Successfully reported this slideshow.

03 Relatosdeviaxes

899 views

Published on

publicidade, debate, correo electrónico

Published in: Education, Business, Technology

03 Relatosdeviaxes

  1. 1. PROXECTO DE VIAXES: a publicidade. O debate. O correo electrónico Un dos primeiros antecedentes da publicidade exterior foron os carteis. Nun primeiro momento cunhas mensaxes pouco comerciais: -Axons en Grecia, pezas de madeira unidas e pintadas de branco onde aparecían, principalmente, mensaxes do goberno ou outro tipo de información. Unha variante desta modalidade eran os kyrbos, de forma cilíndrica. - Os alba e os libeli, papiros fixados en distintas superficies de lugares moi frecuentados que servían para comunicar mensaxes oficiais. Os alba reutilizábanse pintábanse de branco para poder pór novas inscricións. -Os graffiti eran pintadas informais que facía a cidadanía nas paredes, normalmente para pedir ou protestar por algo. A relación comunicativa da publicidade vén de vello: comunicar a existencia de produtos, ofrecer servizos, difundir información e opinións etc. En cada época, oriéntanse os medios e as ferramentas que funcionan e dos que se dispón ao obxectivo que se quere conseguir. Postais coma estas responden ao método que hoxe coñecemos como postal free. ACTIVIDADE 1 Velaquí varios anuncios para a xente galega que viaxaba a América a principios do século XX.
  2. 2. Na linguaxe publicitaria unha das técnicas máis coñecidas é a USP (unique selling proposition –proposta única de venda-). Baséase na idea de que as persoas que consomen os produtos só recordan unha idea ou un argumento dos anuncios. Agora que xa sabedes algo máis da emigración á América e do que podía implicar este tipo de publicidade:  Que elementos pensades que definen estas dúas imaxes? Indica as diferenzas entre os dous tipos de postais. Fixádevos nas cores, o tipo de letra, o encadrado das imaxes etc.
  3. 3. _______________________________________________________________ _______________________________________________________________  Con que ideas da viaxe quedaría un galego ou unha galega á hora de decidir se embarcar para América? _______________________________________________________________ _______________________________________________________________  Investiga nos libros de historia da biblioteca do voso centro o valor que terían para os emigrantes galegos a cantidade de 553,50 pesetas. Pon exemplos de produtos que poderían conseguir con esta cantidade de diñeiro. Anotade no voso caderno os valores que atopades para diferentes produtos, isto permitiravos facer comparacións.
  4. 4.  Seriades quen de facer unha comparación económica cos actuais euros? Argumentade con exemplos as vosas propostas. Recentemente, Miguel A. Murado no libro Otra idea de Galicia ofrece unha ollada fresca no tratamento de tópicos sobre as persoas galegas e tamén sobre o tema da emigración. Velaquí un pequeno fragmento. “Isto fixo que a emigración se dirixise a partir de entón cara ao hemisferio sur. As autoridades arxentinas fixeran un chamamento para poboar o “novo país”. A súa esperanza era que acudisen inmigrantes escandinavos e centroeuropeos, como en Estados Unidos. Mais tiveron que se conformar con centenares de miles de galegos, sobre todo a partir da fame de 1880, e máis aínda despois de 1904, cando as grandes navais europeas incluíron Coruña e Vigo como rendibles escalas nos traxectos dos seus transatlánticos. O billete era moi caro (250 pesetas en 1913), o que o poñía ao alcance de campesiños con propiedades que vender, e aínda que fose máis humano, seguía a ser penoso. Un pasaxeiro do Poitou contará con horror como se declarara un andazo de varíola en terceira clase. Non só non se aillaran os infectados, senón que os seus colchóns se reutilizaban unha vez que morrían e eran lanzados ao mar. Outro andazo de sarampelo no Orterik matou a máis de medio cento de nenos en 1911. Non, a viaxe a América non era un cruceiro recreativo. Nun revelador lapso, o anuncio dunha naval publicado na prensa galega di que o seu barco, o Cap Polonio, pode transportar un grande número de “persoas” en “primeira clase” e de “emigrantes” en “terceira”. (Tradución de Anxo Gómez) Miguel A. Murado (2008), Otra idea de Galicia, ed. Debate, pp. 125-126. ACTIVIDADE 2 Isto lémbravos algunha situación que se está a vivir na Península Ibérica na actualidade? _____________________________________________________________ E nós, que opinamos? Cal pode ser a nosa achega construtiva á sociedade neste ámbito. Velaquí dúas imaxes moi distanciadas no tempo mais bastante similares canto a contidos.
