SlideShare a Scribd company logo
1 of 14
Download to read offline
COGOMELOS
           TÓXICOS




Edita en Web:




Autora:
                Dra. Marisa Castro
                Universidade de Vigo
                Facultade de Ciencias
                Laboratorio de Micoloxía
INTRODUCCIÓN
   No reino Fungi, onde están incluídos os oidios, os balores e os cogomelos coñécense
arredor dunhas 80.000 especies en todo o mundo, deles só unha pequena porcentaxe (10
%) está constituída por longos filamentos microscópicos (hifas), que viven baixo terra, no
interior da madeira, sobre outros fungos, etc, formando o micelio ou “branco de fungo”.
Estes son os EUMICETOS ou verdadeiros fungos.
   Algúns dos eumicetos son os que producen frutificacións macroscópicas, é o que
denominamos     COGOMELO.      Aínda que no sentir popular os termos fungo e cogomelo son
empregados indistintamente, como ben se ve non son sinónimos, é algo así como a
pereira e as peras.
   Os cogomelos son popularmente coñecidos debido a que se lles dan múltiples usos:
artesanal, folclórico, medicinal ou alimentario e, probablemente, desde os primeiros
tempos da historia do home, tanto especies silvestres como rudimentariamente cultivadas.
Ó xurdiren espontáneos con certa regularidade estacional, deberon ser usados como
alimentos xa na época preagrícola cando as tribus nómades se mantiñan de raíces,
bulbos e froitos silvestres.
   Sen embargo, é importante non esquecer que hai cogomelos tóxicos, que poden ser
confundidos con outros comestibles e que causan envelenamentos graves, ás veces
mortais. En Galicia coñécense un total de 1.600 eumicetos, dos cales arredor dunhas 200
especies son comestibles, 10 poden ser mortais, outra media ducia verdadeiramente tóxicas, e
algo máis de 30, causan problemas menores.
   Na nosa Comunidade desde o ano 1994 ata hoxe producíronse moitos ingresos
hospitalarios provocados polo consumo de cogomelos silvestres e preto de media ducia
de mortes, amais dalgún transplante de fígado a persoas intoxicadas.
   Para evitar posibles intoxicacións a Dirección Xeral de Saude Pública elaborou esta
información co fin de concienciar os apañadores de cogomelos sobre os perigos que
implica esta afección se se esquecen unhas regras mínimas.
PARTES DUN COGOMELO: IDENTIFICACIÓN
   Para distinguir unha especie tóxica doutra que é comestible, non existen regras xerais.
Só é necesario coñecela, é dicir, saber cál é o seu nome científico (moito máis preciso có
popular). A unha persoa non se lle ocorre saír ó campo apañar herbas silvestres para
comer sen coñecelas ben, ¿por que un cogomelo si?.
   Un cogomelo para ser considerado comestible, sen riscos, ten que poder ser
identificado a simple vista, sen axuda do microscopio e que non exista a posibilidade de
que sexa confundido con outro semellante e tóxico. Isto obriga a facer unha detallada e
minuciosa observación de certos caracteres: hábitat (lugar onde vive ou especie de árbore
á que está ligado), cor, cheiro, tamaño e morfoloxía: sombreiro, himenio ou superficie
fértil e pé, con anel e volva (fig.1).




                                         Fig. 1. Partes dun cogomelo (M.CASTRO. Guía
                                         dos cogomelos de Galicia. 2000. Xerais. Vigo)




   Cada unha destas partes teñen que ser analizadas en detalle; así no sombreiro hai
que observar a forma, o tipo de marxe, a presencia de escamas, etc. A superficie fértil
pode ter láminas, tubos, pregues, aguillóns ou ser lisa e unirse ó pé por toda a superficie
lateral (adnata), a través dunha escotadura, baixar ó longo do propio pé (decorrente) ou
estar separada del (libre).
   Todas estas características son constantes para cada especie. Ademais, algúns ó
partilos ceiban un líquido (látex), con sabor e cor característicos e imprescindibles para
identificalos.
   Sen embargo, non podemos esquecer que estamos a falar dun “froito”, polo que poden
presentar unha serie de cambios en tamaño e cor debido á idade, a cambios climáticos
bruscos, …       e hai certos cogomelos que presentan en fresco unhas características
organolépticas (cheiro e sabor) e en seco, outras.
PRECAUCIÓNS NA APAÑA E CONSUMO DE COGOMELOS
   1. Non recoller nunca, con fins alimenticios, unha especie que non se   IDENTIFIQUE CON

       TOTAL SEGURIDADE NO CAMPO    e EN CASO DE DÚBIDA, ABSTERSE!.
   2. As persoas inexpertas deben apañar os cogomelos acompañadas dun experto
       “cogomeleiro”, ou consultar con algún especialista antes de os consumir.
   3. Hai que transportalos en cestos ou caixas duras, nunca en bolsas de plástico, xa
       que se rompen, soltan auga e poden fermentar. Tamén hai intoxicacións por
       consumilos en mal estado e non por tratarse de especies tóxicas.
   4. Non se deben mesturar, no mesmo cesto, especies comestibles con outras
       dubidosas ou tóxicas. Se apañamos un ou varios exemplares para identificar na
       casa e non sabemos se son comestibles, hai que introducilos nun recipente distinto
       ó dos comestibles.
   5. É necesario recoller exemplares adultos, maduros e completos, con coidado de
       non estragar o contorno, pero completos, para observar minuciosamente todos
       os detalles morfolóxicos, que poden quedar enterrados como a volva, e evitar así
       erros fatais.
   6. Hai que cociñalos aínda frescos, non deixalos moitos días no frigorífico, tamén se
       degradan e os metabolitos secundarios poden provocar intoxicacións e alerxias.
   7. Non se deben preparar guisos con diferentes especies, porque se apareceran
       problemas despois da inxesta (por exemplo, sensibilidade persoal a algún dos
       compoñentes) non se lle pode indicar ó médico de qué cogomelo se trata, nin se
       sabe o tipo de intoxicación que produce, nin polo tanto cál é o tratamento que hai
       que aplicar.


CÓMO ACTUAR NO CASO DUNHA INTOXICACIÓN

 1.    Acudir inmediatamente a un centro médico: recordar que o tempo pode xogar a
      favor ou en contra do doente. Canto máis rápido se faga o tratamento, máis garantía
      hai de supervivencia; incluso nas intoxicacións hepatotóxicas, as posibilidades de
      superalas son moitas si se acode ó especialista cando se observan os primeiros
      síntomas.
 2.    Achegar algunhas informacións ó especialista: é fundamental coñecer a hora da
      inxesta, así como poder observar anacos dos cogomelos consumidos, ou o lugar
      onde foron apañados, para poder consultar a micólogos expertos que identifiquen as
      especies responsables da intoxicación, para así poder aplicar o tratamento
      adecuado.
ESPECIES DE COGOMELOS TÓXICOS EN GALICIA
   Este catálogo non é exhaustivo, senón que indica aqueles cogomelos que son máis frecuentes
e/ou perigosos. Figuran organizados de máis a menos perigoso, indicando o tipo de intoxicación,
unha sinopse descritiva que permita identificar a especie, ademais do hábitat, período do ano e
frecuencia coa que se atopa en Galicia.


AMANITA PHALLOIDES e AMANITA VERNA
   Por amanitinas.
                                                    Son cogomelos carnosos, de sabor e cheiro
                                                agradables. Teñen láminas brancas e o pé con anel
                                                péndulo e volva moi ampla e membranosa,
                                                semellante a un saquiño. O sombreiro é verde,
                                                amarelo ou branco en Amanita phalloides e branco
                                                puro, en Amanita verna.


   Viven en bosques de carballos e coníferas, a primeira no outono e a segunda, na primavera. Son
frecuentes e abundantes.


LEPIOTA HELVEOLLA e LEPIOTA BRUNNEOINCARNATA
   Por amanitinas.


