SlideShare a Scribd company logo
1 of 29
Download to read offline
Proxecto de marcaxe e seguimento de
   gaivotas patiamarelas (Larus
 michahellis) con anelas de lectura a
       distancia en Galicia.




           Xaneiro - decembro 2011
Alberto Pastoriza Barreiro e Antonio Fernández Cordeiro
Documento:
Proxecto de marcaxe e seguimento de gaivotas patiamarelas (Larus
michahellis) con anelas de lectura a distancia, en Galicia. © Grupo de
Anelamento ANDURIÑA. 2011.


Autores do documento:
Alberto Pastoriza Barreiro. Técnico superior en xestión e organización dos
recursos naturais e paisaxísticos. Anelador experto (avalado polo CMA da
SEO/BirdLife dende o ano 2002) do Grupo de Anelamento ANDURIÑA.


Antonio Fernández Cordeiro. Doutor en Bioloxía. Anelador experto (avalado
polo CMA da SEO/BirdLife dende o ano 1985) do Grupo de Anelamento
ANDURIÑA.


Teléfono e correo electrónico de contacto:
658993396       albertopastoriza@hotmail.com


Aneladores do proxecto realizado nos anos 2000 e 2001:
Antonio Fernández Cordeiro e Rafael Costas Rodríguez.


Colaboradores na campaña de anelamento 2000 e 2001:
Emilio Martínez Sabarís, Alberto Pastoriza Barreiro, David Álvarez Graña,
Simón Rial Pousa, Soledad Bastos Lago e Pepe Piñeiro Lemos.


Autores das fotografías do documento:
Alberto Pastoriza Barreiro (páxinas: 1, 3, 4, 5, 8, 12, 14, 15, 17, 19 e 21),
Antonio Gutiérrez Pita (páxina: 23) e Sol Enriquez Paredes (páxina: 6).

Proxecto cofinanciado por:
Proxecto de marcaxe e seguimento de gaivotas
                             patiamarelas (Larus michahellis) con anelas de
                             lectura a distancia en Galicia.

      A Gaivota patiamarela (Larus michahellis) é unha especie abundante, que




                                                                                                        Introdución
ocupa a faixa costeira, dentro da súa distribución suprapaleártica: dende o mar
Negro, polo mar Mediterráneo (tanto europeo como no norte de África),
Península Ibérica e Macaronesia.


      Antigamente a Gaivota patiamarela considerábase como unha subespecie
da Gaivota arxéntea (L. argentatus), pero foi separada polos taxónomos como
unha especie diferente, con dúas subespecies: L. cachinnans michahellis e L.
c. atlantis (Wink et al, 1994). Revisións máis recentes propoñen unha nova
determinación específica ao comprobarse que dentro deste grupo de gaivotas
de patas amarelas existen especies de
diferente orixe. O novo nome específico
proposto no ano 2003 é asumido polas
organizacións        internacionais          como
Larus michahellis, con tres subespecies
(Jonson, 1998; Liebers et al, 2001;
Yésou, 2002)


      En Galicia atopase a subespecie
L.   michahellis       lusitanius       que      se
distribúe polo sur ata a desembocadura
do río Douro, e polo norte ata o esteiro
do río Bidasoa.

      É unha especie considerada sedentaria, exceptuando aos exemplares
xuvenís que poden realizar movementos dispersivos. O proceso reprodutor ten
lugar entre os meses de abril e xullo.

Grupo de Anelamento ANDURIÑA. Entidade científica sen ánimo de lucro fundada en 1985. Inscrita no
  Rexistro de Entidades de Carácter Ambiental da Comunidade Autónoma de Galicia co nº 2008/0083.

                                                3 de 29


     O Tobal, 35. 36940 Cangas (Pontevedra) • E-mail albertopastoriza@hotmail.com • Tel.: 658 993 396
Proxecto de marcaxe e seguimento de gaivotas
                                           patiamarelas (Larus michahellis) con anelas de
                                           lectura a distancia en Galicia.

                    É o lárido máis abundante da Península Ibérica e Galicia conta coa
Introdución



              poboación máis abundante dentro do seu rango de distribución mundial. Os
              efectivos da especie no territorio español experimentaron un importante
              aumento na década dos anos 90,
              acadando         as       100.000          parellas
              reprodutoras,       das      que      a     metade
              atopábanse na costa galega (A. Bermejo
              & J. Mouriño, 2003). Na actualidade
              semella que o seu número estabilizouse
              ou incluso amosou un lixeiro declive
              nalgunhas poboacións.


                    En Galicia, a maioría da poboación
              aniñante atópase no Parque Nacional
              das Illas Atlánticas, con 33.500 parellas,
              principalmente no arquipélago de Cíes,
              cunha poboación de 18.400 parellas.


                    A gaivota patiamarela é unha especie oportunista. O aumento das
              poboacións e a súa expansión xeográfica parece estar asociada a unha maior
              dispoñibilidade de alimento, proporcionado principalmente polas actividades
              humanas; algúns exemplos son a xestión dos residuos sólidos urbanos ou das
              actividades pesqueiras, o abandono da presión humana sobre as colonias de
              cría, así como a antiga práctica da recolección de ovos.




              Grupo de Anelamento ANDURIÑA. Entidade científica sen ánimo de lucro fundada en 1985. Inscrita no
                Rexistro de Entidades de Carácter Ambiental da Comunidade Autónoma de Galicia co nº 2008/0083.

                                                              4 de 29


                   O Tobal, 35. 36940 Cangas (Pontevedra) • E-mail albertopastoriza@hotmail.com • Tel.: 658 993 396
Proxecto de marcaxe e seguimento de gaivotas
                             patiamarelas (Larus michahellis) con anelas de
                             lectura a distancia en Galicia.


                                                                               Antecedentes
      Durante os anos 2000 e 2001 realizáronse campañas de marcaxe de
polos de gaivota patiamarela con aneis plásticos de lectura a distancia
(programa de anelamento aprobado pola Consellería de Medio Ambiente da
Xunta de Galicia). Este proxecto foi presentado por varios grupos de
anelamento galegos para estudar
a        orixe,           movementos
intercoloniais     e    intracoloniais,
dispersión,       muda,        etc.      A
marcaxe de polos realizouse nas
colonias das Illas Cíes e Illas de
Ons, con aneis metálicos oficiais
do remite ICONA e unha anela
de lectura a distancia para a
identificación      individual        dos
exemplares marcados.


      Durante o período de tempo transcorrido dende a súa marcaxe,
recompilouse a información relativa ás observacións (controis) dos exemplares
anelados, indicando o número de anela, a data, o lugar, as coordenadas UTM,
e o observador. A base de datos está xestionada polo Grupo de Anelamento
ANDURIÑA e na actualidade conta cuns 2500 rexistros, de 530 exemplares
diferentes de gaivota patiamarela, marcados con aneis especiais de lectura a
distancia, nas campañas de anelamento dos anos 2000 e 2001. Con estes
datos realízanse os historiais vitais individuais dos exemplares estudados,

Grupo de Anelamento ANDURIÑA. Entidade científica sen ánimo de lucro fundada en 1985. Inscrita no
  Rexistro de Entidades de Carácter Ambiental da Comunidade Autónoma de Galicia co nº 2008/0083.

                                                5 de 29


     O Tobal, 35. 36940 Cangas (Pontevedra) • E-mail albertopastoriza@hotmail.com • Tel.: 658 993 396
Proxecto de marcaxe e seguimento de gaivotas
                                            patiamarelas (Larus michahellis) con anelas de
                                            lectura a distancia en Galicia.

               obténdose unha valiosa información sobre a fenoloxía da especie, así como
Antecedentes



               outros datos de relevancia, que se citaron con anterioridade.


                     Toda esta información resulta
               básica      para     o    coñecemento          e
               conservación         da     especie.       Non
               debemos            esquecer         que        a
               información cientificamente sólida é
               a base fundamental para calquera
               política de conservación e xestión
               efectiva.


                     Ademais, dende fai dúas décadas, a gaivota patiamarela, comezou a
               colonizar zonas urbanas como lugar de nidificación, aumentando dende entón
               o número de parellas que utilizan os cascos urbanos na costa galega (incluso
               foron colonizados algúns cascos urbanos do interior, como é o caso de
               Ourense). Esta interacción coa poboación urbana civil creou unha crecente
               problemática social causada pola ocupación de tellados e terrazas en
               edificacións habitadas dos centros urbanos galegos; as molestias causadas
               durante o período reprodutor (entre os meses de abril e agosto) levou ás
               administracións locais a realizar plans de controis da especie, de diversa
               índole, sen ningún estudio científico que avalara as actuacións realizadas. En
               moitos casos, abocadas ao fracaso, co conseguinte gasto do presuposto
               público de forma inadecuada.




               Grupo de Anelamento ANDURIÑA. Entidade científica sen ánimo de lucro fundada en 1985. Inscrita no
                 Rexistro de Entidades de Carácter Ambiental da Comunidade Autónoma de Galicia co nº 2008/0083.

                                                               6 de 29


                    O Tobal, 35. 36940 Cangas (Pontevedra) • E-mail albertopastoriza@hotmail.com • Tel.: 658 993 396
Proxecto de marcaxe e seguimento de gaivotas
                             patiamarelas (Larus michahellis) con anelas de
                             lectura a distancia en Galicia.


                                                    Xustificación do proxecto
      Co incremento e a expansión, na última década, das poboacións
aniñantes desta gaivota en zonas urbanas de Galicia, produciuse unha
interacción co ser humano que desencadeou, nalgúns casos, unha grande
protesta social, principalmente na época de reprodución da especie. Algunhas
administracións realizaron medidas de control, tales como descastes de
exemplares (incluíndo métodos non selectivos, como a caza mediante o
método da cetrería, ou o uso de veleno) ou a esterilización de ovos, para
reducir as poboacións con obxecto de atenuar as molestias aos cidadáns e os
danos ocasionados nas propiedades privadas e públicas. Con todo, a pesar
dos esforzos realizados, o éxito alcanzado neste control foi moi variable e
discutible, producíndose un rotundo fracaso na maioría dos casos.


      Dende o noso colectivo, somos conscientes de que a sociedade demanda
unha solución ética para resolver estes conflitos establecidos que dificultan a
convivencia. Tal é a transcendencia do debate, que diferentes organizacións
científicas a nivel europeo, están a realizar estudios referentes a discernir a
fenoloxía das especies de láridos que interactúan coa poboación civil.


      Os membros do noso colectivo manteñen que a principal ferramenta para
acadar unha solución viable neste conflito tense que apoiar no estudio científico
que permita identificar os problemas, cuantificalos e avalialos, mediante
técnicas que permitan o estudio da poboación urbana de gaivota patiamarela,
así como a súa fenoloxía.



Grupo de Anelamento ANDURIÑA. Entidade científica sen ánimo de lucro fundada en 1985. Inscrita no
  Rexistro de Entidades de Carácter Ambiental da Comunidade Autónoma de Galicia co nº 2008/0083.

                                                7 de 29


     O Tobal, 35. 36940 Cangas (Pontevedra) • E-mail albertopastoriza@hotmail.com • Tel.: 658 993 396
Proxecto de marcaxe e seguimento de gaivotas
                             patiamarelas (Larus michahellis) con anelas de
                             lectura a distancia en Galicia.


                                                          Obxectivos do proxecto
      O principal obxectivo do proxecto é incrementar o coñecemento sobre a
bioloxía e a ecoloxía da gaivota patiamarela.


      O    primeiro      obxectivo        é    acadar
información,       grazas       ao      anelamento
científico, da poboación desta gaivota
establecida        nas        zonas           urbanas,
encamiñada        a    elaborar       medidas        de
xestión eficaces. De vital importancia é
establecer os parámetros que determinan
a dinámica de poboacións, sendo os
principais:


          1) Produtividade.
          2) Supervivencia e recrutamento.
          3) Taxas de emigración e inmigración.
          4) Movementos rexionais e locais (fidelidade, fenoloxía, ocupación e
              distribución).


      O segundo obxectivo centraríase no estudo dos exemplares marcados
 pola nosa organización nas campañas de anelamento dos anos 2000 e 2001.
 Despois de dez anos de estudo, moitos exemplares marcados posúen aneis
 plásticos gastados, o que dificulta enormemente a súa lectura correcta, ou
 carecen desta marca especial. Procederase á captura dos exemplares

Grupo de Anelamento ANDURIÑA. Entidade científica sen ánimo de lucro fundada en 1985. Inscrita no
  Rexistro de Entidades de Carácter Ambiental da Comunidade Autónoma de Galicia co nº 2008/0083.

                                                8 de 29


     O Tobal, 35. 36940 Cangas (Pontevedra) • E-mail albertopastoriza@hotmail.com • Tel.: 658 993 396
Proxecto de marcaxe e seguimento de gaivotas
                             patiamarelas (Larus michahellis) con anelas de
                             lectura a distancia en Galicia.

 anelados nos anos 2000 e 2001 para substituír o vello anel plástico por un




                                                                                                        Obxectivos
 novo, ampliando así a posibilidade de novos avistamentos durante os
 próximos 10 anos, o que redundará na ampliación dos historiais vitais, así
 como a posibilidade de estudar outros parámetros, como son a lonxevidade e
 dispersión na idade adulta.