  5. 5.  Organizade a clase en catro grupos. Dous grupos investigarán sobre a inmigración galega a comezos do século XX e a inmigración africana á Península Ibérica no século XXI. Lembrade que ao final desta unidade e nos marcadores sociais tamén tedes referencias bibliográficas de interese). Seleccionade imaxes, textos, testemuños etc. para elaborar cadanseu mural.
  6. 6. ACTIVIDADE 3 O debate O debate é unha actividade oral, formal e planificada. As persoas que participan nos debates convócanse para defender as súas posicións sobre un tema determinado. Ten un discurso claramente argumentativo. As persoas que participan nun debate saben que deben respectar unha serie de normas que permiten o seu adecuado desenvolvemento. Estas normas afectan: 1. Ao coñecemento do tema sobre o que se vai falar. 2. Ao xeito de falar en público. 3. Ao xeito de comportarse coas outras persoas participantes e ante o público.  Redactade un breve conxunto de normas (entre cinco e dez) que regulen o funcionamento dun debate. Estas normas serán do tipo: “As persoas participantes dun debate deberán / non deberán...” _______________________________________________________________ _______________________________________________________________ _______________________________________________________________ _______________________________________________________________ _______________________________________________________________ _______________________________________________________________ _______________________________________________________________ _______________________________________________________________ _______________________________________________________________ _______________________________________________________________ DÁMOSLLE VOLTAS CUN TEXTO O MAIO Aquí vén o maio de frores cuberto... puxéronse á porta
  7. 7. cantándome os nenos; i os puchos furados pra min estendendo, pedíronme crocas dos meus castiñeiros. Pasai, rapaciños, calados e quedos; que o que é poIo de hoxe que darvos non teño. eu sónvo-lo probe do pobo gallego: pra min non hai maio, ¡pra min sempre é inverno!.... Cando eu me atopare de donos liberto i o pan non me quiten trabucos e préstemos, e como os do abade frorezan meus éidos, chegado habrá estonces o maio que eu quero.. ¿Queredes castañas dos meus castiñeiros?... Cantádeme un maio sin bruxas nin demos: un maio sin segas, usuras nin preitos. sin quintas, nin portas, nin foros, nin cregos. Preparamos o poema por grupos [lembrade as indicacións para preparar o recitado dun poema]  Collamos o substantivo maio no seu sentido metafórico. Cal pensas que é o referente real neste poema?  En que versos aparecen reflectidos os motivos polos que emigraba a xente?  Quen son os “donos” aos que se refire Curros no verso 18?  No poema aparece a palabra “probe”. Pensades que o termo pobreza ten as mesmas connotacións hoxe ca na época de Curros? Cal pensades que é a diferenza entre pobreza e necesidade?  Que quererán dicir os versos da última estrofa “Cantádeme un maio / sin bruxas nin demos: / un maio sin segas, / usuras nin preitos (...)”. Investigada sobre a tradición
  8. 8. dos maios na cultura galega. Facede un resumo explicando en que consiste esta tradición.  Cal era o maio das persoas que emigraban na época de Curros? E das persoas galegas que emigran hoxe?  Na túa opinión, por que pensas que emigra a xente hoxe en día? E ás persoas inmigrantes, que pensas que razóns a move para chegaren á Península Ibérica? a) Arredor dos diferentes temas que teñen que ver coa inmigración, define polo menos dúas posicións que se poidan dar en cada caso. Escolle temas propios do século XX e XXI: Propoñémosvos que escribades varios temas que se tratarían nun debate sobre a emigración e que posicións se poden defender en cada caso. Aproveitade o que aprendestes até o de agora neste tema sobre a emigración. Tema 1: Posición A Posición B Tema 2: Posición A Posición B b) Pensa noutros temas de debate e escribe, polo menos, dúas posicións que se poidan defender para cada caso. Agora toca representar o debate. Cada quen de vós terá un rol e preparará a fondo o seu papel no debate.  Organizade un debate na clase sobre algún dos temas anteriores. Antes debedes delimitar: o Quen será a persoa moderadora. o Que persoas defenderán cada postura. o Que persoas forman parte do público (non máis de 10). o Canto durará o debate no seu conxunto.
  9. 9. o Canto durarán as quendas das persoas participantes. o Que aspectos valorará o público cando remate o debate. As persoas que non teñen papel asignado no debate avaliarán a participación dos diferentes membros.  Preparación de papeis: a persoa que modera o debate debe preparar unha breve presentación, na que explique quen participa e que posicións vai defender cada unha.
