SlideShare a Scribd company logo
1 of 21
TOPONIMIA DO
CONCELLO DE SILLEDA III
    Parroquias e aldeas

     Dornelas, Escuadro, Fiestras, Grava




                                        por Laura Fernández Suárez
                                         Beatriz González Fernández
                                                    (Curso 2011-12)

                     A partir do artigo Toponimia do Concello de Silleda,
                         de Nicandro Ares Vázquez (Lucensia, nº 17)
10.- DORNELAS
10. Dornelas (San Martiño)

Este topónimo é un diminutivo de
dorna, que en portugués é unha
cuba onde se esmaga a uva e unha
arqueta para levala ao lagar. En
galego chámase así unha barquiña.
O topónimo Dornelas podería
aludir a arquetas funerarias
prerromanas.
10. Dornelas (San Martiño)

Lugares de Dornelas:

•   Bascuas: parece o
    patronímico de
    Velascus/Vascus.

•   Portiño: é un diminutivo de
    portus ‘porto, paso dun río
    ou dunha montaña’
11.- ESCUADRO
11. Escuadro (San Salvador)
A denominación de Escuadro, máis ca indicar un terreo de
forma rectangular, podería quizais proceder de ex quadro e
aludir a unha participación.
11. Escuadro (San Salvador)
Lugares de Escuadro:
Lugares de Escuadro:

•   Balántiga: o sufixo átono -ica > iga,
    usado no latín vulgar, engadido aquí a un
    nome persoal que sería Ballantius
    formado sobre ballans, -antis ‘danzante’,
    participio do verbo ballare ‘bailar’,
    enraizado no grego pállein ‘saltar’.
•   Barreiro: foi barrarius-a-um no baixo
    latín, indicando un sitio onde abundaría o
    barro ou un oficio de quen traballaba no
    barro.
•   Bustelo: é un diminutivo do baixo latín
    bustum ‘pasteiro ou estábulo de bois’.
11. Escuadro (San Salvador)
Lugares de Escuadro:

•   Cascaxide: traduce a Casa Kagiti, onde Kagitus foi nome
    persoal visigótico.
•   Cima de Vila: é un sintagma
    composto da voz greco-latina
    cyma ‘cume’ e villa ‘vila’.
•   Cumbraos: parece un étnico
    Conimbrianus, natural de
    Coímbra, antigo nome bitemático
    Conim-briga de orixe celta.
11. Escuadro (San Salvador)
Lugares de Escuadro:

•   Férveda: debe proceder do latín fervida, adxectivo derivado
    de fervere ‘ferver’, que se converteu en nome persoal Fervida,
    quizais aludindo ao temperamento fogoso e apaixoado dunha
    muller; aínda que tamén puido ser unha (Villa) Fervida, é
    decir, vila ou herdade propia dun Fervidus. Dáse ademais no
    lugar a coincidencia xeolóxica dunha fervenza ‘cachón,
    catarata’
•   Outeiro: é unha evolución de altarium ou auctarium, palabras
    usadas en documentos medievais para indicar un terreo alto ou
    elevado.
•   Paredes: provén do plural de paries -etis ‘parede, muro’.
    Adóitase usar este topónimo para antigas construcións
    derruídas.
11. Escuadro (San Salvador)
Lugares de Escuadro:

•   A Penadauga: conxunta a voz penna: voz primitiva, quizais
    da familia de pinna ‘amea’; con aqua ‘agua’, quizais
    referíndose a unha pena con coviñas que albergan auga.
•   Porto Vello: foi un portus vetulus/veclus.
•   Rañadoiro: débese vencellar
    con raña, voz de orixe
    prerromana, indicando que
    podería ser un terreo corroído
    polas augas e pola erosión.
•   Sar: parece homónimo do
    río Sar. Pero, secadra,
    poderíase relacionar co
    xentilicio Sares ou Sarius.
11. Escuadro (San Salvador)
Lugares de Escuadro:

