse dividido: PSOE (Partido Socialista Obreiro Español) liderado por Felipe González e PSP (Partido Socialista Popular) de Enrique Tierno Galván.

c) Partido Comunista de España (PCE), de Santiago Carrillo.

d) Alianza Popular (AP), encuadraba a forzas de dereita e a maioría de antigos políticos franquistas (Manuel Fraga).

12. 19.

Normativa electoral:

 Congreso dos Deputados: por listas electorais elaboradas por cada partido  representación proporcional correxido por regra D´Hont:

* circunscrición provincial . Número de escanos en cada provincia en función da súa poboación.

* mínimo de 3% dos votos nesa circunscrición para ter escano.

* escanos atribuidos aos maiores coeficientes resultantes de dividir o total de votos de cada lista electoral por 1, 2, 3… ata o número de escanos a cubrir.

 Senado: sistema de candidaturas individuais ( vótase ao nome ), aínda que elaboradas polos partidos.

Resultados das eleccións de xuño de 1977: Vitoria da UCD, seguida de PSOE, PCE terceira agran distancia e cuarta AP, nacionalistas vascos e cataláns tamén obtiveron representación

13. 21. 2. A CONSTITUCIÓN DE 1978

Eleccións de 15 de xuño de 1977  cortes constituíntes  formación dunha comisión parlamentaria de 7 deputados para redactar unha constitución (3 de UCD, 1 do PSOE, 1 de AP, 1 de PCE e 1 de PDC = nacionalistas cataláns).

Tras a súa presentación  apertura dun prazo de enmendas para ser debatidas e introducir modificacións ou non á Constitución  aprobación polo Congreso e Senado por maioría absoluta (31 outubro 1978)  aprobación en referendo polo pobo español o 6 de decembro).

14. 24.

Constitución de 1978  principios (Título Preliminar = recolle espírito da lei):

 Definición de España = Estado social e democrático de dereito  estado que recoñece a participación cidadá e a soberanía popular (democrático), a pluralidade política (= existencia de diferentes partidos políticos, organizacións sindicais e empresariais) e onde todos os individuos e organismos están subordinados á Constitución e as leis (de dereito). O principio de social = máis difuso  dereitos sociais (educación, ¡¡¡ vivenda, traballo!!! , sanidade…) na Constitución actúan coma orientacións non coma normas xurídicas ríxidas.

 Foma política = monarquía parlamentaria.

 Foma do Estado = unitario que recoñece e garante o dereito das rexións á autonomía política  Estado das autonomías .

 Linguas oficiais = castelán na totalidade do Estado e autonómicas en cada unha das súas comunidades.

15. 25.

Constitución 1978  dereitos e deberes dos cidadáns/ás españois (Título I).

 Os dereitos poden agruparse en 3 grupos:

 Dereitos civís: vida, integridade física, igualdade, liberdade, habea corpus (proceso xudicial con garantías), propiedade, residencia, abolición tortura e pena de morte…

 Dereitos políticos : liberdade de expresión sen censura, reunión, manifestación, asociación (partidos políticos, sindicatos,…), folga, a participar en política (elexir e ser elexido).,..

 Dereitos sociais : traballo, salario digno e suficiente, educación, vivenda…

 Deberes: a cumprir coas leis e respetar os dereitos de outros cidadáns/ás, a defender á patria, á contribución ao gasto público segundo a capacidade económica…

Para protexer e facer cumprir dereitos e deberes  tribunais e garantías xudiciais do Estado  Tribunal Supremo, Tribunal Constitucional, Defensor do Pobo…

En casos excepcionais e de emerxencia  posibilidade de suspensión temporal de dereitos e garantías constitucionais polo Estado (Estado de excepción, estado de sitio…).

16. 27.

Ademáis de dereitos e deberes, Constitución  funcionamento do estado democrático  organización dos diferentes poderes e institucións:

 Coroa (Título II): rei = Xefe do Estado  funcións (+ significativas):

- sancionar e promulgar as leis aprobadas polas Cortes.

- Convocar e disolver as Cortes.

- Convocar eleccións e referendos.

- Nomear ao presidente do Goberno e aos seus ministros.

- Mando supremo das forzas armadas.

- Declarar guerra e paz, previa autorización das Cortes .