  10. 10. Presentación do debate sobre a inmigración, do século XX ao século XXI [Poñemos de fondo, para comezar o poema de Curros musicado por Luís E. Batallán “O maio” ] [Saúdo inicial] O debate que hoxe presentamos ten como tema: É un tema (importante / de actualidade /interesante... relacionado coa figura de Manuel Curros Enríquez) porque ... Sobre que aspectos debaterán as nosas convidadas? Por unha banda, defenderase a idea de que ... Por outra banda, escoitaremos ás que pensan que... Para iniciar este debate, formularei unha (pregunta/cuestión) inicial... -As persoas que participan nun debate rigoroso deben defender unha determinada posición achegando as razóns e os exemplos que a fundamenten. Arredor dos temas relacionados con Curros, elixide unha das posicións estabelecidas e realizade un breve esquema coas razóns e os exemplos que, ao voso xuízo, vos permiten defendela. Modelo de ficha de preparación dunha persoa convidada nun debate: Tema: Postura que defende:. Razóns: 1. Exemplo: 2. Exemplo:
  11. 11. (...) ACTIVIDADE 6 O correo electrónico é un servizo de rede que permite enviar mensaxes de texto entre usuarias. Só podemos enviar correos a unha persoa se coñecemos o seu enderezo. O correo electrónico está formado polo nome da usuaria o símbolo @ e un dominio (.com, .edu. org, .mil, .net, .es). O nome de usuaria pode responder ao noso nome real, a un alcume ou a calquera tipo de combinación de letras e números que nos identifique. Exemplo: uxiaabeixon@eduxove.xunta.es, forester08@clubedelecturagz.org. Cada xestor ten trazos e formas particulares, e cada usuaria configúrao ao seu gusto. Mais, case sempre, o xénero consta destas compoñentes: a) Encabezado: Para: nome e enderezo da receptora. Todas as mensaxes deben ter unha persoa destinataria. CC: ou CCO: nome e enderezo das que reciben unha copia (CC:) ou unha copia oculta (CCO:) que só ve a persoa que a recibe. Asunto: todas as mensaxes deben ir co seu asunto ben especificado; os envíos de mensaxes sen asunto poden facer desconfiar aos destinatarios. No asunto teremos que ser especialmente coidadosos se lle escribimos a xente que non coñecemos e debemos procurar a brevidade en todos os casos. Engadir arquivos: cando temos unha mensaxe moi longa ou queremos achegar un documento á persoa que vai recibir o noso correo podemos usar esta opción. Os arquivos que enviamos poden ter diferentes formatos: .sxw, .rtf, .pdf, .doc, .tif, .jpg etc. No envío de arquivos anexos é recomendábel que na mensaxe se dean probas suficientes de que somos quen dicimos ser. Se os arquivos son longos convén avisar antes, para que o destinatario lles faga sitio eliminando da súa conta as mensaxes vellas.
  12. 12. b) Corpo da mensaxe: as mensaxes dos correos electrónicos non son moi longas, para textos grandes podemos botar man do man da opción engadir documentos. No corpo da mensaxe cada un redactará o que desexe, mais seguindo a norma xeral de non usar maiúsculas (agás despois de puntos ou nos nomes propios). As cariñas emotivas :-) <3 B*) teñen un pequeno oco en mensaxes redactadas cun rexistro coloquial. Sinatura: vai na parte inferior da mensaxe. Na sinatura podemos engadir os nosos datos persoais (Nome e apelidos, curso e instituto no que estamos ou outros datos sobre a nosa formación, enderezo postal, teléfono de contacto e/ou unha frase/sentenza/refrán/versos significativa para nós). Cando recibimos un correo electrónico, o encabezado dinos de onde vén, cando e como foi enviado. Se na mensaxe leva sinatura tamén nós dará máis información sobre o emisor da mensaxe. Para responder o correo podemos facelo a través da opción Responder que aparece na pestana do xestor, deste xeito podemos seguir o fío da comunicación. Máis información sobre o uso do correo electrónico (consellos útiles para usar o correo electrónico, como configurar unha conta de correo electrónico etc.): http://delicious.com/manuelcurrosenriquez/correoelectronico ou en http://www.blogoteca.com/cadernodecuarto ACTIVIDADE Enviade un correo electrónico á axencia de viaxes que seleccionastes. No correo debedes solicitar información para realizar unha viaxe na viaxe de fin de curso e outra a Cuba.  Debedes redactar un correo o máis detallado posíbel. Da seriedade e veracidade do contido dependerá a contestación por parte da axencia. Enviade unha copia oculta ao enderezo da vosa profesora ou do voso profesor para que esta/e realice
  13. 13. as correccións que considere precisas. Comparade os resultados da organización das viaxes: lugares de saída e chegada, escalas, hoteis e menús, información sobre documentación que precisades, moedas etc. Observade en que lingua vos responden.

×