Discurso Día da Patria Galega 2011

904 views

Published on

O discurso que pronunciou Guillerme Vázquez, portavoz nacional do BNG, o Día da Patria Galega 2011 na Quintana

Published in: News & Politics, Education, Sports
0 Comments
0 Likes
Statistics
Notes
  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

No Downloads
Views
Total views
904
On SlideShare
0
From Embeds
0
Number of Embeds
2
Actions
Shares
0
Downloads
1
Comments
0
Likes
0
Embeds 0
No embeds

No notes for slide

Discurso Día da Patria Galega 2011

  1. 1. Compañeiros/as, Amigas e amigos, Delegacións convidadasBon día da Patria Galega!Grazas de corazón, a todas e a todos, por estardes aquí.Un saúdo especial a Galiza Nova, ás mozas e mozos, o novo sangue do nacionalismogalego.Estamos aquí para dicirmos alto e claro que, a pesar das dificultades, hai nación, haialternativa, hai futuro…. Porque hai BNG!Si, hai BNG porque vós queredes, porque miles e miles de galegos e galegas queren outrofuturo para Galiza.Hai BNG nos Concellos. Reitero o meu agradecemento a todos e cada un dos queformastes parte das candidaturas nas pasadas eleccións municipais.Grazas polo traballo de cada un e cada unha dos afiliados e afiliadas. Grazas ás máis de261.000 persoas que nos deron o seu apoio. Hai BNG nos Concellos, aquí representadohoxe polas nosas alcaldesas e alcaldes. Un aplauso para eles!Hoxe, aquí, en tempos difíciles, en momentos en que o poder nos convida a claudicar,QUERO PROCLAMAR: que sinto orgullo de ser galego, de falar galego, de ser nacionalista;orgullo de ser de esquerda; orgullo de ser do BNG!Somos galegos e galegas; somos nacionalistas, somos do BNG!Compañeiros/as!Galiza, como Nación, está nunha situación límite, de “emerxencia nacional”; sofrimos aacción combinada de dous gobernos, o español e o galego.Tamén anos de aplicación de políticas europeas, de neoliberalismo, de centralismo,vehiculizados quer polo PSOE, quer polo PP, conducíronnos a un calexón sen saída.Persistir na aplicación de receitas fracasadas non é que sexa inconsciente, é simplementesuicida.E nós, o BNG, non somos inconscientes, menos aínda suicidas. Por iso é vital cambiar orumo. E imposíbel seguir así. Hai que darlle a volta á situación.Cando se constata o fracaso das actuais políticas, é elemental ensaiar vías alternativas desolución, como as que propón o BNG.SOBERANÍA, DEMOCRACIA, TRABALLO DIGNO NA TERRA.Hai un ano, nesta mesma praza, afirmei que atravesabamos unha profunda crise, non sóeconómica, senón da propia democracia, sistémica.Afirmei que o capital financeiro, estaba a fabricar unha nova burbulla, a da débeda pública.Un ano despois, a burbulla comeza a estoupar. As cousas van a peor para a inmensamaioría. Os partidos do sistema foxen cara adiante. Retallan máis e máis dereitos. Recortanservizos públicos. Privatizan todo o privatizábel. Din que son medidas necesarias paracalmar os mercados. Mais os especuladores non se calman, engordan.
  2. 2. Constrúen un “Titanic social” onde só hai salvación para os que ocupan os camarotesde luxo.Abonda xa: hai que regular os mercados, meter en cintura os especuladores. Hai queimpoñer o dominio da política sobre a economía. O que importa é a conta dos resultadosdas persoas, das familias, non a dos banqueiros. A quen hai que apertar o cinto é aosBotíns e compañía e non aos traballadores e traballadoras.Na aplicación do dogma neoliberal, a U.E xoga un papel estelar.Esa Europa dos mercaderes (Merkelderes) non dá cohesión social e territorial. Esa Europados Estados, que non dos pobos. Esa Europa, que con toda a razón cuestionou e cuestionao BNG, revela agora con toda crueza a súa verdadeira faciana.A U.E fixa condicións leoninas e asfixia os pobos europeos, para garantir os beneficiosda banca alemá. Non resgatan a Grecia, Portugal ou Irlanda. Simplemente os afogan.Interveñen para que os fondos que financiaban o Estado social vaian agora a pagar osxuros aos novos usureiros!Este modelo de U.E é inservíbel para Galiza.Galiza é a grande pagana da aplicación das políticas europeas, co consentimento dosgobernos español e galego:Agora a UE quer eliminar o noso sector naval, eliminar un competidor.Da reforma da P.C.P, só podemos esperar unha nova redución da nosa frota.A resposta ao fracaso da Europa dos mercaderes non pode ser como din algúns MáisEuropa. A resposta é derrubar o edificio para construír outro: democrático, dos pobos,da cohesión social e territorial.A resposta sobre todo é unha Galiza soberana en outra Europa!Amigas/osA democracia é cada día máis unha palabra sen contido. O capital financeiro exerce oseu poder fuxindo do control democrático. A ditadura do mercado vira a democracia enpapel mollado. Os partidos sistémicos nin sequera negan xa que son simples correas detransmisión dos ditados da banca e das grandes corporacións.Neste contexto, imponse o pensamento “pluralmente único”. O pacto de ferro da triadapoder económico-poder mediático-partidos do sistema trata de impoñer a súa vontadeinoculando na sociedade o virus da resignación, da desesperanza, do descrédito nasalternativas para así manter este modelo económico caníbal.Amigos e amigas!Liberdades democráticas, dereitos sociais, dereitos nacionais, sempre foron da man eagora, non é diferente.PP e PSOE pechan calquera posibilidade de avance cara á soberanía real das nacións.A crise económica é usada polo españolismo como coartada para avanzar narecentralización.Os problemas do noso país non derivan dun exceso de autogoberno.Todo o contrario: o
