Torre de Babel / Meteora

512 views

Published on

Diferenzas e semellanzas entre a Torre de Babel e Meteora (Grecia).

Published in: Travel
0 Comments
0 Likes
Statistics
Notes
  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

No Downloads
Views
Total views
512
On SlideShare
0
From Embeds
0
Number of Embeds
2
Actions
Shares
0
Downloads
6
Comments
0
Likes
0
Embeds 0
No embeds

No notes for slide

Torre de Babel / Meteora

  1. 1. Torre de Babel / Meteora Ana Hermida Ruibal O establecemento dos repertorios culturais e literarios Doutoramento en Tradución (bienio 2001-2003) Universidade de Vigo
  2. 2. Torre de Babel
  3. 3. 1. Torre de Babel
  4. 4. 1.1. Torre de Babel: Localización ♦ A «Torre de Babel» é o nome da construción mencionada no libro do Xénese 11, 1-9. ♦ A súa hipotética localización sería en Xinar (Babilonia, en Oriente Medio), onde os hebreos imaxinan que empezou a vivir o home; de alí viñeron seus antecesores.
  5. 5. 1.2. Torre de Babel: Xénese ♦ «Toda a terra falaba unha soa lingua e usaba as mesmas palabras. Ó emigraren os homes desde o oriente, encontráronse nunha chaira, no país de Xinar, e establecéronse alí». (Xénese 11, 1-2).
  6. 6. 1.2. Torre de Babel: Xénese ♦ «Dixéronse uns ós outros: —“Imos facer ladrillos e cocelos no lume”. O ladrillo facíalles de pedra e o betume de cemento. E nisto propuxeron: —“Imos construír unha cidade e unha torre, que chegue co cimo ata o ceo, e fagámonos un nome sonado, para non nos perder pola ancha face da terra”.» (Xénese 11, 3-4).
  7. 7. 1.2. Torre de Babel: Xénese ♦ «Baixou o Señor para ve- la cidade e a torre que os homes construían, e pensou: —“Aquí hai un pobo unido que fala a mesma lingua. Se empeza facendo isto, ninguén podería privalos desde agora de faceren o que lles veña á cabeza». (Xénese 11, 6).
  8. 8. 1.2. Torre de Babel: Xénese ♦ «Baixemos e embarullemos alí mesmo a súa lingua, de xeito que non se entendan uns cos outros». (Xénese 11, 6).
  9. 9. 1.2. Torre de Babel: Xénese ♦ «O Señor espallounos de alí por toda a terra, e deixaron de construí- la cidade». (Xénese, 11, 8).
  10. 10. 1.2. Torre de Babel: Xénese ♦ «A esta chamóuselle Babel, porque alí embarullou o Señor a lingua de todo o mundo. Desde alí espallounos por toda a face da terra». (Xénese, 11, 9).
  11. 11. 1.3. Torre de Babel: Mito ♦ Segundo nos conta a sagrada Biblia no Antigo Testamento (Xénese 11, 1-9), os descendentes de Noé, a medida que crecían en número, víronse forzados a vivir cada vez a máis distancia dos seus fogares patriarcais.
  12. 12. 1.3. Torre de Babel: Mito ♦ Por iso, intentaron construír unha torre para gabear ata o ceo, o que provocou a ira divina. Como castigo, o propio Iahvé creou a confusión de linguas que existe hoxe en día no mundo.
  13. 13. 1.4. Torre de Babel: A tradución ♦ Segundo este mito, antes da Torre de Babel non eran necesarias as traducións.
  14. 14. Meteora
  15. 15. 2. Meteora
  16. 16. 2.1. Meteora: Localización ♦ Meteora sitúase no centro de Grecia, na provincia de Trikala, a escasos quilómetros da vila de Kalambaka (ou Kalampaka)...
  17. 17. 2.1. Meteora: Localización ♦ ... ó lado do val de Tesalia, á beira do río Pinios (ou Peneios).
  18. 18. 2.2. Meteora: Os rochedos ♦ En Meteora existen, coma se o tempo non pasase, rochedos xigantes que saen impoñentes, case verticais, cada un separado do outro...
  19. 19. 2.2. Meteora: Os rochedos ♦ ... e que sosteñen, nos seus peñascos, misteriosos mosteiros.
  20. 20. 2.2. Meteora: Os rochedos ♦ Preto dun milleiro de altísimas rochas, que ó lonxe semellan un bosque de pedra, xorden fronte a fronte, creando un sentimento de medo e éxtase e convidando á reflexión.
  21. 21. 2.2. Meteora: Os rochedos ♦ Meteora significa precisamente «suspendido no aire». Vintecatro mosteiros poboan estes enormes rochedos, como se de niños de aguia se tratasen.
  22. 22. 2.2. Meteora: Os rochedos
  23. 23. 2.2. Meteora: Os rochedos
  24. 24. 2.2. Meteora: Os rochedos
  25. 25. 2.2. Meteora: Os rochedos
  26. 26. 2.2. Meteora: Os rochedos ♦ Os rochedos encóntranse a 300 ou 400 metros de altura sobre a bela chaira de Tesalia.
  27. 27. 2.2. Meteora: Os rochedos ♦ No período terciario, hai 50 ou 60 millóns de anos, estas formacións xeolóxicas tiveron orixe na erosión das augas que conformaban unha lagoa salgada que ocupaba a chaira de Tesalia.
  28. 28. 2.3. Meteora: Historia ♦ Os primeiros monxes (palabra que vén do grego «monakhós», que significa «solitario») chegaron a Meteora no século XI en busca de paz espiritual, retiro ascético e meditación.
  29. 29. 2.3. Meteora: Historia ♦ Durante os primeiros séculos de vivencia en Meteora (séc. XI, XII e XIII), os monxes escalaron estas rochas...
  30. 30. 2.3. Meteora: Historia ♦ ... viviron coma eremitas en grutas naturais...