                                          Parecense ós “cerrotes” (Macrolepiota procera), pero o
                                          sombreiro mide menos de 8 cm de diámetro, o pé é delgado
                                          e o anel é fixo, se un intenta movelo, rompe, a diferencia do
                                          cerrote que se despraza ben ó longo do pé. Teñen láminas
                                          brancas e non presentan volva.



   Atópanse en xardíns e en bosques preferentemente de carballos, durante o outono e principios
do inverno. Pouco frecuentes, aínda que algúns anos son moi abundantes e de tamaño grande (6-8
cm).
CORTINARIUS ORELLANUS e outros CORTINARIUS grupo CINNAMOMEUS
   Por orelanina.
                                           Son cogomelos pequenos, menos de 5 cm de
                                           diámetro, de cores pardas, máis ou menos amareladas
                                           ou avermelladas. As láminas son de cor acastañada
                                           nos exemplares maduros e no pé presentan restos
                                           dunha cortina (semellante ós restos dunha tea de
                                           araña). Non presentan volva.



   Aparecen baixo piñeiros, máis raro carballos, durante o outono e o inverno. Algunhas especies
do grupo aparecen con frecuencia no N.W. da Península Ibérica.


GYROMITRA ESCULENTA
   Hidracínica.
                                    Ten unha forma estrana e consistencia de cartilaxe, tanto no
                                pé oco, coma no sombreiro engurrado e cerebriforme. De cor
                                parda avermellada na cabeza e no pé, grisácea.
                                     Pódese ver preferentemente na primavera, nas ribeiras dos
                                ríos, en lugares húmidos, sombríos e con solo areoso. Pouco
                                común.




PAXILLUS INVOLUTUS
   Por paxilina.
                                          Presenta un sombreiro pardo, coa pel facilmente
                                      separable e forma de funil. As láminas teñen a
                                      particularidade de que se separan do pé con só darlles un
                                      pouco coa uña, son de cores pardo amareladas e escorren ó
                                      longo dun pé, máis ou menos, dourado. Non presenta anel,
                                      nin volva.

   É abundantísima en todo tipo de bosques, durante o outono, boa parte do inverno e con certa
frecuencia na primavera.
TRICHOLOMA EQUESTRE (tortullo amarelo)
   Substancia tóxica descoñecida, produce rabdomiolise.
                                                Este cogomelo carnoso, de sabor doce e
                                             consistencia branda aínda é consumido por moitas
                                             persoas; sen embargo aconséllase non comelo, xa que
                                             pode provocar rabdomiolise dexenerativa, e incluso a
                                             morte, en persoas sensibles.



   O sombreiro é amarelo acastañado, o que contrasta fortemente coa cor amarela das láminas e o
pé. Non ten volva, nin anel.
   Atópase, con frecuencia, durante o outono e principios do inverno, baixo os piñeiros.




CLITOCYBE CAERUSSATA e outros CLITOCYBE brancos
   Muscarínica.
                                           Pequenos cogomelos de cor branca, en forma de
                                       pequeno funil, pel suave, láminas decorrentes polo pé e
                                       forte cheiro a fariña fresca. Carecen de anel e volva.
                                           Algunhas especies viven nos prados e outras nos
                                       bosques, durante o outono e son frecuentes
INOCYBE GEOPHYLLA e outras especies deste xénero
   Muscarínica.
                                          Son todas de pequeno tamaño con cores pardas ou
                                          pardo amareladas, a excepción da que figura na foto.
                                          O sombreiro é lixeiramente cónico e a pel está
                                          formada por fibriñas, máis ou menos, diferenciadas.
                                          As láminas son amareladas nos exemplares novose
                                          pardas nos maduros, e o pé non presenta volva, aínda
                                          que si pode ter cortina (semellante ós restos dunha tea
                                          de araña). Normalmente cheiran forte a terra, a
                                          esperma ou a lixivia.


   Atópanse con frecuencia tanto no outono e no inverno coma na primavera, baixo piñeiros, máis
raro noutros tipos de bosque.




AMANITA PANTHERINA
   Micoatropínica.
                                       O sombreiro é grisáceo ou algo acastañado, está cuberto
                                   de escamas brancas, ou lixeiramente grises, fortemente
                                   adheridas (non se poden separar ben rascando coa uña) e ten
                                   a marxe profundamente estriada, incluso nos exemplares
                                   novos. Ten láminas brancas, anel (delgado e situado na
                                   metade do pé) e volva.
                                       Moi frecuente durante o outono, preferentemente nas
                                   fragas, pero tamén baixo os piñeiros.
AMANITA MUSCARIA (brincabois)
   Micoatropínica.
                            É o típico cogomelo dos contos infantís: sombreiro vermello,
                        escamas brancas e láminas brancas, o mesmo que o anel e o pé. Ten
                        unha volva característica, descomposta en varios aneis descontinuos
                        formados por pequenos copiños.
                            Ás veces presenta cores amarelo-douradas na marxe do sombreiro,
                        láminas e anel. Neste caso non se debe confundir coa “cesárea”
                        (Amanita caesarea) comestible, que ten as láminas e o pé intensamente
                        amarelos.


   Atópase frecuentemente tanto baixo os castiñeiros e os bidueiros como baixo os piñeiros,
durante o outono.




ENTOLOMA LIVIDUM
   Gastroenterítica.
                                            Sombreiro de cor variable, desde branca a gris a
                                        azulada, con fibriñas innadas por debaixo da pel.
                                        Láminas lixeiramente amareladas, tendendo ó rosa. Pé
                                        branco, sen anel, nin volva. Carne densa, branca con
                                        fortísimo cheiro a fariña fresca.




   Medra durante o outono, non na primavera, preferentemente nas fragas. En Galicia é unha
especie moi rara.
AGARICUS XANTHODERMA (champiñón fedorento)
   Gastroenterítica.
                                                 Semellante ó champiñón de cultivo, aínda que máis
                                                 grande. Hai variedades de cor branca e gris.
                                                 Diferénciase ben doutros champiñóns, tanto polo
                                                 forte cheiro a fenol, que presenta na base do pé,
                                                 como pola intensa cor amarela ouro, que aparece
                                                 nos sitios onde se toca ou se frota.


   Nace preferentemente nos prados, durante o outono, e é moi frecuente.


BOLETUS CALOPUS e outros do grupo de BOLETUS SATANAS
   Gastroenterítica.
                              Como o resto das “andoas” ten na parte inferior do sombreiro unha
                          especie de esponxa, que neste caso é amarela. A pel é branca, máis ou
                          menos escura e o pé, vermello, cunha rediña branca na metade superior.
                             É relativamente frecuente nos bosques de carballos, durante o
                          outono.



   A especie deste grupo considerada como máis tóxica (Boletus satanas) vive en lugares básicos
(pH ≥ 7) e non se coñece de Galicia; sen embargo non se deben consumir as especies que teñen a
pel esbrancuxada e o pé ou os poros vermellos.


GYROPORUS AMMOPHILUS (andoa das areas)
   Gastroenterítica.
                                    Con sombreiro acastañado e pé oco, un pouco máis clara e a
                                “esponxa” case branca ou ocre moi claro. Cando é nova
                                caracterízase polas cores asalmonadas tanto do sombreiro e do pé
                                como dos poros.
                                    Unicamente se atopa, aínda que moi abundante, nos piñeirais
                                dos areais do litoral, sobre todo no outono.



A especie comestible (Gyroporus castaneus) é moi semellante en estado adulto, pero vive
preferentemente nas fragas.
LACTARIUS CHRYSORHEUS (falso níscalo)
   Gastroenterítica.
                                                É un cogomelo de cor ocre alaranxada, lixeiramente
                                         zonado no sombreiro e láminas decorrentes polo pé. Ó
                                         rompelo ou rascalo coa uña solta un látex (leite) branco,
                                         amargo e algo picante, que pasa inmediatamente a
                                         amarelo. Ten pé curto e carece de volva e anel.




   Atópase frecuentemente durante o outono en todas as fragas e carballeiras.


