Toponimia de silleda v (moalde, negreiros, oleiros, parada, pazos)

1,097 views

Published on

Toponimia do Concello de Silleda V (Moalde, Negreiros, Oleiros, Parada, Pazos).
Traballo realizado por Laura Fernández e Beatriz González de 1º bach. (curso 2011-2012) para o ENDL do IES Pintor Colmeiro de Silleda.
Tomouse como base o o artigo "Toponimia do Concello de Silleda" de Nicandro Ares Vázquez (Lucensias nº 17)

Published in: Education
0 Comments
0 Likes
Statistics
Notes
  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

No Downloads
Views
Total views
1,097
On SlideShare
0
From Embeds
0
Number of Embeds
261
Actions
Shares
0
Downloads
2
Comments
0
Likes
0
Embeds 0
No embeds

No notes for slide

Toponimia de silleda v (moalde, negreiros, oleiros, parada, pazos)

  1. 1. TOPONIMIA DOCONCELLO DE SILLEDA V Parroquias e aldeas Moalde, Negreiros, Oleiros, Parada, Pazos por Laura Fernández Suárez Beatriz González Fernández (Curso 2011-12) A partir do artigo Toponimia do Concello de Silleda, de Nicandro Ares Vázquez (Lucensia, nº 17)
  2. 2. 19.- MOALDE
  3. 3. 19. Moalde (San Mamede)A orixe lingüística de Moalde atópase no xenitivo doantropónimo visigótico Manualdus ou dun suposto *Mod-(u)aldus.
  4. 4. 19. Moalde (San Mamede)Lugares de Moalde:• Cabana: traduce a voz hispano- latina capanna, a cal foi probablemente céltica.• Casamaría: une o apelativo casa co nome persoal María, de orixe bíblica oriental.• Costela: alude a unha pequena costa ‘ladeira’, voz latina co sufixo diminutivo -ella.• Iglesia: nome castelán, indica o lugar onde se edificou a ecclesia ‘igrexa’, palabra de orixe grega.
  5. 5. 19. Moalde (San Mamede)Lugares de Moalde:• Lis: evoca espontaneamente a heráldica flor de lis, tomada do francés, e orixinada no latín lilium ‘lirio’. Pero Lis podería proceder directamente de Lissus, Lisius/Lissius ou ser unha variante do topónimo lucense Liz, patronímico de Licius.• A Meda: cadra ben co latín meta, montón cónico de cereais ou de terra, equivalente a unha mámoa prehistórica.
  6. 6. 19. Moalde (San Mamede)Lugares de Moalde:• Outeiro: é unha evolución de altarium ou auctarium, palabras usadas en documentos medievais para indicar un terreo alto ou elevado.• A Portela: é un diminutivo de portus/porta, paso dun río ou dunha montaña.• Quinteiro: sería quintanarius, referido quizá ao arrendatario dunha quintana, é dicir, dunha herdade pertencente a Quintanus ou da quinta propia dun señor, ao cal debíalle pagar o vasalo a quinta parte dos froitos dunha terra.
  7. 7. 19. Moalde (San Mamede)Lugares de Moalde:• Rabo de Gato: a súa etimoloxía estaría no latín rapum ‘nabo/rabo’ e cattus ‘gato’.• Ribas: é plural derivado de ripa ‘ribeira, ribazo’.• Xindiriz: provén do nome persoal visigótico Sindericus, con base no gótico sinths- ‘forte’ e reiks ‘señor’.
  8. 8. 20.- NEGREIROS
  9. 9. 20. Negreiros (San Martiño)O nome desta parroquiaprocede do latín serodio*nigrarius, adxectivoformado sobre niger-nigra-nigrum ‘negro’, convertidoposiblemente enantropónimo, pero cosignificado primitivo poucocoñecido.
  10. 10. 20. Negreiros (San Martiño)Lugares de Negreiros:• O Campo: traduce a campus, chao amplo sen cultivar.• O Couto: tamén traduce a cautum, participio do verbo caveo ‘precaver, protexer’, porque se trataba dun terreo acotado por un señor, por un mosteiro, etc.• Negreiriños: é diminutivo de Negreiros.• Outeiro: é unha evolución de altarium ou auctarium, palabra usadas en documentos medievais para indicar un terreo alto ou elevado.