      Neste contexto, estudando a fondo a información da base de datos actual,
atopámonos coa carencia de observacións (controis) de exemplares no período
reprodutor, condicionando enormemente a información relativa á determinación
da fenoloxía da especie. O fundamental sería realizar diversas prospeccións
nas colonias de cría, para acadar unha serie de obxectivos prioritarios:


 1) Localizar exemplares de gaivotas marcados con aneis de lectura a
     distancia das campañas de anelamento dos anos 2000 e 2001, obtendo
     información que completen os historiais vitais destes exemplares.


 2) Recadar información sobre a bioloxía reprodutiva deses exemplares
     marcados.


 3) Obter datos sobre a abundancia e unha estima dos exemplares marcados
     que ocupan actualmente as colonias de nidificación das Illas Cíes e a Illa
     de Ons.


 4) Conseguir controis de gaivotas novas, marcadas fóra das colonias dos
     arquipélagos das Cíes e de Ons, así como da Illa de Sálvora.




Grupo de Anelamento ANDURIÑA. Entidade científica sen ánimo de lucro fundada en 1985. Inscrita no
  Rexistro de Entidades de Carácter Ambiental da Comunidade Autónoma de Galicia co nº 2008/0083.

                                                9 de 29


     O Tobal, 35. 36940 Cangas (Pontevedra) • E-mail albertopastoriza@hotmail.com • Tel.: 658 993 396
Proxecto de marcaxe e seguimento de gaivotas
                             patiamarelas (Larus michahellis) con anelas de
                             lectura a distancia en Galicia.


                                                              Ámbito de actuación

      O ámbito de actuación do proxecto, para acadar o primeiro obxectivo
referido con anterioridade, delimitarase principalmente nas múltiples entidades
urbanas da faixa costeira da provincia de Pontevedra. Non se descarta a
actuación noutros lugares da comunidade autónoma de Galicia. Esta
imposibilidade de concretar con máis exactitude o ámbito de actuación está
xustificada pola enorme variabilidade de factores externos que inflúen no
establecemento e éxito das colonias urbanas de gaivota patiamarela, así como
a inaccesibilidade ás zonas de reprodución (a maioría situadas en tellados de
difícil acceso) ou a autorización pertinente dos propietarios das edificacións
públicas ou privadas.


      Para acadar os obxectivos da segunda parte do proxecto será preciso
actuar nas colonias naturais establecidas no ámbito do Parque Nacional
Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia:


      Localización xeográfica: Rías Baixas de Galicia (Cíes, Ons e Sálvora,
na entrada das rías de Vigo, Pontevedra e Arousa, respectivamente).


      Concellos: Vigo (arquipélago de Cíes), Bueu (arquipélago de Ons) e
Ribeira (arquipélago de Sálvora).




Grupo de Anelamento ANDURIÑA. Entidade científica sen ánimo de lucro fundada en 1985. Inscrita no
  Rexistro de Entidades de Carácter Ambiental da Comunidade Autónoma de Galicia co nº 2008/0083.

                                                10 de 29


     O Tobal, 35. 36940 Cangas (Pontevedra) • E-mail albertopastoriza@hotmail.com • Tel.: 658 993 396
Proxecto de marcaxe e seguimento de gaivotas
                                                   patiamarelas (Larus michahellis) con anelas de
                                                   lectura a distancia en Galicia.

                            Figuras de protección: Parque Nacional, ZEPA (Zona de Especial
Ámbito de actuación



                      Protección para las Aves) – Illas Cíes (1988) e Illas de Ons (2001), LIC Illas
                      Cíes, Complexo Ons-O Grove e Complexo húmido de Corrubedo.




                      Grupo de Anelamento ANDURIÑA. Entidade científica sen ánimo de lucro fundada en 1985. Inscrita no
                        Rexistro de Entidades de Carácter Ambiental da Comunidade Autónoma de Galicia co nº 2008/0083.

                                                                      11 de 29


                           O Tobal, 35. 36940 Cangas (Pontevedra) • E-mail albertopastoriza@hotmail.com • Tel.: 658 993 396
Proxecto de marcaxe e seguimento de gaivotas
                             patiamarelas (Larus michahellis) con anelas de
                             lectura a distancia en Galicia.


                                                                               Metodoloxía

      Para obter a información necesaria e poder incrementar o coñecemento
sobre a gaivota patiamarela é necesario a utilización do anelamento científico,
técnica de estudio da avifauna consistente na individualización de aves
silvestres mediante unha anela metálica. Esta operación pasa pola captura
inocua     dos     exemplares          obxecto       de
estudo, o procesamento en man -toma de
datos biométricos, estudio da muda,
asignación       de     idade      e     sexo      dos
individuos, etc.- e a liberación posterior.
Nalgúns casos, a posterior recaptura da
ave marcada ou a recuperación final como
ave morta dan a coñecer importantes
aspectos da súa bioloxía, especialmente
no relacionado cos seus movementos e
migracións.


      O anelamento científico é a ferramenta imprescindible para acadar os
obxectivos indicados con anterioridade, pero para maximizar os resultados
utilizaranse anelas de lectura a distancia, que son totalmente inocuas para as
aves e facilitan o control da mesma sen necesidade de recapturala.


      Cada exemplar de gaivota capturado neste proxecto marcarase cunha
anela alfanumérica de aceiro inoxidable de entre 9 e 11 mm de diámetro, 10


Grupo de Anelamento ANDURIÑA. Entidade científica sen ánimo de lucro fundada en 1985. Inscrita no
  Rexistro de Entidades de Carácter Ambiental da Comunidade Autónoma de Galicia co nº 2008/0083.

                                                12 de 29


     O Tobal, 35. 36940 Cangas (Pontevedra) • E-mail albertopastoriza@hotmail.com • Tel.: 658 993 396
Proxecto de marcaxe e seguimento de gaivotas
                                           patiamarelas (Larus michahellis) con anelas de
                                           lectura a distancia en Galicia.

              mm de altura e 1 mm de grosor, suministradas pola Oficina de Especies
Metodoloxía



              Migratorias da Dirección General de Conservación de la Naturaleza, con remite
              “Ministerio de Medio Ambiente-ICONA”. Acompañando a esta anela de remite
              oficial, colocarase unha anela plástica verde (PVC de tres capas; verde,
              branco, verde) de entre 10 e 11 mm de diámetro, 35 mm de altura e 2 mm de
              grosor, cunha inscrición simple alfanumérica de cor branca, o que significa que
              mostran números ou letras grabadas, e posúen unha única inscrición que se
              repite ao redor da anela. A inscrición das anelas son verticais, e comezan coa
              letra “Z”, que identifica o programa oficial europeo de marcaxe de Gaivota
              patiamarela (L. michahellis) en Galicia (coa autorización do coordinador
              europeo Peter Rock). A seguinte letra da inscrición, “S”, identifica ó actual
              proxecto de marcaxe. Os dous últimos díxitos alfanuméricos identifican e
              individualizan ao exemplar de gaivota. A continuación móstrase unha
              representación das anelas plásticas anteriormente descritas (onde “X” pode ser
              un número ou unha letra):




                    A colocación da anela metálica oficial realizarase indistintamente en
              tarsos ou tibias, mentres que a anela plástica colocarase sempre nun dos
              tarsos. Ver fotografía inferior.




              Grupo de Anelamento ANDURIÑA. Entidade científica sen ánimo de lucro fundada en 1985. Inscrita no
                Rexistro de Entidades de Carácter Ambiental da Comunidade Autónoma de Galicia co nº 2008/0083.

                                                              13 de 29


                   O Tobal, 35. 36940 Cangas (Pontevedra) • E-mail albertopastoriza@hotmail.com • Tel.: 658 993 396
Proxecto de marcaxe e seguimento de gaivotas
                             patiamarelas (Larus michahellis) con anelas de
                             lectura a distancia en Galicia.




                                                                                                        Metodoloxía
      A continuación, explicamos a metodoloxía de captura a desenvolver neste
proxecto de marcaxe, tanto para os exemplares xuvenís (polos na colonia de
cría) como para os exemplares adultos:


      As gaivotas patiamarelas aniñan en colonias, no chan, normalmente preto
da auga, en cornixas acantiladas, grandes rochas e tellados e terrazas de
edificacións. Nas colonias debemos extremar as precaucións e maximizar as
tarefas a desenvolver debido á brevidade das intervencións na mesma.


      A marcaxe de polos realizarase entre os meses de xuño e xullo,
coincidindo co máximo número de exemplares en condicións óptimas para ser
marcados. Debemos ter en conta as seguintes consideracións:


Grupo de Anelamento ANDURIÑA. Entidade científica sen ánimo de lucro fundada en 1985. Inscrita no
  Rexistro de Entidades de Carácter Ambiental da Comunidade Autónoma de Galicia co nº 2008/0083.

                                                14 de 29


     O Tobal, 35. 36940 Cangas (Pontevedra) • E-mail albertopastoriza@hotmail.com • Tel.: 658 993 396
Proxecto de marcaxe e seguimento de gaivotas
                                           patiamarelas (Larus michahellis) con anelas de
                                           lectura a distancia en Galicia.

                    A operación de anelamento planearase meticulosamente antes de
Metodoloxía



              executala, formando grupos de aneladores e colaboradores coordinados para
              actuar con maior eficiencia. Os polos son
              nidícolas semiprecoces, deixan o niño en poucos
              días e cando non están os adultos soen estar
              ocultos entre a vexetación próxima. O pánico
              multitudinario     pode      acontecer        con     extrema
              facilidade, expoñendo aos polos a accidentes,
              depredación          e       rigores        meteorolóxicos
              (especialmente a deshidratación). Cando se
              proceda á súa marcaxe, trataremos de controlar
              que os polos non se despracen demasiado da
              zona do niño, evitando que sufran graves
              agresións por parte doutros adultos de territorios
              circundantes.


                    As colonias teñen que ser visitadas, como indicabamos anteriormente,
              nas datas nas que consideremos que existe o máximo número de polos en
              condicións óptimas para ser anelados, xa que existe un certo desfase entre os
              propios membros da colonia. Xeralmente as actividades redúcense a un ou
              dous días de entrada na colonia, aumentando o esforzo a realizar neses días.
              Será preciso realizar a actividade de marcaxe con grupos coordinados, con
              membros dedicados á captura, outros ao anelamento e outros á toma de datos.
              Escolleranse preferiblemente as primeiras horas do día, ou as últimas da tarde,
              evitando os períodos de máxima insolación. Os polos, unha vez marcados,
              devolveranse ao seu lugar de captura, evitando que se despracen do mesmo,


              Grupo de Anelamento ANDURIÑA. Entidade científica sen ánimo de lucro fundada en 1985. Inscrita no
                Rexistro de Entidades de Carácter Ambiental da Comunidade Autónoma de Galicia co nº 2008/0083.

                                                              15 de 29


                   O Tobal, 35. 36940 Cangas (Pontevedra) • E-mail albertopastoriza@hotmail.com • Tel.: 658 993 396
Proxecto de marcaxe e seguimento de gaivotas
                             patiamarelas (Larus michahellis) con anelas de
                             lectura a distancia en Galicia.

resgardandos debaixo da vexetación, confiando na súa plumaxe críptica e no




                                                                                                        Metodoloxía
seu comportamento innato de agocho antes que de fuxida. Tendo en
consideración esta última apreciación, será preciso vixiar coa máxima cautela
onde pisan os colaboradores e aneladores, pois existe a posibilidade de
aplastar polos escondidos na vexetación.


      Para a marcaxe de exemplares adultos utilizaranse trampas especiais de
tipo cepo-malla, por suposto, totalmente inocuos para as aves. Os cepos
colocaranse no niño durante o período de incubación da posta, dende abril a
xuño.


      O traballo posterior á marcaxe consistirá na localización e contabilización
dos exemplares marcados mediante a utilización de material óptico específico
(telescopios terrestres de 20-60 aumentos, axendas dixitais portátiles,
contadores analóxicos, cámaras fotográficas dixitais, ...).


      Os datos de cada día de mostraxe anotaranse nunha folla de campo
estandarizada, que recollerá tanto variables de carácter xeral (data, lugar,
horario de acción, meteoroloxía, ...), como os datos de cada individuo
observado (número de anel metálico e de lectura a distancia, condición física,
sexo, ...). Con esta metodoloxía de traballo, os datos obtidos posibilitarán
realizar distintas publicacións, de carácter científico ou divulgativo, onde se
recollerá información de gran interese sobre a especie.




Grupo de Anelamento ANDURIÑA. Entidade científica sen ánimo de lucro fundada en 1985. Inscrita no
  Rexistro de Entidades de Carácter Ambiental da Comunidade Autónoma de Galicia co nº 2008/0083.

                                                16 de 29


     O Tobal, 35. 36940 Cangas (Pontevedra) • E-mail albertopastoriza@hotmail.com • Tel.: 658 993 396
Proxecto de marcaxe e seguimento de gaivotas
                             patiamarelas (Larus michahellis) con anelas de
                             lectura a distancia en Galicia.


      Catro exemplos de historiais de gaivotas patiamarelas

      Actualmente, despois de 10 anos de arduo traballo de campo, a nosa
base de datos recolle uns 2500 rexistros, de 530 exemplares diferentes de
gaivota patiamarela (L. michahellis) marcados con aneis de lectura a distancia.
Estes datos foron facilitados por uns 130 observadores diferentes, que
colaboraron no noso programa de seguimento enviándonos os seus
avistamentos de aves marcadas.