MACROLEPIOTA VENENATA (cogordo velenoso)
   Gastroenterítica.
                                          Seméllase ós “cerrotes” (Macrolepiota rachodes) tanto
                                       polo aspecto como polo tamaño.
                                           Ten o sombreiro grande (ata 15 cm) e carnoso, cuberto
                                       por escamas pardas dispostas radialmente e a marxe
                                       lacerada. O anel é pendular e non se move con facilidade,
                                       ademais nacen varios pés xuntos, partindo dun mesmo
                                       bulbo.
   Ten aparición outonal, pouco frecuente, e pode atoparse en prados estercados, hortas labradas,
xardíns, …


SARCOSPHAERA CRASSA
   Hemolítica.
                                          Este cogomelo ten o aspecto dunha cunca grande, ata
                                       10 cm de diámetro, carnosa e fráxil, especialmente na
                                       marxe. Presenta cores violeta no interior e brancas ou gris
                                       clara no exterior.
                                          En Galicia atópase no fin do inverno e principios da
                                       primavera nos piñeirais dunares do litoral.

   Non é moi frecuente porque vive en solos básicos (pH ≥ 7).
COPRINUS ATRAMENTARIUS
   Cardiovascular.
                                      O cogomelo en conxunto é cilíndrico, xa que o sombreiro
                                  gris e liso, nunca chega a abrirse e envolve totalmente o pé. Ó
                                  madurar descomponse en tinta. Ten pé branco e un anel fugaz
                                  situado na base deste. As láminas son rosadas ó primeiro e
                                  despois negras, antes de licuarse.



   Aparece con moita frecuencia nos prados, durante o outono e moitas veces preto da especie
comestible Coprinus comatus (“cabellda”), que ten o sombreiro moi branco e cuberto de grosas
escamas peludas, coa punta castaña ou negra.


PSILOCYBE SEMILANCEATA e PSILOCYBE GALLAECICA
   Enteoxénica.


                                Son pequenos cogomelos, de cores acastañadas, máis ou menos
                             escuras, con sombreiro cónico e fortemente mamilonado ou papilado.
                             As láminas son pardas e o pé, delgado, é da mesma cor cósombreiro
                             ou un pouco máis escura. Cheiror ácido e sabor amargo.



   Atópanse durante o outono, na herba ou sobre excrementos, en prados abertos situados en zonas
altas. Escasos, pero aparecen por toda Galicia.


PANAEOLUS SPHINCTRINUS
   Enteoxénica.
                                  Ten sombreiro cónico ou acampanado, de cor castaña ou negra.
                                  As láminas son negras, aínda que con frecuencia presentan
                                  manchas brancas por toda a superficie. Pé castaño ou negro, moi
                                  longo e esbelto, fráxil. Non teñen cheiro característico e saben
                                  amargo.

   Normalmente atópanse ligados a prados moi fertilizados ou sobre excrementos, durante todo o
outono. Extremadamente frecuente.
AMANITA RUBESCENS
   Hemolítica, se está mal cociñado.
                                            O sombreiro é de cor viño rosado, ás veces tirando ó gris,
                                     con escamas brancas ou grises, que se separan facilmente coa
                                     uña. Non ten a marxe estriada. As láminas e o pé son de cor
                                     branca, algo rosada. A carne tamén é branca, pero ó tocala ou
                                     ben en contacto co aire, ou onde é mordida por insectos, muda
                                     rapidamente a vermello.

   Atópase abundantemente todo o outono, máis raro no resto do ano, en todo tipo de formacións
arbóreas (carballeiras, piñeirais, …).


AMANITA grupo VAGINATA
   Hemolítica, se está mal cociñado.
                      O sombreiro, pouco carnoso, nos exemplares adultos é moi plano, cun
                  mamelón obtuso no centro e ten a marxe fortemente estriada. A cor é variable:
                  gris, branca, ladrillo - acastañada, … Ten as láminas brancas, o mesmo có pé.
                  Presentan unha volva grande, en forma de saco; pero carece de anel.
                      No outono, menos na primavera, son frecuentes nas fragas, máis raro baixo os
                  piñeiros.




HELVELLA LACUNOSA e outras especies do xénero (orellas)
   Hidracínica, se está mal cociñada.
                                         Especie comestible, aínda que é necesario tirar a auga de
                                  escaldalo. Non ten o aspecto típico dun cogomelo, xa que é como
                                  cartilaxe e o corpo fructífero é oco. O pé, gris, con fortes estrias
                                  lonxitudais e a cabeza, negra, ten forma de cerebro ou de sela de
                                  montar.
                                         Aparece na primavera e no outono, nas marxes dos bosques,
                                  preferentemente piñeirais. É moi común.
MORCHELLA ESCULENTA e outras especies do xénero (pantorras, xiruspatos)
   Hidracínica, se está mal cociñada.
                                        Tamén é comestible, aínda que é necesario tirar a auga de
                                 escaldalo. Ten consistencia cartilaxinosa e pesa moi pouco, xa
                                 que o interior é totalmente oco. O pé é liso ou granuloso, de cor
                                 branco-grisácea ou crema e a cabeza semella un panal de mel,
                                 xa que está formada por numerosas celas cóncavas. Cheiro forte
                                 e aromático.
                                        Unicamente se pode apañar na primavera, nas beiras dos ríos
                                 ou sobre os restos do bagazo de facer viño ou sidra. Non é
                                 demasiado frecuente.




                                        ________________

More Related Content

What's hot

COMUNIDADE DE ÁRBORES DO PATIO DO CEIP XOÁN DE REQUEIXO
COMUNIDADE DE ÁRBORES DO PATIO DO CEIP XOÁN DE REQUEIXOCOMUNIDADE DE ÁRBORES DO PATIO DO CEIP XOÁN DE REQUEIXO
COMUNIDADE DE ÁRBORES DO PATIO DO CEIP XOÁN DE REQUEIXOLela Daviña Gómez
 
Cabazas, calacus e outras
Cabazas, calacus e outrasCabazas, calacus e outras
Cabazas, calacus e outrasmonadela
 
Judit Os Cogumelos
Judit Os CogumelosJudit Os Cogumelos
Judit Os Cogumelosguestb35b1c
 
As plantas invasoras en galicia, un perigo silencioso
As plantas invasoras en galicia, un perigo silenciosoAs plantas invasoras en galicia, un perigo silencioso
As plantas invasoras en galicia, un perigo silenciosoCarmen Cid Manzano
 
Especies protexidas vexetais
Especies protexidas vexetaisEspecies protexidas vexetais
Especies protexidas vexetaisMonContos
 
Plantas carnívoras
Plantas carnívorasPlantas carnívoras
Plantas carnívorasmonadela
 
C:\documents and settings\usuario\escritorio\blog voz natura\el castaño\o cas...
C:\documents and settings\usuario\escritorio\blog voz natura\el castaño\o cas...C:\documents and settings\usuario\escritorio\blog voz natura\el castaño\o cas...
C:\documents and settings\usuario\escritorio\blog voz natura\el castaño\o cas...A Solaina
 
Pissodes castaneus
Pissodes castaneusPissodes castaneus
Pissodes castaneusguane13
 
Galeruca do umeiro
Galeruca do umeiroGaleruca do umeiro
Galeruca do umeiroxabrujo
 
A vide-o viño
A vide-o viñoA vide-o viño
A vide-o viñomonadela
 
Plantas medicinais
Plantas medicinaisPlantas medicinais
Plantas medicinaisequipobiblio
 
Especies invasoras vexetais
Especies invasoras vexetaisEspecies invasoras vexetais
Especies invasoras vexetaisMonContos
 
Día medio 2015
Día medio 2015Día medio 2015
Día medio 2015loli2015
 
Bechos dos arredores
Bechos dos arredoresBechos dos arredores
Bechos dos arredoresMonContos
 
áRbores, arbustos e prantas típicas de galicia 1
áRbores, arbustos e prantas típicas de galicia 1áRbores, arbustos e prantas típicas de galicia 1
áRbores, arbustos e prantas típicas de galicia 1PaulaReySilva
 