  11. 11. 20. Negreiros (San Martiño)Lugares de Negreiros:• Ponte de Pedra: contén un sintagma descritivo dunha pons ‘ponte’, construída con petra ‘pedra’ sobre un río.• Ribeirao: parece un adxectivo riparianus, formado sobre riparius-a-um e ripa ‘ribeira’.• Riobó: procede do latín rivus/rius bonus ‘río bo’.
  12. 12. 20. Negreiros (San Martiño)Lugares de Negreiros:• Riocalvo: vencella o adxectivo latino calvus, convertido en nome persoal co apelativo rivus/rius ‘río’.• Sachocos: parece diminutivo despectivo do persoal Sarculo ‘sacho’, diverso do castelán sancocho ‘medio cocido’ e de sacocha ‘faldriqueira’.• Samartiño: é unha haploloxía de Sanctus Martinus, o de Tours (s. IV) ou o de Dumio en Braga (s. VI), que tiñan nome teofórico, derivado de Mars ‘Marte’.
  13. 13. 21.- OLEIROS
  14. 14. 21. Oleiros (San Miguel)En inscricións constanollarium ‘nicho de criptafuneraria’ e ollarius,referido a urnas sepulcraisque perdurarían quizá enOleyros.Oleiros eran tamén osfabricantes ou vendedoresde ollas ‘olas’, taños debarro para usar os vivos oupara urnas cinerarias dosmortos, coma as que seatopan nas mámoas.
  15. 15. 21. Oleiros (San Miguel)Lugares de Oleiros:• Laxe: provén de lagena ‘pedra plana de pouco grosor’, palabra usada no baixo latín, quizá de orixe prerromana.• Marza: pode estar referida a unha Villa Martia, é dicir, propiedade dun Martius. Tamén puido ser Villa Marcia, propia de Marcius, xentilicio con base en Marcus.
  16. 16. 21. Oleiros (San Miguel)Lugares de Oleiros:• Pazos: parece plural de palatium ‘pazo’ e pode ser que fose unha simple tradución de *palatios.• Pena do Camiño: sería coma un fito ou marco constituído por unha pinna/penna ‘pena, seixo, rocha’, ubicada á beira dun camminus ‘camiño’.• Vilanova: traduce a villa nova.
  17. 17. 22.- PARADA
  18. 18. 22. Parada (San Tomé)Alude a unha parata, onde os viandantes antigos facían un altono camiño, parándose e preparándose para novas andaduras.
  19. 19. 22. Parada (San Tomé)Lugares de Parada:• Barro: é voz prerromana descritiva da calidade dun terreo. Non obstante, quizais haberá que ter en conta o persoal Barrus.• O Cruceiro: deriva de crux ‘cruz’.• Eirexe: é forma galega lexítima, non castelanizada como Iglesia.• Freixeiro: co sufixo -arius > -eiro indica o sitio dun colectivo de fraxinus ‘freixo’.
  20. 20. 22. Parada (San Tomé)Lugares de Parada:• Outeiro: é unha evolución de altarium ou auctarium, palabras usadas en documentos medievais para indicar un terreo alto ou elevado.• O Pereiro: alude á árbore que ten a súa raíz etimolóxica no latín neutro pirum, plural pira ‘pera’.• Portodovalde: parece composto de portus ‘porto’, vencellado quizais co determinante persoal Waldus ou Walda ou co apelativo balde ‘cubo’, de orixe incerta.
  21. 21. 22. Parada (San Tomé)Lugares de Parada:• Redemuíños: variante popular de “remuíños”, alude a torbeliños das augas removidas coma o rodicio do molinum ‘muíño’ ou movemento xiratorio e rápido do vento.• Soutonogueira: correspóndese con saltus ‘souto’: foi saltus en latín, que significou ‘salto, desfiladerio, pasteiro con bosque’. Saltus foi tamén nome persoal. Determinado aquí por un colectivo nucaria ‘nogueira’, árbore que dá como froita a nux ‘noz’.• Veiga: sería unha voz de orixe prerromana *vaika ou baika ‘terreo húmido’.
  22. 22. 23.- PAZOS
  23. 23. 23. Pazos (San Martiño)Parece plural de palatium ‘pazo’ e pode ser que fose unhasimple tradución de *palatios.
  24. 24. 23. Pazos (San Martiño)Lugares de Pazos:• Quintás: traduce probablemente a (terras) quintanas, é dicir, fincas dun señor, chamado tal vez Quintanus, ou ao que os rendeiros debían pagar a quinta parte dos froitos.

×