      Como exemplo da disparidade de comportamento dispersivo/migratorio,
dos individuos da poboación do Parque Nacional, proporcionado polo enorme
volume de datos recompilados nestes dez anos de proxecto, a continuación,
expoñemos catro exemplos de historiais:


                                                 ZAM7, residente na ría de Vigo
      Esta gaivota con anel plástico ZAM7
é un bo exemplo de individuo sedentario.
Durante estes 10 anos de seguimento
rexistráronse un total de 95 observacións,
todas elas na ría de Vigo. Tamén é
destacable a enorme querenza deste
individuo pola zona de Punta Balea, en
Cangas, onde se realizaron o 88% de
tódalas súas observacións.



Grupo de Anelamento ANDURIÑA. Entidade científica sen ánimo de lucro fundada en 1985. Inscrita no
  Rexistro de Entidades de Carácter Ambiental da Comunidade Autónoma de Galicia co nº 2008/0083.

                                                17 de 29


     O Tobal, 35. 36940 Cangas (Pontevedra) • E-mail albertopastoriza@hotmail.com • Tel.: 658 993 396
Proxecto de marcaxe e seguimento de gaivotas
                             patiamarelas (Larus michahellis) con anelas de
                             lectura a distancia en Galicia.

      ZAM7 foi anelado na colonia de Monte Agudo, na illa homónima do
arquipélago das Cíes en xullo de 2000.


      A continuación represéntase o historial de ZAM7 nunha fotografía aérea,
onde se localizan as áreas de observación, así como a proporción numérica
das mesmas.




      A meirande parte dos avistamentos foron realizados en época non
reprodutiva da especie. Os rexistros estivais que se observan na imaxe
superior pertencen a desprazamentos durante a súa etapa xuvenil. Na
actualidade, carécese de información referente ao asentamento reprodutor
deste exemplar.



Grupo de Anelamento ANDURIÑA. Entidade científica sen ánimo de lucro fundada en 1985. Inscrita no
  Rexistro de Entidades de Carácter Ambiental da Comunidade Autónoma de Galicia co nº 2008/0083.

                                                18 de 29


     O Tobal, 35. 36940 Cangas (Pontevedra) • E-mail albertopastoriza@hotmail.com • Tel.: 658 993 396
Proxecto de marcaxe e seguimento de gaivotas
                             patiamarelas (Larus michahellis) con anelas de
                             lectura a distancia en Galicia.


                        ZAM8, invernante na costa norte de Portugal

      A gaivota patiamarela con anel
plástico ZAM8 foi anelada xunto a
ZAM7, no mesmo niño. Aínda así,
estes      dous        irmáns         amosan
comportamentos               migratolóxicos
totalmente diferentes. ZAM8 inverna
no esteiro do río Douro, retornando
ás inmediacións da súa colonia de
nacemento        durante        o     período
reprodutor.


      Este exemplo de desprazamento a localidades de invernada despois do
período reprodutor é un dos comportamentos que se desprende do estudo dos
historias da base de datos do noso grupo.


      Na seguinte imaxe represéntanse os lugares de observación e a
proporción numérica das mesmas, así como a época na que foron realizadas
(época non estival: dende o mes de outubro ata o mes de febreiro; época
estival: de marzo a setembro), referentes aos 18 avistamentos de ZAM8
durante estes dez anos de estudo.




Grupo de Anelamento ANDURIÑA. Entidade científica sen ánimo de lucro fundada en 1985. Inscrita no
  Rexistro de Entidades de Carácter Ambiental da Comunidade Autónoma de Galicia co nº 2008/0083.

                                                19 de 29


     O Tobal, 35. 36940 Cangas (Pontevedra) • E-mail albertopastoriza@hotmail.com • Tel.: 658 993 396
Proxecto de marcaxe e seguimento de gaivotas
                             patiamarelas (Larus michahellis) con anelas de
                             lectura a distancia en Galicia.




      Como se pode comprobar a zona de invernada de ZAM8 atopase a 120
quilómetros da colonia de Monte Agudo (observacións de Andreas Buchheim et
al, Peter Rock, Antero Lindholm e Emilio Martínez, dende 2000 ata 2010), onde
foi marcada no verán de 2000. Existen nove observacións nas inmediacións
desta colonia durante diferentes tempadas estivais (Alberto Pastoriza e Jorge
Mouriño, dende 2008 ata 2010), pero carecemos de observacións que
confirmen o seu asentamento como reprodutor.




Grupo de Anelamento ANDURIÑA. Entidade científica sen ánimo de lucro fundada en 1985. Inscrita no
  Rexistro de Entidades de Carácter Ambiental da Comunidade Autónoma de Galicia co nº 2008/0083.

                                                20 de 29


     O Tobal, 35. 36940 Cangas (Pontevedra) • E-mail albertopastoriza@hotmail.com • Tel.: 658 993 396
Proxecto de marcaxe e seguimento de gaivotas
                                patiamarelas (Larus michahellis) con anelas de
                                lectura a distancia en Galicia.


                                                       ZAM6, residente no País Vasco

        A gaivota patiamarela con anel
plástico        ZAM6         amosou          outro
comportamento totalmente diferente
ao      dos    seus      irmáns       (os    dous
anteriores: ZAM7 e ZAM8). ZAM6
realizou un movemento dispersivo
nalgún momento entre o ano 2000 e
xullo     do     ano      2007,      cando       foi
localizada na costa de Guipuzkoa,
dende entón é residente nesta área
do Cantábrico.


        Este exemplar contabiliza un total de 16 observacións, a totalidade delas
na área de Gipuzkoa e proximidades.


        Na seguinte imaxe represéntanse os lugares de observación e a
proporción numérica das mesmas, así como a época na que foron realizadas
(época non estival: dende o mes de outubro ata o mes de febreiro; época
estival: de marzo a setembro).




Grupo de Anelamento ANDURIÑA. Entidade científica sen ánimo de lucro fundada en 1985. Inscrita no
  Rexistro de Entidades de Carácter Ambiental da Comunidade Autónoma de Galicia co nº 2008/0083.

                                                   21 de 29


        O Tobal, 35. 36940 Cangas (Pontevedra) • E-mail albertopastoriza@hotmail.com • Tel.: 658 993 396
Proxecto de marcaxe e seguimento de gaivotas
                             patiamarelas (Larus michahellis) con anelas de
                             lectura a distancia en Galicia.




      Unha distancia superior os 580 quilómetros separan a esta femia de
Gaivota patiamarela da súa colonia natal na illa de Monte Agudo (Vigo,
Pontevedra). En diferentes ocasións dende o período reprodutor do ano 2007
foi observada na colonia de Ulia (Guipuzkoa, Euskadi) defendendo territorio e
emparellada. Confirmouse a súa reprodución en dúas ocasións (observacións
de Asier Aldalur et al, xuño 2008 e maio 2010).


      Tamén existen 6 observacións en período non estival que corroborarían a
súa estancia no período invernal na zona próxima á colonia de Ulia, nunha
zona que abarcaría dende a desembocadura do río Bidasoa polo leste, ata a
localidade de Zarautz polo oeste.




Grupo de Anelamento ANDURIÑA. Entidade científica sen ánimo de lucro fundada en 1985. Inscrita no
  Rexistro de Entidades de Carácter Ambiental da Comunidade Autónoma de Galicia co nº 2008/0083.

                                                22 de 29


     O Tobal, 35. 36940 Cangas (Pontevedra) • E-mail albertopastoriza@hotmail.com • Tel.: 658 993 396
Proxecto de marcaxe e seguimento de gaivotas
                              patiamarelas (Larus michahellis) con anelas de
                              lectura a distancia en Galicia.


                    ZDM0, sobrevivinte da marea negra do Prestige

      A gaivota         con    marca       especial
ZDM0 foi anelada na colonia de Burato -
Fedorentos, illa de Ons, no mes de xullo
de 2001.


      A día de hoxe este exemplar conta
con 46 observacións, o 87% delas
realizadas         na         costa         Ártabra
(observacións de Antonio Gutiérrez, Luis
José Salaverri e Paco Girón, dende 2003
ata 2010), onde está presente durante
os meses de inverno, dende o mes de
outubro ata o mes de febreiro.


      Como curiosidade salientable, durante unha serie de observacións na
costa Ártabra, observouse que este exemplar sufriu un alto grado de afección
polo crú derramado no afundimento do buque Prestige. Posteriores
observacións constataron a súa completa recuperación (observ. Antonio
Gutiérrez, 2007).


      A continuación representase o historial de ZDM0 nunha imaxe obtida por
teledetección, mostrando os lugares de observación e a proporción numérica
das mesmas, así como a época na que foron realizadas (época non estival: de
outubro ata febreiro; época estival: de marzo ata setembro).

Grupo de Anelamento ANDURIÑA. Entidade científica sen ánimo de lucro fundada en 1985. Inscrita no
  Rexistro de Entidades de Carácter Ambiental da Comunidade Autónoma de Galicia co nº 2008/0083.

                                                23 de 29


     O Tobal, 35. 36940 Cangas (Pontevedra) • E-mail albertopastoriza@hotmail.com • Tel.: 658 993 396
Proxecto de marcaxe e seguimento de gaivotas
                             patiamarelas (Larus michahellis) con anelas de
                             lectura a distancia en Galicia.




      Como indicábamos con anterioridade, e como se mostra na imaxe
superior, ZDM0 mostra unha querenza pola costa Ártabra como lugar de
invernada, a 160 quilómetros da colonia da illa de Ons onde naceu. Ao acadar
a madurez sexual, e durante o período reprodutor da especie, establécense os
primeiros rexistros na zona da colonia onde naceu seis anos atrás (observ.
Jorge Mouriño, 2007). En total, son catro as observacións de ZDM0 na colonia
durante diferentes tempadas estivais; en dúas ocasións ZDM0 foi observada
emparellada e defendendo territorio, nunha delas comprobouse definitivamente
a súa reprodución (Jorge Mouriño e Alberto Pastoriza obsv. persoais, 2010).

Grupo de Anelamento ANDURIÑA. Entidade científica sen ánimo de lucro fundada en 1985. Inscrita no
  Rexistro de Entidades de Carácter Ambiental da Comunidade Autónoma de Galicia co nº 2008/0083.

                                                24 de 29


     O Tobal, 35. 36940 Cangas (Pontevedra) • E-mail albertopastoriza@hotmail.com • Tel.: 658 993 396
Proxecto de marcaxe e seguimento de gaivotas
                             patiamarelas (Larus michahellis) con anelas de
                             lectura a distancia en Galicia.


                                     Equipo participante no proxecto
ALBERTO PASTORIZA BARREIRO (COORDINADOR), maior de idade, titular do
DNI 53 xxx xxx, con domicilio na Avda. xxxx, xx, 36940-Cangas de Morrazo
(Pontevedra). Anelador experto (avalado polo C.M.A da S.E.O./BirdLife).

ANTONIO FERNÁNDEZ CORDEIRO, maior de idade, titular do DNI 36 xxx xxx, con
domicilio na rúa x xxxx, xx, 36940 Cangas de Morrazo (Pontevedra). Anelador experto
(avalado polo C.M.A da S.E.O./BirdLife).

MANUEL ALONSO ALONSO, maior de idade, titular do DNI 36 xxx xxx, con domicilio
en xxxxxx nº xxx, 36215–Vigo (Pontevedra). Anelador experto (avalado polo C.M.A da
S.E.O./BirdLife).


EMILIO MARTÍNEZ SABARÍS, maior de idade, titular do DNI 35 xxx xxx, con domicilio
no xxxxxxx, xx, xxxxxxxx, 36990-Sanxenxo (Pontevedra). Anelador experto (avalado
polo C.M.A da S.E.O./BirdLife).

PABLO ALEJANDRO SANMARTÍN SANTIAGO, maior de idade, titular do DNI 35 xxx
xxx, con domicilio na Rúa xxxxxx, x, xx, 36162-Pontevedra (Pontevedra). Anelador
experto (avalado polo C.M.A da S.E.O./BirdLife).

Mª SOL ENRÍQUEZ PAREDES, maior de idade, titular do DNI 78 xxx xxx, con
domicilio en xxxxxxxx, nº xx, 36940-Cangas de Morrazo (Pontevedra). Anelador en
prácticas.


RUBÉN PORTAS PÉREZ, maior de idade, titular do DNI 77 xxx xxx, con domicilio en
Avda. xxxxxxx, nº x, 36163, San Salvador de Poio (Pontevedra). Anelador en
prácticas.


SOLEDAD BASTOS LAGO, maior de idade, titular do DNI 36 xxx xxx, con domicilio
en Rúa xxxxxx, nº xx, xx 36940, Cangas (Pontevedra). Anelador en prácticas.




Grupo de Anelamento ANDURIÑA. Entidade científica sen ánimo de lucro fundada en 1985. Inscrita no
  Rexistro de Entidades de Carácter Ambiental da Comunidade Autónoma de Galicia co nº 2008/0083.

