Porrajmos

318 views

Published on

O holocausto xitano

Published in: Education
  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

Porrajmos

  1. 1. PORRAJMOS: O OUTRO HOLOCAUSTO O xenocidio nazi do pobo xitano
  2. 2. Do millón de xitanos que vivían en Europa antes da II Guerra Mundial, entre 220.000 e 500.000 ( sumando os mestizos) foron asasinados durante o Holocausto.
  3. 3. HISTORIA DA PERSECUCIÓN En 1899, en Alemaña, a policía de Baviera creou unha sección especial de cuestións xitanas, que chegou a ter a súa sede central en Munich. En 1929, prohibiuse aos xitanos circular libremente polo país e creouse o primeiro campo de concentración, onde foron destinados por asociais, por ter sangue perigoso e por ser netamente inferiores. Había que impedir todo tipo de contacto (coa praga xitana); tomar por home ou muller a alguen de sangue xitano impricaba o descrédito de toda a sociedade e, por suposto, a perda do traballo e da xerarquía social.
  4. 4. HISTORIA DA PERSECUCIÓN O punto máis alto chega co ascenso do nazismo e, rapidamente, multiplica non só as leis discriminatorias, senon tamén os campos de concentración, os experimentos médicos cos nenos e embarazadas, a esterilización das mulleres e os asasinatos masivos nas cámaras de gas. En 1944, os medios de formación de opinión resumían: “… os mestizos xitanos non poden facer perigar ao pobo alemán tanto como os xudeos, sofren de debilidade, son seres primitivos incapaces de madurar”.
  5. 5. HISTORIA DA PERSECUCIÓN O traxico destino dos xitanos europeos comezou a cumprirse en 1942, cando o xefe de todas as forzas policiais nazi, Heinrich Himmler, decidiu sobre a súa deportación ao campo de exterminio de Auschwitz. No chamado "campo xitano" atopabanse xitanos de Bohemia e Moravia, xunto cos procedentes de Polonia, Alemaña, Austria, Holanda Bélxica, e outros países.
  6. 6. HISTORIA DA PERSECUCIÓN O antigo preso do campo, Antonín Hlavácek, veía os transportes que chegaban a Auschwitz desde a ventá do seu barracón. “Os transportes chegaban sempre pola noite. Os nazis salían a unha rampa cerca das vías. Sacaban á xente dos vagóns á forza. Escoitabanse berros, choros e ladridos dos cans. A maioría da xente era levada directamente á cámara de gas”. Car ao final da II Guerra Mundial, os nazis deportaron á maioría dos presos aos campos situados no interior de Alemaña. En Auschwitz quedaron os vellos, as mulleres e os nenos e na noite do 2 ao 3 de agosto miles de persoas foron gaseadas entre elas case 3000 de etnia xitana.
  7. 7. LUGARES PARA LEMBRAR:  Campo de Jasenovac  Exterminio de Ustice e Gradina  Campo III C  Auschwitz - Birkenau

×