Successfully reported this slideshow.
Your SlideShare is downloading. ×

Presentación Ramón Piñeiro López

Ad
Ad
Ad
Ad
Ad
Ad
Ad
Ad
Ad
Ad
Ad
Loading in …3

Check these out next

1 of 10 Ad

More Related Content

Slideshows for you (20)

Advertisement
Advertisement

Presentación Ramón Piñeiro López

1. 1. Ramón Piñeiro López Día das Letras Galegas 2009
2. 2. Ramón Piñeiro López , naceu en Armea, Láncara, Lugo o 31 de maio de 1915. Foi un escritor, filósofo, ensaísta e político galego. Morreu en Santiago de Compostela o 27 de agosto de 1990. A súa vida
3. 3. Biografía Despois de cursar na capital da provincia o Bacharelato elemental, volta á súa vila para axudar nas tarefas agrícolas familiares e en 1930 comeza a traballar en Sarria.
4. 4. En 1931, ano da proclamación da República, terá a oportunidade de asistir nesta vila a diferentes actos electorais. Un ano despois Piñeiro regresa a Lugo para estudiar o Bacharelato superior e, influído por un mitin do recén creado Partido Galeguista, Ramón participaría na creación da Mocidade Galeguista de Lugo .
5. 5. Tras a guerra civil comeza a cursar Filosofía e Letras . Porén, Piñeiro, máis preocupado pola reagrupación clandestina do galeguismo, abandonaría definitivamente estes estudos. Cando a finais de 1945 os nacionalistas cataláns, vascos e galegos deciden tratar co goberno republicano exiliado en Francia, Piñeiro será designado como representante galego naquela xestión. De regreso sería detido e condenado a seis anos de prisión, dos cales cumpriría tres, de 1946 a 1949.
6. 6. Xa libre, Piñeiro voltará a Galicia e desde entón vaise esforzar en mudar radicalmente a estratexia galeguista, prescindindo da opción política e reducíndoa cara á intervención cultural, o que provoca a desvertebración do Partido Galeguista. Este posicionamento e coñecido como "piñeirismo“. O seu traballo
7. 7. Froito do “piñeirismo”, será a fundación en Vigo de Galaxia (1950), a primeira iniciativa editorial galeguista de posguerra. Como director desta empresa e codirector da revista Grial , Piñeiro dedicarase á promoción e difusión da cultura galega.
8. 8.

A súa producción ensaística foi breve. A súa obra pódese dividir en dous bloques:

De carácter lingüístico-literario :

Olladas no futuro (1974)

De pensamento filosófico :

Siñificado metafísico da saudade (1951).

A saudade e Rosalía (1952).

Pra unha filosofía da saudade (1953).

Saudade e sociedade, dimensión do home (1975).

9. 9. No ano 1967 ingresa na Real Academia Galega cun discurso titulado A lingoaxe i as língoas (1967). Xa en época democrática sae electo como deputado do Parlamento de Galicia polas listas do PSdG-PSOE, onde impulsa a Lei de Normalización Lingüística. Desde 1983 ata a súa morte, acontecida en Compostela en 1990, Ramón Piñeiro será presidente (o primeiro) do Consello da Cultura Galega. Últimos momentos
10. 10. Rubén Pérez Arias 4º ESO B