                                                25 de 29


     O Tobal, 35. 36940 Cangas (Pontevedra) • E-mail albertopastoriza@hotmail.com • Tel.: 658 993 396
Proxecto de marcaxe e seguimento de gaivotas
                             patiamarelas (Larus michahellis) con anelas de
                             lectura a distancia en Galicia.


                                                                             Colaboradores
     Dende ó comezo do programa de marcaxe desta especie, iniciado no ano
2000 por parte da nosa organización, uns 128 observadores colaboraron
enviándonos os seus avistamentos de aves marcadas. Persoas que realizaron
un traballo de campo de forma desinteresada e altruísta, que fai posible a
elaboración de estudios científicos que incrementan o coñecemento sobre a
bioloxía e a ecoloxía da gaivota patiamarela, a todos eles, o noso sincero
agradecemento.

      Asier Aldalur, Manolo Alonso Alonso, David Álvarez Graña, César Álvarez
Laó, Clemente Álvarez Usátegui, José Antepazo, Francisco Arcos, Locus Avis
S.L., Álvaro Barros, Soledad Bastos Lago, Andrés Bermejo, Luís Bermúdez,
Andreas Buchheim, Juan Cabeza, Juan Carlos Cabrero Figueiro, David Calleja,
Quique Carballal, María Cristina Casalderrey Cánovas, José Cedeira, Rafael
Costas, Jesús Domínguez Conde, Juanma Domínguez Robledo, Camille
Duponcheel, Juan Francisco Cuadrado, Frode Dalkenberg, Cosme Damián
Romai Cousido, Emmanuel D`Hoore, Eneko Díez, Sol Enriquez Paredes, Paulo
Faria, Luz Fernández, Pablo Fernández, Antonio Fernández Cordeiro, Antonio
Fernández Marín, Gustavo Ferreiro, Manuel Figueiras, Aitor Galarza, José
Gándara, Maite García, Manuel García Chorén, Paco Girón Veiga, Encarna
González, José Ramón González, María Victoria González, Serafín González,
Martin Gottschling, Arnold Gronert, Antonio Gutiérrez Pita, Ricard Gutiérrez,
Alfredo Herrero, Jon Hidalgo, C.J. Camphuysen, C.J. De Graaf, Gilberto
Jardón, Antero Lindholm, Miguel López Caeiro, Justo Lorenzo, Salvador
Lustres, Susana M. Garrido, Javier Marchamalo, David Martínez Lago, Emilio
Martínez Sabarís, Antonio Membrives, Jesús Menéndez, Olga Mijón, Malcolm
Millais, Rubén Moreno, Jorge Mouriño, Gonzalo Mucientes, Axel Müller, Gorka
Ocio, Maider Olondo, José Otero Maijón, Yolanda Ozaeta, José Luis Pacheco,
Xosé Pardavila Rodríguez, Alberto Pastoriza Barreiro, Manuel Pastoriza
Fernández, Ángeles Pastur Torres, Samuel Paz, Fernando Pereiras de la Cal,
Antón Pérez, José Piñeiro Lemos, Manu Polo Aparisi, Amadeo Pombo Eirín,
Marcos Prada, Juan José Ramos Escalado, Enrique Rego, Xabier Remirez,
Simón Rial Pousa, José Carlos Río Pérez, Peter Rock, Xan Rodríguez Silvar,
Francisco Javier Romai Pérez, Rafa Sainz, Sergio Sala, Luis José Salaverri
Leiras, Toño Salazar, Rafael Salvadores, Tito Salvadores, Miguel Salvande,
Txema Sánchez, Antonio Sandoval, Pablo Alejandro Sanmartín Santiago, Iván
Sarabia, Borys Scefczyk, Luís Enrique Senra Valverde, Pablo Sierra, Porfirio

Grupo de Anelamento ANDURIÑA. Entidade científica sen ánimo de lucro fundada en 1985. Inscrita no
  Rexistro de Entidades de Carácter Ambiental da Comunidade Autónoma de Galicia co nº 2008/0083.

                                                26 de 29


     O Tobal, 35. 36940 Cangas (Pontevedra) • E-mail albertopastoriza@hotmail.com • Tel.: 658 993 396
Proxecto de marcaxe e seguimento de gaivotas
                             patiamarelas (Larus michahellis) con anelas de
                             lectura a distancia en Galicia.

Solla, David Sowter, Juan Antonio Tomé Cruz, Estación de Anillamiento de
Txingudi, Xulio Valeiras, Xabier Varela Varela, Xabier Vázquez Pumariño,
Ignacio Vega, Lalo Ventoso, Harry Vercruijsse, José Vidal Meilán, César Vidal
Rodríguez, Rob Voesten, Stef Waasdorp, Chris Wells, Joyce Wilson, Peter
York.




Grupo de Anelamento ANDURIÑA. Entidade científica sen ánimo de lucro fundada en 1985. Inscrita no
  Rexistro de Entidades de Carácter Ambiental da Comunidade Autónoma de Galicia co nº 2008/0083.

                                                27 de 29


     O Tobal, 35. 36940 Cangas (Pontevedra) • E-mail albertopastoriza@hotmail.com • Tel.: 658 993 396
Proxecto de marcaxe e seguimento de gaivotas
                             patiamarelas (Larus michahellis) con anelas de
                             lectura a distancia en Galicia.


                                                                                 Bibliografía
ÁLVAREZ, C. 1997. Diferencias estacionales en la población asturiana de
gaviotas Patiamarillas. Jornadas Ornitológicas Cantábricas (Actas). Avilés.

ARCEA. 2001. Censo de gaviotas no ámbito do Parque das Illas Atlánticas e
Provincia de Pontevedra. Informe inédito. Pontevedra: Servicio Provincial de
Medio Ambiente Natural de Pontevedra, Xunta de Galicia.

BÁRCENA, F., TEIXEIRA, A. M. & BERMEJO, A. 1984. Breeding seabirds
populations in the Atlantic sector of the Iberian peninsula. Croxall, J. P., Evans,
P. G. H. & Schreiber, R. W. (eds): Status and conservation of the word´s
seabirds. Cambridge: ICBP. (Technical Publication nº2).

CARRERA, E., MONBAILLIU, X. & TORRE, A. 1993. Ringing recoveries of
Yellow-legged Gulls in northern Europe, en Actas del II Simposio Aves Marinas
del Mediterráneo. SEO/BirdLife e varios autores. Madrid.

CONDE TEIRA, M. A. 1999. Nomes galegos para as aves ibéricas. Chioglossa,
1: 121-138. A Coruña.

CRAMP, S. & SIMMONS, K. E. L., 1983. Handbook of the Birds of Europe, The
Middle East and North Africa: The Birds of the Western Palearctic. Vol. III.
Oxford University Press. Oxford.

DÍAZ, M., ASENSIO, B. & TELLERÍA, J. L. 1996. Aves Ibéricas I. No
Paseriformes. Ed. J. M. Reyero. Madrid.

DOMÍNGUEZ, J., TAPIA DEL RÍO, L., MARTÍN, G., ARENAS, M., QUINTERO,
I., REGO, L.E. & VIDAL, M. J. 2003. Atlas de las aves nidificantes de los
Archipiélagos de Cíes y Ons. Ed. Organismo Autónomo Parques Nacionales,
Ministerio de Medio Ambiente. Madrid.

FERNÁNDEZ CORDEIRO, A. 1990. Influencia de los vertederos en los
desplazamientos y la distribución costera de las Gaviotas.. Miscelania
Zoológica. Madrid.




Grupo de Anelamento ANDURIÑA. Entidade científica sen ánimo de lucro fundada en 1985. Inscrita no
  Rexistro de Entidades de Carácter Ambiental da Comunidade Autónoma de Galicia co nº 2008/0083.

                                                28 de 29


     O Tobal, 35. 36940 Cangas (Pontevedra) • E-mail albertopastoriza@hotmail.com • Tel.: 658 993 396
Proxecto de marcaxe e seguimento de gaivotas
                             patiamarelas (Larus michahellis) con anelas de
                             lectura a distancia en Galicia.

GARAITA, R. & DEL VILLAR, J. 2006. La Gaviota patiamarilla (Larus
michahellis) en Urdaibai. Gobierno Vasco. Departamento de Medio Ambiente y
Ordenación del Territorio. Urdaibai.

MALLING OLSEN, K. & LARSSON, H. 2003. Gulls of Europe, Asia and north
America. Ed. Christopher Helm. London.

MARTÍ, R. & DEL MORAL, J. C. (Eds.) 2003. Atlas de las Aves Reproductoras
de España. Dirección General de Conservación de la Naturaleza-Sociedad
Española de Ornitología. Madrid.

MARTÍ, R. & DEL MORAL, J. C. (Eds.) 2003. La invernada de aves acuáticas
en España. Dirección General de Conservación de la Naturaleza-SEO/Birdlife.
Ed. Organismo Autónomo Parques Nacionales, Ministerio de medio Ambiente.
Madrid.

MOURIÑO, J., SIERRA ABRAÍN, F. & ARCOS, F. 1999. Nidificación urbana de
Gaviota patiamarilla (Larus cachinnans) en Vigo (Galicia). Chioglossa, 1: 47-52.
A Coruña.

MUNILLA, I. 1997. Desplazamientos de la gaviota patiamarilla (Larus
cachinnans) en poblaciones del norte de la Península Ibérica. Ardeola 44: 19-
26.

PINILLA, J. (Coord.) 2000. Manual para el anillamiento científico de aves.
SEO/BirdLife e DGCN-MIMAM. Madrid.

S.G.H.N. 1995. Atlas de vertebrados de Galicia. Tomos 1 e 2. Consello da
Cultura Galega. Santiago de Compostela.

SOL, D., ARCOS, J.M. & J.C. 1995. The influence of refuse tips on the winter
distribution of Yellow-legged Gulls (Larus cachinnans). Bird Study 42: 216-221.

SVENSSON, L., MULLARNEY, K. & ZETTERSTRÖM, D. 2009. Guía de aves,
España, Europa y región mediterránea. Ed. Omega. Barcelona.




Grupo de Anelamento ANDURIÑA. Entidade científica sen ánimo de lucro fundada en 1985. Inscrita no
  Rexistro de Entidades de Carácter Ambiental da Comunidade Autónoma de Galicia co nº 2008/0083.

                                                29 de 29


     O Tobal, 35. 36940 Cangas (Pontevedra) • E-mail albertopastoriza@hotmail.com • Tel.: 658 993 396

More Related Content

Viewers also liked

Marketing de fidelización y social media
Marketing de fidelización y social mediaMarketing de fidelización y social media
Marketing de fidelización y social mediaGuillermo Scappini
 
Antifungal Activity of Honey with Curcuma Starch against Rhodotorula
Antifungal Activity of Honey with Curcuma Starch against RhodotorulaAntifungal Activity of Honey with Curcuma Starch against Rhodotorula
Antifungal Activity of Honey with Curcuma Starch against RhodotorulaBee Healthy Farms
 
Un paseo por el sur de Gran Canaria
Un paseo por el sur de Gran CanariaUn paseo por el sur de Gran Canaria
Un paseo por el sur de Gran Canariamandelrot
 
Training ims sip
Training ims sipTraining ims sip
Training ims sipbu_be
 
ONCOLOGIA en PSICOLOGIA
ONCOLOGIA en PSICOLOGIAONCOLOGIA en PSICOLOGIA
ONCOLOGIA en PSICOLOGIAErikaW009
 
6º llamado-definitivo-2016
6º llamado-definitivo-20166º llamado-definitivo-2016
6º llamado-definitivo-2016AdenipSL
 
Catalogue Frager - panneaux de porte
Catalogue Frager - panneaux de porteCatalogue Frager - panneaux de porte
Catalogue Frager - panneaux de porteChassisHassaini
 
Trabajo tratamiento final
Trabajo tratamiento finalTrabajo tratamiento final
Trabajo tratamiento finalirda76
 
BXP Academy - Marketing day 1
BXP Academy - Marketing day 1BXP Academy - Marketing day 1
BXP Academy - Marketing day 1Karina Ananta
 
Mobile Web vs. Mobile Apps Survey Report
Mobile Web vs. Mobile Apps Survey ReportMobile Web vs. Mobile Apps Survey Report
Mobile Web vs. Mobile Apps Survey ReportJAKPATAPP
 
Manual de Digitacion
Manual de Digitacion Manual de Digitacion
Manual de Digitacion vero8764
 
Libro Reinventando alojamientos turísticos. Caso: La renovación hotelera a tr...
Libro Reinventando alojamientos turísticos. Caso: La renovación hotelera a tr...Libro Reinventando alojamientos turísticos. Caso: La renovación hotelera a tr...
Libro Reinventando alojamientos turísticos. Caso: La renovación hotelera a tr...Agustin Dorta Rodriguez
 

Viewers also liked (20)

Marketing de fidelización y social media
Marketing de fidelización y social mediaMarketing de fidelización y social media
Marketing de fidelización y social media
 
Antifungal Activity of Honey with Curcuma Starch against Rhodotorula
Antifungal Activity of Honey with Curcuma Starch against RhodotorulaAntifungal Activity of Honey with Curcuma Starch against Rhodotorula
Antifungal Activity of Honey with Curcuma Starch against Rhodotorula
 
WAS GEHT UND WO? Symposium
WAS GEHT UND WO? Symposium WAS GEHT UND WO? Symposium
WAS GEHT UND WO? Symposium
 