Plantas carnívoras
Plantas carnívorasPlantas carnívoras
Plantas carnívorasiesasorey
 

What's hot (19)

COMUNIDADE DE ÁRBORES DO PATIO DO CEIP XOÁN DE REQUEIXO
COMUNIDADE DE ÁRBORES DO PATIO DO CEIP XOÁN DE REQUEIXOCOMUNIDADE DE ÁRBORES DO PATIO DO CEIP XOÁN DE REQUEIXO
COMUNIDADE DE ÁRBORES DO PATIO DO CEIP XOÁN DE REQUEIXO
 
Cabazas, calacus e outras
Cabazas, calacus e outrasCabazas, calacus e outras
Cabazas, calacus e outras
 
Judit Os Cogumelos
Judit Os CogumelosJudit Os Cogumelos
Judit Os Cogumelos
 
As plantas invasoras en galicia, un perigo silencioso
As plantas invasoras en galicia, un perigo silenciosoAs plantas invasoras en galicia, un perigo silencioso
As plantas invasoras en galicia, un perigo silencioso
 
Especies protexidas vexetais
Especies protexidas vexetaisEspecies protexidas vexetais
Especies protexidas vexetais
 
Plantas carnívoras
Plantas carnívorasPlantas carnívoras
Plantas carnívoras
 
Cogomelos
CogomelosCogomelos
Cogomelos
 
C:\documents and settings\usuario\escritorio\blog voz natura\el castaño\o cas...
C:\documents and settings\usuario\escritorio\blog voz natura\el castaño\o cas...C:\documents and settings\usuario\escritorio\blog voz natura\el castaño\o cas...
C:\documents and settings\usuario\escritorio\blog voz natura\el castaño\o cas...
 
Pissodes castaneus
Pissodes castaneusPissodes castaneus
Pissodes castaneus
 
Galeruca do umeiro
Galeruca do umeiroGaleruca do umeiro
Galeruca do umeiro
 
A vide-o viño
A vide-o viñoA vide-o viño
A vide-o viño
 
Plantas medicinais
Plantas medicinaisPlantas medicinais
Plantas medicinais
 
Especies invasoras vexetais
Especies invasoras vexetaisEspecies invasoras vexetais
Especies invasoras vexetais
 
Setas
SetasSetas
Setas
 
Día medio 2015
Día medio 2015Día medio 2015
Día medio 2015
 
Bechos dos arredores
Bechos dos arredoresBechos dos arredores
Bechos dos arredores
 
áRbores, arbustos e prantas típicas de galicia 1
áRbores, arbustos e prantas típicas de galicia 1áRbores, arbustos e prantas típicas de galicia 1
áRbores, arbustos e prantas típicas de galicia 1
 
Batata
BatataBatata
Batata
 
Plantas carnívoras
Plantas carnívorasPlantas carnívoras
Plantas carnívoras
 

Viewers also liked

Trends In Human Resources Management (7) 7 8 2010
Trends In Human Resources Management (7) 7 8 2010Trends In Human Resources Management (7) 7 8 2010
Trends In Human Resources Management (7) 7 8 2010atkinr1
 
Athens Digital Week
Athens Digital WeekAthens Digital Week
Athens Digital Weekpatrimal
 
The Prayer Of Winter 1230121816106954 2
The Prayer Of Winter 1230121816106954 2The Prayer Of Winter 1230121816106954 2
The Prayer Of Winter 1230121816106954 2ljvdb
 
Changes Schools Can Make to Reduce their Energy Consumption and Save Money
Changes Schools Can Make to Reduce their Energy Consumption and Save MoneyChanges Schools Can Make to Reduce their Energy Consumption and Save Money
Changes Schools Can Make to Reduce their Energy Consumption and Save MoneyUniversity of Minnesota
 
Roguevgnome
RoguevgnomeRoguevgnome
Roguevgnomebazandar
 
Justin josh graduation day 2010
Justin josh graduation day 2010 Justin josh graduation day 2010
Justin josh graduation day 2010 cyrel castro
 
PresentacióN Entorn
PresentacióN EntornPresentacióN Entorn
PresentacióN Entornlauragf
 
Accelerating Residential Energy Efficiency Overview
Accelerating Residential Energy Efficiency OverviewAccelerating Residential Energy Efficiency Overview
Accelerating Residential Energy Efficiency OverviewUniversity of Minnesota
 
juan zapata
juan zapatajuan zapata
juan zapatajuan.z
 
nondang
nondangnondang
nondangsakorn
 
How General Motors does it?
How General Motors does it?How General Motors does it?
How General Motors does it?farshid_etype
 
Miniguide Ortho
Miniguide OrthoMiniguide Ortho
Miniguide Ortholjvdb
 
John Allen, WPE-2008 Presentation
John Allen, WPE-2008 PresentationJohn Allen, WPE-2008 Presentation
John Allen, WPE-2008 Presentationwpe
 
Mobile phone future angular js
Mobile phone future angular jsMobile phone future angular js
Mobile phone future angular jsatanacy
 

Viewers also liked (20)

Trends In Human Resources Management (7) 7 8 2010
Trends In Human Resources Management (7) 7 8 2010Trends In Human Resources Management (7) 7 8 2010
Trends In Human Resources Management (7) 7 8 2010
 
Athens Digital Week
Athens Digital WeekAthens Digital Week
Athens Digital Week
 
The Prayer Of Winter 1230121816106954 2
The Prayer Of Winter 1230121816106954 2The Prayer Of Winter 1230121816106954 2
The Prayer Of Winter 1230121816106954 2
 
Mascotas
MascotasMascotas
Mascotas
 
Changes Schools Can Make to Reduce their Energy Consumption and Save Money
Changes Schools Can Make to Reduce their Energy Consumption and Save MoneyChanges Schools Can Make to Reduce their Energy Consumption and Save Money
Changes Schools Can Make to Reduce their Energy Consumption and Save Money
 
Roguevgnome
RoguevgnomeRoguevgnome
Roguevgnome
 
Justin josh graduation day 2010
Justin josh graduation day 2010 Justin josh graduation day 2010
Justin josh graduation day 2010
 
PresentacióN Entorn
PresentacióN EntornPresentacióN Entorn
PresentacióN Entorn
 
Accelerating Residential Energy Efficiency Overview
Accelerating Residential Energy Efficiency OverviewAccelerating Residential Energy Efficiency Overview
Accelerating Residential Energy Efficiency Overview
 
juan zapata
juan zapatajuan zapata
juan zapata
 
nondang
nondangnondang
nondang
 
How General Motors does it?
How General Motors does it?How General Motors does it?
How General Motors does it?
 
Petarkadas.com
Petarkadas.comPetarkadas.com
Petarkadas.com
 
E Twinning
E TwinningE Twinning
E Twinning
 
Maka1
Maka1Maka1
Maka1
 
7 Habits
7 Habits7 Habits
7 Habits
 
Miniguide Ortho
Miniguide OrthoMiniguide Ortho
Miniguide Ortho
 
John Allen, WPE-2008 Presentation
John Allen, WPE-2008 PresentationJohn Allen, WPE-2008 Presentation
John Allen, WPE-2008 Presentation
 
Mobile phone future angular js
Mobile phone future angular jsMobile phone future angular js
Mobile phone future angular js
 
Books
BooksBooks
Books
 

Similar to Setas Tóxicas

Os seres vivos 3
Os  seres  vivos 3Os  seres  vivos 3
Os seres vivos 3sacaideas
 
O outono na beira do Miño
O outono na beira do MiñoO outono na beira do Miño
O outono na beira do Miñocrismunoa
 
Paxarosgafos
PaxarosgafosPaxarosgafos
Paxarosgafosgalefas
 
Anfibios
AnfibiosAnfibios
Anfibiosxancia1
 
IES Asorey-Cambados (o estanque)
IES Asorey-Cambados (o estanque)IES Asorey-Cambados (o estanque)
IES Asorey-Cambados (o estanque)iesasorey
 
