Successfully reported this slideshow.
We use your LinkedIn profile and activity data to personalize ads and to show you more relevant ads. You can change your ad preferences anytime.

Acuerdo Atlántico: nota prensa (gl)

973 views

Published on

  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

Acuerdo Atlántico: nota prensa (gl)

  1. 1. Acordo Atlántico Organizacións empresariais e sociais relacionadas con Software Libre/Código Aberto de ambos lados do Atlántico formalizan a súa colaboración a través do Acordo Atlántico 29 de Xuño de 2011 As seguintes asociacións empresariais e sociais do ámbito do Software Libre/CódigoAberto: • AGASOL: Asociación Galega de Empresas de Software Libre – Galicia, España. • ASL: Associação SoftwareLivre.Org – Brasil. • ASOLiF: Federación Nacional de Empresas de Software Libre - España. • CAdESoL: Cámara Argentina de Empresas de Software Libre – Arxentina. • ESOP: Associação de Empresas de Software Open Source Portuguesas – Portugal. • SoLAr: Asociación Civil Software Libre Argentina – Arxentina. estiveron ao longo dos últimos meses traballando conxuntamente co fin de estableceracordos e canles de comunicación como paso previo á realización dun Plan de Acciónconxunto a executar a ambos lados do Atlántico ao longo dos vindeiros anos. Estasactividades estarán orientadas á xeración e explotación de oportunidades de negocio, asícomo melloras de carácter social, difusión, apoio e asesoramento en cuestións que incumbena cada unha das entidades implicadas. O Software Libre/Código Aberto propón a xeración e transferencia de coñecemento deigual a igual. As organizacións asinantes do Acordo Atlántico, que hoxe se fai público,pretenden trasladar este principio ao ámbito empresarial e social máis aló das súasrespectivas contornas nas que operan. Propóñense tamén aproveitar a experiencia 1
  2. 2. Acordo Atlánticoacumulada no desenvolvemento e explotación de tecnoloxías libres, así como na xeración deriqueza a través de modelos de negocio baseados en Software Libre/Código Aberto, para arealización de proxectos e accións conxuntas con impacto global. O Acordo Atlántico constitúe, polo tanto, a primeira pedra que poñen estasorganizacións para consolidar procesos de internacionalización durante os vindeiros anos.Representa á súa vez unha proba de madurez e visión global das organizacións asinantes doacordo, que reforza a auxe que o Software Libre/Código Aberto está experimentando en todoo mundo e, en concreto, nos países hispanos e lusófonos. Entidades asinantes do Acordo Atlántico: AGASOL ASL ASOLiFPresidente: Jorge Vázquez González Presidente: Ricardo Fritsch Presidente: Pablo Gómez García Web: http://www.agasol.org Web: http://www.softwarelivre.org/ Web: http://www.asolif.es CAdESoL ESOP SoLAr Presidente: Daniel E. Coletti Presidente: Gustavo A. Vouga de Presidente: Horacio Arroyo Carvalho Homem Web: http://www.cadesol.org.ar Web: http://www.esop.pt Web: http://www.solar.org.ar 2

×