Un paseo por el sur de Gran Canaria
Un paseo por el sur de Gran CanariaUn paseo por el sur de Gran Canaria
Un paseo por el sur de Gran Canaria
 
Radio Educación
Radio EducaciónRadio Educación
Radio Educación
 
Affiliate Marketing für SEOs
Affiliate Marketing für SEOsAffiliate Marketing für SEOs
Affiliate Marketing für SEOs
 
Training ims sip
Training ims sipTraining ims sip
Training ims sip
 
Paula ferri tots sants
Paula ferri tots santsPaula ferri tots sants
Paula ferri tots sants
 
ONCOLOGIA en PSICOLOGIA
ONCOLOGIA en PSICOLOGIAONCOLOGIA en PSICOLOGIA
ONCOLOGIA en PSICOLOGIA
 
6º llamado-definitivo-2016
6º llamado-definitivo-20166º llamado-definitivo-2016
6º llamado-definitivo-2016
 
Catalogue Frager - panneaux de porte
Catalogue Frager - panneaux de porteCatalogue Frager - panneaux de porte
Catalogue Frager - panneaux de porte
 
Los números enteros
Los números enterosLos números enteros
Los números enteros
 
Trabajo tratamiento final
Trabajo tratamiento finalTrabajo tratamiento final
Trabajo tratamiento final
 
BXP Academy - Marketing day 1
BXP Academy - Marketing day 1BXP Academy - Marketing day 1
BXP Academy - Marketing day 1
 
SOLDADURA
SOLDADURA SOLDADURA
SOLDADURA
 
Mobile Web vs. Mobile Apps Survey Report
Mobile Web vs. Mobile Apps Survey ReportMobile Web vs. Mobile Apps Survey Report
Mobile Web vs. Mobile Apps Survey Report
 
Zfs intro v2
Zfs intro v2Zfs intro v2
Zfs intro v2
 
Activities that help
Activities that helpActivities that help
Activities that help
 
Manual de Digitacion
Manual de Digitacion Manual de Digitacion
Manual de Digitacion
 
Libro Reinventando alojamientos turísticos. Caso: La renovación hotelera a tr...
Libro Reinventando alojamientos turísticos. Caso: La renovación hotelera a tr...Libro Reinventando alojamientos turísticos. Caso: La renovación hotelera a tr...
Libro Reinventando alojamientos turísticos. Caso: La renovación hotelera a tr...
 

Similar to Proxecto marcaxe gaivota_patiamarela_2011_version_4_xunho_11

Primeiras citas de Sympetrum flaveolum en Galicia
Primeiras citas de Sympetrum flaveolum en GaliciaPrimeiras citas de Sympetrum flaveolum en Galicia
Primeiras citas de Sympetrum flaveolum en GaliciaMartiño Cabana
 
Presentación del proyecto GAP2 en Galicia
Presentación del proyecto GAP2 en GaliciaPresentación del proyecto GAP2 en Galicia
Presentación del proyecto GAP2 en GaliciaPablo Pita Orduna
 
Parque natural baixa limia serra do xurés
Parque natural baixa limia serra do xurésParque natural baixa limia serra do xurés
Parque natural baixa limia serra do xurésxurxomuinhos
 
Borrador decreto pc charadrius alexandrinus 13 marzo 12
Borrador decreto pc charadrius alexandrinus 13 marzo 12Borrador decreto pc charadrius alexandrinus 13 marzo 12
Borrador decreto pc charadrius alexandrinus 13 marzo 12Oscar Garcia
 
Mulleres científicas
Mulleres científicasMulleres científicas
Mulleres científicasjuanapardo
 
Mamíferos
MamíferosMamíferos
Mamíferosmonadela
 
GAP2: pechando a fenda entre ciencia, usuarios e responsables políticos
GAP2: pechando a fenda entre ciencia, usuarios e responsables políticosGAP2: pechando a fenda entre ciencia, usuarios e responsables políticos
GAP2: pechando a fenda entre ciencia, usuarios e responsables políticosPablo Pita Orduna
 

Similar to Proxecto marcaxe gaivota_patiamarela_2011_version_4_xunho_11 (11)

Primeiras citas de Sympetrum flaveolum en Galicia
Primeiras citas de Sympetrum flaveolum en GaliciaPrimeiras citas de Sympetrum flaveolum en Galicia
Primeiras citas de Sympetrum flaveolum en Galicia
 
Nariga2
Nariga2Nariga2
Nariga2
 
Presentación del proyecto GAP2 en Galicia
Presentación del proyecto GAP2 en GaliciaPresentación del proyecto GAP2 en Galicia
Presentación del proyecto GAP2 en Galicia
 
Titoría
TitoríaTitoría
Titoría
 
Parque natural baixa limia serra do xurés
Parque natural baixa limia serra do xurésParque natural baixa limia serra do xurés
Parque natural baixa limia serra do xurés
 
Borrador decreto pc charadrius alexandrinus 13 marzo 12
Borrador decreto pc charadrius alexandrinus 13 marzo 12Borrador decreto pc charadrius alexandrinus 13 marzo 12
Borrador decreto pc charadrius alexandrinus 13 marzo 12
 
Mulleres científicas
Mulleres científicasMulleres científicas
Mulleres científicas
 
Balea azul
Balea  azul Balea  azul
Balea azul
 
Mamíferos
MamíferosMamíferos
Mamíferos
 
GAP2: pechando a fenda entre ciencia, usuarios e responsables políticos
GAP2: pechando a fenda entre ciencia, usuarios e responsables políticosGAP2: pechando a fenda entre ciencia, usuarios e responsables políticos
GAP2: pechando a fenda entre ciencia, usuarios e responsables políticos
 
Presentación proxecto 18 08
Presentación proxecto 18 08 Presentación proxecto 18 08
Presentación proxecto 18 08
 