En realidade, a pesar de todas estas funcións, o rei non pode decidir por sí mesmo ningunha nin negarse a cumprir algunha  refrendo (firma xunto coa do rei do ministro correspondente ou do Presidente do goberno nas leis ou decretos, que o fai responsable das mesmas)  o rei reina, pero non goberna  funcións reais únicamente representativas e de arbitro entre opcións políticas. Para o desempeño das súas funcións, a Casa Real (familia do rei) recibe unha asignación anual do orzamento xeral do Estado, que pode administrar libremente.

17. 29.

 Cortes xerais (Título III): bicamerais  Congreso dos Deputados e Senado.

- Os cidadáns elixen aos seus representantes en Cortes na circunscripción electoral (cada provincia) cada catro anos (eleccións xerais), de 2 maneiras:

a) Congreso dos Deputados: número de deputados por provincia é proporcional á súa poboación (mínimo 1 deputado).

b) Senado: 4 por provincia, 1 por CCAA e 1 por cada millón de habitantes de cada CCAA.

- As Cortes  exercen poder lexislativo = elaboran e aproban as leis  requisitos para aprobar unha lei:

 Iniciativa lexislativa (quen elabora a lei?): a poden elaborar e presentar a tramite o Goberno, os gobernos das CCAA, as Cortes ou o propio pobo (iniciativa popular = 500.000 firmas).

 Proxecto de lei (presentala ás Cortes): tras ser elaborada  aprobación por Consello de Ministros  presentación nas Cortes por quen a elabora  debate.

 Aprobación : a lei debe ser aprobada no Congreso  tras o mesmo debe ser debatida e aprobada no Senado. En caso negativo á devolta ao Congreso para rectificala.

 Sanción e promulgación : o rei (Xefe de Estado) sanciona e promulga a lei  publicación no BOE (Boletín Oficial do Estado)  entrada en vigor.

18. 30.

Excepcións a este trámite:

 votación popular (referendo), en casos excepcionais.

 Decreto-lei (máis común)  as Cortes (Congreso e Senado deben aprobalo ou rexeitalo nun prazo de 30 días, pero non poden afectar a institucións básicas ou dereitos, deberes ou liberdades dos españois.

19. 31.

 Goberno (Título IV): exerce o poder executivo.

- Dirixido polo Presidente do Goberno (elixido polas Cortes na súa investidura e nomeado polo rei)  elección dos seus ministros (nomeados polo rei a petición do Presidente de Goberno).

- Funcións do Goberno:

 Dirixe política exterior e interior (función executiva).

 Dirixe administración civil e militar.

 Defensa do Estado .

 Poder xudicial (Título VI):

Xustiza emana do pobo e adminístrase en nome do rei polos tribunais de xustiza.

Principais tribunais:

 Tribunal Supremo: órgano xurisdiccional superior (agás en temas relativos á Constitución).

 Tribunal Constitucional: órgano xudicial supremo en materais relativas á Constitución (leis inconstitucionais, violación dereitos e liberdades, relación entre CCAA e éstas co Estado…).

O órgano de goberno do poder xudicial = Consello Xeral do Poder Xudicial (CXPX), formado por xuíces e maxistrados, e elexidos polas Cortes.

Os cidadáns poden participar nas decisións xudiciais a través dos xurados populares  transmiten aos xuíces os seus veredictos sobre culpabilidade ou inocencia.

20. 32.

 Comunidades autónomas (Título VIII):

Constitución  modelo de estado  Estado das autonomías = foma mixta entre Estado centralizado e federal.

17 comunidades autónomas  organización a través dos seus respectivos Estatutos de autonomía  órganos de goberno diferenciados

21. 34. 3. OS GOBERNOS DA UCD (1977-1982)

2 etapas:

a) Gobernos de Adolfo Suárez (1977-1981).

b) Goberno de Leopoldo Calvo Sotelo (1981-1982).

22. 35.

A) GOBERNOS DE SUÁREZ (1977-1981).

Vitoria da UCD en 2 procesos electorais (xuño 1977 e marzo 1979)  reformas de Suárez:

 Reforma do exército: para adaptalo ao novo marco constitucional levada a cabo por Gutiérrez Mellado (vicepresidente e ministro Defensa)  medidas concretas:

 ocupación dos mandos militares por oficiais máis xoves e preparados.

 aumento do orzamento do exército

 modernización da tecnoloxía e armamento militar.

