COMPOSICIÓN,LUZ E COR

746 views

Published on

Analisis da composición a luz e as sombras e a cor de diferentes cadros e imaxes

Published in: Education, Technology
  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

COMPOSICIÓN,LUZ E COR

  1. 1. XEOMETRIA E ARTE Resposta ao módulo 4 Luz . Sombras . Cor . Composición
  2. 2. O primeiro que chama a atención deste cadro e a figura da esquerda pola súa luminosidade (debida ao contraste co entorno), pola ubicación entre dous puntos áureos e porque está a esquerda e o espectador síntese máis identificado co lado esquerdo, atrae máis súa atención. A figura relaciónase co farol que ilumina a escena polas cores luminosas branca e amarela, xera un vector direccional cara a dereita xunto co triángulo iluminado do chan, ao cal se opón o vector definido polos fusiles empurrados tamén pola masa oblicua dos soldados que pesan máis por estar na parte dereita do cadro que no esquerdo e, de feito, parecen de maior tamaño. Tamén o movemento cara a esquerda vese máis potente que cara a dereita porque vence unha resistencia maior ao avance. Tanto o plano dos fusilados como dos soldados están en contacto cos bordos, respectivamente, esquerdo e dereito do cadro e polo tanto continúan despois deles. Na zona dos fusilados pódese apreciar unha secuencia temporal ( Goya quere ser un reporteiro): os que están sendo fusilados, os xa fusilados e os que van ser fusilados. E establécense entre eles nexos de unión por direccionalidade, continuidade e pola forma expresiva en V dos brazos.
  3. 3. É un cadro que se pode dividir nunha zona iluminada ( a parte esquerda ), que forma unha cuña cara a dereita e outra de escuridade e penumbras (a dereita e a parte superior). “A iluminación guía a atención selectivamente de conformidade co significado pretendido”. A luz que ilumina a escena parte dun obxecto visible feito polo home e que está no chan,( non é como en Rembrandt unha luz sobrehumana, misteriosa ou oculta ) e que marca unha liña que divide a escena na parte inferior en zona de luz e zona de penumbra. Os fusilados aparecen maiormente iluminados e visibles, os seus rostros humanos e individuais; e os soldados son unha masa compacta, non teñen rostro e forman unha sombra que como entidade, non como ausencia de luz, expresa o lado escuro da humanidade. Hai unha utilización libre das sombras ao modo de Ticiano e Rembrandt en canto que os planos dos fusilados e dos soldados están recortados aclarando o plano posterior ou ben a zona próxima, para así xerar un gradiente forte de profundidade. Por detrás dos fusilados un monte pelado e próximo que transmite a sensación de desheredanza e peche; por detrás dos soldados uns edificios “importantes” lonxanos con elementos triangulares e unhas torres rematadas tamén en triángulo ( formas e símbolos asociados ao poder). Por detrás de todos un ceo negro de escuridade e ausencia de luz, que ocupa o terzo superior e que se relaciona por ton coa parte inferior . Os soldados atópanse entre dúas zonas de penumbra arriba e abaixo e dúas zonas moi escuras nos extremos. Cadro de proporcións 7:9 onde predomina a horizontalidade que fala do acento terreal que lle quere imprimir Goya. Non hai nada de heroico, nin idealista, nin sublime, ...so son uns individuos con medo a morrer e que suplican e imploran, e que chegaron aí por enfrontarse a quen lle roubaban e violaban as súas mulleres. Non había nada mais.
  4. 4. Cadro en formato de prata 1:√2 con predominio da horizontalidade que fala do terreal e a morte ( a morte de Cristo). Os espazos xerados por dous cadrados e a diagonal ascendente do cadro axudan a ordenar a composición en canto que marcan a posición de dúas cabezas opostas e do corpo de Cristo, que se atopa na zona de mais peso visual do cadro. Un óvalo(símbolo divino) unifica os acentos visuais da composición, pero é un óvalo que se pecha no corpo xacente xa que os vectores das miradas empurran cara o corpo de Cristo e na liña do óvalo e no caso da figura de María con unha mancha branca preto da cabeza de Cristo e que serve para enlazar e que harmoniza, ou se funde mais ben, coa curvatura do corpo de Xesús curvatura ascensional empurrada cara o ceo polos contornos oblicuo ascendente e dinámico e o vertical ascensional do corpo e que comeza na parte inferior dereita narrando temporalmente este episodio relixioso: a morte , a resurrección e a ascensión ao ceo do fillo de Deus. Tal vez sexa ese vector o que equilibra a tensión do corpo co bordo dereito do cadro. A cabeza e a man de María ubicadas entre a mediana e unha diagonal secundaria ascendente forman un vector descendente que contrarresta a tensión co bordo superior do cadro O tirón e tensión do corpo cara ao bordo inferior do cadro está amortecido polo plano da saba que enlaza o corpo co bordo inferior do cadro e que marca tamén unha liña horizontal de repouso e morte que vai de lado a lado do cadro. A Biblia identifica a Cristo e o que representa coa luz ; e a escuridade co demo e co que representa. E a Terra é un val de sombras. Non vemos unha fonte de luz que ilumina a escena senón que é a luz divina que emana do corpo de Cristo o que fai visibles aos personaxes humanos, o que arroxa luz e verdade sobre a Terra. As luces altas e sombras transforman a escena en revelación: Cristo é a luz.