Proxecto marcaxe gaivota_patiamarela_2011_version_4_xunho_11

  • 1. Proxecto de marcaxe e seguimento de gaivotas patiamarelas (Larus michahellis) con anelas de lectura a distancia en Galicia. Xaneiro - decembro 2011 Alberto Pastoriza Barreiro e Antonio Fernández Cordeiro
  • 2. Documento: Proxecto de marcaxe e seguimento de gaivotas patiamarelas (Larus michahellis) con anelas de lectura a distancia, en Galicia. © Grupo de Anelamento ANDURIÑA. 2011. Autores do documento: Alberto Pastoriza Barreiro. Técnico superior en xestión e organización dos recursos naturais e paisaxísticos. Anelador experto (avalado polo CMA da SEO/BirdLife dende o ano 2002) do Grupo de Anelamento ANDURIÑA. Antonio Fernández Cordeiro. Doutor en Bioloxía. Anelador experto (avalado polo CMA da SEO/BirdLife dende o ano 1985) do Grupo de Anelamento ANDURIÑA. Teléfono e correo electrónico de contacto: 658993396 albertopastoriza@hotmail.com Aneladores do proxecto realizado nos anos 2000 e 2001: Antonio Fernández Cordeiro e Rafael Costas Rodríguez. Colaboradores na campaña de anelamento 2000 e 2001: Emilio Martínez Sabarís, Alberto Pastoriza Barreiro, David Álvarez Graña, Simón Rial Pousa, Soledad Bastos Lago e Pepe Piñeiro Lemos. Autores das fotografías do documento: Alberto Pastoriza Barreiro (páxinas: 1, 3, 4, 5, 8, 12, 14, 15, 17, 19 e 21), Antonio Gutiérrez Pita (páxina: 23) e Sol Enriquez Paredes (páxina: 6). Proxecto cofinanciado por:
  • 3. Proxecto de marcaxe e seguimento de gaivotas patiamarelas (Larus michahellis) con anelas de lectura a distancia en Galicia. A Gaivota patiamarela (Larus michahellis) é unha especie abundante, que Introdución ocupa a faixa costeira, dentro da súa distribución suprapaleártica: dende o mar Negro, polo mar Mediterráneo (tanto europeo como no norte de África), Península Ibérica e Macaronesia. Antigamente a Gaivota patiamarela considerábase como unha subespecie da Gaivota arxéntea (L. argentatus), pero foi separada polos taxónomos como unha especie diferente, con dúas subespecies: L. cachinnans michahellis e L. c. atlantis (Wink et al, 1994). Revisións máis recentes propoñen unha nova determinación específica ao comprobarse que dentro deste grupo de gaivotas de patas amarelas existen especies de diferente orixe. O novo nome específico proposto no ano 2003 é asumido polas organizacións internacionais como Larus michahellis, con tres subespecies (Jonson, 1998; Liebers et al, 2001; Yésou, 2002) En Galicia atopase a subespecie L. michahellis lusitanius que se distribúe polo sur ata a desembocadura do río Douro, e polo norte ata o esteiro do río Bidasoa. É unha especie considerada sedentaria, exceptuando aos exemplares xuvenís que poden realizar movementos dispersivos. O proceso reprodutor ten lugar entre os meses de abril e xullo. Grupo de Anelamento ANDURIÑA. Entidade científica sen ánimo de lucro fundada en 1985. Inscrita no Rexistro de Entidades de Carácter Ambiental da Comunidade Autónoma de Galicia co nº 2008/0083. 3 de 29 O Tobal, 35. 36940 Cangas (Pontevedra) • E-mail albertopastoriza@hotmail.com • Tel.: 658 993 396
  • 4. Proxecto de marcaxe e seguimento de gaivotas patiamarelas (Larus michahellis) con anelas de lectura a distancia en Galicia. É o lárido máis abundante da Península Ibérica e Galicia conta coa Introdución poboación máis abundante dentro do seu rango de distribución mundial. Os efectivos da especie no territorio español experimentaron un importante aumento na década dos anos 90, acadando as 100.000 parellas reprodutoras, das que a metade atopábanse na costa galega (A. Bermejo & J. Mouriño, 2003). Na actualidade semella que o seu número estabilizouse ou incluso amosou un lixeiro declive nalgunhas poboacións. En Galicia, a maioría da poboación aniñante atópase no Parque Nacional das Illas Atlánticas, con 33.500 parellas, principalmente no arquipélago de Cíes, cunha poboación de 18.400 parellas. A gaivota patiamarela é unha especie oportunista. O aumento das poboacións e a súa expansión xeográfica parece estar asociada a unha maior dispoñibilidade de alimento, proporcionado principalmente polas actividades humanas; algúns exemplos son a xestión dos residuos sólidos urbanos ou das actividades pesqueiras, o abandono da presión humana sobre as colonias de cría, así como a antiga práctica da recolección de ovos. Grupo de Anelamento ANDURIÑA. Entidade científica sen ánimo de lucro fundada en 1985. Inscrita no Rexistro de Entidades de Carácter Ambiental da Comunidade Autónoma de Galicia co nº 2008/0083. 4 de 29 O Tobal, 35. 36940 Cangas (Pontevedra) • E-mail albertopastoriza@hotmail.com • Tel.: 658 993 396
  • 5. Proxecto de marcaxe e seguimento de gaivotas patiamarelas (Larus michahellis) con anelas de lectura a distancia en Galicia. Antecedentes Durante os anos 2000 e 2001 realizáronse campañas de marcaxe de polos de gaivota patiamarela con aneis plásticos de lectura a distancia (programa de anelamento aprobado pola Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia). Este proxecto foi presentado por varios grupos de anelamento galegos para estudar a orixe, movementos intercoloniais e intracoloniais, dispersión, muda, etc. A marcaxe de polos realizouse nas colonias das Illas Cíes e Illas de Ons, con aneis metálicos oficiais do remite ICONA e unha anela de lectura a distancia para a identificación individual dos exemplares marcados. Durante o período de tempo transcorrido dende a súa marcaxe, recompilouse a información relativa ás observacións (controis) dos exemplares anelados, indicando o número de anela, a data, o lugar, as coordenadas UTM, e o observador. A base de datos está xestionada polo Grupo de Anelamento ANDURIÑA e na actualidade conta cuns 2500 rexistros, de 530 exemplares diferentes de gaivota patiamarela, marcados con aneis especiais de lectura a distancia, nas campañas de anelamento dos anos 2000 e 2001. Con estes datos realízanse os historiais vitais individuais dos exemplares estudados, Grupo de Anelamento ANDURIÑA. Entidade científica sen ánimo de lucro fundada en 1985. Inscrita no Rexistro de Entidades de Carácter Ambiental da Comunidade Autónoma de Galicia co nº 2008/0083. 5 de 29 O Tobal, 35. 36940 Cangas (Pontevedra) • E-mail albertopastoriza@hotmail.com • Tel.: 658 993 396
  • 6. Proxecto de marcaxe e seguimento de gaivotas patiamarelas (Larus michahellis) con anelas de lectura a distancia en Galicia. obténdose unha valiosa información sobre a fenoloxía da especie, así como Antecedentes outros datos de relevancia, que se citaron con anterioridade. Toda esta información resulta básica para o coñecemento e conservación da especie. Non debemos esquecer que a información cientificamente sólida é a base fundamental para calquera política de conservación e xestión efectiva. Ademais, dende fai dúas décadas, a gaivota patiamarela, comezou a colonizar zonas urbanas como lugar de nidificación, aumentando dende entón o número de parellas que utilizan os cascos urbanos na costa galega (incluso foron colonizados algúns cascos urbanos do interior, como é o caso de Ourense). Esta interacción coa poboación urbana civil creou unha crecente problemática social causada pola ocupación de tellados e terrazas en edificacións habitadas dos centros urbanos galegos; as molestias causadas durante o período reprodutor (entre os meses de abril e agosto) levou ás administracións locais a realizar plans de controis da especie, de diversa índole, sen ningún estudio científico que avalara as actuacións realizadas. En moitos casos, abocadas ao fracaso, co conseguinte gasto do presuposto público de forma inadecuada. Grupo de Anelamento ANDURIÑA. Entidade científica sen ánimo de lucro fundada en 1985. Inscrita no Rexistro de Entidades de Carácter Ambiental da Comunidade Autónoma de Galicia co nº 2008/0083. 6 de 29 O Tobal, 35. 36940 Cangas (Pontevedra) • E-mail albertopastoriza@hotmail.com • Tel.: 658 993 396
  • 7. Proxecto de marcaxe e seguimento de gaivotas patiamarelas (Larus michahellis) con anelas de lectura a distancia en Galicia. Xustificación do proxecto Co incremento e a expansión, na última década, das poboacións aniñantes desta gaivota en zonas urbanas de Galicia, produciuse unha interacción co ser humano que desencadeou, nalgúns casos, unha grande protesta social, principalmente na época de reprodución da especie. Algunhas administracións realizaron medidas de control, tales como descastes de exemplares (incluíndo métodos non selectivos, como a caza mediante o método da cetrería, ou o uso de veleno) ou a esterilización de ovos, para reducir as poboacións con obxecto de atenuar as molestias aos cidadáns e os danos ocasionados nas propiedades privadas e públicas. Con todo, a pesar dos esforzos realizados, o éxito alcanzado neste control foi moi variable e discutible, producíndose un rotundo fracaso na maioría dos casos. Dende o noso colectivo, somos conscientes de que a sociedade demanda unha solución ética para resolver estes conflitos establecidos que dificultan a convivencia. Tal é a transcendencia do debate, que diferentes organizacións científicas a nivel europeo, están a realizar estudios referentes a discernir a fenoloxía das especies de láridos que interactúan coa poboación civil. Os membros do noso colectivo manteñen que a principal ferramenta para acadar unha solución viable neste conflito tense que apoiar no estudio científico que permita identificar os problemas, cuantificalos e avalialos, mediante técnicas que permitan o estudio da poboación urbana de gaivota patiamarela, así como a súa fenoloxía. Grupo de Anelamento ANDURIÑA. Entidade científica sen ánimo de lucro fundada en 1985. Inscrita no Rexistro de Entidades de Carácter Ambiental da Comunidade Autónoma de Galicia co nº 2008/0083. 7 de 29 O Tobal, 35. 36940 Cangas (Pontevedra) • E-mail albertopastoriza@hotmail.com • Tel.: 658 993 396
  • 8. Proxecto de marcaxe e seguimento de gaivotas patiamarelas (Larus michahellis) con anelas de lectura a distancia en Galicia. Obxectivos do proxecto O principal obxectivo do proxecto é incrementar o coñecemento sobre a bioloxía e a ecoloxía da gaivota patiamarela. O primeiro obxectivo é acadar información, grazas ao anelamento científico, da poboación desta gaivota establecida nas zonas urbanas, encamiñada a elaborar medidas de xestión eficaces. De vital importancia é establecer os parámetros que determinan a dinámica de poboacións, sendo os principais: 1) Produtividade. 2) Supervivencia e recrutamento. 3) Taxas de emigración e inmigración. 4) Movementos rexionais e locais (fidelidade, fenoloxía, ocupación e distribución). O segundo obxectivo centraríase no estudo dos exemplares marcados pola nosa organización nas campañas de anelamento dos anos 2000 e 2001. Despois de dez anos de estudo, moitos exemplares marcados posúen aneis plásticos gastados, o que dificulta enormemente a súa lectura correcta, ou carecen desta marca especial. Procederase á captura dos exemplares Grupo de Anelamento ANDURIÑA. Entidade científica sen ánimo de lucro fundada en 1985. Inscrita no Rexistro de Entidades de Carácter Ambiental da Comunidade Autónoma de Galicia co nº 2008/0083. 8 de 29 O Tobal, 35. 36940 Cangas (Pontevedra) • E-mail albertopastoriza@hotmail.com • Tel.: 658 993 396
  • 9. Proxecto de marcaxe e seguimento de gaivotas patiamarelas (Larus michahellis) con anelas de lectura a distancia en Galicia. anelados nos anos 2000 e 2001 para substituír o vello anel plástico por un Obxectivos novo, ampliando así a posibilidade de novos avistamentos durante os próximos 10 anos, o que redundará na ampliación dos historiais vitais, así como a posibilidade de estudar outros parámetros, como son a lonxevidade e dispersión na idade adulta. Neste contexto, estudando a fondo a información da base de datos actual, atopámonos coa carencia de observacións (controis) de exemplares no período reprodutor, condicionando enormemente a información relativa á determinación da fenoloxía da especie. O fundamental sería realizar diversas prospeccións nas colonias de cría, para acadar unha serie de obxectivos prioritarios: 1) Localizar exemplares de gaivotas marcados con aneis de lectura a distancia das campañas de anelamento dos anos 2000 e 2001, obtendo información que completen os historiais vitais destes exemplares. 2) Recadar información sobre a bioloxía reprodutiva deses exemplares marcados. 3) Obter datos sobre a abundancia e unha estima dos exemplares marcados que ocupan actualmente as colonias de nidificación das Illas Cíes e a Illa de Ons. 4) Conseguir controis de gaivotas novas, marcadas fóra das colonias dos arquipélagos das Cíes e de Ons, así como da Illa de Sálvora. Grupo de Anelamento ANDURIÑA. Entidade científica sen ánimo de lucro fundada en 1985. Inscrita no Rexistro de Entidades de Carácter Ambiental da Comunidade Autónoma de Galicia co nº 2008/0083. 9 de 29 O Tobal, 35. 36940 Cangas (Pontevedra) • E-mail albertopastoriza@hotmail.com • Tel.: 658 993 396
  • 10. Proxecto de marcaxe e seguimento de gaivotas patiamarelas (Larus michahellis) con anelas de lectura a distancia en Galicia. Ámbito de actuación O ámbito de actuación do proxecto, para acadar o primeiro obxectivo referido con anterioridade, delimitarase principalmente nas múltiples entidades urbanas da faixa costeira da provincia de Pontevedra. Non se descarta a actuación noutros lugares da comunidade autónoma de Galicia. Esta imposibilidade de concretar con máis exactitude o ámbito de actuación está xustificada pola enorme variabilidade de factores externos que inflúen no establecemento e éxito das colonias urbanas de gaivota patiamarela, así como a inaccesibilidade ás zonas de reprodución (a maioría situadas en tellados de difícil acceso) ou a autorización pertinente dos propietarios das edificacións públicas ou privadas. Para acadar os obxectivos da segunda parte do proxecto será preciso actuar nas colonias naturais establecidas no ámbito do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia: Localización xeográfica: Rías Baixas de Galicia (Cíes, Ons e Sálvora, na entrada das rías de Vigo, Pontevedra e Arousa, respectivamente). Concellos: Vigo (arquipélago de Cíes), Bueu (arquipélago de Ons) e Ribeira (arquipélago de Sálvora). Grupo de Anelamento ANDURIÑA. Entidade científica sen ánimo de lucro fundada en 1985. Inscrita no Rexistro de Entidades de Carácter Ambiental da Comunidade Autónoma de Galicia co nº 2008/0083. 10 de 29 O Tobal, 35. 36940 Cangas (Pontevedra) • E-mail albertopastoriza@hotmail.com • Tel.: 658 993 396