 Pactos da Moncloa (outubro 1977): acordo dos axentes sociais (goberno, sindicatos, empresarios)  estratexia común para lograr estabilidade mediante a consolidación da democracia, a redución da conflictividade social e a loita contra a crise económica (crise 1973)  resultados positivos:

  inflación.  Mellora da balanza de pagamentos.

 Melloras para os traballadores  primeiras eleccións sindicais (1978) e elaboración Estatuto dos traballadores.

23. 36.

 Reforma fiscal: novo sistema impositivo proporcional á renta e o patrimonio (IRPF= Imposto sobre a Renta das Persoas Físicas).

 Relacións exteriores : novo acordo co Vaticano (substituindo ao Concordato de 1953 e mellora das relacións con Europa (negociacións para a entrada de España na CEE).

 Proceso autonómico: principal cuestión pendiente dos gobernos de Suárez. Constitución de 1978  creación dun estado unitario con posibilidade de constituir autonomías ás rexións que o solicitasen (artigo 151, para comunidades históricas, e 143 para o resto que o desexase).

- Entre 1978 e 1983 o Estado español quedou dividido en 17 Comunidades Autónomas, rexidas polos seus respectivos Estatutos de Autonomía.

- As Comunidades históricas (Cataluña, País Vasco e Galicia) chamadas así, por formalizar os seus Estatutos durante a II República, podían acceder á autonomía de maneira máis rápida e con maiores competencias delegadas.

24. 37.

Evolución do proceso autonómico:

 Cataluña: primeira en retomar a cuestión autonómica  retorno do exilio de Josep Tarradellas (presidente da Generalitat)  entrevista con Suárez e rei  restablecemento provisionalmente do Estatuto ata que se elabore un novo  aprobación maioritaria do mesmo polo pobo catalán (outubro 1979). Nas eleccións autonómicas triunfo de CiU (Converxencia e Unión = coalición formada polos partidos Converxencia Democrática de Cataluña e Unión Democrática) liderada por Jordi Puyol, que gobernará Cataluña até o ano 2003.

25. 38.

 País Vasco: temperán acceso á autonomía (1979), como Cataluña. Sen embargo difire de ela en varios aspectos importantes:

 Non aceptación da Constitución por parte da sociedade vasca  apoio a organizacións nacionalistas radicais.

 Peculiaridades históricas herdadas, derivadas da pervivencia dos foros ata o século S.XIX (concertos económicos, deputacións forais…).

 Terrorismo  dificultade para o normal desenvolvemento autonómico.

- Tras a aprobación do Estatuto de autonomía (outubro 1979)  vitoria do PNV nas eleccións vascas (no goberno até 2009).

26. 40.

 Andalucía: accedeu á autonomía pola chamada vía rápida (artigo 151 e non 143) argumentando unha identidade histórica propia, que a equipararía en dereitos coas nacionalidades históricas  aprobación Estatuto de Autonomía andaluz en referéndum en feb de 1980  aceleración do acceso á autonomía para otras rexións.

27. 41.

 Galicia: 3ª nacionalidade histórica é a máis tardía en acceder á autonomía. A diferencia de Cataluña e País Vasco, en Galicia o acceso á autonomía non foi dirixida por políticos retornados do exilio, senón por falanxistas renovados (Antonio Rosón Pérez), mentres as organizacións nacionalistas eran moi minoriarias: BN-PG (Bloque Nacional Popular Galego) = coalición nacionalista (unión de UPG e ANPG) futuro xerme de BNG  elaboración dun pre-estatuto, dunha asemblea e dunha Xunta preautonómica presidida por el mesmo. A Xunta nomeou a unha comisión encargada de redactar o Estatuto definitivo.

- A Asemblea preautonómica aproubou o texto por unanimidade  referéndum positivo do pobo galego (dec 1980) aínda que cunha alta abstención (só participación de 28%)  aprobación do Estatuto de autonomía polas Cortes españolas (feb de 1981).

- Estatuto  órganos de autogoberno para Galiza:

 Parlamento galego (75 deputados/as)  poder lexislativo

 Xunta (goberno autónómico), dirixido polo Presidente  Consellerías en materias diversas (educación, pesca, economía…)  poder executivo.

28. 43.

B) DIFICULTADES DA UCD E DIMISIÓN DE SUÁREZ.

