Tempo de Samaín

2,215 views

Published on

Published in: Education
0 Comments
1 Like
Statistics
Notes
  • Be the first to comment

No Downloads
Views
Total views
2,215
On SlideShare
0
From Embeds
0
Number of Embeds
1,480
Actions
Shares
0
Downloads
15
Comments
0
Likes
1
Embeds 0
No embeds

No notes for slide

Tempo de Samaín

  1. 1. CEIP PONTE DOS BROZOS – Arteixo Curos 2013 - 2014
  2. 2. Samaí A palabra Samaín A palabra Samaín vén do irlandés antigo, Samuin ou Samfuin, onde Sam significa "verán " e Fuin, "fin ", o fin do verán. Fuin Samaín, Samhuin, Sammonios, Sammas... son pois palabras gaélicas que significan o “fin do verán” ou “asamblea”, “reunión” ou tamén, “xuntanza da fin do verán”. O calendario celta divide o ano en dúas metades, a metade escura comeza no mes de Samonios (outubro-novembro) e metade clara, no mes de Giamonios (abril-maio). Considérase que o ano comeza coa metade escura, así Samonios convértese no Ano Novo celta. Cada mes comeza coa lúa chea ea celebración do ano novo ten lugar durante as "tres noites Samonios", a lúa chea máis próxima do equinoccio de outono e o solsticio de inverno. O pobo celta tiña catro grandes festividades no ano: Imbolc, Beltaine, Lughnasas e Samhain. Cada unha destas celebracións marcaba o comezo dunha estación. A primeiros de febreiro, Imbolc; a primeiros de maios, o Beltaine; a principios de agosto, o Lughnasad e en novembro o Samauhin ou Samhain. Equipo de Dinamización da Lingua Galega - Samaín 2013 CEIP Ponte dos Brozos - Arteixo
  3. 3. A festa celta A festa representaba a época do ano na que os antigos celtas gardaban as provisións para o inverno e sacrificaban animais. Remataba o tempo das colleitas e os días facíanse máis curtos e as noites máis largas, tempada de inverno, onde todo é frío, escuro e non se pode plantar. A asemblea do Samaín, a grande reunión anual das xentes célticas celebrábase ao .redor do día 1 do mes de Santos, no lugar onde estaban as tumbas dos antepasados. A noite do 31 de outubro era a máis perigosa do ano: as ánimas dos defuntos andaban vagabundas. Os celtas crían que nesta noite de Samhain os espíritos dos mortos volvían para visitar o mundo dos mortais, producíase a comunicación entre os vivos e os mortos e as portas do máis alá quedaban abertas. Os celtas acendían fogueiras e camiñaban ao redor delas acompañados dos seus animais ou vestindo peles de animais como símbolo de purificación e para afastar os malos espíritos. Deixaban comida e doces fora das súas casas e acendían candeas que colocaban no interior das caveiras dos inimigos para axudar ás almas dos mortos a atopar o camiño á luz e o descanso xunto a deus Sol, nas Terras do Verán. Era unha celebración da vida e do renacemento a través da morte. A festa nocturna de benvida ao Ano Novo. Equipo de Dinamización da Lingua Galega - Samaín 2013 CEIP Ponte dos Brozos - Arteixo
  4. 4. A festa en Galicia. Coa romanización e a posterior cristianización importantes ritos celtas perdéronse. No S. IX, A igrexa converteu a celebración do culto aos mortos na celebración de Todos os Santos e Día de Defuntos e acenden velas para axudar ás almas do Purgatorio. Aínda que os restos de cultos pagáns foron borrados pola Igrexa cristiá, en Galicia a celebración desta data mantívose na memoria e melóns, cabazas ou calabazotes ocuparon o lugar das caveiras nas encrucilladas dos camiños. O profesor Rafael López Loureiro, foi responsable