El holocausto

196 views

Published on

Un resumen de los materiales de la exposición.

Published in: Education
0 Comments
0 Likes
Statistics
Notes
  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

No Downloads
Views
Total views
196
On SlideShare
0
From Embeds
0
Number of Embeds
3
Actions
Shares
0
Downloads
1
Comments
0
Likes
0
Embeds 0
No embeds

No notes for slide

El holocausto

  1. 1.   27 de Enero “Día Internacional en recuerdo de las víctimas del Holocausto”
  2. 2. PORRAJMOS: O OUTRO HOLOCAUSTO O xenocidio nazi do pobo xitano
  3. 3. Do millón de xitanos que vivían en Europa antes da II Guerra Mundial, entre 220.000 e 500.000 ( sumando os mestizos) foron asasinados durante o Holocausto.
  4. 4. HISTORIA DA PERSECUCIÓN En 1899, en Alemaña, a policía de Baviera creou unha sección especial de cuestións xitanas, que chegou a ter a súa sede central en Munich. En 1929, prohibiuse aos xitanos circular libremente polo país e creouse o primeiro campo de concentración, onde foron destinados por asociais, por ter sangue perigoso e por ser netamente inferiores. Había que impedir todo tipo de contacto (coa praga xitana); tomar por home ou muller a alguen de sangue xitano impricaba o descrédito de toda a sociedade e, por suposto, a perda do traballo e da xerarquía social.
  5. 5. HISTORIA DA PERSECUCIÓN O punto máis alto chega co ascenso do nazismo e, rapidamente, multiplica non só as leis discriminatorias, senon tamén os campos de concentración, os experimentos médicos cos nenos e embarazadas, a esterilización das mulleres e os asasinatos masivos nas cámaras de gas. En 1944, os medios de formación de opinión resumían: “… os mestizos xitanos non poden facer perigar ao pobo alemán tanto como os xudeos, sofren de debilidade, son seres primitivos incapaces de madurar”.
  6. 6. O traxico destino dos xitanos europeos comezou a cumprirse en 1942, cando o xefe de todas as forzas policiais nazi, Heinrich Himmler, decidiu sobre a súa deportación ao campo de exterminio de Auschwitz. No chamado "campo xitano" atopabanse xitanos de Bohemia e Moravia, xunto cos procedentes de Polonia, Alemaña, Austria, Holanda Bélxica, e outros países. HISTORIA DA PERSECUCIÓN
  7. 7. O antigo preso do campo, Antonín Hlavácek, veía os transportes que chegaban a Auschwitz desde a ventá do seu barracón. “Os transportes chegaban sempre pola noite. Os nazis salían a unha rampa cerca das vías. Sacaban á xente dos vagóns á forza. Escoitabanse berros, choros e ladridos dos cans. A maioría da xente era levada directamente á cámara de gas”. Car ao final da II Guerra Mundial, os nazis deportaron á maioría dos presos aos campos situados no interior de Alemaña. En Auschwitz quedaron os vellos, as mulleres e os nenos e na noite do 2 ao 3 de agosto miles de persoas foron gaseadas entre elas case 3000 de etnia xitana. HISTORIA DA PERSECUCIÓN
  8. 8. LUGARES PARA LEMBRAR:  Campo de Jasenovac  Exterminio de Ustice e Gradina  Campo III C  Auschwitz - Birkenau
  9. 9. O HOLOCAUSTO SILENCIADO AS VITIMAS HOMOSEXUAIS DOS NAZIS
  10. 10. O HOLOCAUSTO SILENCIADO A tolerancia dos homosexuais da República de Weimar foi visto por moitos como un síntoma da decadencia de Alemaña. Os nazis presentáronse como “cruzados”morais para erradicar ese “vicio” e axudar a gañar a “batalla racial”. A persecución variaba desde a disolución das organizacións homosexuais ao seu internamento en campos de concentración.
  11. 11. AS “RAZÓNS” DOS NAZIS Os nazis creían que os homosexuais eran homes débiles e afeminados que non podían loitar pola nación alemana. Non producirían fillos e polo tanto non contribuirían a aumentar a taxa de natalidade alemana. Os nazis sostiñan que as razas inferiores producían máis fillos que os “arios”, de modo que calquer cousa que disminuira o potencial reprodutivo alemán era considerado un perigo para a raza.
  12. 12. ETAPAS DUNHA PERSECUCIÓN O xefe das SS Heinrich Himmler dirixiu a persecución dos homosexuais no Terceiro Reich. O 6 de maio de 1933, estudantes dirixidos por las SA (Sturmabteilung) entraron no Instituto para a Ciencia Sexual en Berlín e confiscaron a súa excepcional biblioteca. Catro días despois, a maioría desta colección de máis de 12.000 libros e 35.000 imaxes irremplazables quemouse con miles doutras obras de literatura “dexenerada” no centro de Berlín.
  13. 13. ETAPAS DUNHA PERSECUCIÓN A destrución do Instituto foi o primeir paso cara á erradicación dunha cultura abertamente gay ou lesbiana. A policía pechou bares e clubes como o “Eldorado” e prohibiu publicacións como “Die Freundschaft” ( Amizade). Levaron aos homosexuais á clandestinidade destrozando as súas redes de apoio. En 1934, a “Gestapo” ordenou ás policías locais crear “listas rosadas” que eran usadas polos nazis para cazar homosexuais.
  14. 14. O 28 de xuño de 1935, o Ministerio de Xustiza modificou o Parrafo 175 do código penal. As revisións permitiron unha base legal para estender a persecución dos homosexuais. Os oficiais do ministerio ampliaron a categoría das “actividades indecentes criminais entre homes” ao incluir calquer acto que podería ser interpretado como homosexual. Os tribunais decidiron que bastaba coa intención ou o pensamento. ETAPAS DUNHA PERSECUCIÓN
  15. 15. ETAPAS DUNHA PERSECUCIÓN O 26 de octubre de 1936, Himmler formou dentro da Policía de Seguridade, a Oficina Central do Reich para Combatir o Aborto e a Homosexualidade. Josef Meisinger, executado en 1947 pola súa brutalidade na Polonia ocupada, dirixiu esta nova oficina. A policía tiña o poder de ter en arresto preventivo aos considerados perigosos á fibra moral de Alemaña e, unha vez liberados, arrestados de novo e enviados a campos de concentración.
  16. 16. De 1937 a 1939, a policía facía redadas nos seus lugares de reunión, confiscaban libretas de direccióna, e creaban redes de informantes e axentes clandestinos para identificar e arrestar a persoas sospeitosas de ser homosexuais. O 4 de abril de 1938, a “Gestapo” anunciou unha directiva indicando que os homes condenados por homosexualidade poderían ser encarcerados en campos de concentración. Entre 1933 y 1945 a policía arrestou a uns 100.000 homes como homosexuais. A maioría dos 50.000 condenados polos tribunais pasaron tempo en prisións regulares, e entre 5.000 e 15.000 foron internados en campos de concentración. ETAPAS DUNHA PERSECUCIÓN
  17. 17. OS HOMOSEXUAIS NOS CAMPOS Os nazis creían que a homosexualidade era unha enfermidade que podería ser curada e deseñaron políticas para “curar” aos homosexuais da súa “enfermidade” a través da humillación e o traballo duro. Os guardias burlabanse dos prisioneiros homosexuais e lles pegaban ao chegar ao campo, moitas veces separandoos doutros prisioneiros. Tamén se utilizou a castración como método curativo.
  18. 18. “Non existen estatísticas coñecidas sobre o número de homosexuais que morreron nos campos”

×