En xaneiro de 1981  demisión de Suárez coma presidente do Goberno  posterior declive da UCD  desaparición da coalición en 1983. Causas:

 Diferencias e tensións internas da UCD = coalición de distintos partidos de centro, que o liderado de Suárez non é capaz de mitigar.

 Falta dunha maioría parlamentaria absoluta para gobernar con facilidade.

 Intento de moción de censura por parte do PSOE (Felipe González)  non prosperou por falta de apoios pero significou a fin do consenso da transición e a erosión do Presidente de Goberno.

 Dificultades económicas: crise e paro.

Estes factores  demisión de Adolfo Suárez (29 xaneiro 1981)  fin a cinco anos de goberno altamente positivos para o proceso de democratización do estado español.

29. 45.

C) O GOLPE DE ESTADO DO 23 F.

Demisión de Adolfo Suárez  celebración de investidura de Leopoldo Calvo Sotelo (dirixente da UCD). Por non contar a UCD con maioría absoluta no Congreso  celebración da 2ª volta de votacións (onde chegaba con maioría simple) a tarde do 23 de febreiro de 1981.

O tenente coronel da Garda Civil Antonio Tejero (participante na Operación Galaxia = anterior intentona golpista en 1978) ao mando de 400 gardas civís, asaltaron armados o Congreso dos Deputados  mantiveron coma reféns ao Goberno e aos peralamentarios mentres anunciaban a chegada dunha autoridade superior e invocaba o nome do rei coma máximo responsable

30. 46.

Os xefes militares das principais rexións militares mantivéronse á expectativa, pero únicamente Miláns del Bosch en Valencia sacou os tanques ás rúas esixindo a rendición da poboación.

A actuación do rei foi clave na resolución do conflito; desde a Zarzuela, tomou as rendas da situación  contacto telefónico cos xefes militare esixindo a súa lealtade  convocatoria da Xunta de Xefes do Estado Maior e emisión (vestido de Capitán Xeneral) dunha mensaxe á nación que se emitiu de madrugada.

Mensaxe do Rei  alivio para a poboación e abandono da súa actitude polos golpistas  retorno dos tanques de Valencia aos seus cuarteis e rendición de Tejero.

Nos días seguintes  manifestacións multitudinarias populares de apoio á democracia.

31. 48.

D) O GOBERNO DE LEOPOLDO CALVO SOTELO (1981-1982).

Tras o golpe fallido  definitiva investidura de Calvo Sotelo o 25  comezo dun ano de goberno con importantes accións e reformas para o futuro:

 Actividade lexislativa intensa : lei do Divorcio, Lei do Defensor do pobo e LOAPA (Lei Orgánica de Harmonización do Proceso Autonómico)  ralentización do proceso autonómico, obrigando ás CCAA non históricas a acceder á autonomía polo artigo 143.

 Entrada de España na OTAN (xuño de 1982) = medida máis polémica de Calvo Sotelo  principal argumento da oposición, sobre todo PSOE, para atacar e criticar ao goberno.

32. 49.

 oposición, tensións internas de UCD, a falta de solucións á crise económica e paro  Calvo Sotelo disolve as Cortes e convoca eleccións (outubro 1982).

Eleccións  vitoria aplastante do PSOE (maioría absoluta, 48% dos sufraxios), batacazo para UCD (do 35% dos votos ao 7%), descenso do PCE e mantemento nacionalistas (PNV e CiU).

33. 51. 4. CONSOLIDACIÓN DA DEMOCRACIA (1982-HOXE)

3 etapas políticas:

A) Gobernos socialistas de Felipe González (1982-1996).

B) Gobernos conservadores de José María Aznar (1996-2004).

C) Gobernos socialistas de José Luis Rodríguez Zapatero (2004-hoxe).

34. 52.

A) GOBERNOS SOCIALISTAS DE FELIPE GONZÁLEZ (1982-1996).

Triunfo do PSOE nas eleccións de outubro de 1982  inicio dos gobernos de Felipe González. Os éxitos electorais permitiron gobernar en solitario ao PSOE (maioría absoluta) entre 1982 e 1993 e co apoio parlamentario de nacionalistas cataláns (CiU) e vascos (PNV) entre 1993 e 1996.

Gobernos socialistas estiveron caracterizados pola moderación política (liña socialdemócrata)  moderación nas reformas.

Factores do dominio do PSOE: moderación do goberno (  atracción de numerosos electores), promesas de cambio con respecto á etapa da UCD, gran carisma do seu líder Felipe González, e debilidade da oposición:

 Desaparición UCD e fracaso dun novo partido de centro liderado por Adolfo Suárez (CDS).