da redescoberta desta tradición e garantir que existiu en toda Galicia ata hai 30 anos. Ademais, tamén atopou a súa supervivencia no norte de Cáceres norte, e zonas de Zamora e León onde a lingua galega e tradicións están profundamente enraizados. En Galicia, atopamos a celebración do Samaín por toda a xeografía cun folclore similar aínda que con nomes diferentes: calacús nas Rías Baixas, calabazotes en Ortigueira, caveiras de melón en Cedeira, colondros en Ourense... Facturación da caveira A facturación da caveira faise de maneira similar en toda a xeografía: - baleiramos o colondro da polpa e das pebidas do seu interior, - facemos ollos, fociños e boca, buscando unha expresividade tétrica e aterradora. - colocamos a candea no interior e - poñemos a caveira nun curruncho escuro, nas ventás da casa, nas encrucilladas dos camiños, ao redor do cemiterio, no camiño ao cemiterio, no mesmo cemiterio... Equipo de Dinamización da Lingua Galega - Samaín 2013 CEIP Ponte dos Brozos - Arteixo
  5. 5. En Cedeira póñenlles paoíños a xeito de dentes e en Quiroga úsana coma máscara polo Antroido. En Galicia encetábanse a tallar as caveiras polo San Miguel, 29 de setembro, e aínda había rapaces que as facían en canto vían un melón madurecido nos térreos e seguíase facendo ata ben entrado o outono. Non había unha data , especial, un día sinalado, todo o outono era tempo de caveiras. Celebracións do Samaín Cedeira: A noite de Santos saen á rúa con cabazas talladas en forma de caveira cunha candea acendida no seu interior. A festa adoita comezar ao redor das cinco do serán e faise un percorrido polos calellos máis escuros da vila ao compás da música dun tambor. Arousa: Illa de Arousa os nenos érguense antes de que saia o sol e percorren as rúas e tendas o día 1 de novembro pedindo cunha algarada tradicional: "unha limosniña polos defuntiños que van alá". Reciben cartos, laranxas, boliños de pan e lambetadas. Meaño: Xil, Meaño: na ladeira do monte, entre o lusco e o fusco os seus habitantes soben en procesión ao cemiterio portando velas. Dende abaixo, obsérvase unha "santa compaña" de luces oscilantes, e no mesmo cemiterio non son poucas as viúvas que ficaron toda a noite alí, velando aos seus mortos. . Equipo de Dinamización da Lingua Galega - Samaín 2013 CEIP Ponte dos Brozos - Arteixo
  6. 6. Samaín e Magosto Segundo crenzas antigas a castaña era como un símbolo da ánima dos defuntos. Tradicionalmente outono, castaña e defuntos aparecen asociados na festa dos magostos. Enténdese que cada castaña comida é unha alma liberada do purgatorio. Dise tamén que despois da festa as almas viñan a quentarse nas brasas das fogueiras, polo que cumpría deixar algo de castañas para a parroquia dos mortos. Murguía consideraba a festa do magosto coma un banquete funerario no que a castaña e o viño simbolizarían a morte e a vida. Hoxe en día fanse na eira da casa, nas adegas, nas lareiras das cociñas, pero segue a tradición de facelas no monte ou nun escampado. O magosto, tan vinculado ao funerario, comparte a súa xeografía en coincidencia exacta coas caveiras, as ánimas, e as cabezas de pedra. Samaín e Halloween. A palabra Halloween ven de All hallow’s even que significa vixilia de Todos os Santos e que ten o seu orixe na cristianización da festa celta. A festa de Halloween nace en inmigrantes América de recordos e tradicións que os irlandeses levan con eles desde mediados do S.XVIII, ou sexa, é unha tradición de "onte". O Halloween non ten as raíces no pasado, no culto aos mortos do pobo celta, toma distintas costumes e tradicións, copia e imita, imita a antiga tradición celta da celebración do Samaín. Samaín e Halloween teñen a mesma orixe máis podemos dicir que non son a mesma festa. Equipo de Dinamización da Lingua Galega - Samaín 2013 CEIP Ponte dos Brozos - Arteixo