  5. 5. O cadro de proporcións √2:1 e de formato vertical está formado por unha serie de rectángulos, sete en vertical (que pode ter seu paralelismo musical nas sete notas da escala) e seis en horizontal. Si dividimos o cadro pola metade verticalmente vese que son iguais pero invertidas, o cal ten un equivalente musical nas composicións de simetría de espello retrógrado e que empregou Bach nas súas fugas. O formato vertical transmite sensacións de enerxía que aumentan a sensación de vibración que transmite a composición de rectángulos coloreados. A composición baséase tanto nas gamas como na luminosidade, esta ten que ver con que o seu entorno é de tons mais escuros e neutros
  6. 6. A composición ten unha parte central mais vibrante e unha periferia mais neutra na que destacan os catro acentos rectangulares negros que están en contacto cos bordos e que non xeran tensión con eles e polo tanto as tensións concéntranse nunha zona oval central semellante en proporcións a do cadro. Si unimos os rectángulos de matiz igual as liñas córtanse no centro. Por outra banda podemos constatar como podemos inscribir cadrados na composición de xeito tal que o lado é o ancho do cadro con seis divisións e o lado vertical equivale a cinco das divisións verticais. Hai un xogo de atraccións e repulsións entre os matices dos rectángulos coloreados que lle da dinamismo e vibración a este cadro de Johannes Itten que xúntase co dinamismo da simetría de espello retrógada. Temos dous cores (catro rectángulos) puros primarios, o vermello e o amarelo en contacto, que actúan como puntos de repouso para a composición e marco para o laranxa , secundarios puros como o laranxa e o verde, tamén en contacto ( con dous pares de diferente ton e que por conter ao azul completa os primarios fundamentais) e que por ser fillos de dous primarios teñen un dinamismo que os leva dun cor a outro,pero tamén un xogo de atraccións e repulsións entre eles; dous complementarios tal como o verde e o vermello e dous terciarios con matiz predominante tal como o azul verdoso? ( a imaxe non ten calidade ) e o laranxa ocre que enlaza cos ocres contiguos.
  7. 7. Composición de estrutura cubista formado por unha serie de liñas oblicuas e neste caso tamén por unha serie de círculos e que xuntos articulan a distribución das figuras e das manchas. Todas estas liñas dotan de gran dinamismo a composición e o formato vertical 9:7 axuda ao carácter vital da narración. Aínda que hai unha gran profusión de elementos e de centros de interese, as figuras de maior tamaño son o motivo principal. As figuras, que se expanden fora dos límites do cadro, situadas a esquerda e a dereita e a diferentes alturas están unidas por un círculo, pola dirección das miradas, pola cor e polas liñas que enmarcan o árbore inferior.
  8. 8. O emprego de sombras é en xeral como o facían os cubistas,isto é: mais que unha representación dun efecto da iluminación, é un emprego abstracto de gradientes de luminosidade para mostrar a independencia espacial mutua de planos superpostos. Tamén hai un uso realista (en moita menor medida) das sombras para mostrar mediante gradacións de ton a redondez de certas formas (no árbore inferior central). É un cadro que ten elementos abstractos e figurativos e onde as diferencias de tamaño e altura de posición no cadro non implican profundidade espacial, senón que deben responder a unha xerarquía do relato. A cor predominante e o vermello puro con diferentes saturacións, está en todas partes; en maior medida no fondo abstracto e en partes das figuras. Complétanse os primarios co azul que tamén se reparte por diferentes partes do cadro (e non con fins de reprodución naturalista) e o amarelo que aparece en menor medida, pero que está presente no verde. A cor vermella do fondo contrasta fortemente co complementario verde da cara do home, tal vez para mostrar a unidade dos contrarios; a súa vez enlazase co azul do animal por ter un cor común.
  9. 9. Parte da composición pode quedar explicada con o esquema da figura. Proporcións 5:4, formato vertical que fala de elevación, reforzado pola simetría da composición. A figura do deus queda pechada nun triángulo de poder que está inscrito nun cadrado ubicado na parte superior ou ceo do cadro. A súa cabeza impoñente tamén queda encaixada noutro triángulo que é a cima do triángulo anterior. Unha trama de cadrados e diagonais guía o debuxo dos personaxes da escena. Para aumentar a sensación de divindade e de separación do terreal interponse entre o bordo inferior ou terra e a figura do deus dous planos, os das nubes e o da peaña do trono, eliminando así tensións e relacións. Non ocorre o mesmo coa cabeza, que pola proximidade ao bordo superior xera tensións que favorecen o mensaxe. Hai un uso realista das sombras a traveso do claroscuro, xerando gradientes para modelar as figuras do cadro. A luz é superior coma a do sol e que no caso dos personaxes ven da esquerda e no caso do baixorrelevo da peaña da dereita. A única relación da luz coa divindade ven polo resplandor branco do torso. O espazo ou profundidade queda representada pola superposición de planos. En canto a cor aparecen os tres primarios sendo o rostro un laranxa que se relaciona co amarelo da peaña e o vermello da túnica. Na parte posterior dereita da cabeza do deus o ceo pode ser un morado e que xunto co laranxa e o vermello expresa poder, si facemos caso aos triángulos de cor de Goethe.
  10. 10. As imaxes seguintes foron sacadas da Voz de Galicia do 13 ou 14 de maio do 2010. O escáner e o programa co que escribo modificaron bastante as imaxes. Formato moi horizontal: hai que aterrar. Os dous As figuras non teñen tensión por abaixo pero si por arriba : apreman por arriba. Os dous. Zapatero a esquerda (no pasado) mira un futuro negro: ausencia de luz. Rajoy na dereita (no futuro) venlle un pasado negro...¡ para onde mira ¡ Cal será o candidato da Voz de Galicia?

×