Unudade 6 moneras e outros
Unudade 6 moneras e outrosUnudade 6 moneras e outros
Unudade 6 moneras e outroscooonchiiitaaa
 
Aves da Enseada do Umia-O Grove
Aves da Enseada do Umia-O GroveAves da Enseada do Umia-O Grove
Aves da Enseada do Umia-O Grovecandeadosalnes
 
Biodivers Vilanova de Arousa
Biodivers Vilanova de ArousaBiodivers Vilanova de Arousa
Biodivers Vilanova de Arousapinksoda
 
Biodiversidade ría de Arousa
Biodiversidade ría de ArousaBiodiversidade ría de Arousa
Biodiversidade ría de Arousapinksoda
 
Herba da Pampa
Herba da PampaHerba da Pampa
Herba da PampaCEIPLIM
 
O medio mariño as plantas e as algas (Candea 1994)
O medio mariño as plantas e as algas (Candea 1994)O medio mariño as plantas e as algas (Candea 1994)
O medio mariño as plantas e as algas (Candea 1994)candeadosalnes
 
Lentellas de auga
Lentellas de augaLentellas de auga
Lentellas de augaMonContos
 
O medio mariño os moluscos (Candea 1994)
O medio mariño os moluscos (Candea 1994)O medio mariño os moluscos (Candea 1994)
O medio mariño os moluscos (Candea 1994)candeadosalnes
 
Presentación Ano Internacional dos Legumes
Presentación Ano Internacional dos LegumesPresentación Ano Internacional dos Legumes
Presentación Ano Internacional dos LegumesBibliotecaRevoltas
 
Morcego Roque, peixes planos
Morcego Roque, peixes planosMorcego Roque, peixes planos
Morcego Roque, peixes planosMonContos
 

Similar to Setas Tóxicas (20)

Os seres vivos 3
Os  seres  vivos 3Os  seres  vivos 3
Os seres vivos 3
 
Anfibios e réptiles 2
Anfibios e réptiles  2Anfibios e réptiles  2
Anfibios e réptiles 2
 
petos.pptx
petos.pptxpetos.pptx
petos.pptx
 
O outono na beira do Miño
O outono na beira do MiñoO outono na beira do Miño
O outono na beira do Miño
 
Paxarosgafos
PaxarosgafosPaxarosgafos
Paxarosgafos
 
Anfibios
AnfibiosAnfibios
Anfibios
 
IES Asorey-Cambados (o estanque)
IES Asorey-Cambados (o estanque)IES Asorey-Cambados (o estanque)
IES Asorey-Cambados (o estanque)
 
Unudade 6 moneras e outros
Unudade 6 moneras e outrosUnudade 6 moneras e outros
Unudade 6 moneras e outros
 
Aves da Enseada do Umia-O Grove
Aves da Enseada do Umia-O GroveAves da Enseada do Umia-O Grove
Aves da Enseada do Umia-O Grove
 
Biodivers Vilanova de Arousa
Biodivers Vilanova de ArousaBiodivers Vilanova de Arousa
Biodivers Vilanova de Arousa
 
Biodiversidade ría de Arousa
Biodiversidade ría de ArousaBiodiversidade ría de Arousa
Biodiversidade ría de Arousa
 
Herba da Pampa
Herba da PampaHerba da Pampa
Herba da Pampa
 
O medio mariño as plantas e as algas (Candea 1994)
O medio mariño as plantas e as algas (Candea 1994)O medio mariño as plantas e as algas (Candea 1994)
O medio mariño as plantas e as algas (Candea 1994)
 
Lentellas de auga
Lentellas de augaLentellas de auga
Lentellas de auga
 
O trevo
O trevoO trevo
O trevo
 
Anfibios
AnfibiosAnfibios
Anfibios
 
O medio mariño os moluscos (Candea 1994)
O medio mariño os moluscos (Candea 1994)O medio mariño os moluscos (Candea 1994)
O medio mariño os moluscos (Candea 1994)
 
Presentación Ano Internacional dos Legumes
Presentación Ano Internacional dos LegumesPresentación Ano Internacional dos Legumes
Presentación Ano Internacional dos Legumes
 
A píntega
A píntegaA píntega
A píntega
 
Morcego Roque, peixes planos
Morcego Roque, peixes planosMorcego Roque, peixes planos
Morcego Roque, peixes planos
 

More from botadechaplin

Xeiras do iem verán 2011
Xeiras do iem verán 2011Xeiras do iem verán 2011
Xeiras do iem verán 2011botadechaplin
 
PROGRAMA CURSO NUEVAS TECNOLOGÍAS APLICADAS AL TURISMO
PROGRAMA CURSO NUEVAS TECNOLOGÍAS APLICADAS AL TURISMOPROGRAMA CURSO NUEVAS TECNOLOGÍAS APLICADAS AL TURISMO
PROGRAMA CURSO NUEVAS TECNOLOGÍAS APLICADAS AL TURISMObotadechaplin
 
Curso Armonía de sabores de la Ruta do Viño do Ribeiro
Curso Armonía de sabores de la Ruta do Viño do RibeiroCurso Armonía de sabores de la Ruta do Viño do Ribeiro
Curso Armonía de sabores de la Ruta do Viño do Ribeirobotadechaplin
 
Programa Congreso Turismo Termal (marzo2011)
Programa Congreso Turismo Termal (marzo2011)Programa Congreso Turismo Termal (marzo2011)
Programa Congreso Turismo Termal (marzo2011)botadechaplin
 
Resumen de la ley del Tabaco
Resumen de la ley del TabacoResumen de la ley del Tabaco
Resumen de la ley del Tabacobotadechaplin
 
CARTEL PROHIBIDA VENTA TABACO MENORES GALICIA
CARTEL PROHIBIDA VENTA TABACO MENORES GALICIACARTEL PROHIBIDA VENTA TABACO MENORES GALICIA
CARTEL PROHIBIDA VENTA TABACO MENORES GALICIAbotadechaplin
 
Cartel prohibido fumar vertical Galicia
Cartel prohibido fumar vertical GaliciaCartel prohibido fumar vertical Galicia
Cartel prohibido fumar vertical Galiciabotadechaplin
 
Cartel prohibido fumar horizontal
Cartel prohibido fumar horizontalCartel prohibido fumar horizontal
Cartel prohibido fumar horizontalbotadechaplin
 
Datos del turismo 2009 del INE(Coyuntura Hotelera)
Datos del turismo 2009 del INE(Coyuntura Hotelera)Datos del turismo 2009 del INE(Coyuntura Hotelera)
Datos del turismo 2009 del INE(Coyuntura Hotelera)botadechaplin
 
Resumen ocupación turística 2009 Galicia
Resumen ocupación turística 2009 GaliciaResumen ocupación turística 2009 Galicia
Resumen ocupación turística 2009 Galiciabotadechaplin
 
Resumen estadístico sobre el turismo en Galicia 2009
Resumen estadístico sobre el turismo en Galicia 2009Resumen estadístico sobre el turismo en Galicia 2009
Resumen estadístico sobre el turismo en Galicia 2009botadechaplin
 
Informe anual 2009 Gasto Turístico y Entrada de Turistas en España
Informe anual 2009 Gasto Turístico y Entrada de Turistas en EspañaInforme anual 2009 Gasto Turístico y Entrada de Turistas en España
Informe anual 2009 Gasto Turístico y Entrada de Turistas en Españabotadechaplin
 
Curso de formación en Enoturismo
Curso de formación en EnoturismoCurso de formación en Enoturismo
Curso de formación en Enoturismobotadechaplin
 
Destrucción a Toda Costa - Galicia-
Destrucción a Toda Costa - Galicia-Destrucción a Toda Costa - Galicia-
Destrucción a Toda Costa - Galicia-botadechaplin
 
Festas de verán vigo 2010
Festas de verán vigo 2010Festas de verán vigo 2010
Festas de verán vigo 2010botadechaplin
 