  7. 7. 1. Comprensión lectora. 1. Que festa celebramos a noite do 31 de outubro? o Magosto o Samaín. o Beltaine 2. Que significa a palabra Samaín? o o o Fin do verán Fin do inverno Comezo do inverno. 3. Que crían os nosos antepasados da noite de Samaín? o Os vivos debían pechar as portas para non ser levados ao mundo dos mortos. o o Os espíritos dos mortos xuntábanse para acabar coas colleitas. Os espíritos dos mortos volvían para visitar o mundo dos mortais. 4. Que facían esa noite os celtas? o Apagaban todas as candeas para que os mortos non atoparan o camiño de volta. o Acendían fogueiras e camiñaban ao redor delas acompañados dos seus animais ou vestindo peles de animais. o Acendían fogueiras e poñían as súas mellores vestiduras para celebrar as colleitas. Equipo de Dinamización da Lingua Galega - Samaín 2013 CEIP Ponte dos Brozos - Arteixo
  8. 8. 5. En que converteu a igrexa a celebración do culto aos mortos? o o o Na celebración de Todos os Santos e Día das Caveiras. Na celebración de Día de Magosto e Santos Defuntos. Na celebración de Todos os Santos e Día de Defuntos. 6. Había algunha data especial para tallar caveiras? o o o Si, o 31 de outubro. Non, todo o outono era tempo de caveiras. Non, todo o inverno era tempo de caveiras. 7. De que era símbolo a castaña para os nosos antepasados? o o o Da alma dos vivos. Da reencarnación dunha ánima. Da ánima dos defuntos. 8. Que pensaba Manuel Murguía que era o Magosto? o o o Un banquete de nacemento. Un banquete funerario. Unha festa de druídas. 9. Comparten xeografía o Samaín e o Magosto? o o o Non. Só no sur de Galicia. Si. 10. O Halloween e o Samaín comparten orixe pero son a mesma festa? o o o Si. Hallowen e Samaín comparten as mesmas costumes e tradicións. Non. O Halloween comparte orixe pero non son a mesma festa. Non. O Halloween e unha festa máis antiga e con máis tradición en Europa. Equipo de Dinamización da Lingua Galega - Samaín 2013 CEIP Ponte dos Brozos - Arteixo
  9. 9. 2. Paseando por Galicia. Sitúa no mapa de Galicia os concellos de Cedeira, Illa de Arosa e Meaño. Equipo de Dinamización da Lingua Galega - Samaín 2013 CEIP Ponte dos Brozos - Arteixo
  10. 10. 3. Investigamos Investiga sobre a orixe da cabaza e os distintos nomes que recibe en Galicia, segundo as zonas. O pobo celta tiña catro grandes festividades anuais: Imbolc, Beltaine, Lughanasas e Samaín. Xa sabes que se celebraba no Samaín, pero e nas outras? O pobo celta ten fermosas lendas, algunhas relacionadas co Samaín. Coñeces algunha? Aquí tedes unha canción para o Samaín. Apréndea e pregunta aos teus avós, pais, mestres... se coñecen outra. Samaín, o misterio chega co Samaín, as cabazas, os morcegos, bruxas polo ceo, o misterio chega co Samaín. (bis) Lúa chea no balcón, mil estrelas arredor, bailan aquelarre, ósos e melóns. (bis) Samaín, o misterio chega co Samaín, as cabazas, os morcegos, bruxas polo ceo, o misterio chega co Samaín. (bis) As caveiras atopar nos cruceiros do lugar, faremos meigallos para nos salvar. (bis) Samaín, o misterio chega co Samaín, as cabazas, os morcegos, bruxas polo ceo, o misterio chega co Samaín. (bis) Andrea Picos Rodiles e Jesús Pareja http://www.youtube.com/watch?v=_oMloEPg-ws Equipo de Dinamización da Lingua Galega - Samaín 2013 CEIP Ponte dos Brozos - Arteixo