•   Senra: procede dunha voz prerromana, probablemente céltica,
    *sénera, equivalente a senara ‘seara’, terra de sementeira
    reservada ao señor, que debía ser cultivada polos vasalos.
•   Sestelo: parece diminutivo do persoal Sextus, co sufixo -ellus
    do latín vulgar, diverxente de Sextullus e de Sextillus.
•   Soldecasa: forma latina, co nome persoal Soldus en xenitivo,
    que sería o propietario dunha casa, Soldi casa ‘casa de Soldo’,
    sendo Soldus unha abreviación de solidus, coma caldus é
    síncopa de calidus.
•   Espiniños: diminutivo de spinus ‘espiño’, foi tamén nome
    persoal Spinus.
•   Ribas: é plural derivado de ripa ‘ribeira, ribazo’.
11. Escuadro (San Salvador)
Lugares de Escuadro:

•   A Somoza: procedería do latín summa >
    ‘soma’ co sufixo -ucea, indicando a parte
    máis alta de algo.
•   Sueiro: corresponde ao persoal Sueris,
    variante de Suarius ‘rancheiro’.
•   Torrón: aínda que se usa, ténse agora por
    alteración incorrecta de terrón, derivado
    de terra; pero pode entrar en conta tamén
    o antropónimo primitivo Turronius.
•   Vilar: traduce como substantivo o que en
    latín foi adxectivo villaris-are, aludindo
    ao recanto dunha vila.
12.- FIESTRAS
12. Fiestras (San Martiño)

Un plural do latín
fenestra ‘fiestra, ventá’,
poderíase ver na orixe
deste topónimo
parroquial e dun lugar da
freguesía. Pero máis
probable e que Fiestras
fose patronímico do
persoal Fenestra.
12. Fiestras (San Martiño)
Lugares de Fiestras:

•   Aragonza: corresponde ao visigótico Aragundia.
•   Barcia: perpetúa a voz Várzena medieval, que é moito máis
    antiga, posto que parece de orixe celta, *barcina ‘campo que
    se inunda e cultiva’.
•   Costoia: traduce a custodia ‘garda, conservación, prisión’.
•   Maril: probablemente ten orixe no nome persoal *Marillus,
    diminutivo de Marius, dado que consta o feminino Marilla.
    Sería a vila daquel posuidor primitivo.
12. Fiestras (San Martiño)
Lugares de Fiestras:

•   Merín: responde ao xenitivo do antropónimo Merinus.
•   Recimil: tamén foi xenitivo
      do nome persoal visigótico
      e bitemático Rece-mirus.
•   Samartiño: é unha haploloxía
     de Sanctus Martinus, o de Tours
      (s. IV) ou o de Dumio en
      Braga (s. VI), que tiñan nome
      teofórico, derivado de Mars ‘Marte’.
•   San Antonio: foi Sanctus Anthonius,
      nome greco-latino derivado de anthos ‘flor’,
      coma antoloxía ‘florilexio’.
13.- GRAVA
13. Grava (Santa Mariña)
A etimoloxía do nome
poderíase buscar nunha voz
medieval de orixe céltica da
que provén grava en
castelán e galego co
significado de area grosa,
pedra miúda, coa que se
afirman os camiños. Pero
tamén puido coincidir co
persoal Glabra ‘calvo’.
13. Grava (Santa Mariña)
Lugares de Grava:

•   Arcos: aínda que parece un plural do apelativo latino arcus
    ‘arco’, podería ser nome pre-latino.
•   Barreiro: foi barrarius-a-um
     no baixo latín, indicando un
     sitio onde abundaría o barro
     ou un oficio de quen
     traballaba no barro.
•   Eirexe: concorda co xenitivo
     ecclesiae (locus) ‘lugar da igrexa’.
•   Ervixe: prolonga na evolución o
     xenitivo do antropónimo
     visigótico Ervigius.
13. Grava (Santa Mariña)
Lugares de Grava:

•   Fontao: traduce o latín fontanus, a, um, adxectivo referido a
    fons ‘fonte’, que se converteu no cognomen persoal Fontanus.
•   Outeiro: é unha evolución de altarium ou auctarium, palabras
    usadas en documentos medievais para indicar un terreo alto ou
    elevado.
•   Pedrouzo: contén o sufixo -uceus, vencellado a petra,
    indicando que se trata dunha pena de gran dimensión.
•   Penalta: débese descompoñer en penna alta.
•   Peniza: alude a pennas ‘penas’, co sufixo -icea/icia,
    denotando materia en abundancia.
13. Grava (Santa Mariña)
Lugares de Grava:

•   Santa Mariña: foi unha mártir
    reivindicada pola Igrexa de
    Ourense, que levaba o nome
    Marina, derivando de mare ‘mar’,
    coma o masculino Marinus
•   O Souto: foi saltus en latín, que
    significou ‘salto, desfiladerio,
    pasteiro con bosque’. Saltus foi
    tamén nome persoal.
•   Vilar: traduce como substantivo
    o que en latín foi adxectivo villaris-are, aludindo ao recanto
    dunha vila.

More Related Content

Similar to Toponimia de silleda iii (dornelas, escuadro, fiestras, grava)

Toponimia 2ºBach (2) 08
Toponimia 2ºBach (2) 08Toponimia 2ºBach (2) 08
Toponimia 2ºBach (2) 08Alfonso Blanco
 
Imoslle chamar
Imoslle chamarImoslle chamar
Imoslle chamarpabloedlg
 
Imoslle chamar
Imoslle chamarImoslle chamar
Imoslle chamarcppico
 
Exposición A Auga na Cultura Galega
Exposición A Auga na Cultura Galega Exposición A Auga na Cultura Galega
Exposición A Auga na Cultura Galega candeadosalnes
 
O entroido en Galicia
O entroido en GaliciaO entroido en Galicia
O entroido en Galiciabibliobrozos
 
UNIDADE DIDÁCTICA DO ENTROIDO 2014
UNIDADE DIDÁCTICA DO ENTROIDO  2014UNIDADE DIDÁCTICA DO ENTROIDO  2014
UNIDADE DIDÁCTICA DO ENTROIDO 2014REME BUDIÑO
 
Toponimia de Rianxo (Iago F. Prol)
Toponimia de Rianxo (Iago F. Prol)Toponimia de Rianxo (Iago F. Prol)
Toponimia de Rianxo (Iago F. Prol)Marlou
 
Toponimia. Unha introdución con exemplos
Toponimia. Unha introdución con exemplosToponimia. Unha introdución con exemplos
Toponimia. Unha introdución con exemplosAs Ferreiras Silleda
 
san miguel de cora
san miguel de corasan miguel de cora
san miguel de coracurradbc
 

Similar to Toponimia de silleda iii (dornelas, escuadro, fiestras, grava) (14)

Toponimia 2ºBach (2) 08
Toponimia 2ºBach (2) 08Toponimia 2ºBach (2) 08
Toponimia 2ºBach (2) 08
 
Historia de ares
Historia de aresHistoria de ares
Historia de ares
 
Toponimia
ToponimiaToponimia
Toponimia
 
Castro de Santa Mariña
Castro de Santa MariñaCastro de Santa Mariña
Castro de Santa Mariña
 
Imoslle chamar
Imoslle chamarImoslle chamar
Imoslle chamar
 
Imoslle chamar
Imoslle chamarImoslle chamar
Imoslle chamar
 
Exposición A Auga na Cultura Galega
Exposición A Auga na Cultura Galega Exposición A Auga na Cultura Galega
Exposición A Auga na Cultura Galega
 
O entroido en Galicia
O entroido en GaliciaO entroido en Galicia
O entroido en Galicia
 
UNIDADE DIDÁCTICA DO ENTROIDO 2014
UNIDADE DIDÁCTICA DO ENTROIDO  2014UNIDADE DIDÁCTICA DO ENTROIDO  2014
UNIDADE DIDÁCTICA DO ENTROIDO 2014
 