  • 11. Proxecto de marcaxe e seguimento de gaivotas patiamarelas (Larus michahellis) con anelas de lectura a distancia en Galicia. Figuras de protección: Parque Nacional, ZEPA (Zona de Especial Ámbito de actuación Protección para las Aves) – Illas Cíes (1988) e Illas de Ons (2001), LIC Illas Cíes, Complexo Ons-O Grove e Complexo húmido de Corrubedo. Grupo de Anelamento ANDURIÑA. Entidade científica sen ánimo de lucro fundada en 1985. Inscrita no Rexistro de Entidades de Carácter Ambiental da Comunidade Autónoma de Galicia co nº 2008/0083. 11 de 29 O Tobal, 35. 36940 Cangas (Pontevedra) • E-mail albertopastoriza@hotmail.com • Tel.: 658 993 396
  • 12. Proxecto de marcaxe e seguimento de gaivotas patiamarelas (Larus michahellis) con anelas de lectura a distancia en Galicia. Metodoloxía Para obter a información necesaria e poder incrementar o coñecemento sobre a gaivota patiamarela é necesario a utilización do anelamento científico, técnica de estudio da avifauna consistente na individualización de aves silvestres mediante unha anela metálica. Esta operación pasa pola captura inocua dos exemplares obxecto de estudo, o procesamento en man -toma de datos biométricos, estudio da muda, asignación de idade e sexo dos individuos, etc.- e a liberación posterior. Nalgúns casos, a posterior recaptura da ave marcada ou a recuperación final como ave morta dan a coñecer importantes aspectos da súa bioloxía, especialmente no relacionado cos seus movementos e migracións. O anelamento científico é a ferramenta imprescindible para acadar os obxectivos indicados con anterioridade, pero para maximizar os resultados utilizaranse anelas de lectura a distancia, que son totalmente inocuas para as aves e facilitan o control da mesma sen necesidade de recapturala. Cada exemplar de gaivota capturado neste proxecto marcarase cunha anela alfanumérica de aceiro inoxidable de entre 9 e 11 mm de diámetro, 10 Grupo de Anelamento ANDURIÑA. Entidade científica sen ánimo de lucro fundada en 1985. Inscrita no Rexistro de Entidades de Carácter Ambiental da Comunidade Autónoma de Galicia co nº 2008/0083. 12 de 29 O Tobal, 35. 36940 Cangas (Pontevedra) • E-mail albertopastoriza@hotmail.com • Tel.: 658 993 396
  • 13. Proxecto de marcaxe e seguimento de gaivotas patiamarelas (Larus michahellis) con anelas de lectura a distancia en Galicia. mm de altura e 1 mm de grosor, suministradas pola Oficina de Especies Metodoloxía Migratorias da Dirección General de Conservación de la Naturaleza, con remite “Ministerio de Medio Ambiente-ICONA”. Acompañando a esta anela de remite oficial, colocarase unha anela plástica verde (PVC de tres capas; verde, branco, verde) de entre 10 e 11 mm de diámetro, 35 mm de altura e 2 mm de grosor, cunha inscrición simple alfanumérica de cor branca, o que significa que mostran números ou letras grabadas, e posúen unha única inscrición que se repite ao redor da anela. A inscrición das anelas son verticais, e comezan coa letra “Z”, que identifica o programa oficial europeo de marcaxe de Gaivota patiamarela (L. michahellis) en Galicia (coa autorización do coordinador europeo Peter Rock). A seguinte letra da inscrición, “S”, identifica ó actual proxecto de marcaxe. Os dous últimos díxitos alfanuméricos identifican e individualizan ao exemplar de gaivota. A continuación móstrase unha representación das anelas plásticas anteriormente descritas (onde “X” pode ser un número ou unha letra): A colocación da anela metálica oficial realizarase indistintamente en tarsos ou tibias, mentres que a anela plástica colocarase sempre nun dos tarsos. Ver fotografía inferior. Grupo de Anelamento ANDURIÑA. Entidade científica sen ánimo de lucro fundada en 1985. Inscrita no Rexistro de Entidades de Carácter Ambiental da Comunidade Autónoma de Galicia co nº 2008/0083. 13 de 29 O Tobal, 35. 36940 Cangas (Pontevedra) • E-mail albertopastoriza@hotmail.com • Tel.: 658 993 396
  • 14. Proxecto de marcaxe e seguimento de gaivotas patiamarelas (Larus michahellis) con anelas de lectura a distancia en Galicia. Metodoloxía A continuación, explicamos a metodoloxía de captura a desenvolver neste proxecto de marcaxe, tanto para os exemplares xuvenís (polos na colonia de cría) como para os exemplares adultos: As gaivotas patiamarelas aniñan en colonias, no chan, normalmente preto da auga, en cornixas acantiladas, grandes rochas e tellados e terrazas de edificacións. Nas colonias debemos extremar as precaucións e maximizar as tarefas a desenvolver debido á brevidade das intervencións na mesma. A marcaxe de polos realizarase entre os meses de xuño e xullo, coincidindo co máximo número de exemplares en condicións óptimas para ser marcados. Debemos ter en conta as seguintes consideracións: Grupo de Anelamento ANDURIÑA. Entidade científica sen ánimo de lucro fundada en 1985. Inscrita no Rexistro de Entidades de Carácter Ambiental da Comunidade Autónoma de Galicia co nº 2008/0083. 14 de 29 O Tobal, 35. 36940 Cangas (Pontevedra) • E-mail albertopastoriza@hotmail.com • Tel.: 658 993 396
  • 15. Proxecto de marcaxe e seguimento de gaivotas patiamarelas (Larus michahellis) con anelas de lectura a distancia en Galicia. A operación de anelamento planearase meticulosamente antes de Metodoloxía executala, formando grupos de aneladores e colaboradores coordinados para actuar con maior eficiencia. Os polos son nidícolas semiprecoces, deixan o niño en poucos días e cando non están os adultos soen estar ocultos entre a vexetación próxima. O pánico multitudinario pode acontecer con extrema facilidade, expoñendo aos polos a accidentes, depredación e rigores meteorolóxicos (especialmente a deshidratación). Cando se proceda á súa marcaxe, trataremos de controlar que os polos non se despracen demasiado da zona do niño, evitando que sufran graves agresións por parte doutros adultos de territorios circundantes. As colonias teñen que ser visitadas, como indicabamos anteriormente, nas datas nas que consideremos que existe o máximo número de polos en condicións óptimas para ser anelados, xa que existe un certo desfase entre os propios membros da colonia. Xeralmente as actividades redúcense a un ou dous días de entrada na colonia, aumentando o esforzo a realizar neses días. Será preciso realizar a actividade de marcaxe con grupos coordinados, con membros dedicados á captura, outros ao anelamento e outros á toma de datos. Escolleranse preferiblemente as primeiras horas do día, ou as últimas da tarde, evitando os períodos de máxima insolación. Os polos, unha vez marcados, devolveranse ao seu lugar de captura, evitando que se despracen do mesmo, Grupo de Anelamento ANDURIÑA. Entidade científica sen ánimo de lucro fundada en 1985. Inscrita no Rexistro de Entidades de Carácter Ambiental da Comunidade Autónoma de Galicia co nº 2008/0083. 15 de 29 O Tobal, 35. 36940 Cangas (Pontevedra) • E-mail albertopastoriza@hotmail.com • Tel.: 658 993 396
  • 16. Proxecto de marcaxe e seguimento de gaivotas patiamarelas (Larus michahellis) con anelas de lectura a distancia en Galicia. resgardandos debaixo da vexetación, confiando na súa plumaxe críptica e no Metodoloxía seu comportamento innato de agocho antes que de fuxida. Tendo en consideración esta última apreciación, será preciso vixiar coa máxima cautela onde pisan os colaboradores e aneladores, pois existe a posibilidade de aplastar polos escondidos na vexetación. Para a marcaxe de exemplares adultos utilizaranse trampas especiais de tipo cepo-malla, por suposto, totalmente inocuos para as aves. Os cepos colocaranse no niño durante o período de incubación da posta, dende abril a xuño. O traballo posterior á marcaxe consistirá na localización e contabilización dos exemplares marcados mediante a utilización de material óptico específico (telescopios terrestres de 20-60 aumentos, axendas dixitais portátiles, contadores analóxicos, cámaras fotográficas dixitais, ...). Os datos de cada día de mostraxe anotaranse nunha folla de campo estandarizada, que recollerá tanto variables de carácter xeral (data, lugar, horario de acción, meteoroloxía, ...), como os datos de cada individuo observado (número de anel metálico e de lectura a distancia, condición física, sexo, ...). Con esta metodoloxía de traballo, os datos obtidos posibilitarán realizar distintas publicacións, de carácter científico ou divulgativo, onde se recollerá información de gran interese sobre a especie. Grupo de Anelamento ANDURIÑA. Entidade científica sen ánimo de lucro fundada en 1985. Inscrita no Rexistro de Entidades de Carácter Ambiental da Comunidade Autónoma de Galicia co nº 2008/0083. 16 de 29 O Tobal, 35. 36940 Cangas (Pontevedra) • E-mail albertopastoriza@hotmail.com • Tel.: 658 993 396
  • 17. Proxecto de marcaxe e seguimento de gaivotas patiamarelas (Larus michahellis) con anelas de lectura a distancia en Galicia. Catro exemplos de historiais de gaivotas patiamarelas Actualmente, despois de 10 anos de arduo traballo de campo, a nosa base de datos recolle uns 2500 rexistros, de 530 exemplares diferentes de gaivota patiamarela (L. michahellis) marcados con aneis de lectura a distancia. Estes datos foron facilitados por uns 130 observadores diferentes, que colaboraron no noso programa de seguimento enviándonos os seus avistamentos de aves marcadas. Como exemplo da disparidade de comportamento dispersivo/migratorio, dos individuos da poboación do Parque Nacional, proporcionado polo enorme volume de datos recompilados nestes dez anos de proxecto, a continuación, expoñemos catro exemplos de historiais: ZAM7, residente na ría de Vigo Esta gaivota con anel plástico ZAM7 é un bo exemplo de individuo sedentario. Durante estes 10 anos de seguimento rexistráronse un total de 95 observacións, todas elas na ría de Vigo. Tamén é destacable a enorme querenza deste individuo pola zona de Punta Balea, en Cangas, onde se realizaron o 88% de tódalas súas observacións. Grupo de Anelamento ANDURIÑA. Entidade científica sen ánimo de lucro fundada en 1985. Inscrita no Rexistro de Entidades de Carácter Ambiental da Comunidade Autónoma de Galicia co nº 2008/0083. 17 de 29 O Tobal, 35. 36940 Cangas (Pontevedra) • E-mail albertopastoriza@hotmail.com • Tel.: 658 993 396
  • 18. Proxecto de marcaxe e seguimento de gaivotas patiamarelas (Larus michahellis) con anelas de lectura a distancia en Galicia. ZAM7 foi anelado na colonia de Monte Agudo, na illa homónima do arquipélago das Cíes en xullo de 2000. A continuación represéntase o historial de ZAM7 nunha fotografía aérea, onde se localizan as áreas de observación, así como a proporción numérica das mesmas. A meirande parte dos avistamentos foron realizados en época non reprodutiva da especie. Os rexistros estivais que se observan na imaxe superior pertencen a desprazamentos durante a súa etapa xuvenil. Na actualidade, carécese de información referente ao asentamento reprodutor deste exemplar. Grupo de Anelamento ANDURIÑA. Entidade científica sen ánimo de lucro fundada en 1985. Inscrita no Rexistro de Entidades de Carácter Ambiental da Comunidade Autónoma de Galicia co nº 2008/0083. 18 de 29 O Tobal, 35. 36940 Cangas (Pontevedra) • E-mail albertopastoriza@hotmail.com • Tel.: 658 993 396
  • 19. Proxecto de marcaxe e seguimento de gaivotas patiamarelas (Larus michahellis) con anelas de lectura a distancia en Galicia. ZAM8, invernante na costa norte de Portugal A gaivota patiamarela con anel plástico ZAM8 foi anelada xunto a ZAM7, no mesmo niño. Aínda así, estes dous irmáns amosan comportamentos migratolóxicos totalmente diferentes. ZAM8 inverna no esteiro do río Douro, retornando ás inmediacións da súa colonia de nacemento durante o período reprodutor. Este exemplo de desprazamento a localidades de invernada despois do período reprodutor é un dos comportamentos que se desprende do estudo dos historias da base de datos do noso grupo. Na seguinte imaxe represéntanse os lugares de observación e a proporción numérica das mesmas, así como a época na que foron realizadas (época non estival: dende o mes de outubro ata o mes de febreiro; época estival: de marzo a setembro), referentes aos 18 avistamentos de ZAM8 durante estes dez anos de estudo. Grupo de Anelamento ANDURIÑA. Entidade científica sen ánimo de lucro fundada en 1985. Inscrita no Rexistro de Entidades de Carácter Ambiental da Comunidade Autónoma de Galicia co nº 2008/0083. 19 de 29 O Tobal, 35. 36940 Cangas (Pontevedra) • E-mail albertopastoriza@hotmail.com • Tel.: 658 993 396
  • 20. Proxecto de marcaxe e seguimento de gaivotas patiamarelas (Larus michahellis) con anelas de lectura a distancia en Galicia. Como se pode comprobar a zona de invernada de ZAM8 atopase a 120 quilómetros da colonia de Monte Agudo (observacións de Andreas Buchheim et al, Peter Rock, Antero Lindholm e Emilio Martínez, dende 2000 ata 2010), onde foi marcada no verán de 2000. Existen nove observacións nas inmediacións desta colonia durante diferentes tempadas estivais (Alberto Pastoriza e Jorge Mouriño, dende 2008 ata 2010), pero carecemos de observacións que confirmen o seu asentamento como reprodutor. Grupo de Anelamento ANDURIÑA. Entidade científica sen ánimo de lucro fundada en 1985. Inscrita no Rexistro de Entidades de Carácter Ambiental da Comunidade Autónoma de Galicia co nº 2008/0083. 20 de 29 O Tobal, 35. 36940 Cangas (Pontevedra) • E-mail albertopastoriza@hotmail.com • Tel.: 658 993 396