 Fracaso electoral de Alianza Popular (Coalición Popular) = partido conservador  dimisión do seu fundador, Manuel Fraga  refundación en 1989 como Partido Popular (PP).

 Declive do Partido Comunista (PCE) e problemas internos  expulsión de Santiago Carrillo  incorporación do PCE en Esquerda Unida (= coalición de partidos á esquerda do PSOE), dirixida por Julio Anguita  mellora de resultados electorais, pero sen chegar a ser unha alternativa aos 2 grandes partidos que se van configurando  bipartidismo.

35. 54. Panorama político durante os gobernos de Felipe González (1982-96) Cambio nombre 1982 DEREITA Manuel Fraga COALICIÓN POPULAR Fracaso electoral  Demisión Fraga (1986) Refundación en (1989) José María Aznar
36. 55.

CENTRO

Demisión de Suárez (1981) e derrota electoral (1982) DESAPARICIÓN (1983) funda Descalabro electoral e desaparición
37. 56.

ESQUERDA

Integración en Expulsión Santiago Carrillo (1985 Julio Anguita Felipe González
38. 57.

NACIONALISTAS

39. 58.

$ Aspectos económicos.

A evolución económica nos anos de goberno de Gonzlaez seguiu as mesmas pautas que os países de Europa occidental  fases:

€ Política de axuste (1982-1985):

- Obxectivo: acabar coa crise económica herdada dos anos da UCD  política de saneamento dos sectores máis necesitados.

- Medidas concretas:

 Reconversión industrial, sobre todo do sector naval e siderúrxico  axustes de plantilla  folgas e manifestacións.

 PER (Plan de Emprego Rural)  para loitar contra o desemprego no campo.

 creación das ZUR (Zonas de Urxente Reconversión) para mellorar a situación nas zonas máis afectadas pola crise.

€ Crecemento económico (1985-1990):

- Crecemento económico xeneralizado no contexto internacional   beneficios do turismo, produción industrial, investimentos estranxeiros, actividade Banca e Bolsa…

- Esta bonanza ec  aspectos negativos   prezos dos produtos, inflación, liberalización mercado de traballo e moderación salarial  protestas de traballadores e sindicatos, incluso da UXT  ruptura co goberno a raíz de nova política de pensións máis restrictiva  aproximación das 2 grandes centrais sindicais (UXT e CCOO)  1ª folga xeral contra o goberno socialista (decembro 1986)  seguimento maioritario.

40. 60.

€ Recesión (1990-1993):

-  desemprego e déficit do Estado,  crecemento económico e desvalorización da peseta.

- Tratado de Maastricht (1992)  obrigas económicas que debían cumprir os países da UE para chegar á converxencia da moeda única (euro)  política de axuste económico  medidas liberalizadoras da economía:

$ Eliminación monopolios estatais (CAMPSA, Telefónica, Tabacalera).

$ Redución da actividade do INI  desaparición en 1995.

$ Privatización de empresas estatais ou mixtas (SEAT, Telefónica, ENDESA, Iberia…).

$ Concentración e fusión bancaria (BBV, Central-Hispano…).

€ Nova Recuperación (1993-1996):

Necesidade de adecuar economía española a Acordos de Maastricht  enorme esforzo de modernización e adecuación das estruturas económicas españolas ás exisencias da UE.

Durante esta etapa, reforma do sistema fiscal polo goberno:

a) xeneralización do IRPF.

b) Control e rigor dos orzamentos e das actividades empresariais e individuais (a través NIF).

c) Reforma sistema impositivo (Imposto Valor Engadido  IVE).

41. 61.

 Aspectos político-sociais:

Varios tipos:

 Extensión das prestacións sociais  mellora do estado do benestar, grazas á mellora sistema fiscal   recursos do Estado   dos beneficiarios dos servizos sociais:

a) Desempregados  subsidio desemprego (paro).

b) Sanidade  cobertura sanitaria para toda a poboación (Lei Sanidade 1986).

c) Pensionistas  aumento da cuantía das pensións e revisións anuais en función do IPC, creación pensións non contributivas (para os que non puideran cotizar anteriormente).

d) Melloras na educación  3 leis:

 LRU (Lei de reforma universitaria, 1983).