Toponimia de Rianxo (Iago F. Prol)
Toponimia de Rianxo (Iago F. Prol)Toponimia de Rianxo (Iago F. Prol)
Toponimia de Rianxo (Iago F. Prol)
 
Toponimia da conca do mera
Toponimia da conca do meraToponimia da conca do mera
Toponimia da conca do mera
 
Microtoponímia
MicrotoponímiaMicrotoponímia
Microtoponímia
 
Toponimia. Unha introdución con exemplos
Toponimia. Unha introdución con exemplosToponimia. Unha introdución con exemplos
Toponimia. Unha introdución con exemplos
 
san miguel de cora
san miguel de corasan miguel de cora
san miguel de cora
 

More from As Ferreiras Silleda

More from As Ferreiras Silleda (20)

Visitando a Manuel María
Visitando a Manuel MaríaVisitando a Manuel María
Visitando a Manuel María
 
Día da ciencia en galego.2015
Día da ciencia en galego.2015Día da ciencia en galego.2015
Día da ciencia en galego.2015
 
Toponimia de Vilar (Silleda)
Toponimia de Vilar (Silleda)Toponimia de Vilar (Silleda)
Toponimia de Vilar (Silleda)
 
Gonzalo Navaza
Gonzalo NavazaGonzalo Navaza
Gonzalo Navaza
 
Presentación ledicia costas
Presentación ledicia costasPresentación ledicia costas
Presentación ledicia costas
 
5 científicos galegos
5 científicos galegos5 científicos galegos
5 científicos galegos
 
10 científicos galegos
10 científicos galegos 10 científicos galegos
10 científicos galegos
 
Cientificas galegas
Cientificas galegasCientificas galegas
Cientificas galegas
 
Animais en perigo de extinción en Galicia
Animais en perigo de extinción en GaliciaAnimais en perigo de extinción en Galicia
Animais en perigo de extinción en Galicia
 
Topoloxía
TopoloxíaTopoloxía
Topoloxía
 
O matemático Rodríguez
O matemático RodríguezO matemático Rodríguez
O matemático Rodríguez
 
Proxecto antón fraguas
Proxecto antón fraguasProxecto antón fraguas
Proxecto antón fraguas
 
Lexislación sobre a lingua galega
Lexislación sobre a lingua galegaLexislación sobre a lingua galega
Lexislación sobre a lingua galega
 
Novelas estranxeiras traducidas ao galego
Novelas estranxeiras traducidas ao galegoNovelas estranxeiras traducidas ao galego
Novelas estranxeiras traducidas ao galego
 
Samaín 2013
Samaín 2013Samaín 2013
Samaín 2013
 
Aula agustín fernández paz
Aula agustín fernández pazAula agustín fernández paz
Aula agustín fernández paz
 
Aula antonio reigosa
Aula antonio reigosaAula antonio reigosa
Aula antonio reigosa
 
Monicreques
MonicrequesMonicreques
Monicreques
 
Biografía de Ramón Verea, por Olimpio Arca Caldas
Biografía de Ramón Verea, por Olimpio Arca Caldas Biografía de Ramón Verea, por Olimpio Arca Caldas
Biografía de Ramón Verea, por Olimpio Arca Caldas
 
Ud correlingua secundaria 2012
Ud correlingua secundaria 2012 Ud correlingua secundaria 2012
Ud correlingua secundaria 2012
 

Toponimia de silleda iii (dornelas, escuadro, fiestras, grava)