Codigo Deontológico
Codigo Deontológico Codigo Deontológico
Codigo Deontológico botadechaplin
 
Manual de buenas prácticas para hostelería
Manual de buenas prácticas para hosteleríaManual de buenas prácticas para hostelería
Manual de buenas prácticas para hosteleríabotadechaplin
 
Consejos de buenas prácticas para hostelería
Consejos de buenas prácticas para hosteleríaConsejos de buenas prácticas para hostelería
Consejos de buenas prácticas para hosteleríabotadechaplin
 

More from botadechaplin (20)

Xeiras do iem verán 2011
Xeiras do iem verán 2011Xeiras do iem verán 2011
Xeiras do iem verán 2011
 
PROGRAMA CURSO NUEVAS TECNOLOGÍAS APLICADAS AL TURISMO
PROGRAMA CURSO NUEVAS TECNOLOGÍAS APLICADAS AL TURISMOPROGRAMA CURSO NUEVAS TECNOLOGÍAS APLICADAS AL TURISMO
PROGRAMA CURSO NUEVAS TECNOLOGÍAS APLICADAS AL TURISMO
 
Silleda Turística
Silleda TurísticaSilleda Turística
Silleda Turística
 
Curso Armonía de sabores de la Ruta do Viño do Ribeiro
Curso Armonía de sabores de la Ruta do Viño do RibeiroCurso Armonía de sabores de la Ruta do Viño do Ribeiro
Curso Armonía de sabores de la Ruta do Viño do Ribeiro
 
Programa Congreso Turismo Termal (marzo2011)
Programa Congreso Turismo Termal (marzo2011)Programa Congreso Turismo Termal (marzo2011)
Programa Congreso Turismo Termal (marzo2011)
 
Cena flores
Cena floresCena flores
Cena flores
 
Resumen de la ley del Tabaco
Resumen de la ley del TabacoResumen de la ley del Tabaco
Resumen de la ley del Tabaco
 
CARTEL PROHIBIDA VENTA TABACO MENORES GALICIA
CARTEL PROHIBIDA VENTA TABACO MENORES GALICIACARTEL PROHIBIDA VENTA TABACO MENORES GALICIA
CARTEL PROHIBIDA VENTA TABACO MENORES GALICIA
 
Cartel prohibido fumar vertical Galicia
Cartel prohibido fumar vertical GaliciaCartel prohibido fumar vertical Galicia
Cartel prohibido fumar vertical Galicia
 
Cartel prohibido fumar horizontal
Cartel prohibido fumar horizontalCartel prohibido fumar horizontal
Cartel prohibido fumar horizontal
 
Datos del turismo 2009 del INE(Coyuntura Hotelera)
Datos del turismo 2009 del INE(Coyuntura Hotelera)Datos del turismo 2009 del INE(Coyuntura Hotelera)
Datos del turismo 2009 del INE(Coyuntura Hotelera)
 
Resumen ocupación turística 2009 Galicia
Resumen ocupación turística 2009 GaliciaResumen ocupación turística 2009 Galicia
Resumen ocupación turística 2009 Galicia
 
Resumen estadístico sobre el turismo en Galicia 2009
Resumen estadístico sobre el turismo en Galicia 2009Resumen estadístico sobre el turismo en Galicia 2009
Resumen estadístico sobre el turismo en Galicia 2009
 
Informe anual 2009 Gasto Turístico y Entrada de Turistas en España
Informe anual 2009 Gasto Turístico y Entrada de Turistas en EspañaInforme anual 2009 Gasto Turístico y Entrada de Turistas en España
Informe anual 2009 Gasto Turístico y Entrada de Turistas en España
 
Curso de formación en Enoturismo
Curso de formación en EnoturismoCurso de formación en Enoturismo
Curso de formación en Enoturismo
 
Destrucción a Toda Costa - Galicia-
Destrucción a Toda Costa - Galicia-Destrucción a Toda Costa - Galicia-
Destrucción a Toda Costa - Galicia-
 
Festas de verán vigo 2010
Festas de verán vigo 2010Festas de verán vigo 2010
Festas de verán vigo 2010
 
Codigo Deontológico
Codigo Deontológico Codigo Deontológico
Codigo Deontológico
 
Manual de buenas prácticas para hostelería
Manual de buenas prácticas para hosteleríaManual de buenas prácticas para hostelería
Manual de buenas prácticas para hostelería
 
Consejos de buenas prácticas para hostelería
Consejos de buenas prácticas para hosteleríaConsejos de buenas prácticas para hostelería
Consejos de buenas prácticas para hostelería
 