 LODE (Lei de Dereito á Educación,1985)  liñas básicas do ensino non universitario, gratuidade do ensino primario e secundario e aumento orzamentos…

 LOXSE (Lei Orgánica Xeral do Sistema Educativo, 1990)  extensión da idade de escolaridade obrigatoria dos 14 aos 16 anos  reorganización sistema educativo para adaptalo ao marco europeo.

42. 62.

 Reformas xudiciais:

 Introdución habeas corpus = garantía liberdade individual fronte á detencións arbitrarias.

 Despenalización do aborto en tres supostos (violación, malformacións feto e riscos para nai).

 Novo Código Penal (1995)  adaptación da lei a novos tempos  novos delitos (medioambientais, corrupción, acoso sexual, branqueo diñeiro, publicidade enganosa…).

 Comezo funcionamento xurados populares.

 Aspectos socio-culturais:

 Sociedade española cada vez máis igualitaria e plural  maior presenza da muller no mercado laboral.

 Sociedade cada vez máis terciariazada (servizos = sector maioritario no emprego).

 Sociedade cada vez máis secularizada  Valores tradicionais sustituidos por outros novos, sobre todo entre os mozos.

 Sociedade cada vez máis avellentada  natalidade das máis baixas do mundo (1,3 fillos por muller).

 Popularización e extensión da cultura   investimentos estatais ás actividades culturais (museos, cine, artistas,…) e construción de auditorios, palacios congresos, museos, organización grandes eventos (Expo de Sevilla e Xogos Olímpicos de Barcelona, 1992.

43. 63.

 Política exterior.

a) Unión Europea:

Primeira solicitude de ingreso de España na CEE foi realizada durante o franquismo  rexeitamento por carecer España dun réxime democrático.

Reanudación de negociacións na transición (1978)  negociacións lentas e duras  sinatura dun tratado de adhesión en xuño de 1985  entrada de España como membro de pleno dereito a partir do 1 de xaneiro de 1986.

Entrada de España na CEE  melloras e problemas por adaptación da economía española á media comunitaria:

 Melloras:

* Axudas económicas a través dos fondos europeos (FEDER, FEOGA, FSE)  melloras en infrestructuras, obras públicas, subvencións agrícolas, bolsas de estudos e intercambios universitarios, programas de formación.

44. 64.

 Problemas:

* Sector pesqueiro: control máis rigoroso do tamañ e o volume das especies capturadas.

* Sector agrícola: redución de producións (leite, viño, aceite…).

* Necesidade de axustar as economías dos países membros para converxer na moeda única (Acordos Maastricht)  reaxuste e control do gasto  consecuencias para a poboación con menor renda.

45. 65.

b) OTAN:

Goberno de Calvo Sotelo  solicitude de entrada de España na alianza atlántica (outubro 1981)  entrada en xuño de 1982.

Ante a entrada  actitude moi crítica da oposición (PSOE)  promesa de retirada da organización se gañaban as eleccións.

Tras a vitoria socialista (outubro 1982)  cuestión atlántica  numerosas críticas ao Goberno pola súa indecisión e o aprazamento dun referéndum sobre o tema.

A posición do goberno de González foi cambiando dende a inicial oposición á permanencia de España na OTAN á solicitar o voto afirmativo no referéndum celebrado marzo de 1986.

Resultados do referéndum: Sí (52%)  confirmación da presenza de España na organización.

46. 67.

c) O novo exército:

Importantes reformas  Lei Orgánica de Defensa (1984)  medidas:

 primacía do poder civil sobre o militar  sometemento dos mandos militares ao Goberno.

 Modernización das forzas armadas.

 Redución efectivos para lograr un exército máis profesional e equiparable aos exércitos dos países europeos.

 Legalización da obxeción de conciencia en 1985 para o servizo militar obrigatorio.

 Incorporación da muller ás forzas armadas.

- Entrada de España nos organismos supranacionais  participación das tropas españolas en misións internacionais da ONU (cascos azuis) e OTAN  Guerra do Golfo (1991), Bosnia (1992)…

47. 68.

 Corrupción e crise de goberno socialista.

Co inicio dos noventa comenzaron os problemas e escándalos políticos do goberno socialista que responden a distintos tipos de problemas:

 Corrupción política : cargos públicos do PSOE  aproveitamento de información privilexiada e malversación e apropiación de fondos públicos:

- Caso Xoán Guerra (irmán do vicepresidente Afonso Guerra)  aproveitamento da posición do seu irmán para as súas actividades económicas particulares  demisión Afonso Guerra como vicepresidente.