  3. 3. problema de Galiza é a súa dependencia, é o feito de carecer dun poderpolítico propio digno de tal nome. As escasas competencias exclusivas que temosou ben non son utilizadas polo Goberno galego ou son invadidas polo Estado.Xustamente, nun momento no que as decisións se toman cada vez máis lonxe de nós,máis necesario é contar con espazos políticos de libre decisión.A antítese do que sostén o Sr Feijoó.Ese Sr. Feijoó que volta a reiterar que un Novo Estatuto non é a súa prioridade.Para o Sr Feijoó non é prioridade, simplemente porque tampouco o é Galiza.Para que quere máis autogoberno o Sr Feijoó se non está disposto a utilizalo? Comovai querelo se Don Mariano prepara o rescate para o Estado das competenciasautonómicas?Compañeiros e compañeirasO balance do goberno do Sr Núñez Feijoó é peor cada día que pasa. Un goberno tanimpotente como incompetente, que encomenda a solución dos problemas ao apóstoloSantiago, limítase a aplicar o seu programa ideolóxico; de dereita española pura e dura.A consumación do “ atraco legal” perpetrado sobre o aforro galego é boa mostra de queclase de goberno temos.A bancarización da caixa supón o espolio do aforro galego a prezo de saldo, máis taméno debilitamento do autogoberno. Unha das competencias máis relevantes do estatuto éo control sobre as caixas. Por iso o BNG promoveu unha lei que tencionaba reforzar esacompetencia. Pois ben, a bancarización dinamita o Estatuto. E que fai ante iso o Sr Feijoó?Pois o que esperaban del en Madrid, aplaudir!Un Sr Presidente, convertido en Alberto I o Austero, mais que austeridade?Retallar no ensino, na sanidade ou nos servizos sociais públicos,ao tempo que promove o beneficio privado, na construción de hospitais, no ensino ou naxestión privada dos servizos sociais.Si ese PP, defensor da estrutura provincial, centralista; defensor dunhas Deputacións quehai que eliminar.Un PP incapaz de desprendersedo substrato ideolóxico dofranquismo. Un PP que segue apromover o españolista lema deHabla cristiano, habla castellanoou que pecha o Pazo de Meirásen agosto para que a familiado ditador veranee sen que amolesten. A cabra sempre tiraao monte!Con este goberno, Galizasimplemente cae a cachos. O
  4. 4. paro aumenta, a emigración como saída, o despoboamento como síntoma, é todo o queofrece o Sr Feijóo.E fronte a esta situación, non queda outra que reaxir como estamos a facer miles depersoas neste país.Non queda outra que apostar por novas políticas. É imprescindíbel rachar coadependencia, enviar ao baúl dos trastos ao neoliberalismo, defender asliberdades. Apostar pola democracia.Compañeiras/os:O BNG rexeita a guerra como medio das potencias para impoñer os seus intereseseconómicos, políticos ou xeoestratéxicos.Por iso reclamamos ao goberno español a retirada do apoio que presta á guerra deAfganistán ou Libia namentras non move un dedo para defender a causa sahariana oupalestina.A complicidade co goberno grego, que impediu a saída da frota a Gaza, é un exemplomáis dunha actuación vergoñenta.Ningún apoio ás guerras imperialistas.Todo o apoio aos dereitos dos pobos; si! Sáhara Libre! Palestina Libre!Compañeiras/os:Temos por diante importantes retos aos que dar resposta, dando o mellor de nósmesmos.Unha asemblea nacional que debemos converter nunha oportunidade para facer doBNG un instrumento aínda máis útil para Galiza. Debate de ideas. Diagnóstico acaído.Solucións concretas. Proxecto político para a Galiza de hoxe, cos problemas e realidadesde hoxe.Estou certo que da nosa Asamblea nacional, porque queremos, porquenos empeñaremos todos e todas, sairá un BNG máis unido, máisforte.Miles de galegos/as teñen posta a súa esperanza no BNG. Non debemos defraudar esa
  5. 5. esperanza, e, estou seguro, non a defraudaremos.Tamén é posíbel que, máis cedo que tarde, teñamos que afrontar eleccións xerais.Debemos estar preparados para un anticipo electoral.Algúns din que nada resolverán e poñen como exemplo Portugal. Certo, nada resolveránse se opta por máis do mesmo. Nada resolverán se se opta por PP ou PSOE e polas súaspolíticas fracasadas.Si, a opción, para avanzar, é o BNG.A presenza do BNG nas Cortes é útil para Galiza, paraos intereses da maioría social. Nestes 4 anos, Jorquera, Olaia e Pérez Bouza,así o demostraron.O meu recoñecemento, o noso aplauso para eles.Compañeiros/as:Retos importantes. Máis moita enerxía social ao noso carón. Tempos difíciles, quesuperaremos colectivamente.Tempo de compromiso, de firmeza. De pulso firme e rumbocerto. Tempo de indignación, de rebelión, de mobilización. Tempo de actuar. De confianzano pobo galego, e en nós mesmos.Compañeiros/asRemato citando a Castelao :“ Primeiro ser, despois triunfar. Porque aquel que non teña fe absolutanas virtudes, en potencia, do noso pobo, non ten dereito a galvanizalo conpromesas eleitoreiras e transitorias.Nós temos fe no noso pobo e moi logo o noso pobo terá fe en nós!”E nós, coma Castelao, temos fe no noso pobo.Porque , Compañeiros e Compañeiras!Somos un gran pobo, somos unha gran Nación!VIVA O BNG!VIVA GALIZA!

×