Successfully reported this slideshow.
We use your LinkedIn profile and activity data to personalize ads and to show you more relevant ads. You can change your ad preferences anytime.
4209415725805Os cigarróns
A máscara máis característica e arcaica da Comarca de Monterrei é a do Cigarrón no val de V...
Os cigarróns
Os cigarróns
Os cigarróns
Upcoming SlideShare
Loading in …5

Os cigarróns

594 views

Published on

Published in: Education
• Be the first to comment

• Be the first to like this

Os cigarróns

1. 1. 4209415725805Os cigarróns
A máscara máis característica e arcaica da Comarca de Monterrei é a do Cigarrón no val de Verín. Consta esta máscara dunha carauta de pau traballada en madeira e pintada de xeito que nela resalten as cellas, as sonrosadas meixelas, amplo bigote, cínico sorriso mostrando a dentadura e barba falsa.
Vai prendida á carauta nunha sorte de mitra de follalata pintada con motivos diversos, predominando os vexetais e os animais, sendo moi frecuente, quizás tradicional a representación do sol e mais a lúa. Na actualidade os característicos ornatos vexetais e os astrais, teñen sido relegados polos de tipo animal e outras figuras que desvirtuan o caracter primixenio de tales representacións.
A parte posterior da mitra cérrase cunha pelica, que en tempos adoitaba ser de raposo, gatos montés, gato ou can, máis hoxe vése sustituida por distintas imitacións de fibras sintéticas. Esta pelica que cae ata cubrir o lombo do Cigarrón, adoitaba rematar nun ou dous rabos que a tal efecto se deixaban ao despelexar ao animal. Caendo dende o máis alto da mitra e por atrás, penduran uns guechos de crin de cabalo.
4272914344170Como roupa leva vestida unha camisa branca con garavata vermella (na actualidade de cores variadas) e por riba unha chaquetiña curta de seda con galóns e alamares dourados. Cubrindo os ombreiros, charretas de militar con frecos dourados e pano de cores sobre eles, prendido con broches femininos. A chaquetiña non cerra no peito, senón que se asegura cuns barazos atados con lazada. Na cintura, faixa de varias voltas e por riba dela cinto de coiro do que penduran por atrás, preferiblemente seis grandes chocas. Estas chocas ou chocallos, de cobre, colócanse alternas pois diferencian o seu son en machos (graves) e femias (agudos). Ademáis de iren alternadas, deben tamén estar concertadas para que produzan o seu son característico.
Unha das artes dos Cigarróns consiste precisamente en mover con xeito as chocas, usando do propio movemento do corpo. Cubrindo as pernas levan calzón curto con trenzados de lá branca e de cor, frecos e borlas, nas que predominan as cores vermellas e verdes. O resto das pernas cúbrese con medias brancas que se suxeitan con ligas.Nos pés, calzado de zapato negro e corrente. Na man levan unha zamarra ou látigo do que pende, unha badana de pel.
O Cigarrón camiña sempre choutando e morneando as chocas, batendo coa zamarra a quen se cruza no seu camiño. Non fala e nunca debe sacar a súa carauta na rúa a pesares de que na actualidade sexa cousa frecuente. A mocidade vai tras del, aldráxandoo e chamándolle canto queira agás pronunciar o nome do que se esconde tras da máscara. Aqueles en quen baten non deben xámais tomar a mal os zamarrazos e o Cigarrón non pode tampouco sentirse ofendido polas aldraxes. Goza de total inmunidade o enmascarado, non pode ser tocado, é sagrado, aínda que está permitido darlle unha "lapada" nas costas para chamar a súa atención.
1085215-78740
Antigamente os Cigarróns de Verin, pedían cartos, costume este que orixinou a copla: "Cigarrón lapón mete os cartos no bolsón", dirixida ós enmascarados tempos atrás pola rapaciada que ía tras deles. Un ou varios cigarróns poden acorralar aos viandantes e obrigalos a que na taberna máis próxima realicen unha invitación a viño. A obriga de seren invitados nas tascas e casas tamén foi corrente na vila, sendo trocada posteriormente por mor de ter que alugar a vestimenta quen quixera disfrazarse de Cigarrón, sustituíndose deste xeito a invitación en especie pola recadación monetaria.
A lenda descríbeo como cobrador de impostos ou levantador de caza dos Condes de Monterrei, señores do Val de Verin e de boa parte da provincia de Ourense no antigo réxime. A súa orixe real segue sendo enigmática e indescifrable para cantos investigadores pretenden desvelar o seu pasado. Mentres, o son dos seus chocallos, metálico e penetrante, segue enchendo anualmente de enharmonía as rúas e prazas de Verin nestas xornadas festivas.
108521519685
1453515471805En calquera dos casos quizás esta falta de seguridade para definir a súa verdadeira orixe, ainda lle da un toque máis máxico si cadra.
Nomenclatura do Traxe do Cigarrón
1529715669925O Cigarrón é a figura máis característica do Entroido de Verín. A careta é totalmente artesán, estando composta por unha máscara tallada e pintada e unha mitra de hoxalata na que se pintan motivos animais ou da natureza en xeral.
A máscara tallada e pintada a man, ten un custo elevado debido a súa elaboración artesán. Na actualidade o Concello de Verín desenvolve obradoiros onde se forman a diversos/as usuarios/as, sobre a súa confección.
1199515310515Na parte posterior irá colocada a "Pelica", pel que colgará en forma de rabo que en moitos casos é sintética.
O traxe está composto por unha camisa branca, garabata e unha chaquetilla curta da que colgan flecos dourados que irán atados con lazos de tres cores.
Imaxe posterior da chaqueta
1021715187960