- Caso Luis Roldán = director xeral Garda Civil  malversación de fondos públicos.

- Caso FILESA = Financiación irregular do PSOE.

 Corrupción no mundo das finanzas e Banca :

- Caso Mariano Rubio = gobernador Banco de España, acusado de irregularidades financeiras.

- Caso Mario Conde = presidente de BANESTO, condenado a prisión por delitos de estafa e malversación.

48. 70.

 Irregularidades mecanismos gubernamentais:

- CESID (Centro Superior de Investigacións para a Defensa): escoitas ilegais

- GAL (Grupos Armados de Liberación)  grupos antiterroristas que actuaban contra ETA e o seu entorno  guerra sucia e terrorismo de estado  secuestros e asasinatos de etarras  detención e condena de policías, gardas civís, militares e políticos (Secretario de Estado de Seguridade, Rafael Vera e o Ministro do Interior, José Barrionuevo).

- Corrupción e irregularidades   críticas da oposición  retirada de apoio dos nacionalistas cataláns ao goberno  negativa das Cortes a aprobar os orzamentos de 1996  convocatoria de eleccións para marzo de 1996  victoria do Partido Popular.

49. 71.

B) GOBERNOS CONSERVADORES DE JOSÉ MARÍA AZNAR (1996-2004).

- Eleccións marzo 1996  victoria Partido Popular por maioría simple  o seu lider José María Aznar conseguiu ser investido presidente co apoio de CiU, PNV e Coalición Canaria.

- Nas eleccións de marzo de 2000  vitoria do PP por maioría absoluta e descalabro socialista  demisión de Joaquín Almunia (secretario xeral do PSOE).

50. 73.

€ Aspectos económicos:

Durante os gobernos do PP, sucedeuse unha coiuntura económica internacional alcista  forte crecemento económico axudado por medidas económicas dos gobernos de Aznar  liberalización económica e consecución dos criterios de converxencia de Maastricht (estabilidade de prezos, reducida débeda e déficit público )  introdución euro (moeda única europea) en 2002.

Medidas económicas:

a) Redución gasto público  recorte das prestacións sociais.

b) Privatización de empresas públicas (Telefónica, Repsol, Endesa..)  venta de accións en bolsa  adquiridas por clase media-alta. A recadación conseguida   débeda e déficit público, pero privou ao Estado do control de empresas estratéxicas e dos beneficios que estas xeraban.

c) Liberalización dos mercados.

d) Moderación salarial e flexibilización do mercado laboral  redución custos despido.

e) Diminución dos xuros e impostos directos   consumo privado   demanda de vivendas, vehiculos…   endebedamento familiar.

- O crecemento económico = superior á media europea  redución de diferenzas con Europa e inclusión de España entre as dez maiores economías mundiais  expansión cara o exterior das empresas españolas e inicio de chegada de inmigración exterior.

51. 75.

 Aspectos político-sociais.

PP  actividade lexislativa inspirada na ideoloxía conservadora de centrodereita  modificación de normativas adoptadas polos anteriores gobernos de Felipe González, sobre todo a partir de 2000 (inicio da maioría absoluta):

 Código Civil: novos tipos de delitos (informáticos, violencia de xénero,…).

 Endurecemento das penas e limitación as posibilidades de redención e reinserción social.

 Exército: supresión do servizo militar obrigatorio (mili) en 2002  novo exército profesional.

 Educación: reforma de todos os niveis educativos  2 leis:

a) LOU (2001): Lei de Ordenamento Universitario.

b) LOCE (2002): Lei de Calidade da Educación.

 Incremento das competencias das CCAA: educación, xustiza, sanidade a todas as CCAA e cesión do 30% do IRPF.

 Problema vasco: inicio dunha tregua de ETA (stembro 1998)  falta de entendemento co goberno  reinicio atentados tras 14 meses  reacción do goberno Aznar = intensificación loita policial e xudicial contra ETA e organizacións abertzales e nova Lei de Partidos políticos (xuño 2002)  ilegalización de partidos que non condenasen o terrorismo (Herri Batasuna).

52. 76.

 Problemas e crise goberno: Prestige, Guerra Iraq e terrorismo islamista.