Setas Tóxicas

  • 1. COGOMELOS TÓXICOS Edita en Web: Autora: Dra. Marisa Castro Universidade de Vigo Facultade de Ciencias Laboratorio de Micoloxía
  • 2. INTRODUCCIÓN No reino Fungi, onde están incluídos os oidios, os balores e os cogomelos coñécense arredor dunhas 80.000 especies en todo o mundo, deles só unha pequena porcentaxe (10 %) está constituída por longos filamentos microscópicos (hifas), que viven baixo terra, no interior da madeira, sobre outros fungos, etc, formando o micelio ou “branco de fungo”. Estes son os EUMICETOS ou verdadeiros fungos. Algúns dos eumicetos son os que producen frutificacións macroscópicas, é o que denominamos COGOMELO. Aínda que no sentir popular os termos fungo e cogomelo son empregados indistintamente, como ben se ve non son sinónimos, é algo así como a pereira e as peras. Os cogomelos son popularmente coñecidos debido a que se lles dan múltiples usos: artesanal, folclórico, medicinal ou alimentario e, probablemente, desde os primeiros tempos da historia do home, tanto especies silvestres como rudimentariamente cultivadas. Ó xurdiren espontáneos con certa regularidade estacional, deberon ser usados como alimentos xa na época preagrícola cando as tribus nómades se mantiñan de raíces, bulbos e froitos silvestres. Sen embargo, é importante non esquecer que hai cogomelos tóxicos, que poden ser confundidos con outros comestibles e que causan envelenamentos graves, ás veces mortais. En Galicia coñécense un total de 1.600 eumicetos, dos cales arredor dunhas 200 especies son comestibles, 10 poden ser mortais, outra media ducia verdadeiramente tóxicas, e algo máis de 30, causan problemas menores. Na nosa Comunidade desde o ano 1994 ata hoxe producíronse moitos ingresos hospitalarios provocados polo consumo de cogomelos silvestres e preto de media ducia de mortes, amais dalgún transplante de fígado a persoas intoxicadas. Para evitar posibles intoxicacións a Dirección Xeral de Saude Pública elaborou esta información co fin de concienciar os apañadores de cogomelos sobre os perigos que implica esta afección se se esquecen unhas regras mínimas.
  • 3. PARTES DUN COGOMELO: IDENTIFICACIÓN Para distinguir unha especie tóxica doutra que é comestible, non existen regras xerais. Só é necesario coñecela, é dicir, saber cál é o seu nome científico (moito máis preciso có popular). A unha persoa non se lle ocorre saír ó campo apañar herbas silvestres para comer sen coñecelas ben, ¿por que un cogomelo si?. Un cogomelo para ser considerado comestible, sen riscos, ten que poder ser identificado a simple vista, sen axuda do microscopio e que non exista a posibilidade de que sexa confundido con outro semellante e tóxico. Isto obriga a facer unha detallada e minuciosa observación de certos caracteres: hábitat (lugar onde vive ou especie de árbore á que está ligado), cor, cheiro, tamaño e morfoloxía: sombreiro, himenio ou superficie fértil e pé, con anel e volva (fig.1). Fig. 1. Partes dun cogomelo (M.CASTRO. Guía dos cogomelos de Galicia. 2000. Xerais. Vigo) Cada unha destas partes teñen que ser analizadas en detalle; así no sombreiro hai que observar a forma, o tipo de marxe, a presencia de escamas, etc. A superficie fértil pode ter láminas, tubos, pregues, aguillóns ou ser lisa e unirse ó pé por toda a superficie lateral (adnata), a través dunha escotadura, baixar ó longo do propio pé (decorrente) ou estar separada del (libre). Todas estas características son constantes para cada especie. Ademais, algúns ó partilos ceiban un líquido (látex), con sabor e cor característicos e imprescindibles para identificalos. Sen embargo, non podemos esquecer que estamos a falar dun “froito”, polo que poden presentar unha serie de cambios en tamaño e cor debido á idade, a cambios climáticos bruscos, … e hai certos cogomelos que presentan en fresco unhas características organolépticas (cheiro e sabor) e en seco, outras.
  • 4. PRECAUCIÓNS NA APAÑA E CONSUMO DE COGOMELOS 1. Non recoller nunca, con fins alimenticios, unha especie que non se IDENTIFIQUE CON TOTAL SEGURIDADE NO CAMPO e EN CASO DE DÚBIDA, ABSTERSE!. 2. As persoas inexpertas deben apañar os cogomelos acompañadas dun experto “cogomeleiro”, ou consultar con algún especialista antes de os consumir. 3. Hai que transportalos en cestos ou caixas duras, nunca en bolsas de plástico, xa que se rompen, soltan auga e poden fermentar. Tamén hai intoxicacións por consumilos en mal estado e non por tratarse de especies tóxicas. 4. Non se deben mesturar, no mesmo cesto, especies comestibles con outras dubidosas ou tóxicas. Se apañamos un ou varios exemplares para identificar na casa e non sabemos se son comestibles, hai que introducilos nun recipente distinto ó dos comestibles. 5. É necesario recoller exemplares adultos, maduros e completos, con coidado de non estragar o contorno, pero completos, para observar minuciosamente todos os detalles morfolóxicos, que poden quedar enterrados como a volva, e evitar así erros fatais. 6. Hai que cociñalos aínda frescos, non deixalos moitos días no frigorífico, tamén se degradan e os metabolitos secundarios poden provocar intoxicacións e alerxias. 7. Non se deben preparar guisos con diferentes especies, porque se apareceran problemas despois da inxesta (por exemplo, sensibilidade persoal a algún dos compoñentes) non se lle pode indicar ó médico de qué cogomelo se trata, nin se sabe o tipo de intoxicación que produce, nin polo tanto cál é o tratamento que hai que aplicar. CÓMO ACTUAR NO CASO DUNHA INTOXICACIÓN 1. Acudir inmediatamente a un centro médico: recordar que o tempo pode xogar a favor ou en contra do doente. Canto máis rápido se faga o tratamento, máis garantía hai de supervivencia; incluso nas intoxicacións hepatotóxicas, as posibilidades de superalas son moitas si se acode ó especialista cando se observan os primeiros síntomas. 2. Achegar algunhas informacións ó especialista: é fundamental coñecer a hora da inxesta, así como poder observar anacos dos cogomelos consumidos, ou o lugar onde foron apañados, para poder consultar a micólogos expertos que identifiquen as especies responsables da intoxicación, para así poder aplicar o tratamento adecuado.
  • 5. ESPECIES DE COGOMELOS TÓXICOS EN GALICIA Este catálogo non é exhaustivo, senón que indica aqueles cogomelos que son máis frecuentes e/ou perigosos. Figuran organizados de máis a menos perigoso, indicando o tipo de intoxicación, unha sinopse descritiva que permita identificar a especie, ademais do hábitat, período do ano e frecuencia coa que se atopa en Galicia. AMANITA PHALLOIDES e AMANITA VERNA Por amanitinas. Son cogomelos carnosos, de sabor e cheiro agradables. Teñen láminas brancas e o pé con anel péndulo e volva moi ampla e membranosa, semellante a un saquiño. O sombreiro é verde, amarelo ou branco en Amanita phalloides e branco puro, en Amanita verna. Viven en bosques de carballos e coníferas, a primeira no outono e a segunda, na primavera. Son frecuentes e abundantes. LEPIOTA HELVEOLLA e LEPIOTA BRUNNEOINCARNATA Por amanitinas. Parecense ós “cerrotes” (Macrolepiota procera), pero o sombreiro mide menos de 8 cm de diámetro, o pé é delgado e o anel é fixo, se un intenta movelo, rompe, a diferencia do cerrote que se despraza ben ó longo do pé. Teñen láminas brancas e non presentan volva. Atópanse en xardíns e en bosques preferentemente de carballos, durante o outono e principios do inverno. Pouco frecuentes, aínda que algúns anos son moi abundantes e de tamaño grande (6-8 cm).
  • 6. CORTINARIUS ORELLANUS e outros CORTINARIUS grupo CINNAMOMEUS Por orelanina. Son cogomelos pequenos, menos de 5 cm de diámetro, de cores pardas, máis ou menos amareladas ou avermelladas. As láminas son de cor acastañada nos exemplares maduros e no pé presentan restos dunha cortina (semellante ós restos dunha tea de araña). Non presentan volva. Aparecen baixo piñeiros, máis raro carballos, durante o outono e o inverno. Algunhas especies do grupo aparecen con frecuencia no N.W. da Península Ibérica. GYROMITRA ESCULENTA Hidracínica. Ten unha forma estrana e consistencia de cartilaxe, tanto no pé oco, coma no sombreiro engurrado e cerebriforme. De cor parda avermellada na cabeza e no pé, grisácea. Pódese ver preferentemente na primavera, nas ribeiras dos ríos, en lugares húmidos, sombríos e con solo areoso. Pouco común. PAXILLUS INVOLUTUS Por paxilina. Presenta un sombreiro pardo, coa pel facilmente separable e forma de funil. As láminas teñen a particularidade de que se separan do pé con só darlles un pouco coa uña, son de cores pardo amareladas e escorren ó longo dun pé, máis ou menos, dourado. Non presenta anel, nin volva. É abundantísima en todo tipo de bosques, durante o outono, boa parte do inverno e con certa frecuencia na primavera.