  • 21. Proxecto de marcaxe e seguimento de gaivotas patiamarelas (Larus michahellis) con anelas de lectura a distancia en Galicia. ZAM6, residente no País Vasco A gaivota patiamarela con anel plástico ZAM6 amosou outro comportamento totalmente diferente ao dos seus irmáns (os dous anteriores: ZAM7 e ZAM8). ZAM6 realizou un movemento dispersivo nalgún momento entre o ano 2000 e xullo do ano 2007, cando foi localizada na costa de Guipuzkoa, dende entón é residente nesta área do Cantábrico. Este exemplar contabiliza un total de 16 observacións, a totalidade delas na área de Gipuzkoa e proximidades. Na seguinte imaxe represéntanse os lugares de observación e a proporción numérica das mesmas, así como a época na que foron realizadas (época non estival: dende o mes de outubro ata o mes de febreiro; época estival: de marzo a setembro). Grupo de Anelamento ANDURIÑA. Entidade científica sen ánimo de lucro fundada en 1985. Inscrita no Rexistro de Entidades de Carácter Ambiental da Comunidade Autónoma de Galicia co nº 2008/0083. 21 de 29 O Tobal, 35. 36940 Cangas (Pontevedra) • E-mail albertopastoriza@hotmail.com • Tel.: 658 993 396
  • 22. Proxecto de marcaxe e seguimento de gaivotas patiamarelas (Larus michahellis) con anelas de lectura a distancia en Galicia. Unha distancia superior os 580 quilómetros separan a esta femia de Gaivota patiamarela da súa colonia natal na illa de Monte Agudo (Vigo, Pontevedra). En diferentes ocasións dende o período reprodutor do ano 2007 foi observada na colonia de Ulia (Guipuzkoa, Euskadi) defendendo territorio e emparellada. Confirmouse a súa reprodución en dúas ocasións (observacións de Asier Aldalur et al, xuño 2008 e maio 2010). Tamén existen 6 observacións en período non estival que corroborarían a súa estancia no período invernal na zona próxima á colonia de Ulia, nunha zona que abarcaría dende a desembocadura do río Bidasoa polo leste, ata a localidade de Zarautz polo oeste. Grupo de Anelamento ANDURIÑA. Entidade científica sen ánimo de lucro fundada en 1985. Inscrita no Rexistro de Entidades de Carácter Ambiental da Comunidade Autónoma de Galicia co nº 2008/0083. 22 de 29 O Tobal, 35. 36940 Cangas (Pontevedra) • E-mail albertopastoriza@hotmail.com • Tel.: 658 993 396
  • 23. Proxecto de marcaxe e seguimento de gaivotas patiamarelas (Larus michahellis) con anelas de lectura a distancia en Galicia. ZDM0, sobrevivinte da marea negra do Prestige A gaivota con marca especial ZDM0 foi anelada na colonia de Burato - Fedorentos, illa de Ons, no mes de xullo de 2001. A día de hoxe este exemplar conta con 46 observacións, o 87% delas realizadas na costa Ártabra (observacións de Antonio Gutiérrez, Luis José Salaverri e Paco Girón, dende 2003 ata 2010), onde está presente durante os meses de inverno, dende o mes de outubro ata o mes de febreiro. Como curiosidade salientable, durante unha serie de observacións na costa Ártabra, observouse que este exemplar sufriu un alto grado de afección polo crú derramado no afundimento do buque Prestige. Posteriores observacións constataron a súa completa recuperación (observ. Antonio Gutiérrez, 2007). A continuación representase o historial de ZDM0 nunha imaxe obtida por teledetección, mostrando os lugares de observación e a proporción numérica das mesmas, así como a época na que foron realizadas (época non estival: de outubro ata febreiro; época estival: de marzo ata setembro). Grupo de Anelamento ANDURIÑA. Entidade científica sen ánimo de lucro fundada en 1985. Inscrita no Rexistro de Entidades de Carácter Ambiental da Comunidade Autónoma de Galicia co nº 2008/0083. 23 de 29 O Tobal, 35. 36940 Cangas (Pontevedra) • E-mail albertopastoriza@hotmail.com • Tel.: 658 993 396
  • 24. Proxecto de marcaxe e seguimento de gaivotas patiamarelas (Larus michahellis) con anelas de lectura a distancia en Galicia. Como indicábamos con anterioridade, e como se mostra na imaxe superior, ZDM0 mostra unha querenza pola costa Ártabra como lugar de invernada, a 160 quilómetros da colonia da illa de Ons onde naceu. Ao acadar a madurez sexual, e durante o período reprodutor da especie, establécense os primeiros rexistros na zona da colonia onde naceu seis anos atrás (observ. Jorge Mouriño, 2007). En total, son catro as observacións de ZDM0 na colonia durante diferentes tempadas estivais; en dúas ocasións ZDM0 foi observada emparellada e defendendo territorio, nunha delas comprobouse definitivamente a súa reprodución (Jorge Mouriño e Alberto Pastoriza obsv. persoais, 2010). Grupo de Anelamento ANDURIÑA. Entidade científica sen ánimo de lucro fundada en 1985. Inscrita no Rexistro de Entidades de Carácter Ambiental da Comunidade Autónoma de Galicia co nº 2008/0083. 24 de 29 O Tobal, 35. 36940 Cangas (Pontevedra) • E-mail albertopastoriza@hotmail.com • Tel.: 658 993 396
  • 25. Proxecto de marcaxe e seguimento de gaivotas patiamarelas (Larus michahellis) con anelas de lectura a distancia en Galicia. Equipo participante no proxecto ALBERTO PASTORIZA BARREIRO (COORDINADOR), maior de idade, titular do DNI 53 xxx xxx, con domicilio na Avda. xxxx, xx, 36940-Cangas de Morrazo (Pontevedra). Anelador experto (avalado polo C.M.A da S.E.O./BirdLife). ANTONIO FERNÁNDEZ CORDEIRO, maior de idade, titular do DNI 36 xxx xxx, con domicilio na rúa x xxxx, xx, 36940 Cangas de Morrazo (Pontevedra). Anelador experto (avalado polo C.M.A da S.E.O./BirdLife). MANUEL ALONSO ALONSO, maior de idade, titular do DNI 36 xxx xxx, con domicilio en xxxxxx nº xxx, 36215–Vigo (Pontevedra). Anelador experto (avalado polo C.M.A da S.E.O./BirdLife). EMILIO MARTÍNEZ SABARÍS, maior de idade, titular do DNI 35 xxx xxx, con domicilio no xxxxxxx, xx, xxxxxxxx, 36990-Sanxenxo (Pontevedra). Anelador experto (avalado polo C.M.A da S.E.O./BirdLife). PABLO ALEJANDRO SANMARTÍN SANTIAGO, maior de idade, titular do DNI 35 xxx xxx, con domicilio na Rúa xxxxxx, x, xx, 36162-Pontevedra (Pontevedra). Anelador experto (avalado polo C.M.A da S.E.O./BirdLife). Mª SOL ENRÍQUEZ PAREDES, maior de idade, titular do DNI 78 xxx xxx, con domicilio en xxxxxxxx, nº xx, 36940-Cangas de Morrazo (Pontevedra). Anelador en prácticas. RUBÉN PORTAS PÉREZ, maior de idade, titular do DNI 77 xxx xxx, con domicilio en Avda. xxxxxxx, nº x, 36163, San Salvador de Poio (Pontevedra). Anelador en prácticas. SOLEDAD BASTOS LAGO, maior de idade, titular do DNI 36 xxx xxx, con domicilio en Rúa xxxxxx, nº xx, xx 36940, Cangas (Pontevedra). Anelador en prácticas. Grupo de Anelamento ANDURIÑA. Entidade científica sen ánimo de lucro fundada en 1985. Inscrita no Rexistro de Entidades de Carácter Ambiental da Comunidade Autónoma de Galicia co nº 2008/0083. 25 de 29 O Tobal, 35. 36940 Cangas (Pontevedra) • E-mail albertopastoriza@hotmail.com • Tel.: 658 993 396
  • 26. Proxecto de marcaxe e seguimento de gaivotas patiamarelas (Larus michahellis) con anelas de lectura a distancia en Galicia. Colaboradores Dende ó comezo do programa de marcaxe desta especie, iniciado no ano 2000 por parte da nosa organización, uns 128 observadores colaboraron enviándonos os seus avistamentos de aves marcadas. Persoas que realizaron un traballo de campo de forma desinteresada e altruísta, que fai posible a elaboración de estudios científicos que incrementan o coñecemento sobre a bioloxía e a ecoloxía da gaivota patiamarela, a todos eles, o noso sincero agradecemento. Asier Aldalur, Manolo Alonso Alonso, David Álvarez Graña, César Álvarez Laó, Clemente Álvarez Usátegui, José Antepazo, Francisco Arcos, Locus Avis S.L., Álvaro Barros, Soledad Bastos Lago, Andrés Bermejo, Luís Bermúdez, Andreas Buchheim, Juan Cabeza, Juan Carlos Cabrero Figueiro, David Calleja, Quique Carballal, María Cristina Casalderrey Cánovas, José Cedeira, Rafael Costas, Jesús Domínguez Conde, Juanma Domínguez Robledo, Camille Duponcheel, Juan Francisco Cuadrado, Frode Dalkenberg, Cosme Damián Romai Cousido, Emmanuel D`Hoore, Eneko Díez, Sol Enriquez Paredes, Paulo Faria, Luz Fernández, Pablo Fernández, Antonio Fernández Cordeiro, Antonio Fernández Marín, Gustavo Ferreiro, Manuel Figueiras, Aitor Galarza, José Gándara, Maite García, Manuel García Chorén, Paco Girón Veiga, Encarna González, José Ramón González, María Victoria González, Serafín González, Martin Gottschling, Arnold Gronert, Antonio Gutiérrez Pita, Ricard Gutiérrez, Alfredo Herrero, Jon Hidalgo, C.J. Camphuysen, C.J. De Graaf, Gilberto Jardón, Antero Lindholm, Miguel López Caeiro, Justo Lorenzo, Salvador Lustres, Susana M. Garrido, Javier Marchamalo, David Martínez Lago, Emilio Martínez Sabarís, Antonio Membrives, Jesús Menéndez, Olga Mijón, Malcolm Millais, Rubén Moreno, Jorge Mouriño, Gonzalo Mucientes, Axel Müller, Gorka Ocio, Maider Olondo, José Otero Maijón, Yolanda Ozaeta, José Luis Pacheco, Xosé Pardavila Rodríguez, Alberto Pastoriza Barreiro, Manuel Pastoriza Fernández, Ángeles Pastur Torres, Samuel Paz, Fernando Pereiras de la Cal, Antón Pérez, José Piñeiro Lemos, Manu Polo Aparisi, Amadeo Pombo Eirín, Marcos Prada, Juan José Ramos Escalado, Enrique Rego, Xabier Remirez, Simón Rial Pousa, José Carlos Río Pérez, Peter Rock, Xan Rodríguez Silvar, Francisco Javier Romai Pérez, Rafa Sainz, Sergio Sala, Luis José Salaverri Leiras, Toño Salazar, Rafael Salvadores, Tito Salvadores, Miguel Salvande, Txema Sánchez, Antonio Sandoval, Pablo Alejandro Sanmartín Santiago, Iván Sarabia, Borys Scefczyk, Luís Enrique Senra Valverde, Pablo Sierra, Porfirio Grupo de Anelamento ANDURIÑA. Entidade científica sen ánimo de lucro fundada en 1985. Inscrita no Rexistro de Entidades de Carácter Ambiental da Comunidade Autónoma de Galicia co nº 2008/0083. 26 de 29 O Tobal, 35. 36940 Cangas (Pontevedra) • E-mail albertopastoriza@hotmail.com • Tel.: 658 993 396
  • 27. Proxecto de marcaxe e seguimento de gaivotas patiamarelas (Larus michahellis) con anelas de lectura a distancia en Galicia. Solla, David Sowter, Juan Antonio Tomé Cruz, Estación de Anillamiento de Txingudi, Xulio Valeiras, Xabier Varela Varela, Xabier Vázquez Pumariño, Ignacio Vega, Lalo Ventoso, Harry Vercruijsse, José Vidal Meilán, César Vidal Rodríguez, Rob Voesten, Stef Waasdorp, Chris Wells, Joyce Wilson, Peter York. Grupo de Anelamento ANDURIÑA. Entidade científica sen ánimo de lucro fundada en 1985. Inscrita no Rexistro de Entidades de Carácter Ambiental da Comunidade Autónoma de Galicia co nº 2008/0083. 27 de 29 O Tobal, 35. 36940 Cangas (Pontevedra) • E-mail albertopastoriza@hotmail.com • Tel.: 658 993 396
  • 28. Proxecto de marcaxe e seguimento de gaivotas patiamarelas (Larus michahellis) con anelas de lectura a distancia en Galicia. Bibliografía ÁLVAREZ, C. 1997. Diferencias estacionales en la población asturiana de gaviotas Patiamarillas. Jornadas Ornitológicas Cantábricas (Actas). Avilés. ARCEA. 2001. Censo de gaviotas no ámbito do Parque das Illas Atlánticas e Provincia de Pontevedra. Informe inédito. Pontevedra: Servicio Provincial de Medio Ambiente Natural de Pontevedra, Xunta de Galicia. BÁRCENA, F., TEIXEIRA, A. M. & BERMEJO, A. 1984. Breeding seabirds populations in the Atlantic sector of the Iberian peninsula. Croxall, J. P., Evans, P. G. H. & Schreiber, R. W. (eds): Status and conservation of the word´s seabirds. Cambridge: ICBP. (Technical Publication nº2). CARRERA, E., MONBAILLIU, X. & TORRE, A. 1993. Ringing recoveries of Yellow-legged Gulls in northern Europe, en Actas del II Simposio Aves Marinas del Mediterráneo. SEO/BirdLife e varios autores. Madrid. CONDE TEIRA, M. A. 1999. Nomes galegos para as aves ibéricas. Chioglossa, 1: 121-138. A Coruña. CRAMP, S. & SIMMONS, K. E. L., 1983. Handbook of the Birds of Europe, The Middle East and North Africa: The Birds of the Western Palearctic. Vol. III. Oxford University Press. Oxford. DÍAZ, M., ASENSIO, B. & TELLERÍA, J. L. 1996. Aves Ibéricas I. No Paseriformes. Ed. J. M. Reyero. Madrid. DOMÍNGUEZ, J., TAPIA DEL RÍO, L., MARTÍN, G., ARENAS, M., QUINTERO, I., REGO, L.E. & VIDAL, M. J. 2003. Atlas de las aves nidificantes de los Archipiélagos de Cíes y Ons. Ed. Organismo Autónomo Parques Nacionales, Ministerio de Medio Ambiente. Madrid. FERNÁNDEZ CORDEIRO, A. 1990. Influencia de los vertederos en los desplazamientos y la distribución costera de las Gaviotas.. Miscelania Zoológica. Madrid. Grupo de Anelamento ANDURIÑA. Entidade científica sen ánimo de lucro fundada en 1985. Inscrita no Rexistro de Entidades de Carácter Ambiental da Comunidade Autónoma de Galicia co nº 2008/0083. 28 de 29 O Tobal, 35. 36940 Cangas (Pontevedra) • E-mail albertopastoriza@hotmail.com • Tel.: 658 993 396
  • 29. Proxecto de marcaxe e seguimento de gaivotas patiamarelas (Larus michahellis) con anelas de lectura a distancia en Galicia. GARAITA, R. & DEL VILLAR, J. 2006. La Gaviota patiamarilla (Larus michahellis) en Urdaibai. Gobierno Vasco. Departamento de Medio Ambiente y Ordenación del Territorio. Urdaibai. MALLING OLSEN, K. & LARSSON, H. 2003. Gulls of Europe, Asia and north America. Ed. Christopher Helm. London. MARTÍ, R. & DEL MORAL, J. C. (Eds.) 2003. Atlas de las Aves Reproductoras de España. Dirección General de Conservación de la Naturaleza-Sociedad Española de Ornitología. Madrid. MARTÍ, R. & DEL MORAL, J. C. (Eds.) 2003. La invernada de aves acuáticas en España. Dirección General de Conservación de la Naturaleza-SEO/Birdlife. Ed. Organismo Autónomo Parques Nacionales, Ministerio de medio Ambiente. Madrid. MOURIÑO, J., SIERRA ABRAÍN, F. & ARCOS, F. 1999. Nidificación urbana de Gaviota patiamarilla (Larus cachinnans) en Vigo (Galicia). Chioglossa, 1: 47-52. A Coruña. MUNILLA, I. 1997. Desplazamientos de la gaviota patiamarilla (Larus cachinnans) en poblaciones del norte de la Península Ibérica. Ardeola 44: 19- 26. PINILLA, J. (Coord.) 2000. Manual para el anillamiento científico de aves. SEO/BirdLife e DGCN-MIMAM. Madrid. S.G.H.N. 1995. Atlas de vertebrados de Galicia. Tomos 1 e 2. Consello da Cultura Galega. Santiago de Compostela. SOL, D., ARCOS, J.M. & J.C. 1995. The influence of refuse tips on the winter distribution of Yellow-legged Gulls (Larus cachinnans). Bird Study 42: 216-221. SVENSSON, L., MULLARNEY, K. & ZETTERSTRÖM, D. 2009. Guía de aves, España, Europa y región mediterránea. Ed. Omega. Barcelona. Grupo de Anelamento ANDURIÑA. Entidade científica sen ánimo de lucro fundada en 1985. Inscrita no Rexistro de Entidades de Carácter Ambiental da Comunidade Autónoma de Galicia co nº 2008/0083. 29 de 29 O Tobal, 35. 36940 Cangas (Pontevedra) • E-mail albertopastoriza@hotmail.com • Tel.: 658 993 396