- Primeiro problema importante = naufraxio do Prestige = petroleiro afundido nas costas galegas en 2002  marea negra de fuel nas costas galega e cantábrica. Ante a incompetencia dos gobernos populares autonómico e central na xestión da crise  mobilización cidadá (Nunca Mais)  manifestacións e voluntariado para limpeza da costa  inicio da erosión do goberno Aznar.

53. 77.

Tras atentados 11-S (2001) en EEUU provocados por terroristas islamistas de al-Qaeda  agresiva ofensiva militar de EEUU contra países considerados como promotores deste tipo de terrorismo.

O goberno Aznar apoiou esta política do presidente de EEUU George Bush (cumio das Azores, 2003)  envío tropas españolas a Iraq (país que foi acusado inxustamente de posuír armas de destrución masiva e de acoller terrorista) a pesar das manifestacións populares masivas en contra da guerra ( Non á guerra ).

54. 80.

Actitude do goberno de intervención na invasión de Iraq   perigo de atentados terroristas en España. Na campaña electoral para as eleccións de marzo do 2004  explosión de catro trens con destino á estación madrileña de Atocha = maior ataque terrorista en territorio europeo (191 mortos e 1400 feridos).

As explicacións do goberno acusando a ETA do atentado sen probas  forte rexeitamento da sociedade española a medida que se ía confirmando nos días seguintes a autoría islamista.

3 días despois do atentado  derrota do PP nas eleccións xerais frente o PSOE (14 de marzo de 2004).

55. 82.

C) GOBERNOS SOCIALISTAS DE JOSÉ LUIS RODRÍGUEZ ZAPATERO.

Triunfos electorais do PSOE en 2004 e 2008  retorno dos socialistas ao goberno  José Luis Rodríguez Zapatero = novo presidente, pero sen maioría absoluta  necesidade de buscar apoios nas Cortes para sacar adiante as leis.

Reformas socialistas:

a) Nova política exterior: distanciamento con respecto aos EEUU de George Bush  mellor entendemento con Europa e o mundo latinoamericano e árabe  medidas: retirada das tropas de Iraq en 2004 e p’roposta de creación da Alianza de Civilizacións (foro de entendemento entre occidente e o islam), proposta asumida pola ONU en 2007.

b) Incremento da presenza das mulleres en política: paridade home-muller no propio goberno  por primeira vez os cargos de Vicepresidenta e Ministra de Defensa eran ocupados por mulleres, e creación dun Ministerio de Igualdade (Bibiana Aído).

56. 83.

c) Novas leis sociais: buscan a plena igualdade de cidadáns e cidadás 

 Lei contra a violencia de xénero : para protexer ás mulleres maltratadas.

 Legalización matrimonio homosexual.

 Lei de reprodución asistida : permite investigación con células-nai.

 Lei anti-tabaco : creando espazos públicos libres de tabaco.

 Lei de igualdade : para aseguara paridade home-muller en todos os ámbitos.

 Lei de dependencia : dereito ás prestacións sociais á poboación dependente (anciáns, enfermos, discapacitados…).

 Lei de Memoria Histórica : medidas para recoñecemento e compensación das vítimas da represión na Guerra Civil ou na ditadura franquista.

57. 84.

d) Reforma dos Estatutos de autonomía: De aqueles que estivesen no marco da Constitución de 1978  reformas dos estatutos de Cataluña, Andalucía, Valencia, Baleares e Aragón e rexeitamento da proposta vasca ( Plan Ibarretxe = consideración de Euskadi como un Estado libre asociado de España, non como unha autonomía).

e) Terrorismo de ETA: en marzo de 2006 ETA decretou un alto ao fogo permanente  esperanza de inicio dun proceso de negociación para solucionar o problema vasco  inicio de contactos de banda co Goberno  fin das negociacións cun atentado de ETA na terminal 4 do Aeroporto de Baraxas (decembro 2006). Desde entón reactivación dos atentados da banda terrorista  continuas detencións dos seus dirixentes.

f) Evolución económica: desde 2004 a 2008, a economía española seguiu crecendo apoiada no contexto internacional  descenso das diferencias coas grandes economías europeas e posibilidade de emprego a unha gran masa de poboación inmigrante. A finais de 2008 a economía española entrou en recesión, debido á crise financeira internacional e polo fin do boom inmobiliario en España  necesidade de definiroutro modelo productivo.