  31. 31. 2.3. Meteora: Historia ♦ ... e pasaron o tempo rezando e meditando.
  32. 32. 2.3. Meteora: Historia ♦ Aínda quedan vestixios, testemuñas daqueles tempos, incrustados nas rochas coma lapas.
  33. 33. 2.3. Meteora: Historia ♦ No século XIV, había monxes de abondo vivindo nas covas das rochas, o que deu orixe á fundación do mosteiro da Transfiguración (o Gran Meteoro). Nos séculos seguintes fundáronse vinte e tres mosteiros máis, dos cales só seis están habitados actualmente; catro deles poden visitarse.
  34. 34. 2.3. Meteora: Historia ♦ As comunidades de monxes ortodoxos que habitaron nos mosteiros recibían o curioso nome de «estilitas», ascetas chamados así por viviren sobre un «stylos» (columna).
  35. 35. 2.4. Meteora: Transporte ♦ Debido á localización especial destas construcións, os monxes que habitaban nalgúns mosteiros tiveron que habituarse a viaxar nunha especie de «teleféricos» rudimentarios para saír do mosteiro. Aínda os empregan hoxe en día.
  36. 36. 2.4. Meteora: Transporte
  37. 37. 2.4. Meteora: Transporte ♦ Antigamente os monxes subían e baixaban en bolsas feitas de rede, axudándose dunha nora que estaba dentro do mosteiro. Hoxe en día só se usan para transportar comida, outros obxectos e algún monxe ancián. ♦ As escaleiras colgantes de corda ou madeira, co tempo, foron substituídas por escaleiras talladas na mesma rocha.
  38. 38. 2.4. Meteora: Transporte
  39. 39. 2.4. Meteora: Transporte
  40. 40. 2.5. Meteora: Imperio Otomano ♦ Cando o imperio bizantino caeu nas mans dos turcos, os sultáns permitiron que estas comunidades relixiosas medrasen. ♦ Os mosteiros illados axudaron a manter vivas as tradicións relixiosas ortodoxas e a cultura helénica durante a Idade Media e a ocupación otomana (1453-1829).
  41. 41. 2.6. Meteora: Sublevación Nacional ♦ No século XVIII, Meteora converteuse nun centro de acollida dos gregos que escapaban dos señores feudais otomanos e dos klephts, guerreiros rebeldes que fustrigaron os turcos e participaron na loita pola independencia no século XIX. ♦ Meteora tivo un papel moi importante durante a Sublevación Nacional de 1821.
  42. 42. 2.7. Meteora: Interiores ♦ Os mosteiros gardan preciosos frescos, tesouros eclesiásticos, bibliotecas con valiosos manuscritos e iconas exquisitas; estes son excelentes exemplos da arte bizantina e posbizantina. ♦ No mosteiro da Transfiguración, o comedor transformouse nun museo.
  43. 43. 2.8. Meteora: Filosofía ♦ Este verso reza: Aqueles que pensan nas cousas de arriba non pensan nas cousas de abaixo.
  44. 44. 2.9. Meteora: O paraíso Cando se para nestes mosteiros illados e se mira a chaira de Tesalia aló embaixo, enténdese por que os eremitas escolleron esta paraxe para servir a Deus e achegarse a el.
  45. 45. 3. Torre de Babel / Meteora ¿Existe algunha analoxía entre o mito da torre de Babel e Meteora?
  46. 46. Torre de Babel Meteora
  47. 47. Torre de Babel Meteora
  48. 48. 3.1. Torre de Babel Meteora A verticalidade: aínda que para fins diferentes, tanto a torre de Babel coma Meteora buscan a verticalidade: chegar ó ceo.
  49. 49. 3.1. Torre de Babel Meteora ♦ Segundo o libro do Xénese (11, 3), a torre de Babel foi construída para que os descendentes de Noé non se perdesen pola ancha face da terra; ademais, fálase tamén da ambición humana de conquista-lo ceo. ♦ Os monxes ortodoxos querían chegar ó ceu para estaren máis preto de Deus. ♦ A paisaxe de Meteora proporcionáballes moita paz para se sentiren máis próximos do Señor (física e psiquicamente).
  50. 50. 3.2. Torre de Babel Meteora O papel das escaleiras e as cordas
  51. 51. 3.2. Torre de Babel Meteora
  52. 52. 3.2. Torre de Babel Meteora
  53. 53. 3.2. Torre de Babel Meteora ♦ No exterior da torre de Babel había unha escaleira espiral exterior ó edificio que ía percorrendo toda a torre. ♦ Para acceder ós mosteiros de Meteora, normalmente hai que subir escaleiras. Ata hai un século, as escaleiras eran de madeira e de corda (eran colgantes).
  54. 54. 3.3. Torre de Babel Meteora Reduto de persoas
  55. 55. 3.3. Torre de Babel Meteora ♦ A torre de Babel foi un reduto dos descendentes de Noé. Quixéronse agrupar, para vivir nunha mesma torre e non estaren espallados pola Terra. ♦ Meteora foi e é un reduto de monxes ortodoxos gregos en busca de paz espiritual, meditación e estar preto de Deus. Ó agrupárense, fundaron ata vinte e catro mosteiros.
  56. 56. 4. Conclusións ♦ A pesar de seren mundos totalmente diferentes, vemos que a torre de Babel e Meteora teñen algúns puntos en común. ♦ Con este pequeno traballo, espérase que esta colección de imaxes permita reflectir sobre diversos aspectos destes dous mundos dentro do repertorio cultural ó que pertencen.
  57. 57. Torre de Babel / Meteora FIN

×