Plan proxecta365 días

316 views

Published on

Proxecto para traballar a igualdade co IES Pedra da Auga e o IES Pazo da Mercé.

0 Comments
0 Likes
Statistics
Notes
  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

No Downloads
Views
Total views
316
On SlideShare
0
From Embeds
0
Number of Embeds
177
Actions
Shares
0
Downloads
1
Comments
0
Likes
0
Embeds 0
No embeds

No notes for slide

Plan proxecta365 días

  1. 1. PLAN PROXECTA: POR 365 DÍAS DE RESPECTO E IGUALDADE «Muller e home escríbense con «i» de igualdade»
  2. 2. INTRODUCIÓN A «igualdade» é un dos valores fundamentais da Declaración Universal dos DD.HH e un dos principios recollidos na Constitución de 1978, nela aséntanse a convivencia democrática e a igualdade de oportunidades e é o camiño cara a unha sociedade xusta e pacífica. Na nosa sociedade mantéñense, a pesares dos avances, crenzas, actitudes e comportamentos que conducen a situacións dramáticas como a «violencia de xénero».
  3. 3. OBXECTIVO XERAL  Sensibilizar e previr nas mozas e nos mozos comportamentos tendentes a perpetuar a desigualdade. «Igualdade» non quere decir que non recoñezamos as diferenzas entre mozas e mozos senón darlles o mesmo valor e acabar coa discriminación. A «igualdade» valora como algo natural a diferenza, pero non a desigualdade, que significa inxustiza, violencia e dominación dun sexo sobre outro.
  4. 4. OBXECTIVOS ESPECÍFICOS o Revisar estereotipos, pensar novos modelos de ser muller e de ser home. o Reforzar as relacións de xénero desde o respecto, a corresponsabilidade e o recoñecemento mutuo. o Aprender que a igualdade nos beneficia a todos e todas, poñendo en valor non só o espazo público senón tamén o ámbito familiar e persoal. o Recoñecer que a igualdade é imprescindible para o benestar dos pobos e sen a plena participación das mulleres non se pode acadar. o Aprender a atopar un equilibrio entre a vida laboral, privada, social e persoal. o Impulsar a corresponsabilidade nas tarefas domésticas.
  5. 5. ORGANIZACIÓN O proxecto traballarase conxuntamente co IES “Pedra da Auga” e o IES “Pazo da Mercé” e incidirá na adquisición das seguintes competencias:  Competencia en comunicación lingüística.  Tratamento da información e competencia dixital.  Competencia social e cidadá.  Competencia cultural e artística.  Comprender para aprender a aprender.  Autonomía e iniciativa persoal.
  6. 6. DESENVOLVEMENTO QUE PASA?  Igualdade legal e igualdade real van da man.  Investigamos se os comportamentos responden aos valores de igualdade.  Usamos os medios de comunicación para describir situacións de desigualdade.  As novas masculinidades.
  7. 7. DESENVOLVEMENTO POR QUE PASA?  Pervivencia de ideoloxías, crenzas e comportamentos que reforzan a desigualdade.  Leis de igualdade.
  8. 8. DESENVOLVEMENTO COMO PASA?  Violencia de xénero.  Desigualdade de oportunidades.  Pervivencia de estereotipos sobre o que é ser home e ser muller.
  9. 9. DESENVOLVEMENTO CARA ONDE QUEREMOS IR? • Unhas relacións baseadas na igualdade e no respecto ás diferenzas. NIVEIS AOS QUE VAI DIRIXIDO: • 3º e 4º ESO, 1º Bacharelato, Ciclo de Comercio.
  10. 10. ACTIVIDADES  Facemos unha enquisa no centro sobre como as mozas e os mozos perciven a igualdade. Tiramos conclusións.  Investigamos na familia e no profesorado o reparto das tarefas no fogar.  Coñecemos as Leis de igualdade eo traballo das organizacións e institucións promotoras da igualdade.
  11. 11. ACTIVIDADES  Elaboramos proxectos investigativos.  Charlas-coloquio con responsables de igualdade das diferentes institucións.  Elaboramos lemas sobre igualdade.  Editamos unha revista dixital que recopile os resultados do proxecto.
  12. 12. METODOLOXÍA Activa, socio-afectiva, baseada no traballo cooperativo en equipos interdisciplinares e en comunidades de aprendizaxe (estudantes de diferentes niveis, profesorado de diferentes áreas, nais e pais, persoal non-docente, expertas/os en temas de igualdade, monitoras/es da Concellería de Xuventude do Concello de Pontevedra. Perseguirá a adquisición dunha serie de actitudes psicosociais (cognitivas, afectivas e sociais). ÁREAS INVOLUCRADAS: Ciencias Sociais, OIEM, Ética, HMCO.
  13. 13. AVALIACIÓN Será contínua, das actividades e dos procesos. Desenvolverase en diferentes momentos e niveis xa que hai cualificacións obxectivables como son:  Os resultados dos procesos investigativos  A participación nos eventos do centro.  As presentacións públicas dos resultados  A cooperación nos equipos E outros que fan referencia a criterios subxectivos, tales como:  Os cambios de actitude nos comportamentos diarios  A asunción da igualdade como un valor social e persoal fundamental.
  14. 14. MECANISMOS DE COORDINACIÓN ENTRE CENTROS Dúas vías diferentes:  Contacto a través do mail e dos blog das respectivas escuelas.  A través das reunións do profesorado, coincidindo coas reunións mensuais das Escolas Asociadas á UNESCO xa que os tres centros son membros das mesmas.

×