  11. 11. 4. Xogamos coas palabras. Atopa nesta sopa de letras as seguintes palabras relacionadas co Samaín: SAMAÍN – LUME – CABAZA – CAVEIRA – CEDEIRA – MEDO – CEMITERIO – NOITE – DEFUNTOS - OUTONO Fai este encrucillado relacionado co Samaín. 1. Pobo no que ten a súa orixe a festa do Samaín. 2. Obxecto que colocamos no interior da caveira. 3. Festa considerada por Murguía un banquete funerario. 4. Palabra que significa o fin do verán. 5. Froito que tallamos no Samaín. 6. Estación do ano na que se celebra a festa do Samaín. Equipo de Dinamización da Lingua Galega - Samaín 2013 CEIP Ponte dos Brozos - Arteixo
  12. 12. 5. Xogamos con cabazas. colorea Busca e colorea as caveiras iguais. Equipo de Dinamización da Lingua Galega - Samaín 2013 CEIP Ponte dos Brozos - Arteixo
  13. 13. Relaciona cada debuxo coa súa sombra. Equipo de Dinamización da Lingua Galega - Samaín 2013 CEIP Ponte dos Brozos - Arteixo
  14. 14. 6. Construímos. Como facer a nosa caveira? 1. ESCOLLEMOS A NOSA CABAZA. 2. RECORTAMOS A PARTE SUPERIOR DA CABAZA E GARDÁMOLA. 3. COLLEMOS UNHA CULLER E BALEIRAMOS A CABAZA DA POLPA E DAS PEBIDAS. 4. FACEMOS OS OLLOS, CARA E BOCA BUSCANDO UNHA EXPRESIÓN ATERRADORA. 5. COLOCAMOS A CANDEA NO INTERIOR. 6. AGORA, SÓ TÉS QUE BUSCAR UN LUGAR ESCURO PARA COLOCAR A TÚA CAVEIRA. Equipo de Dinamización da Lingua Galega - Samaín 2013 CEIP Ponte dos Brozos - Arteixo
  15. 15. Facemos a nosa candea para o Samaín. 1. Nunha cartolina negra debuxamos dúas caras terroríficas. 2. Polo reverso da cartolina pegamos papel de cor laranxa. 3. Pecha a cartolina pegando os extremos e formando un cilindro. Colga o teu farol. Equipo de Dinamización da Lingua Galega - Samaín 2013 CEIP Ponte dos Brozos - Arteixo
  16. 16. 7. Lecturas http://issuu.com/audicionelinguaxe/docs/indo_para_o_sama_n_adaptaci_n_do_orixinal_para _edu/3?e=3771172/2831486 ( Adaptación do conto Indo para o Samaín feita polo C.R.A. de Bergondo) 8. Curtas de medo. - Fiz, o coleccionista de medo. http://www.youtube.com/watch?v=M8PohQv_iBk - A bruxa regañadentes. http://www.youtube.com/watch?v=-oWj0igPIMI Equipo de Dinamización da Lingua Galega - Samaín 2013 CEIP Ponte dos Brozos - Arteixo
  17. 17. 9. Para saber máis. http://www.galiciae.com/nova/66884.html%20 http://polaranza.blogspot.com.es/2010/10/halloween-o-samhain.html http://www.galiciaespallada.com.ar/halloween_en_galicia.htm http://www.youtube.com/watch?v=V40E4wiQlPY 10. Recursos. Jacobo Fernández: O Samaín Ilustraciones de Jacobo Fernández Col. Pimpín por aquí non vin. Ed. Galaxia. Vigo, 2008 Na rede http://www.xunta.es/linguagalega/arquivos/materiaissamain08.pdf (U.D.) http://www.edu.xunta.es/centros/ceippintorlaxeiro/?q=node/436 http://www.slideshare.net/SilviaLpez4/marcelina-e-a-noite-do-saman (Conto) https://sites.google.com/site/recursosparaosamain/ http://www.blogoteca.com/orecantodemik/index.php?cod=48227 http://dalleuncolinho.blogspot.com.es/2009/10/recursos-para-samain-halloween.html http://www.thekidzpage.com/freeonlinetoys/jackolantern-dressup/dressup.swf (Xogo para decorar a cabaza. Idioma Inglés) Equipo de Dinamización da Lingua Galega - Samaín 2013 CEIP Ponte dos Brozos - Arteixo

×