  • 1. TOPONIMIA DO CONCELLO DE SILLEDA III Parroquias e aldeas Dornelas, Escuadro, Fiestras, Grava por Laura Fernández Suárez Beatriz González Fernández (Curso 2011-12) A partir do artigo Toponimia do Concello de Silleda, de Nicandro Ares Vázquez (Lucensia, nº 17)
  • 3. 10. Dornelas (San Martiño) Este topónimo é un diminutivo de dorna, que en portugués é unha cuba onde se esmaga a uva e unha arqueta para levala ao lagar. En galego chámase así unha barquiña. O topónimo Dornelas podería aludir a arquetas funerarias prerromanas.
  • 4. 10. Dornelas (San Martiño) Lugares de Dornelas: • Bascuas: parece o patronímico de Velascus/Vascus. • Portiño: é un diminutivo de portus ‘porto, paso dun río ou dunha montaña’
  • 6. 11. Escuadro (San Salvador) A denominación de Escuadro, máis ca indicar un terreo de forma rectangular, podería quizais proceder de ex quadro e aludir a unha participación.
  • 7. 11. Escuadro (San Salvador) Lugares de Escuadro: Lugares de Escuadro: • Balántiga: o sufixo átono -ica > iga, usado no latín vulgar, engadido aquí a un nome persoal que sería Ballantius formado sobre ballans, -antis ‘danzante’, participio do verbo ballare ‘bailar’, enraizado no grego pállein ‘saltar’. • Barreiro: foi barrarius-a-um no baixo latín, indicando un sitio onde abundaría o barro ou un oficio de quen traballaba no barro. • Bustelo: é un diminutivo do baixo latín bustum ‘pasteiro ou estábulo de bois’.
  • 8. 11. Escuadro (San Salvador) Lugares de Escuadro: • Cascaxide: traduce a Casa Kagiti, onde Kagitus foi nome persoal visigótico. • Cima de Vila: é un sintagma composto da voz greco-latina cyma ‘cume’ e villa ‘vila’. • Cumbraos: parece un étnico Conimbrianus, natural de Coímbra, antigo nome bitemático Conim-briga de orixe celta.
  • 9. 11. Escuadro (San Salvador) Lugares de Escuadro: • Férveda: debe proceder do latín fervida, adxectivo derivado de fervere ‘ferver’, que se converteu en nome persoal Fervida, quizais aludindo ao temperamento fogoso e apaixoado dunha muller; aínda que tamén puido ser unha (Villa) Fervida, é decir, vila ou herdade propia dun Fervidus. Dáse ademais no lugar a coincidencia xeolóxica dunha fervenza ‘cachón, catarata’ • Outeiro: é unha evolución de altarium ou auctarium, palabras usadas en documentos medievais para indicar un terreo alto ou elevado. • Paredes: provén do plural de paries -etis ‘parede, muro’. Adóitase usar este topónimo para antigas construcións derruídas.
  • 10. 11. Escuadro (San Salvador) Lugares de Escuadro: • A Penadauga: conxunta a voz penna: voz primitiva, quizais da familia de pinna ‘amea’; con aqua ‘agua’, quizais referíndose a unha pena con coviñas que albergan auga. • Porto Vello: foi un portus vetulus/veclus. • Rañadoiro: débese vencellar con raña, voz de orixe prerromana, indicando que podería ser un terreo corroído polas augas e pola erosión. • Sar: parece homónimo do río Sar. Pero, secadra, poderíase relacionar co xentilicio Sares ou Sarius.
  • 11. 11. Escuadro (San Salvador) Lugares de Escuadro: • Senra: procede dunha voz prerromana, probablemente céltica, *sénera, equivalente a senara ‘seara’, terra de sementeira reservada ao señor, que debía ser cultivada polos vasalos. • Sestelo: parece diminutivo do persoal Sextus, co sufixo -ellus do latín vulgar, diverxente de Sextullus e de Sextillus. • Soldecasa: forma latina, co nome persoal Soldus en xenitivo, que sería o propietario dunha casa, Soldi casa ‘casa de Soldo’, sendo Soldus unha abreviación de solidus, coma caldus é síncopa de calidus. • Espiniños: diminutivo de spinus ‘espiño’, foi tamén nome persoal Spinus. • Ribas: é plural derivado de ripa ‘ribeira, ribazo’.