  • 7. TRICHOLOMA EQUESTRE (tortullo amarelo) Substancia tóxica descoñecida, produce rabdomiolise. Este cogomelo carnoso, de sabor doce e consistencia branda aínda é consumido por moitas persoas; sen embargo aconséllase non comelo, xa que pode provocar rabdomiolise dexenerativa, e incluso a morte, en persoas sensibles. O sombreiro é amarelo acastañado, o que contrasta fortemente coa cor amarela das láminas e o pé. Non ten volva, nin anel. Atópase, con frecuencia, durante o outono e principios do inverno, baixo os piñeiros. CLITOCYBE CAERUSSATA e outros CLITOCYBE brancos Muscarínica. Pequenos cogomelos de cor branca, en forma de pequeno funil, pel suave, láminas decorrentes polo pé e forte cheiro a fariña fresca. Carecen de anel e volva. Algunhas especies viven nos prados e outras nos bosques, durante o outono e son frecuentes
  • 8. INOCYBE GEOPHYLLA e outras especies deste xénero Muscarínica. Son todas de pequeno tamaño con cores pardas ou pardo amareladas, a excepción da que figura na foto. O sombreiro é lixeiramente cónico e a pel está formada por fibriñas, máis ou menos, diferenciadas. As láminas son amareladas nos exemplares novose pardas nos maduros, e o pé non presenta volva, aínda que si pode ter cortina (semellante ós restos dunha tea de araña). Normalmente cheiran forte a terra, a esperma ou a lixivia. Atópanse con frecuencia tanto no outono e no inverno coma na primavera, baixo piñeiros, máis raro noutros tipos de bosque. AMANITA PANTHERINA Micoatropínica. O sombreiro é grisáceo ou algo acastañado, está cuberto de escamas brancas, ou lixeiramente grises, fortemente adheridas (non se poden separar ben rascando coa uña) e ten a marxe profundamente estriada, incluso nos exemplares novos. Ten láminas brancas, anel (delgado e situado na metade do pé) e volva. Moi frecuente durante o outono, preferentemente nas fragas, pero tamén baixo os piñeiros.
  • 9. AMANITA MUSCARIA (brincabois) Micoatropínica. É o típico cogomelo dos contos infantís: sombreiro vermello, escamas brancas e láminas brancas, o mesmo que o anel e o pé. Ten unha volva característica, descomposta en varios aneis descontinuos formados por pequenos copiños. Ás veces presenta cores amarelo-douradas na marxe do sombreiro, láminas e anel. Neste caso non se debe confundir coa “cesárea” (Amanita caesarea) comestible, que ten as láminas e o pé intensamente amarelos. Atópase frecuentemente tanto baixo os castiñeiros e os bidueiros como baixo os piñeiros, durante o outono. ENTOLOMA LIVIDUM Gastroenterítica. Sombreiro de cor variable, desde branca a gris a azulada, con fibriñas innadas por debaixo da pel. Láminas lixeiramente amareladas, tendendo ó rosa. Pé branco, sen anel, nin volva. Carne densa, branca con fortísimo cheiro a fariña fresca. Medra durante o outono, non na primavera, preferentemente nas fragas. En Galicia é unha especie moi rara.
  • 10. AGARICUS XANTHODERMA (champiñón fedorento) Gastroenterítica. Semellante ó champiñón de cultivo, aínda que máis grande. Hai variedades de cor branca e gris. Diferénciase ben doutros champiñóns, tanto polo forte cheiro a fenol, que presenta na base do pé, como pola intensa cor amarela ouro, que aparece nos sitios onde se toca ou se frota. Nace preferentemente nos prados, durante o outono, e é moi frecuente. BOLETUS CALOPUS e outros do grupo de BOLETUS SATANAS Gastroenterítica. Como o resto das “andoas” ten na parte inferior do sombreiro unha especie de esponxa, que neste caso é amarela. A pel é branca, máis ou menos escura e o pé, vermello, cunha rediña branca na metade superior. É relativamente frecuente nos bosques de carballos, durante o outono. A especie deste grupo considerada como máis tóxica (Boletus satanas) vive en lugares básicos (pH ≥ 7) e non se coñece de Galicia; sen embargo non se deben consumir as especies que teñen a pel esbrancuxada e o pé ou os poros vermellos. GYROPORUS AMMOPHILUS (andoa das areas) Gastroenterítica. Con sombreiro acastañado e pé oco, un pouco máis clara e a “esponxa” case branca ou ocre moi claro. Cando é nova caracterízase polas cores asalmonadas tanto do sombreiro e do pé como dos poros. Unicamente se atopa, aínda que moi abundante, nos piñeirais dos areais do litoral, sobre todo no outono. A especie comestible (Gyroporus castaneus) é moi semellante en estado adulto, pero vive preferentemente nas fragas.
  • 11. LACTARIUS CHRYSORHEUS (falso níscalo) Gastroenterítica. É un cogomelo de cor ocre alaranxada, lixeiramente zonado no sombreiro e láminas decorrentes polo pé. Ó rompelo ou rascalo coa uña solta un látex (leite) branco, amargo e algo picante, que pasa inmediatamente a amarelo. Ten pé curto e carece de volva e anel. Atópase frecuentemente durante o outono en todas as fragas e carballeiras. MACROLEPIOTA VENENATA (cogordo velenoso) Gastroenterítica. Seméllase ós “cerrotes” (Macrolepiota rachodes) tanto polo aspecto como polo tamaño. Ten o sombreiro grande (ata 15 cm) e carnoso, cuberto por escamas pardas dispostas radialmente e a marxe lacerada. O anel é pendular e non se move con facilidade, ademais nacen varios pés xuntos, partindo dun mesmo bulbo. Ten aparición outonal, pouco frecuente, e pode atoparse en prados estercados, hortas labradas, xardíns, … SARCOSPHAERA CRASSA Hemolítica. Este cogomelo ten o aspecto dunha cunca grande, ata 10 cm de diámetro, carnosa e fráxil, especialmente na marxe. Presenta cores violeta no interior e brancas ou gris clara no exterior. En Galicia atópase no fin do inverno e principios da primavera nos piñeirais dunares do litoral. Non é moi frecuente porque vive en solos básicos (pH ≥ 7).
  • 12. COPRINUS ATRAMENTARIUS Cardiovascular. O cogomelo en conxunto é cilíndrico, xa que o sombreiro gris e liso, nunca chega a abrirse e envolve totalmente o pé. Ó madurar descomponse en tinta. Ten pé branco e un anel fugaz situado na base deste. As láminas son rosadas ó primeiro e despois negras, antes de licuarse. Aparece con moita frecuencia nos prados, durante o outono e moitas veces preto da especie comestible Coprinus comatus (“cabellda”), que ten o sombreiro moi branco e cuberto de grosas escamas peludas, coa punta castaña ou negra. PSILOCYBE SEMILANCEATA e PSILOCYBE GALLAECICA Enteoxénica. Son pequenos cogomelos, de cores acastañadas, máis ou menos escuras, con sombreiro cónico e fortemente mamilonado ou papilado. As láminas son pardas e o pé, delgado, é da mesma cor cósombreiro ou un pouco máis escura. Cheiror ácido e sabor amargo. Atópanse durante o outono, na herba ou sobre excrementos, en prados abertos situados en zonas altas. Escasos, pero aparecen por toda Galicia. PANAEOLUS SPHINCTRINUS Enteoxénica. Ten sombreiro cónico ou acampanado, de cor castaña ou negra. As láminas son negras, aínda que con frecuencia presentan manchas brancas por toda a superficie. Pé castaño ou negro, moi longo e esbelto, fráxil. Non teñen cheiro característico e saben amargo. Normalmente atópanse ligados a prados moi fertilizados ou sobre excrementos, durante todo o outono. Extremadamente frecuente.
  • 13. AMANITA RUBESCENS Hemolítica, se está mal cociñado. O sombreiro é de cor viño rosado, ás veces tirando ó gris, con escamas brancas ou grises, que se separan facilmente coa uña. Non ten a marxe estriada. As láminas e o pé son de cor branca, algo rosada. A carne tamén é branca, pero ó tocala ou ben en contacto co aire, ou onde é mordida por insectos, muda rapidamente a vermello. Atópase abundantemente todo o outono, máis raro no resto do ano, en todo tipo de formacións arbóreas (carballeiras, piñeirais, …). AMANITA grupo VAGINATA Hemolítica, se está mal cociñado. O sombreiro, pouco carnoso, nos exemplares adultos é moi plano, cun mamelón obtuso no centro e ten a marxe fortemente estriada. A cor é variable: gris, branca, ladrillo - acastañada, … Ten as láminas brancas, o mesmo có pé. Presentan unha volva grande, en forma de saco; pero carece de anel. No outono, menos na primavera, son frecuentes nas fragas, máis raro baixo os piñeiros. HELVELLA LACUNOSA e outras especies do xénero (orellas) Hidracínica, se está mal cociñada. Especie comestible, aínda que é necesario tirar a auga de escaldalo. Non ten o aspecto típico dun cogomelo, xa que é como cartilaxe e o corpo fructífero é oco. O pé, gris, con fortes estrias lonxitudais e a cabeza, negra, ten forma de cerebro ou de sela de montar. Aparece na primavera e no outono, nas marxes dos bosques, preferentemente piñeirais. É moi común.
  • 14. MORCHELLA ESCULENTA e outras especies do xénero (pantorras, xiruspatos) Hidracínica, se está mal cociñada. Tamén é comestible, aínda que é necesario tirar a auga de escaldalo. Ten consistencia cartilaxinosa e pesa moi pouco, xa que o interior é totalmente oco. O pé é liso ou granuloso, de cor branco-grisácea ou crema e a cabeza semella un panal de mel, xa que está formada por numerosas celas cóncavas. Cheiro forte e aromático. Unicamente se pode apañar na primavera, nas beiras dos ríos ou sobre os restos do bagazo de facer viño ou sidra. Non é demasiado frecuente. ________________