  • 12. 11. Escuadro (San Salvador) Lugares de Escuadro: • A Somoza: procedería do latín summa > ‘soma’ co sufixo -ucea, indicando a parte máis alta de algo. • Sueiro: corresponde ao persoal Sueris, variante de Suarius ‘rancheiro’. • Torrón: aínda que se usa, ténse agora por alteración incorrecta de terrón, derivado de terra; pero pode entrar en conta tamén o antropónimo primitivo Turronius. • Vilar: traduce como substantivo o que en latín foi adxectivo villaris-are, aludindo ao recanto dunha vila.
  • 14. 12. Fiestras (San Martiño) Un plural do latín fenestra ‘fiestra, ventá’, poderíase ver na orixe deste topónimo parroquial e dun lugar da freguesía. Pero máis probable e que Fiestras fose patronímico do persoal Fenestra.
  • 15. 12. Fiestras (San Martiño) Lugares de Fiestras: • Aragonza: corresponde ao visigótico Aragundia. • Barcia: perpetúa a voz Várzena medieval, que é moito máis antiga, posto que parece de orixe celta, *barcina ‘campo que se inunda e cultiva’. • Costoia: traduce a custodia ‘garda, conservación, prisión’. • Maril: probablemente ten orixe no nome persoal *Marillus, diminutivo de Marius, dado que consta o feminino Marilla. Sería a vila daquel posuidor primitivo.
  • 16. 12. Fiestras (San Martiño) Lugares de Fiestras: • Merín: responde ao xenitivo do antropónimo Merinus. • Recimil: tamén foi xenitivo do nome persoal visigótico e bitemático Rece-mirus. • Samartiño: é unha haploloxía de Sanctus Martinus, o de Tours (s. IV) ou o de Dumio en Braga (s. VI), que tiñan nome teofórico, derivado de Mars ‘Marte’. • San Antonio: foi Sanctus Anthonius, nome greco-latino derivado de anthos ‘flor’, coma antoloxía ‘florilexio’.
  • 18. 13. Grava (Santa Mariña) A etimoloxía do nome poderíase buscar nunha voz medieval de orixe céltica da que provén grava en castelán e galego co significado de area grosa, pedra miúda, coa que se afirman os camiños. Pero tamén puido coincidir co persoal Glabra ‘calvo’.
  • 19. 13. Grava (Santa Mariña) Lugares de Grava: • Arcos: aínda que parece un plural do apelativo latino arcus ‘arco’, podería ser nome pre-latino. • Barreiro: foi barrarius-a-um no baixo latín, indicando un sitio onde abundaría o barro ou un oficio de quen traballaba no barro. • Eirexe: concorda co xenitivo ecclesiae (locus) ‘lugar da igrexa’. • Ervixe: prolonga na evolución o xenitivo do antropónimo visigótico Ervigius.
  • 20. 13. Grava (Santa Mariña) Lugares de Grava: • Fontao: traduce o latín fontanus, a, um, adxectivo referido a fons ‘fonte’, que se converteu no cognomen persoal Fontanus. • Outeiro: é unha evolución de altarium ou auctarium, palabras usadas en documentos medievais para indicar un terreo alto ou elevado. • Pedrouzo: contén o sufixo -uceus, vencellado a petra, indicando que se trata dunha pena de gran dimensión. • Penalta: débese descompoñer en penna alta. • Peniza: alude a pennas ‘penas’, co sufixo -icea/icia, denotando materia en abundancia.
  • 21. 13. Grava (Santa Mariña) Lugares de Grava: • Santa Mariña: foi unha mártir reivindicada pola Igrexa de Ourense, que levaba o nome Marina, derivando de mare ‘mar’, coma o masculino Marinus • O Souto: foi saltus en latín, que significou ‘salto, desfiladerio, pasteiro con bosque’. Saltus foi tamén nome persoal. • Vilar: traduce como substantivo o que en latín foi adxectivo villaris-are, aludindo ao recanto dunha vila.